Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 29 de septiembre de 2009

PARABÉNS

Véxome na obriga, mediante esta contribución ao faladoiro cibernético, de felicitar a unhas cantas persoas de todos coñecidas, e algunhas recoñecidas , polo seu bo comportamento.

A primeira congratulación é para o noso novo conversador Miguel Angel Doval Pose que estreou esta bitácora hai poucos días. Pode facelo en castelán e despois, de vir mais por Galicia,acabaría facendo unha inmersión lingüística e recuperaría as súas raíces idiomáticas como os nenos que sen gramática, dicionario e sintaxe aprenden a falar que da xenio velos. Levando desde os 16 anos fora de Galicia, naqueles tempos, é normal que o galego lle pareza unha lingua allea E bonito o que nos di sobre o que supuxo para el esa xornada festiva .

Cóntanos algo de Andalucía. Terra tamén fermosa. As súas xentes,as poucas veces que estiven aí, parecéronme moi acolledoras. Traballando ademais na Audiencia posiblemente teñas anécdotas curiosas que contarnos .Eu exercín a avogacía aquí en Coruña durante 20 anos e os funcionarios sodes a alma da xustiza. Os xuíces oen e escriben as sentencias pero a oficina xudicial é cousa vosa e se funciona tamén o fai o Xulgado ou Tribunal que corresponda. Satisfeitos por terte entre nós. Fisicamente na convivencia e agora neste taboleiro como lle chama Andrés.

A segunda felicitación e para Xosé Ramón o Presidente da Real Academia Galega por saber estar no seu sitio e no seu papel ,o dia 7 deste mes, cando recibiu en Celanova o premio da casa dos poetas que lle entregou a Fundación Curros Enriquez. Dixo diante o Presidente da Xunta e do Conselleiro de Educación que “non pode gardar silencio nin mirar para outra parte” cando se fan decretos de costas a Academia que “é por norma responsable do coidado da lingua galega” “Non foi a RAG quen removeu as augas” e criou “desasosego”na cuestión lingüística que “parecía asentada nos últimos anos”

Pediulles que como en Santiago ,cando se vai dar o abrazo ao Apóstolo ,lle pedisen a Curros que os iluminase e lles de se sabedoría para “transmitirlle ás novas xeracións a nosa cultura sen minorizala nin rebaixala”

Advertiunos de que non creasen problemas co idioma. Din as crónicas que concluíu cunha sonora ovación e con parte do público, entre eles un fillo de Celso Emilio, postos de pé.

O discurso non ten desperdicio. A Xosé Ramón como alumno sempre o admirei e nesta ocasión moito nais. A José María Tacón que os unía unha boa amistade, xa de vello,que o felicite por este discurso que pasará os anales da RAG.

A quen tamén hai que felicitar e a Manolo Rivas, acabado de nomear académico, unha gran figura literaria que fixo de transmisor da mensaxe de Barreiro cualificando o discurso de Barreiro de"declaración histórica" e "acto de dignidade histórica".Manifestou que:"Vai espertar a moitos que están anestesiados, porque durante a campaña houbo moita manipulación e intoxicación co tema da lingua. De aí a necesidade da valentía de facer este acto en primeira persoa, e cara a cara", proclamou acerca dunha voz -por Barreiro- "que encarna moitos anos de dignidade".

Isto xa o sabedes pola prensa pero non está mal que alguén o lembre como fago eu agora para colaborar a que esta xanela siga aberta a todos e que consideramos como algo propio.Rafael

lunes, 28 de septiembre de 2009

CONVIVENCIA. VIAXE AO FUTURO

I

Dezanove de setembro.
Na conxunción de estacións,
colaborando co Miño
riscamos no mapa un uve.

Uve de vértice e vida
e anual convivencia.
En viaxe caligráfica
á Guarda, sur do Rosal.

Nas horas de autoestrada
as nubes choran tristeiras
con bágoas miudiñas
por quen xa chegou á meta.

Peregrinos de Santiago,
andamos e desandamos
o camiño Inglés, do norte,
e o camiño Portugués.

A nosa vida é o Miño
que morre no mar salgado,
conservador e garante:
pingas de inmortalidade.

Chove quedo na Coruña,
en Santiago e Pontevedra:
aire de templo románico,
escenario fraternal.

Luz brillante e outoniza
na catedral oxival:
ábsida no alto Facho,
rosetón aberto ao mar.

Hierática presentación
oficial de templo exipcio:
tallas gótico/románicas,
viseiras, poses e cámaras.

E comeza a festa plena
gozando do resultado
dos oficios invisibles
que moi pouco valoramos.

Capela de santa Trega.
Celebración autonómica
co escudo do país:
sete curas, sete cruces.

Sete provincias do Reino
rodeando un cáliz áureo.
"In hoc misterium fidei
firmiter profitemur".

As cabezas prateadas
de todos os asistentes
configuran a coroa
do símbolo sacro-civil.

Misa dita en castelán
con gotas de fina esencia
de bilingüísmo cordial,
signo dos tempos que corren.

Harmonio de tecla muda
e solemnes voces graves:
anciáns, Pórtico da Gloria,
que removen río e mar.

Da mesa da misa á mesa da masa;
e negociando con Gula e con Baco,
reflectiuse no espello do río
a imaxe da nosa existencia.

Nacemos en serras distantes,
paseniño aumenta o caudal
con fillos e netos que nacen,
con traballo e servizo aos demais.

Afluentes que nutren de vida
as arterias de vizosos vales:
farturentos viñedos litúrxicos,
O Ribeiro, O Condado, O Rosal.

Remansamos en negros encoros
con candil, enerxía e calor,
e movemos turbinas, motores
que alixeiran a carga vital.

Foi viaxe conxunta ao futuro,
ao encontro co maternal mar,
anunciando na peregrinaxe
que a morte non é o final.

II

2010. Mar tenebroso.
Á Virrxe da Barca iremos
nunha barquiña de pedra
que con fe abalaremos.

No camiño de Fisterra,
chapapote nos cantís.
En Muxía aliviaremos
os dolorosos cadrís.

Eduardo Seco.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

FOI UN PORTENTO (Rafael)

Apreciados compañeiros: Xa Andrés fixo unha magnífica crónica de sociedade, digna de se publicar en calquera xornal, respecto da xuntanza anual. So se tiver unha xefa de redacción puntillosa lle faría unha crítica por usar linguaxe sexista. Adxectivou de guapa á guía e non ao alcalde e concelleiro de cultura que tampouco estaban mal. Polo menos non eran chepudos ou escrequenados en cuxo caso non sería indicado. (E por botarlle unha pinga de tabasco que sempre lle queda ben a calquera prato incluso literario)

E realmente un pracer ver como ano tras ano nos imos xuntando un grupo tan heteroxéneo que nos impoñemos esa obriga e ,a non ser por forza maior, aí estamos o terceiro sábado de Setembro. Debemos seguir mentres poidamos durante longo tempo. E un día importante.

No tempo de novena referinme como gran portento ao excelente traballo audiovisual que elaborou Enrique coa axuda inestimable do seu amigo Alberto. (Viva Perú) Por moito que llo agradezamos nunca llo pagaremos. Os que entendedes algo diso decatarédesvos da cantidade de horas que supón combinar as pezas musicais co tempo de cada fotograma para lograr esas marabillas de reportaxes. As carautas son de profesionais. Hai deseño.Non desmerece nada do que podía facer calquera axencia. Todo unha obra de arte. Polo menos para min foi tan agradábel ver os dous deuvedés o domingo despois de xantar coa muller, o fillo e miña sogra que nos pasou a tarde nun viramelamano como din no Cabo da Cruz. Chamounos a atención o Isolino e o mesmo Enrique que fan uns pequenos cregos moi feiticeiros. Por iso cualifiquei de portento ese traballo xa que algunha vez temos falado de facer unha revista, Fernando Ledo, Luciano ,Andrés e alguén mais para conmemorar o 50 aniversario e nos parecía unha tarefa Ímproba. Se aínda se pode mellorar como di o propio Enrique e mais Andrés entón xa sería o máximun.

