Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 31 de enero de 2010

CASO PRÁCTICO


Outra vez mais aquí estamos. Desta volta os avisos van de primeiro. A Antonio Puertas felicitalo por esa longa quintilla ou quinteto que nos adicou, como bo camariñán ,a Camariñas dos seus amores. Non me estraña que o admiren alí. Ninguén terá a menor dúbida de que leva a ese pobo moi dentro de si. Elle de aplicación aquel proverbio.” Ex abundancia cordis os liquitur”Estando entre latinistas que nestes tempos son “avis rara” non é precisa a tradución
.
Igualmente merece parabéns Eduardo por ese poema libre, de autor anónimo, que tan ben seleccionou e destacou para a celebración doa día da PAZ .Dia que ben recomendando a Consellería que se celebre especialmente nos Centros de Ensino Primario e Secundario e que se ben facendo, en case todos, con moita aceptación e participación por parte do alumnado. Paréceme acertado por estar pasando unha crise económica, na que os sufridores son sempre os mesmos,entre os que están os emigrantes. Neste clima electoral no que nos están metendo continuamente non tardará en aparecer quen ,como en Italia, lle bote a culpa de todos os males presentes e futuros .Os pobres bastante teñen con ser pobres e como tales, por ser tales, colectivamente, pola súa condición soamente, nunca teñen culpa de nada e o que os criminalice e un malfeitor intelectual .


Os temas de actualidade son moitos. Podían comentarse algúns. Prefiro, seguindo o exemplo de Andrés,comentarvos como un tamén descubrín o valor e importancia do noso idioma oficial. Como todos,de pequeno, pensaba que o galego era un dialecto,que non valía para nada,que era un estorbo para andar pola vida. Admiraba aos da cidade que falaban o castelán con naturalidade e xa non digamos aos madrileños que viñan veranear ao cabo da Cruz e dicían: “Jolines e mecachis en diez”. Parecíame que falar galego era a desgracia dos pobres igual que a do traballo manual. Maldición bíblica de gañaras o pan co suor da fronte. En resumo que o galego non valía absolutamente para nada nesta vida.


Manuel Espiña que xunto con Morente Torres traduciu os evanxeos ao galego presume de rematar cos castigos de sen merenda en Belvís desde que o destinaron a el para alí no 1962.


Nos veráns tiñamos que pasar necesariamente desde o día do Carme até o día 15 de Agosto naqueles famosos cursiños de verán. Eran tediosos. Soamente os que eran moi afeccionados ao deporte, sobre todo ao futbol, o pasaban ben coas competicións entre todos os cursos. O caso Cancela fora famoso. Parece que chegara el cos superiores á conclusión de que non tiña vocación e que ao finalizar o curso quedaría na casa. Comentábanos que o que mais lle doía era perder as competicións do verán e foi a pedirlle a D. Manuel Silva que o deixase vir ao cursiño. A negativa entristeceuno moito.


De aqueles cursiños, despois do 1º ano, vimos que se podía escapar porque os revalidaban por outras actividades. No ano 64 fomos un grupo, entre eles estaba Silveira e García Pais a falar co P Gómez S.J. Director da Escola de Traballadores Sociais para solicitar unha praza nos cursos de Socioloxía que organizaban na casa de Exercicios de Bastiagueiro durante o mes de Xullo..


Aquel ano o padre Gómez xa nos falou dunha experiencia consistente en que irían tamén un grupo de universitarios. Eu tiven a sorte, xa desde o primeiro día, de entaboar conversación con Xesús Sanxoas,estudante de dereito. Hoxe creo que exerce de avogado en Vigo.