Neste tempo de oitava, para seguir co símil dos tempos litúrxicos, paréceme que convén respectar a festividade da convivencia e non falar de temas controvertidos que non se descartan,por suposto, no futuro xa que son a salsa que debe adobiar estes guisados domésticos que cociñamos neste blog

Debo desculparme con Barral que me parece que foi a o único que non cumprimentei persoalmente. Agradecido polo agasallo da foto de grupo.

O mais feliz era Agustín .Reencontrouse co seu compañeiro de pupitre Doval.

López Amboage tamén foi unha sorpresa despois de case medio século sen miralo como falan os do Morrazo

A Laureano e a Cipriano botámolos de menos. Debe ser este ano dos primeiros que faltan en moitos anos. Que se recuperen das súas doenzas. Para o ano que ven na Barca de Muxía festexarémolo, con eles tamén. Que o teñan por seguro.

A Ramón Senín teño que informarlle que a verba paréstica, descuberta por el, á que nos remite o buscador de Google, díxome o catedrático de latín do meu instituto , salmantino ,que tamén no seu pobo, pola zona de Tormes, se utiliza e co mesmo significado de falar por falar: estar de paréstica con alguén.

Eu mirei no vocabulario do padre Crespo Pozo que foi frade de Poio e que recompilou en 4 volumes as palabras que foi escoitando por toda Galicia nos centos de misións populares en que participou e tampouco aparece. E un traballo inxente que o único mérito que ten e documentar en que sitios escoitou cada vocábulo. O 1º tomo apareceu publicado na “Rexión “de Ourense en 1974 e os restantes editounos postumamente o bibliotecario de Poio en Edicións do Castro xa na década dos 80.Iso quere dicir que ou non pasou por Setecoros ou que ninguén estivo de paréstica con el.


Anímovos a todos a que escribades. Se tedes problema co galego, poñedes en Google ou en calquera buscador “corrector galego” e apareceravos a páxina de ORTOGAL. Abrídela e hai un espazo rectangular no que pegades o texto e lle dades a comprobar ortografía e faivos a corrección automaticamente sinalándovos as palabras que se debe cambiar. Estas novas ferramentas póñennolo moi fácil, Se non escribides en castelán. Eu son galeguista pero o galeguismo non é unha relixión. As linguas son instrumentos de comunicación entre a xente ante todo. Eu diríxome sempre, en principio, a toda persoa que non coñezo, en galego pero se noto que non me corresponde porque se lle fai violento ou non ten seguridade entón múdome o castelán por consideración ao meu interlocutor.


Ao meu homónimo o “pirrakis” tripitirlle -(Nos institutos os que repiten por segunda vez chamámolos tripitidores)- que a organización foi macanuda ,como din os hispanoamericanos, excelente e magnífica. Moito obrigados.

Vou por o punto final pero antes dicirvos a tarefa que debo realizar ao finalizar con isto. Teño que, cunha tesoira, picar miudiño as cabezas con semente dos anises que xa puxemos a secar o Luns. Agora gardámolos nuns tarros de cristal e usámolos durante o ano. Cando fritimos algo ao rematar poñemos auga nun cazo e botámoslle dúas culleradas destes anises e deixase ferver bastante tempo. Aromatiza a cociña e o resto da casa de tal forma que ninguén adiviñaría que se fritiu. Nos levámolo facendo hai anos. Os anises abundan a poden facelo tanto os do rural como os urbanitas. Deica a próxima. Rafael

lunes, 21 de septiembre de 2009

Benvido, Luis Sánchez Otero, "O rubio" (Andrés GV)

Na igrexa parroquial de Meira, de esquerda a dereita:
Detrás: Rial Varela, Barcia Lorenzo, Barros Brey, Ledo González.
Diante: García Vilariño, Alvite Ponte, Cutrín Fernández.

Amigo Luis, benvido a este caderno internético de encontro, diálogo e comunicación. Pero, por favor, non poñas a proba a nosa alegría alagándonos con torrentes de reflexións que a nosa preguiza mental se cadra non soporta. ¿Sabes cantos temas tocaches na túa primeira aportación? ¿Teremos que responder a cada unha das cuestións que propós, por xunto ou por separado? Entendo que tiñas tantas ganas de conectar cos condiscípulos que soltaches de golpe as augas represadas e mandáchesnbos unha riada de temas que seguramente fertilziarán este blog e sacudirán as nosas inercias. Pero eu rogaríache un pouquiño de contención. Como xa teño escrito aquí por outras razóns, "ne quid nimis".
Poño pé de foto ao grupo de curas que estivemos en Meira no 17 de xullo para que te vaias afacendo ao aspecto que temos corenta e pico anos despois. Recórdoche que no meu caso non nos vemos desde 1965, pois eu non cursei a teoloxía en San Martiño. Benvido. Unha alegría contar contigo e as túas reflexións. Por certo, Lantes Vitureira tamén está, como funcionario, na oficina de Emprego, no seu caso no INEM.

Unha xornada para lembrar: A Guarda 19/09/2009 (Andrés GV)

O grupo na praia dos Muíños, esteiro do Miño.


A citania do monte Santa Trega, desde a estrada de acceso.


Dios Vigo, Ramón Senín, García Ferro, López Amboage
Rosa a guía, Payo Cangado. De costas, Tacón Míguez.


Co alcalde da Guarda e o concelleiro de Cultura no peirao da vila.


Trío de anfitrións, de esquerda á dereita: o concelleiro de Cultura,
o noso compañeiro e anfitrión García Pais, e mais o alcalde da Guarda.


O programa de actos preparado coidadosamente por García Pais cumpriuse e rebordou as expectativas que suscitara desde o principio. Resultou acertada a idea do autobús, que xa supuxo un espazo de convivenza e comunicación para os 20 da Coruña, os 10 de Santiago e os seis de Pontevedra. Liberounos da preguiza que podía supoñer unha viaxe longa e liberounos das cautelas coa bebida no xantar. Supuxo tamén para os excursionistas unha primeira degustación do DVD de saudades preparado por Enrique Vázquez Pose e o seu amigo Alberto.
Para todos, especialmente para os ausentes, resumo brevemento os datos máis notables do encontro. Recepción do alcalde da Guarda, no peirao da vila, aos membros da Quinta do 57, con agasallos e souvenirs incluídos. Podedes ver o testemuño gráfico.
O concello puxo á nosa disposición unha guía competente e guapa, Rosa, que nos acompañou durante a visita ao esteiro, praia dos Muíños, onde se xunta o Miño co mar Atlántico.
Desde alí, subida no autobús ao monte de Santa Trega (Tecla, Tegra) onde a nosa guía explicou a historia, composición e curiosidades da citania castrexa galaico-romana, como anotou expresamente, e non celta, como se adoitaba dicir. Seguiu a visita, tamén, concertada co goberno municipal, ao Museu da citania, onde contemplamos as labras identitarias dos fogares e familias, os torques e outros obxectos, algúns autóctonos, outros importados polo comercio daquelas xentes con fenicios e tartesos.
A celebración da eucaristía, cando xa o estómago reclamaba atención, foi coma sempre un testemuño fraterno, que condensa moitas experiencias fondas de fe, algunhas moi vivas, outras máis atenuadas, todas valiosas polo que teñen de recordo, presenza e provocación interior. O memento de defuntos coa enumeración de todos os compañeiros falecidos -coa omisión non culpable de Vizcaya Sampedro, como se constatou despois xa na mesa- é un memento (recordo) pero é tamén un lazo de solidariedade entre todos, os de aquí e os de alá. O xantar farturento e sabedor, como se esperaba, incluíu no postre os típicos "mirabeis " do Rosal e a rosca típica da Guarda. Repartíronse as fotos de recordo da convivencia do ano pasado en Brión, xentileza de Barral Martínez. Un intento fallido de proxectar no salón o DVD das saudades preparado por Vázquez Pose demostrou que as persoas podemos entendernos pero as máquinas non. As explicacións do autor serviron para facer ganas de enxergar na casa un logro que se pode mellorar moito, como el dixo, se lle facilitamos esas fotos de grupo ou persoais que teñan que ver coa vida de seminaristas. O DVD foi un novidoso agasallo e unha chamada á colaboración para unha segunda edición do mesmo. Acordamos ter en Muxía a xornada de convivencia de 2010.
Con certa relaxación fomos deixando o salón do restaurante, démonos a despedida cos compañeiros de Vigo, Outes Ruso, Iglesias Muras, Barral Martínez, sacrificado e xeneroso fotógrafo oficial das convivencias, así como co noso solícito anfitrión, Rafael García Pais, a quen fixemos constar a gratitude e satisfacción xeral dos compañeiros todos.