Parece ser que militaba na JEC .Debeu de levar acción persoal comigo xa que, en pouco tempo fixémonos amigos e púxome ao tanto de quen fora Castelao, Villar Ponte, a cova céltica, as irmandades da fala, xeración Nós o partido galeguista...e que o idioma galego fora moi importante nos tempos de Alfonso X pero cos reis católicos empezaran as desgracias para Galicia coa “doma e castración”Que tiveramos un estatuto de Autonomía no 1936 e que coa guerra Franco, e a ditadura, acabara con todo. Para min aquilo era chino pero quedoume gravado e posteriormente se oía falar de Castelao, do galeguismo xa tiña unha referencia. Tiña a manía, este amigo, parecíame a min, de que os cregos debían dicir a Misa en Galego. Eu pensaba no cabo da Cruz e parecíame que a xente non ía entender e que se riría do crego que misase en galego, na lingua desprezada dos pobres que non aprenderan o castelán por non ir a escola.


No verán seguinte, o día do Apóstolo, en San Domingos de Bonaval celebrouse a primeira misa en Galego oficiada pola pai Seijas con autorización do Cardeal D. Fernando Quiroga Palacios. Que contento estaría se vise as manifestacións de miles de persoas en Santiago cos carteis de QUEREMOS GALEGO¡


Naquela época, quedaba unha década de ditadura franquista, había palabras estigmatizadas que nin te atrevías a pronunciar. Ardíache a boca ,tremíanche as pernas e producía otite escoitalas: Política, partidos, comunismo, socialismo, galeguismo, fascismo, ditadura, autonomía,estatuto, clandestinidade, república, dúas españas etc...


A partir do 1965 xa se empezaban a ver os libros de Galaxia que con problemas, e con moito sixilo empezaran a publicar cousas, pouco a pouco, de Otero Pedrayo, Manuel Antonio, Alfonso R. Castelao, Vicente Risco, Ánxel Fole, Florentino López Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro…Edicións O Castro publica “Memorias dun neno labrego” que empeza a circular e pasar uns a outros como “La Vida sale al encuentro” de Martín Vigil que o padre Constantino recomendaba que se lese. Que bonita nos parecía aquela historia entre Placeres e Vigo.


Desde ese Xullo do 64 empecei a ter interese por todo o relacionado co galego e con Galicia que aumentou con certos profesores tamén galeguistas como foron a saga dos Barreiros Fernández e Somoza e outros mais como Vilasó do Castiñeiriño, e outros que formaban a confraría da defensa do galego na que eu pedín incorporarme xunto con compañeiros como Fernández Barros, Luciano Pena, Iglesias Muras e moitos mais pero que aínda hoxe son poucos.


Estas historias para os que non estivestes eses anos en San Martiño non significan nada pero para os que vivimos esa época intensamente transpórtanos a uns tempos nos que o que sobraba era ilusión con ganas de transformar o mundo para mellor. A pólvora viña da relixiosidade profunda que se vivía e de Roma dos documentos conciliares. Pero eses momentos, de reforma ,son breves como ben nolo recordou Eduardo.
Titulei caso práctico porque intentei describir unha realidade,un cachiño dela, desa época. Os casos prácticos estudábanse en dereito romano. Eran realidades as que lle había que dar unha resposta xurídica..Se un pintor famoso pinta nunha táboa roubada a quen pertence a pintura? ao pintor ou ao dono da táboa? Hoxe as sentencias teñen o apartado de FEITOS PROBADOS. Na universidade de Deusto comezaron hai anos a introducir a metodoloxía do caso práctico, en todas as ramas do dereito, cun gran éxito. Hoxe estendeuse esta metodoloxía a case todos os saberes, incluso nas enxeñerías, porque se mostra como dunha gran eficacia formativa ao ter que necesariamente unir teoría con praxe.