jueves, 17 de septiembre de 2009

BENVIDA A LUIS

Saúdos a todos neste tempo de novena anterior a xuntanza anual. Agradecidos ao noso anfitrión,D. Rafael Garcia Pais coñecido entre nós ,de modo familiar e cariñoso ,por “pirrakis”, que nos preparou un programa de festexos digno dunha corporación egrexia e ilustre como é esta quinta do 57. Non esquezo o labor magnífico de intendencia que realiza o noso Andrés e os seus valiosos colaboradores sen os que sería difícil ou imposible irmandar estes acontecementos.

Dito isto merece que lle demos a benvida a Luís que xurdiu, como un trebón neste parladoiro, mostrando alento,azo e folgo como para parar un tren. Será un traballador infatigable neste arte da comunicación tendo en conta a súa intervención de presentación. Despois de mais de 40 anos sen noticias súas, a non ser o que nos dicía o irmán Antonio, cando lle preguntabamos por el,é un pracer saber del e ademais que se mostre entusiasmado con estas modernas formas de comunicación. En realidade é case a metade dunha vida de ausencia.

Tempo teremos de contrastar as opinións que nos presenta sobre o galego, a súa utilidade e e o seu futuro, o inglés novo esperanto mundial,(Castelao estaba en contra do esperanto tan admirado porque ía rematar coa torre de Babel, dicía que coidado con descender na escala animal e pasarmos a irracionalidade xa que os can e os lobos ladran e ouvean igual en Terra Nova que na Patagonia) a función pública e os funcionarios e se é bo que haxa moito estado ou pouco. Neste tempo de prefesta non sería oportuno nin conveniente que nos enredásemos en intercambiar ideas sobre se son churras ou meiriñas. Hoxe corresponde, amigo Luis, congratularnos de terte entre nós e desexarche o mellor a ti e os teus.

Eu cando sei que algunha parella ten tres fillos éncheme de ledicia. Nos temos un e, xunto convosco, xa me sento aliviado .Polo menos estatisticamente, nun futuro, non seremos mais nin menos.

Dinos: segues sendo tan roxo ou rubio?.Eu a imaxe que teño túa é de seres un mozo cun pelo albino. De feito algúns referiámonos a ti como o rubio. Ti xa nos verás na foto que colen aquí da xuntanza deste ano.Tampouco, seguramente, te recoñecería.O tempo non pasa de valde.Deixa a súa pegada.

Cónstame que moitos len ou mandan que lle busquen este curruncho. Os menos ousados deben atreverse. Como di Eduardo pouco e pouco a criatura irá gañando peso e robustecéndose chegando, co tempo, a ser unha moza louzá e de bo ver , saber e lembrar. O que teña ideas para mellorar que as expoña. Non penso que desapareza. Aquí na Coruña temos a experiencia do “Ideal Gallego” que nunha época saía á rúa practicamente polo denodado esforzo cuasititánico de Ezequiel Pérez Montes. A información era sempre asignada por este periodista ven co seu nome seguido das iniciais dos apelidos, ben pola inicial do nome e segundo apelido ou polas iniciais de nome e apelidos. O resto eran noticias de axencia, editos e publicidade. Así sobreviviu varios anos e logo acabaron vendendo a cabeceira por 1 peseta. Hoxe mércase pouco pero segue no mundo da prensa. Quintado57 tamén sobrevivirá e cada vez terá mais colaboradores. Podemos falar de que xa ten unha multitude de relatores e lectores. Tempo ao tempo.


O Sábado seguiremos na Guarda coas nosas lerias e as nosas teimas. Deica ese día. Luis o que te perdes ¡ Un ano tes que vir xa que hoxe non hai distancias. Para os mozos é certo que o mundo é unha aldea. Nunca tivemos,con iso dos intercambios universitarios, unha mocidade tan viaxada e con tanto mundo visto. Saúde e sorte para todos e para as vosas familias. Rafael Garcia Ramos

Facendo lei do costume non pode faltar a

Información legal: Hoxe vai ser sobre a Lei Concursal.

Con isto da crise faise moita referencia a ela. Desde o 1 de Setembro do 2004 relevou as antigas Leis de Suspensión de Pagos e Lei de Quebras. Antes se unha empresa tiña mais activo que pasivo (o seu patrimonio era superior ás débedas) e non podía facer fronte a unha obriga de pago, debía solicitar, ante o Xulgado, a suspensión de pagos. No caso de que o pasivo fose superior ao activo(deber mais do que vale o que que se ten) tiña que solicitar a creba.

Había que facer unha lista de acredores e das cantidades que se lle debían e outra dos bens que se tiñan e se a xunta de acredores che facía unha quita (reducir a débeda) ou unha espera (pospoñer o cobro no tempo) a empresa podía seguir funcionando se e era viable economicamente a xuízo dos interventores que nomeaba o xulgado. Se non había que liquidar o patrimonio e repartilo conforme a uns criterios entra os acredores.

Hoxe a Lei Concursal: 22/2003 de 9 de Xullo, se tedes interese podédela ler en internet, ten como grande novidade que tamén se poden acoller a ela as persoas físicas se están agoniados por as débedas. Antes do 2004 non podían. Para as persoas físicas e tamén para as empresas ten moitas facilidades e pensa na subsistencia do patrimonio empresarial e persoal antes que na desaparición. Por iso se acollen a ela tantas empresas. Persoas físicas menos pero cada vez mais. E unha lei moderna. Non unha antigalla como eran as anteriores. Dirédesme como se unha persoa se non ten para pagar as débedas se vai ao xulgado e a gastar en avogados e procuradores. Para iso está a xustiza gratuíta e os avogados e procuradores de oficio. Diso direivos algo a próxima vez.


Nota Brava: Cando ía poñer isto no blog vin a achega de Eduardo. Moi ben. E de xustiza que honremos a quen tamén o merecía e por ignorancia, a veces escusable e outras inescusable, mantivemos esquecidos. Confirma que este medio de comunicación interna terá longa vida. Rafael

SOMOS O QUE RECORDAMOS

"Somos o que recordamos.
O esquecemento que seremos".
Onte abrín impaciente o blog, tras uns días viaxeiros por terras vascas sen portátil pendurado, e fun gratamente sorprendido polas entradas de Antonio, de Rafael e, sobre todo, de Luís Sánchez Otero, por ser primeirizo, e por terlle enviado saúdos anuais por Antonio, seu irmán.
Mnemósine, a potencia creativa da memoria e da alma, é unha nai que tivo nove fillas-musas. Unha delas, Clío, a musa da historia, foi sempre maltratada e manipulada, por ser quizais a máis indolente. Os grupos de poder sempre a utilizaron, e utilizan, para conseguir os seus propósitos, de xeito que a historia da humanidade ven sendo unha dramática historia do esquecemento.
A mirada do relato histórico adoita ser depredadora e carnívora, porque quere conquistar e impoñerse. A memoria literaria, pola contra, é pacífica e remoída, permite ollar a historia desde un presente recordado.
O esquecemento intencionado, como o de Creonte e o dos últimos anos, pode converterse nunha tara colectiva.
É máis recomendable cultivar a memoria de Antígona, que lle responde ao pai:
"Has de saber que nacín non para compartir con outros odio, senón para compartir amor".
Os detectives da historia saben, como Freud, que "censurar un texto non é difícil, o difícil é borrar os seus rastros".
Algún experto en saúde mental reecomenda "reconstruír o pasado" e "abrir o porvir" para loitar socialmente contra o esquecemento. Hai que poñer fin, como di M. Rivas, á "suspensión das conciencias " que se impuxo durante moitos anos de represión e horror.
Como mostra do que digo, engado dous textos, un histórico en prosa, e outro poético dunha meañesa:
Café e puro.
Franco firmou miles de sentenzas de morte, deste xeito, segundo testemuñas da época:
"Martínez-Fusset desprega a súa carteira e extrae as sentenzas que en ultimísima instancia se elevan a Franco. A famosa petición de clemencia ao Caudillo. O misterioso militar xurídico -Martínez-Fusset- le nada máis que o nome, a idade e a profesión do condenado. Ás veces , Franco, sen erguer a cabeza dos papeis, pregunta:
- ¿Partido político?
Tras a resposta de Martínez -Fusset, o propio Caudillo apunta:
- Garrote ou fusilamento.
E firma desentendéndose do tema.
A rutina diaria, normalmente na dixestiva hora do café, era unha celosa tarefa que nunca quixo delegar o ditador".
Fernando González.
Tarjeta postal
Mi Generalísimo
Redentor de España,
Prodigio y Lumbrera,
Honor y Piedad,
ruta iluminada de serenidades,
Paladín de Altar;
Brújula y Destino,
Señor de milagros
y Jefe infalible del Patrio solar.
¡Franco!
Tesón y Bondad.
...............................
¡Franco es la Verdad!
Herminia Fariña (1902-1967).
A que mola! A min este paréceme algo herético e irreverente: fíxate no uso das maiúsculas e nos adxectivos e aposicións debidas a Cristo e ao Papa, pero supoño que esta xoia levantaría moitos espíritos, aínda que endurecese moitos corazóns.
Igual é certo que "a vida non é como un a viviu, senón como a recorda para contala", segundo escribe Gabriel García Márquez.
Paréceme útil a lectura de Cartas de republicanos condenados a morte. (1936-1948).
Xesús Alonso Montero.
Xeraais. 2009. (Crónica).
Rompe certos tópicoa gratuítos , porque demostra con documentos públicos (testamentos) e privados (cartas) que a poucos días/horas da morte eran felices porqque ían ao encontro de Deus por defender ideas xustas fronnte ao golpista. Isto sóame a martirio, pero non entraron na listas de canonización masiva.
Tamén ocomplementa o tema Os libros arden mal.
Manuel Rivas.
Xerais. 2008. (Narrativa).
Adéntrase na mente daqueles esbirros de salvapatrias.
Como conclusión destas entradas sobre a memoria, traduzo e reumo as palabras de Xosé Álvarez Junco, pronunciadas en xullo deste ano:
A memoria histórica "non é un acto de revancha".
"Non pretendemos refacer hoxe a historia nin proclamar que están agora no poder os que perderon a guerra hai 70 anos. Non se trata de competir nin de sacar agora unha espiña para afundila na carne doutro. Por iso ninguén debe temer nada nin agocharse nas casas desempoeirando as armas e preparando os seus argumentos para defenderse.
Tsmpouco pretendemos facer xustiza, porque neste caso non é posible.
Ninguén pode devolver a vida a quen a perdeu nin a xuventude aos que a pasaron no cárcere, no exilio, nin aos que a viviron de negro silencioso como membros dunha familia de paseados".
Eduardo Seco.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

LUIS, HERMANO DE ANTONIO

Pues aclrada la duda,claro que eres mi "hermano" y de todos los que cursamos en Belvís.Eramos niños-hermanos,que conviviamos más,entonces,que con nuestra propia familia. SANCHEZ OTERO,josé...Claro que me acuerdo de tí (al menos tu nombre y en especial tus APELLIDOS).Podía recitar de memoria la lista alfabética que,a diario,nos leían nuestros educadores,aunque, ahora ,seguramente, no te reconocería,si,por casualidad ,me encontrara contigo.
Un abrazo "hermano"
Puertas Lema,Antonio

martes, 15 de septiembre de 2009

40 AÑOS DE SEPARACIÓN. Luis, hermano de Antonio es José Sánchez Otero

Mi nombre en el Registro Civil es Luís y así aparece en el DNI desde su primera expedición. Ha sido siempre el nombre usado en familia. José es el nombre tomado de la Partida de Bautismo por el que siempre me habéis conocido.
Lamento la confusión generada por una identificación incompleta, en especial para Antonio Puertas que, de repente, se encontró con un hermano desconocido.

domingo, 13 de septiembre de 2009

MIS POESIAS

Como este día se celebra a Romeria da Barca,a terra do meu querido pai,e non podo ir a festa,adicolle esta poesía:

MUXIA

Mar e vento configuran
Un corpiño na montaña,
remexendo os seus cimentos
e socabando ás tuas entranas.

Vela furada por dentro…
…nove veces corpos pasan,
e, outras tantas, almas rezan
bailando na Pedra tumbada.

Romeiros e pandeiretas,
Entonan coplas e bailan,
cantando o son dos pandeiros
Sonsonetes e muiñadas.

A Vixe en trono d´ouro,
Polo pueblo é venerada,
O ceo racha o seu velo
Con tracas dende á alborada.

Os fojos rompen a ialma,
E xuntan nunha explanada
A milleiros de persoas
Debotos da nósa Barca.

Antonio Puertas

jueves, 10 de septiembre de 2009

Mis Poesías

Hola compañeiros:Como,tampouco este ano, podo asistir o encontro que terá lugar proximamente ( e ben que o sinto...)quero que sepades,que vos teño presente no meu pensamento.Ojalá puidera...en serio.Adicovo esta poesía a todos vos:

MI HUELLA

Dejé mi huella marcada
Pisando sobre la arena.
La luna lucía su cara,
La noche era serena.

El eco del mar arrullaba
Los cantos de una sirena,
Y una concha de nácar
Brillaba con la luna llena.

En las aguas la luz rielaba,
Sublimando la escena
De un viejo lobo de mar,
De su barca y su faena.

Una ola mi huella borró
Y el mar oculto su arena,
La luna en el mar se perdió
Y el día tapó mi pena.