A ver se os pedagogos que deseñan os estudos de secundario se enchoupan tamén desta metodoloxía, nos materiais de texto, e conseguimos que os alumnos aprecien a utilidade que ten para a vida o que aprenden na escola. Por hoxe punto final. Xa é noite e os días mais grandes. A doceava parte deste ano santo xa ten pasado e o case un millón de peregrinos sen chegar. Van ter que contar como tales aos manifestantes de queremos galego para que lle saian as contas. Adeus e saúde para todos. Rafael- Que Fernando Ledo dea sinais de vida. Mandeille un correo e aparéceme unha mensaxe de que non se asegura a recepción nese enderezo. Outra vez Rafael

viernes, 29 de enero de 2010

DÍA DA PAZ

   Para esta xornada mundial da paz, 30 de xaneiro, e para os ventos desmemoriados e despiadados que azoutan, estes pensamentos*:

   O teu Cristo é xudeu.
A túa escritura é latina.
Os teus números son árabes.
A túa democracia é grega.
O teu equipo de música é xaponés.
O teu balón é de Corea.
A túa videoconsola é de Hong Kong.
O teu teléfono é sueco.
A túa camisa é de Tailandia.
As túas estrelas futbolísticas son de Brasil.
O teu reloxo é suízo.
A túa pizza é italiana.
O teu whiski é escocés.
O teu perfume é francés.
A coidadora dos teus fillos é colombiana.
A enfermeira dos teus pais é peruana.
E...ti es o que mira
a este traballador inmigrante
como un desprezable estranxeiro?
                                        *Autor descoñecido.

O ceo non sabe de fronteiras
e agasállanos con tantas cousas compartidas:
o sol, a lúa, o vento, as nubes...
O ceo inmenso que polas noites
se inunda de estrelas
e nos protexe a todos.  
                                                                            Agustín Fernández Paz.

                                  Eduardo Seco


jueves, 28 de enero de 2010

A VER QUEN CHEJA O FINAL...

CAMARIÑAS CAMARIÑAS






Camariñas,Camariñas,

alguén te quixo mercar,

e,o que merque a Camariñas,

ha de ter máis pesetiñas

que areíñas ten o mar.



Camariñas, meu curruncho,

moito me fas tolear

non sei que malva ou fiúncho,

ó nacer nese teu cuncho,

hóubome así de embruxar.



Cando de ti separado

estou lonxe dos teus lares,

en que todo é envelenado

ata, cando estou deitado,

teño diante os teus “pinales “.



Teño diante as túas hortas

coas súas grandes silveiras,

as túas corredoiras tortas,

e nelas, o pé das portas,

palillando as palilleiras.



Si, saíndo do teatro,

me preguntan:¿que viches ?,

contesto: xente nó “Atro”,

ou alá en Lingunde catro

tirando están dó boliche.



¿Non é iso bruxería ?,

non sei, vale máis calar,

pero eu sei que morrería,

de mal de melancolía,

si me chegase a faltar.



¡ Como non che hei ter diante,

bálsamo camariñán,

inda que de ti estee distante,

si túa campiña é un diamante

e túa ría un talismán!



Si fora, lonxe de ti,

o sol n´alumea tanto;

todo chora, nada ri,

miña alegría está aí,

e, por iso, nunca canto.



Nos teus campos encontrei

pos meus males medicina,

coas túas brisas engordei,

e, cando túas augas probei,

fuxiu de min a morriña.



¡ Hai ! parece que inda estou vendo

e, iso que tan lonxe estou,

nó Castelo ó mar fervendo,

en Merexo o sol nacendo

cós raios en Penafrou.



Buría enteira nas agras,

do millo na recolleita,

cargando táboa as gabarras,

e ,unha lancha pas fumadas,

sobre bolina se deita.



Fumeando as chemineas,

tocando o corno ás sardiñas,

que, do mar as lanchas cheas,

fan vir xente das aldeas

á mercar a Camariñas.



E alí, n´aquela ribeira,

có pé na mesma veiriña,

pídenas desta maneira:

“moso dó pano marelo,

ponme vinte neste prato

que nos estean do patelo…

…e a min sen neste mantelo

e dúas de máis po jato”.