Antonio Puertas

40 AÑOS DE SEPARACIÓN. Luis, hermano de Antonio

Saludos a todos los participantes en el Blog
Con motivo de la invitación a la convivencia anual he conocido y visitado el blog BELVIS QUINTADO57. Lo he leído todo de un tirón y deseando colaborar para el éxito de esta iniciativa, os envío mi pequeña aportación.
RECUERDOS DE TIEMPOS PASADOS
Me agrada conocer de la existencia de compañeros de tanto tiempo de vida y estudios de los que no había oído nada desde hace muchos años. Me agrada leer vuestros comentarios en gallego. Me agrada recordar palabras y expresiones que creía que ya no se utilizaban, aunque encuentro algunas cuyo significado tengo que consultar. Palabras de otras comarcas alejadas de la natal.
LEJOS DE LAS RAICES. NUEVAS RAICES
Cuando, después de casarme, vine a la ciudad de Cuenca desde Albacete, previa estancia de tres años en Madrid, no encontré más de media docena de gallegos. Pasado un tiempo se montó aquí una fábrica de tableros por empresarios procedentes de Curtis y trajeron un grupo de paisanos con ellos. El desarrollo de la Autonomía con su inflación de personal interino y contratado atrajo un número importante de gente joven procedente de Galicia. Me preguntaba si estábamos ante una nueva emigración. Me preguntaba que estaba ocurriendo en Galicia. Pero ya era más frecuente encontrar con quien hablar en gallego. Hoy tengo que reconocer que mi lenguaje y pensamiento son en castellano. No me es fácil escribir en gallego. Así que pido disculpas por romper el tono lingüístico de los comentaristas.
He recibido la invitación para la reunión anual. Aunque nunca pude asistir, me alegra que os reunáis. Me gustaría veros personalmente. A medida que pasa el tiempo, la vida se vuelve más compleja en contra de lo que siempre hemos esperado y deseado.
Me sorprende la diversidad de situaciones a que hemos llegado aquel grupo que compartíamos comedor, recreo, clases, paseos, capilla y también ejercicios espirituales. Sí, !Aquellos interminables "ejercicios" espirituales para unos chiquillos!.
Me acuerdo de un paseo dominguero en que invadimos una "camposa" y la dueña nos expulsó de la misma. Y con razón.
CUANTA VIDA EN SESENTA Y TRES AÑOS
En aquel momento decían los mayores que la sociedad futura sería lo que "nosotros" fuéramos. Aquella futura sociedad es la de hoy. Yo no lo entendía pero mi madre sí. Cuando nos enseñaba a plantar pinos decía que no los plantaba para ella sino para nosotros. También decía que el que "sabía" tendría vida distinta de la suya, es decir viviría en otra sociedad. Tenía perspectiva histórica sin saberlo. Si hay oportunidad os contaré un incidente que protagonizamos en Hacienda de la Coruña con motivo de una compraventa y que tanto el comprador como la vendedora (mi madre) no sabían donde esconderse. Tiene relación con lo de "saber o no saber" que hacer ante un funcionario de los de "vuelva usted mañana" de Larra. Era por el año 1960. !quien me iba a decir a mí que acabaría siendo uno de los millones de denostados pero envidiados parásitos de la sociedad!. Los funcionarios estamos al nivel de los parados. (quiero decir en el porcentaje del 20 %) aunque las previsiones son que nos van a superar en 4 ó 5 puntos hasta ponernos a la altura de Moroco.
Que no se ofendan los que puedan estar relacionados con la función pública pero mi opinión, después de 36 años dentro de la misma, con independencia de las actuaciones personales, no ha hecho más que empeorar su valoración. ¿Cuanto más Administración, peor administración y peor sociedad?.
CONTACTOS ESPORÁDICOS
Como visitantes a esta ciudad, conocidos por vosotros, por el año 73, estando en el balcón de casa, vi pasar a Manuel Morente y Espiña Gamallo casi desconocidos. En otra ocasión vi Manolo Alvite con una excursión de minusválidos. Y más tarde a Cerviño con motivo del entierro de Guerra Campos. Por cierto, ¿qué es del primero?. Tengo una anécdota de él cuando estudiaba 4 curso en Santiago relacionada con el uso del gallego y castellano.
SENTIR Y PENSAR DISTINTO
He dicho que me sorprende la diversidad de situaciones a que hemos llegado aquel conjunto de niños que, parecía, íbamos a tener destinos semejantes. Me sorprenden los temas suscitados por los participantes, ecos de los temas de la opinión pública. Desde mi situación de funcionario en comunidad distinta de la natal sentida, formación (Historia y tres cursos de Sociología con Manuel Canedo, además de “zascandileos” en Económicas y Políticas)y distancia no los siento como vosotros. Espero tener ocasión de hacer algunos comentarios.
Un detalle. Con motivo de visita al Juan Canalejo no pude ver ningún letrero en castellano. Me sentó mal por mi hija que desde ese momento descartó ir a trabajar a Galicia. Es anestesista. Dice que a dónde van sus hijos con el gallego. Es una realidad que repercute en su vida y en la mía.¿Quién pierde o quién gana más: la sociedad cerrada o la sociedad abierta?. La Comunidad de Madrid tiene un gancho para captar los mejores estudiantes de España al ofrecer para el primer curso de Universidad unas golosas becas, mientras otras comunidades ponen trabas localistas como pureza de sangre o lengua autóctona
Por otro lado la historia, viva como la naturaleza, y su agente reciente la globalización trae nuevas cosas y acabará aniquilando otras. Hoy la lengua mundial se llama inglés. Y de los que no saben inglés, el 98 % desean aprenderlo. La ciencia y la técnica están en inglés hasta en la China. Estamos en una situación que es prácticamente imposible revertir. El colmo es que hay políticas nacionales y autonómicas que favorecen ese predominio. Incluyo a mi propia Comunidad. Mi hijo mayor está en una empresa americana internacional y a cualquier sitio que va se encuentra con el inglés, sea Sudamérica, Malasia o el Líbano. Buena parte de los parados, incluso sin cualificación, no pueden ir a Europa porque los empresarios piden que sepan el idioma local o el inglés. (llevo 20 años trabajando con los parados).
Rosalía decía algo así como que todos los ríos van a la mar, así todas las lenguas acabaran en una única y esa será el gallego. Ya me gustaría. Pero su profecía va por mal camino.
He mencionado a dos hijos, pero para no falsear la información, tengo que decir que hay otro más. Así que si la media de hijos esta en 1,40 por mujer, la mía ya ha cumplido por dos.
Y AHORA ¿QUÉ?. A VUELTAS CON LOS PARADOS.
Actualmente estoy en las siglas SEPECAM. Como esto no os dice nada, quiero decir que estoy en el Servicio Público de Empleo de la Junta de Comunidades de Castilla la Mancha. !Las siglas sí que serán, ya lo están siendo, el lenguaje del futuro. Nuestro trabajo tiene que ver con la formación, colocación, contratos, subvenciones, muchas, muchíiiiisimas subvenciones. ¿Sociedad solidaria?. Nadie planta un pino, apaga un fuego, formaliza un contrato, aprender a conducir o cuida un viejo si no le pagan o subvencionan. Incluso para que el vago estudie se le va a dar una subvención porque, se dice, no tuvo igualdad de oportunidades sociales, familiares o personales.
Para los que tenéis que ver con la enseñanza, sabréis que tenemos programas específicos para el "abandono temprano", eufemismo de "fracaso escolar". El lastre incorregible de nuestro sistema educativo junto con sus deficiencias formativas. Habrá pocos organismos que tengan tanta conciencia como el nuestro de que una buena formación es la mayor riqueza de un país. Es condición necesaria aunque no suficiente para cualquier mejora. Los países que han invertido a educación se han puesto en cabeza del bienestar.
Los que trabajáis en ese mundo manejaréis muchas estadísticas pero os quiero citar un estudio en inglés que evalúa la situación de los principales países, sus políticas y resultados. Está en inglés y es mejor que el del Banco Mundial que tiene estudios parecidos en castellano.. Ahora que tenemos en España ( y clientes de esta casa, el SEPECAM) ciudadanos de muy distintos países y siempre que puedo mantener conversaciones con ellos sobre sus países de origen, encuentro en el estudio que os cito explica las causas reales de su atraso (y del nuestro) siendo la formación el factor clave. Factor necesario pero no suficiente. Una de las cosas más pintorescas que he encontrado es que en algunos países hay un "monopolio de la arena", creo que se trata de Perú. Es decir, que nadie puede coger arena sin permiso del estado, y por lo visto, lo que sobra en Perú es arena. Perú puede tener una población muy formada ( que no es el caso) pero otras trabas les impiden desarrollar su potencial humano. El estudio sale poniendo en Google "the global competitiveness Report 2008-2009".
En escribiendo esto, oigo por la radio que el Foro Económico Mundial ha sacado el índice de competitividad 2009-2010 y que España ha avanzado cuatro puntos pero hacia atrás en un año. Como decía un articulista, en un mundo globalizado, “es la competitividad, idiota” la explicación de nuestro retroceso. Nos vemos llamando otra vez a la puerta de Europa
FALSAS SOLUCIONES: PAPÁ ESTADO O LA ANIQUILACIÓN DE LA PERSONA.