E, ala na Costa da Morte,

érguese sobre os panascos

o Villano sempre forte

contra os embates do Norte,

dós raios e dós chuvascos.



O faro que, dende o mar,

alumea toda a comarca,

parece a costa un altar,

onde alí sempre han de estar

a Virxe do Monte e a Barca.



¡Cantas veces de “rapas”

o alto da torre subía,

e, so por facer “maldás”,

tiráballe de “pedrás”

ós que ala embaixo vía.!



¡Cantas veces en Insuela,

nese futuro releno,

teño xogado a “tornela”,

e, cantas gatas por ela,

facía cando pequeno.!



Era o campo das batallas,

era o campo dos valentes,

o xenio alí non tiña trabas;

por un “ arreda d´aquí estas pallas”,

alí partíanse ós dentes.



Moito eu me divertía

nó medio d´aquela praia

en que non pasaba un día

sen xogar a canto había:

a “canta-pita, ou a raia”…



¡ Hai ¡ , como miña alma chora

aqueles tempos pasados

que xa non volven agora,

anos que paso fora

tan longos e amorriñados.



É tanta a satisfacción

que sinto na miña terra,

que cambio sen discusión

a miña que é un millón,

pola outra que é unha “perra”.



Antonio Puertas

miércoles, 27 de enero de 2010

MIS POESIAS

Moitas grazas,amigo Seco,polas tuas felicitacións.
Como hoxe está o día tristón,deixovos esta poesía (chafalleira),pa erguer un pouco os ánimos:



O AMANTE




A porta estaba pechada,

i, a televisión, estaba sen voz,

a lua axexaba por fora,

i o vento choraba d´amor.



A noite era de tronos.

e nún cuarto brincaban os dous.

Centellas e raios caían

i, os cristales, pingaban suor.



Na fenestra petaba o vento,

e, nin caso, faciamos nós…

…non habia mouros na costa

i, a cama tembraba d´amor.



Canto máis bicos me daba,

máis me pingaba o suor…

…por acunar a ruliña

a carón do meu calor.



Por culpa do balanceo,

un pé da cama estalou,

saltando os dous polos aires,

naquela noite feroz.



A madeira do piso marchou,

i, ó cortello chegaron os dous,

caendo enriba da burra

que o marido á corte levou.



A reierta que alí se formou,

deixou o vento sin voz,

i escomenzou a tembrar a burra

que a somanta de paos levou.



Antonio Puertas

martes, 26 de enero de 2010

E OS PODERES DO INFERNO NON A VENCERÁN.II

Manda carallo! Sen galego e sen traballo!
   Este encabezamento é o texto dunha das moitas pancartas inxeniosas que vin na manifestación do 21 en Santiago, convocada por Queremos galego.
   Coa información que está saíndo, todos podemos ter xa opinión propia.
   Creouse un problema que non existía para impoñer unha ideoloxía agora.
   Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística, afirma nunha entrevista a El País (17-01-10):
"Agora non hai ningún problema coas linguas nas aulas".
Pregunta. Por que se cambia o decreto vixente?
Resposta: "Porque foi unha promesa electoral".
   Foi unha promesa electoral como a de levar austeridade á Xunta co pretexto do coche blindado de Touriño. Agora sabemos que:
- A Xunta meteu no garaxe 18 coches, dos cales 17 foran mercados por Gobernos anteriores.
- Presidente e conselleiros estrearon cargo con coches novos Citroën o día da toma de posesión.
- A Xunta segue mercando coches, e de gama alta.
- Os coches retirados están á venda. Quedan 17 sen vender, creando PIB estático, que é o máis seguro.
Austeridade ou dolo?
   O Presidente acusou aos primeiros opositores ás bases do decreto de nacionalistas extremistas radicais. Somos, pois, un país ateigado de xente perigosa: RAG, Consello da Cultura, colectivo de xuristas e profesores de Dereito, pedagogos da Universidade de Santiago, federacións de APA do ensino público, do concertado e do relixioso. Incluso cargos importantes do PP falan de insulto a Galicia.
   Ten que empezar xa a operación de rerreconquistar este indómito Macizo galaico, estes fisterráns radicais.