Y apropósito de los parados. En la crisis del 29 había quién opinaba que era mejor poner a la gente a tapar cunetas y otra cuadrilla detrás abriéndolas antes de tener a la gente parada. Hoy seguimos haciendo lo mismo: unos trabajadores se dedican a levantar aceras y otros van detrás recomponiéndolas. Y todo ello gracias a al Plan de una persona que planifica aquello en que se han de gastar los dineros de los contribuyentes. Lo mismo que la planificación soviética. Y así les lució el pelo y así nos lucirá. Hay quién piensa que millones de cerebros valen menos que un solo cerebro. De puertas adentro se dice que estamos en un callejón sin salida.
Por cierto, la gran fabrica de tableros montada aquí por los gallegos buscando al abundante pino de Cuenca, esta en ERE, es decir, casi por imposición de la Administración, hace como que trabaja pero sin producir y vender. El camino más seguro para la ruina total pues hay quien prefiere que se hunda el barco totalmente con toda la tripulación antes que salvar a unos pocos. Los EREs son otro ejemplo de eso que digo: Cuanta más Administración, peor administración y peor sociedad. "Peor Administración" porque es un tinglado que no puede impedir que si una empresa tiene pérdidas tenga que despedir o cerrar si no se le autoriza despedir para salvar parte de la empresa. Entorpece y nos cuesta dinero. Peor sociedad "porque, a mayor intervención de "administradores" (de la Administración) que no pierdan ni ganan ni asumen responsabilidad por sus decisiones, quiere decir que la sociedad no tiene capacidad de autoorganización para resolver su problemas. El mismo crecimiento del INEM y los Servicios Públicos de Empleo es un fracaso nacional. Para mucha gente el ideal no es que el INEM pague muchos subsidios o los Servicios de Empleo medien en la colocación de, por ej.: el 17 % de las colocaciones. El ideal sería que el INEM no tuviese que pagar subsidios ni que los trabajadores necesiten del INEM para colocarse porque ellos mismos tienen capacidad de solucionar sus problemas. Sin embargo, la propaganda oficial considera un éxito el pago de x millones de subsidios y los Servicios de Empleo de las autonomías rivalizan entre sí a ver quién interviene en más colocaciones o cuantos más cursos imparte a los que han fracasado en la formación reglada. Si la Administración educativa, la primera responsable, la más cualificada para empapar la esponja de la vida en el momento de su desarrollo, no ha sido capaz de resolver el problema, la Laboral lo único que realmente hace es buscar motivos para su propia inflación.
El año pasado se trabajó para reintegrar los chavales al sistema educativo y la mayor parte preferían antes ir a la guerra de Afganistán. Los docentes ¿Qué les habéis hecho?
TEOLOGÍA ANDRESINA: ¿ES CULTURAL EL CELIBATO?
Creo que Andrés hizo algún comentario sobre la ordenación de las mujeres y el ecumenismo (en relación con las iglesias orientales) como condicionante de la política de la Iglesia.Yo visito con relativa frecuencia páginas relativas a Oriente Medio y países musulmanes. Aunque está en inglés, en la siguiente dirección http://www.copticchurch.org/onlinelibrary, hay un artículo escrito por el Papa Shenouda de los coptos ortodoxos sobre ordinatio of women. En general, la postura de los creyentes orientales es bastante más rígida que la occidental. Es indiscutible que su capacidad y comprensión de los textos bíblicos es superior a la nuestra pues pertenecen a su cultura además de estar apoyada en un elevado respeto y valorización de la tradición.
CADA UNO CON SU TEMA
Puertas y sus preciosas poesías, Eduardo y sus problemas con la educación y la memoria histórica, Rafael con su "derecho" esa asignatura que se estudia "sentado", se defiende "de pié", y se practica "a voces". (Cita del P. Rojo), La teología de Andrés, Senín y su biblioteca. Luis el del Paro. Me pongo el mote antes de que me lo pongáis.
Ramón, tengo el Raimundo de Miguel , 28 edición de 1958 pero lo uso de vez en cuando. Tiene marcado el precio de 300 pesetas que, en su momento, debió ser un pastón. Si buscas en Internet, google te dirá que la editorial VISOR ha hecho facsímile de la edición 11ª por 72 euros.
Y de la Bula de la Cruzada, mi mujer dice que por su casa debe haber alguna entre los libros. Pero ¿Cómo se te ocurre a estas alturas pedir una Bula de la Cruzada cuando estamos a punto de devolver Granada a Boabdil para reparar una injusticia histórica. Los fascistas Fernando e Isabel ya han sido despojados de muchas calles en los pueblos de España. La reconquista un ejemplo de intolerancia. Alá nos quiere a todos en su seno, sea por las buenas o por las malas. !Qué ingratos los hombres que no aprecian la promesa de 72 vírgenes en el Paraíso!.¿Como rechazan la superioridad de una cultura que les da derecho al doble de herencia que las mujeres, a casarse con niñas de 6 años y consumar el matrimonio a los 9 como hizo el "Rasu-l-LOHI" (el Enviado) Muhammadun, Una cultura que estima tanto a la mujer que nunca debe salir de su casa nada más que en tres ocasiones: para ir a la Meca, para casarse ( y que le pille la menstruación en casa de su marido para cogerla a punto virgen) y para ir al cementerio. Una cultura que las aprecia tanto como para venir al SEPECAM acompañadas de sus maridos que hablan por ellas. Es la multiculturalidad y la tolerancia occidental el nuevo valor universal que hace que un Juez inglés perdona un exceso de velocidad a un Muhammadun porque tenía que atender a dos esposas en ciudades distintas o que una familia Mauritania de Sevilla invoque el respeto a su cultura para mutilar genitalmente a su hija y casarla con un viejo al que rechaza la joven.¡Es el valor de la multiculturalidad, idiota!.¡Es exigencia de la alianza de civilizaciones!. Descabezar Iglesias y construir minaretes.
VERDADES Y MENTIRAS: LA MANIPULACIÓN DE LA HISTORIA.
En la página Redes Cristianas que he visitado porque alguien la ha citado en el Blog, encontré artículos ensalzando los valores islámicos. No me estuve a ver quienes están detrás de esa dirección. El mundo islámico tiene grandes ideólogos, propagandistas, políticos y otra escala de valores, para ellos superiores al resto de culturas, y que esperan imponer, voluntariamente o por la fuerza a todos los "dhimmis" que son todos los demás que viven en medio musulmán hasta hacerlos desaparecer. Es esta minoría muy formada e ideologizada quién está marcando los destinos de medio mundo. No cabe la democracia en esa cultura y si alguna apariencia hay, no se asemeja a la realidad occidental.
Turquía, el aliado que se buscó Zp para la Alianza de Civilizaciones no tiene nada de tolerancia. Tenía 150.000 cristianos en 1960 en el sudeste del país. Se calcula que hoy quedan unos 2.000 sin futuro alguno. No se les da trabajo, se les margina y se les persigue. En 1997 ha cerrado el último seminario ortodoxo. Hasta Bono tuvo que reconocer que no hay libertad alguna para otras confesiones y se vio obligado a una Misa privada en la habitación del Hotel porque no había posibilidad alguna en ningún otro sitio. Claro que hay quién no sabe que la táctica del engaño es una conducta autorizada en el Islam cuando se trata de subyugar a los "Dhimmis".Fracasaron en Poitiers y siglos después en el cerco de Viena. Pero su empuje es innegable Ahora han cambiado de táctica. Pero esa cultura conserva un valor: la familia y aprecio a los mayores. Claro, a su manera.
¿Más mentiras de altura?.Hay quien cree que Indonesia es un país tolerante porque lo ha dicho Obama en el Cairo, pero en el año 2.002, más de 10.000 cristianos fueron asesinados, cientos de religiosas e iglesias fueron destruidas. Ningún grupo defensor de derechos humanos se hizo eco de aquellos hechos. Y lo dice en el mismo Egipto cuyo Gobierno tiene persecución declarada contra el 15 % de su población copta cristiana. Para construir una Iglesia hay que contar con la autorización expresa del Ministro del Interior. No hay imperio de la ley. Sólo poderes discrecionales. ¿Se imagina uno en España que para reformar o construir una mezquita, o una Iglesia Evangélica necesite de autorización expresa de Rubalcaba?.
Y AL FINAL LA LECTURA DE LA BULA
Hechos y caricaturas aparte, recordarás que al terminar no sé que ceremonial, subía al púlpito de la Catedral, D.Juan Bretal Sande luciendo una bordada cruz roja en el pecho y leía una bula de la Cruzada en latín y, con el tiempo en castellano, que comenzaba así. "Cuando los pueblos infieles…". Creo que había, al menos dos bulas distintas, al menos en el formato impreso, siendo uno mayor que el otro por ser mayor el número de gracias que confería. También costaba más.
SÉ LOS NOMBRES PERO NO IDENTIFICO LAS CARAS
Acabo de ver una foto de siete caras en el mes de septiembre. Me siento frustrado por no ser capaz de ponerle nombre nada más que a Manolo Alvite. Perdóname, amigo Andrés, (con quién he tenido más contacto por correo electrónico), pero no puedo identificar tu persona. Posiblemente os ocurra algo semejante conmigo si me vierais por casualidad.
Saludos. Cuenca 10 del 9 del 09.

Magnum portentum. (Rafael)

Estimados condiscípulos,uns de dous díxitos, na conta dos cursos de Seminario e outros de menos, pero non por iso menos compañeiros a todos os efectos e afectos: adiántovos, en plan delator (ao Ledo López? Lembrades canto rebumbio se armou e a que baleiro o sometemos ,eu creo que case que todos?.Exercitade a memoria que é a mellor vacina contra o deterioro das neuronas) que na convivencia anual teremos unha monumental sorpresa e asombro que nos dará un compañeiro a quen deberemos nomear cronista oficial e notario maior dos acontecementos gráficos desta “quintado57”.

A súa condición de economista, profesor de longa carreira e licenciado en leis e outros saberes, garante con calidade o labor realizado en todas as súas facetas . Ata aí podo dicir. A realidade superará o que estaredes sospeitando.

Adiantaba que faría algún comentario sobre dúas cousas que nos dixo Ramón Senín, un saúdo afectuoso extensivo a todos,na última intervención. Respecto ao finado bispo Guerra Campos a quen cualificou como Gloria da Igrexa compostelán. No senso en que el o refire de arqueólogo e con gran capacitación e saber paréceme que é totalmente certo. Eu quería engadir algo que me sorprendeu ao sabelo. Na década dos 50, como profesor e coengo tiña moitos admiradores en Santiago. Iso me teñen comentado. Era alto,elegante, dicían as beatas que moi ben feito e nas súas prédicas caían en éxtase moitas seareiras. Xunto con D. Xesús Precedo e algún outro foron cregos de moda en Santiago.

Xosé Ramón Barreiro ,o da Academia, conta tamén que foi nun principio un crego progresista. No ano 1957 escribiu en Compostelanum un artigo sobre Teilhard de Charding e o cardeal Quiroga, preocupado, ordenou que un profesor do Seminario revisase os seus artigos antes da súa publicación.

Despois como perito conciliar foi famosa a súa intervención sobre marxismo. Aos que lle dou clase a verdade é que contan marabillas del. A nós, no 64 – 65, que nos correspondería,xa foi cando o nomearon bispo e xa non o collemos.

En Madrid foi moi controvertido. No 66 descabezou a Xunta Nacional de Acción Católica por falta de espiritualidade nos seus membros e significouse como o bispo mais retrógrado, reaccionario, ultraconservador e anticonciliar.

El que acusaba de temporalismo aos demais e foi 10 anos Procurador en Cortes por designación directa de Franco.

No 1976 votou en contra do proxecto de lei de reforma política xunto con Girón de Velasco, Fernández Cuesta, Oriol e Blas Piñar. Foi a Lei que autofagocitou aos Procuradores en Cortes e dou lugar á transición á democracia.

Pediu o voto en contra da Constitución ,participou en mitins de “Fuerza Nueva”. Presidiu a Asociación de curas integristas. Non asistía á Conferencia Episcopal e o Papa Pablo VI negouse a recibilo mentres non se puxese en comuñón co resto dos bispos. Os restantes dicían del que con tanta intelixencia parecía que non tiña ningunha.A culpa, os mais xenerosos botábanlla aos que o andaban aclamando como bispo de España.
Estendinme porque tan é verdade o que di Senín como estes feitos. A vida ten brancos e negros.
Respecto a memoria chamada histórica, o que di Senín provócame frecuentes discusións amigables cunha compañeira de despacho continuamente. Ela tamén defende que se debe un de esquecer da guerra civil, que todos fixeron barbaridades, que falar diso non conduce a nada mais que a enfrontamentos. Que as rúas e monumentos están ben e non tocalos que son xa Historia. Eu adiántovos que non penso exactamente así .Cada un é fillo das súas circunstancias, das súas vivencias, da súa historia. Eu penso que a Lei de Memoria histórica, a estas alturas era necesaria e conveniente. Animaladas é certo que houbo algunhas cometidas por xente que estaba a favor da república e moitas polos que se levantaron en armas contra ela.Foron os que provocaron a guerra entre irmáns que é a meirande animalada que pode haber. Pero non debemos esquecer que as autoridades lexítimas, a través das urnas, democraticamente, igual que hoxe eran as da República e o alzamento nacional foi unha agresión á Constitución que partiu España en dúas e non tiña lexitimidade ningunha os militares para facelo.
Penso que todos debemos de coñecer o que pasou para que como di D. Isaac Diaz Pardo, (o día 22 cumprirá 89 anos e que lúcido está), a quen mencionou Eduardo, non volva a repetirse o que pasou daquela. El adicou a súa vida, ademais de deseñar esas estatuíñas tan churrusqueiras de Sargadelos que a todos gustan tanto, a recuperar a memoria de todo o que pasou desde o 1936. Na Colección “documentos para a historia contemporánea de Galicia” van polo libro nº 210 está recollida a historia do exilio e da represión e os testemuños directos de centos dos seus autores quedan aí para nós e para as xeracións futuras. Hoxe os que queiran poden falar e escribir diso e as familias teñen dereito a recuperar os corpos dos seus seres queridos .Por certo a fosa de Aranga abrírase pronto e grazas a colaboración dun crego de Mondoñedo, Alfonso Blanco de Guitíriz, a quen un dos que viven lle dixo onde estaban enterrados 16 paseados. As autoridades, xuíces, avogados,fiscais e todas as Administracións Públicas deben colaborar para que se cumpra a lei da memoria.
Alargueime un pouco,.O meu pai reprocháballe á miña nai que cando ía á Vila (Vilagarcía) se deixase a lingua na casa viría primeiro.
Si alguén non esta de acordo co que creo e penso, parece que sobra dicilo, ten todo o dereito do mundo a discrepar. Dixo López González ,sen darlle importancia, que se nun grupo todos pensan igual e que pensan pouco ou nada Espero que nos vexamos, os mais que poidades, na Guarda. Será un bonito día, seguro, para vivir, revivir e compartir como nos di sempre o noso ben querido e prezado Andrés a quen todos lle debemos estas xuntanzas e o queremos moito. El é un accidente substancial nesta quintado57. Se non escribo nada mais deica vernos e se non deica a próxima. Rafael

Información legal: Cando non expresamos sen rigor e sen precisións conceptuais,como facemos todos case sempre, é o normal, tendemos a considerar como sinónimos ou palabras que significan case o mesmo as seguintes:
Apropiación indebida
Furto
Roubo
Estafa
Legalmente son cousas moi distintas e cunhas consecuencias tamén distintas,Apropiación indebida é cando un ten algo no seu poder,poñamos diñeiro que é un ben valioso e escaso, de modo legal por un tempo determinado pero en vez de darlle a finalidade prevista, quédase con el incorporando ao seu patrimonio. Ex. Entréganche 1000 euros para pagar o I.R.P.F de outro e ingrésalos nunha conta túa,Se a apropiación e dun valor superior a 400 euros cometes un delito que pode ter unha pena de 6 meses a tres anos de cadea, Se é menor a 400 sería unha falta que nunca teñen penas de cadea. Multas de pouca contía e como máximo o chamado arresto domiciliario.
Furto cométeo o que, con ánimo de lucro, colle algo, contra a vontade do seu dono e se queda con el, Se supera o valor de 400 Euros é delito con pena de prisión de 6 meses a 18.Se non o supera ten o mesmo tratamento que a apropiación.
Roubo cométeo o que tamén con ánimo de lucro se apodera de cousas alleas empregando forza nas cousas para acceder a onde están ou exerce violencia ou intimidación sobre as persoas que as teñen ou gardan. O culpable de roubo, con independencia do valor do roubado ten unha pena de prisión de 2 a 5 anos. O roubo nunca se considera falta.
Estafa cométena os que con ánimo de lucro utilizan o engano suficiente para producir un error noutra persoa de forma que realice un acto de disposición en prexuizo propio ou alleo. Tamén se supera o valor de 400 euros ten unha pena de seis meses a tres anos e se non os supera considérase unha falta con penas leves.
E frecuente que todo isto se confunda e apareza unha noticia así: O concelleiro de urbanismo apropiase ilegalmente de 14.000 euros que estafou ao Concello cobrando por unha obra non realizada co que furtou esa cantidade as arcas municipais mediante semellante roubo.
Os delincuentes profesionais son uns auténticos especialistas en dereito penal. Asi que se vos venden un longines falsificado por 399 euros e vale 10 traído de China, dádevos por fodidos que ao estafador saíralle barato,
Para hoxe mais nada. O que queira saber mais que vaia a Salamanca.

martes, 8 de septiembre de 2009

O deber da memoria. Non é tempo de silencio

Acabo de ler o comunicado profundo e entrañable de Andrés. Como non dispoño de Internet diariamente e, ademais, ausentareime unha semana, completo a entrada anterior para que non esmoreza de todo o blog, con ideas referidas a "As 13 rosas" e ao silencio que alguén quere impoñer.

192.684 persoas foron sumariamente executadas polo fascismo do xeneral Franco entre 1939 e 1944, unha vez rematadda a guerra civil: un xenocidio en toda regra perpetrado ao amparo do terror, ditado polo odio e levado a cado cunha furia animal e fanática contra persoas indefensas.

A Antonio Ferres tocoulle vivir de cerca aqueles acontecementos. En "Memorias de un hombre perdido" ofrécenos o seu recordo: "... Os franquistas fusilaban cadda noite: persoas condenadas en xuízos militares sumarísimos". As más das veces facíano ao abrigo das tapias do cemiterio do Leste, a xente da veciñanza atiñaa que mudar de residencia para non tolear, para poder escapar ao ruído das descargas, ao eco ominoso dos tiros de gracia.

A Branca Brissac, Ana López, Xulia Conesa,Virtudes González e Martina Barroso fusiláronas na madrugada do 5 de agosto de 1939 en Madrid, xunto a outras oito menores: "As 13 rosas".

Primeiro foron violadas e pouco despois os seus violadores formaron o pelotón de execución. Morreron "sen volver ver o día, sen divisar a aurora", segundo unha testemuña.

Paco Caudet di: " O feito básico da vida política franquista foi a feroz matanza indiscriminada dos primeiros anos da posguerra". Hoxe sentimos a necesidade e temos a obriga moral de lembrar a Branca, a Ana, a Xulia... para devolverlles a memoria e, con ela, unha parte da dignidade que lles quixeron arrebatar aqueles sicarios do oprobio e a sen razón.

Non queremos que o silencio siga degradando as vítimas inocentes, porque sabemos que calar é condenar inxustamente dúas veces, porque non é lícito volver matar os mortos, porque esquecer é volver alddraxar a dignidade das persoas. O silencio é a tortura ada memoria.

O silencio é inxusto, porque estende a sombra da dúbida sobre a vítima, impídelle defender a lexitimidade das súas opcións , o dereito a pensar de maneira diferente, a protestar contra a infamia e contra o terror. O silencio pon entre parénteses a inocencia das vítimas e négalles a posibilidade de reivindicar a súa dignidade: a delas e as dos seus descendentes. A delas e a de quen pensaba e segue a pensar coma elas.

Por iso hai que lembrar lonxe da vinganza e sen convocar a rancor nin a resentimento inútil. O recordo convértese así nun deber moral.

A película é a versión dunha historia real, que rematou na madrugada do 5 de agosto de 1939, a pasar de que a guerra acabara catro meses antes, e a pesar de que Franco prometera que soamente serían castigados os que tivesen as mans manchadas de sangue; as 13 adolescentes non as tiñan.

É un texto que traducín o resumín de outros de Amalo Blanco. É a páxina 251 de "Historia 4. ESO, publicado por Xerais no 2008.

Coidádevos da síndrome posvacacional, os que traballades.

Eduardo Seco.

sábado, 5 de septiembre de 2009

Xa estou de volta - Andrés GV


Semana de Teoloxía da Coruña - Prof. Fernando Vidal, sociólogo, da U. Comillas.

Tedes que desculpar a miña ausencia temporal deste blog. Ás veces por preguiza, outras veces porque non teño tempo nin para a preguiza. Estiven de vacacións entre o 27 de xullo ata o 9 de agosto. Despois colleu as vacacións Manolo Alvite e tiven unhas xornadas intensivas de párroco asumindo eu temporalmente o que el fai sempre, polo que tamén el merecía e necesitaba as vacacións. Despois veu a Semana de Teoloxía que organizamos no remate de agosto no Fogar de Santa Margarida e na que estou persoalmente moi implicado. Esta Semana cadra sempre tamén coa festa de Santa Margarida, parroquia onde estamos Alvite e mais eu, polo que foron xornadas intensas. Antes de marchar de vacacións quixen ter posto no blog o encontro dos cregos en Meira pero non atopei o xeito e fágoo agora. Comprobo que os blogueiros activos somos aínda poucos e se non fose por Rafael G. Ramos, Eduardo Seco, Antonio Puertas e dous ou tres esporádicos máis, esta páxina non tería vida... ¡Tanto como hai de que falar e tanto como hai que compartir! Teremos que incluir na próxima convivencia (dúas semanss xa) unha proxección do blog, medio áxil, vivo e axeitado para seguir encontrándonos moito máis que virtualmente, pois o intercambio de ideas e sentimentos que aquí facemos é fondamente persoal e auténtico.

40 ANOS DE CURAS (17 de xullo, Meira-Moaña) - Andrés GV









O día seguinte ao Carme quedamos de vernos en Meira, corporativamente, os da promoción de cregos que fixeramos o ingreso no seminario en 1957. Os cregos da "quinta do 57".
Por moi diversas circunstancias non puidemos reunirnos máis que sete na reitoría de Meira. A comunidade parroquial que preside e pastorea Manolo Barros Brey participou connosco nunha entrañable e emotiva eucaristía, onde, no remate, non faltaron os signos de comuñón e gratitude para o seu cura nunha data tan significativa.
A mesa fraterna e a excursión que seguiu despois estiveron cheas de humor, de saudades e de afiuzamento íntimo no servizo asumido na igrexa e na sociedade.
Eramos oito, compañeiros todos e compañeiros vosos,e anque non todos cumpriamos os 40 anos de ordenación, non faltou na Eucaristía da xornada a pregaria confiada por todos os condiscípulos, a esperanza na Vida para os que xa nos deixaron, e o convencemento compartido e concelebrado de que hai unha comuñón de corazóns que está por riba das nosas limitacións e das nosas expectativas: esa comuñón que en Deus nos entrelaza con vínculos xa por sempre inseparables.