   Na manifestación dixéronme que existía un grupo de clérigos, incluídos cóengos de Santiago, que se manifestaron a favor do galego. Se alguén ten noticias destes extremistas infiltrados na sacra institución, que os desenmascare xa. Nunha manifa anterior vira a Andrés Torres Queiruga.
Con humor os males son máis leves.

Sen galego e sen traballo! O galego pode ser unha boa cortina para tapar a situación económica, encomendada aos poderes taumatúrxicos de san Xacobeo 2010. No 2011 xa poderemos vivir de rendas, coma os ricos.

Construída sobre rocha
   Dicía na achega anterior que:
1. A Igrexa, pese a todo, non corre risco de destrución.
2. A  Igrexa ten dous reloxos: un fugaz para os tempos de reforma, e un reloxo parado para os de contrarreforma.
3.  A elección democrática foi práctica non allea á Igrexa do primeiro milenio.
4. A oposición ao nomeamento de Munilla ten antecedentes na historia recente:
- Bogotá, 1971. Oposición do clero e de boa parte do pobo a Afonso López Trujillo como bispo auxiliar. Durante a cerimonia tiráronse octavillas.
- Sacerdotes de Barcelona protagonizaron unha sentada no patio do palacio episcopal, disconformes coa liña pastoral de Marcelo González, protector de Munilla.
- Protesta en Tarragona polo nomeamento de Jaume Pujol, do Opus Dei.
- Campañas frecuentes contra rumores sobre nomeamentos de bispos considerados non axeitados para a diocese.
   O problema radica, quizais, nos modelos de nomeamento, que poden ser:
- Xerárquicos-patriarcais: elección polo Papa sen intervención do pobo cristián.
- Democráticos-igualitarios: adaptada ao principio "un cristián/unha cristriá, un voto". Este procedemento está en sintonía cos procesos electorais das sociedade democráticas e ten o seu fundamento na dimensión comunitaria do cristianismo.

   Alguén obxectará que a Igrexa é unha institución de orixe divina. Non vale o argumento, porque:
- A democracia non ten que ser contraria á vontade divina.
- O Papa e os bispos defenden a democracia na sociedade civil e non a practican na Igrexa.
- Deus non pode querer a democracia dos gobernantes e opoñerse a ela na comunidade cristiá.
- A Igrexa xa foi democrática na metade da súa existencia.

   As monarquías absolutas foron caendo en Occidente grazas á Revolución Francesa. Sería necesaria unha revolución relixiosa, pero o reloxo da reforma vai tan veloz que non dá tempo a que se artelle.

   A protesta por Munilla non veu, creo, porque Uriarte sexa democrático e Munilla autoritario. Ambos os dous deben obediencia ao Papa e aplicaron prácticas autoritarias.
- Uriarte vetou a varios profesores da Escola de Teoloxía, vinculada á Universidade de Deusto.
- Munilla trasladou a Madrid o Seminario palentino en contra da opinión do clero.
Alguén dixo que o despotismo é a patoloxía episcopal más frecuente.

Aproximación a monseñor Munilla
   Despois de oír a monseñor en La Ventana, 14-01-10, algo se pode dicir. Estaba dando unha boa imaxe, manexaba ben a dialéctica, parecía seguro ante o micrófono, como profesional. Nas últimas preguntas...
- Como se explica a existencia de Deus ante a catástrofe de Haití?
- Hai males peores có desatre de Haití. Debemos chorar máis ben pola nosa pobreza espiritual, polas nosas carencias espirituais. Existen males maiores ca os de Haití.
Enfrontar unha realidade á outra parecía provocación; de alguén que cuadriculou a mente con filosofías e teoloxías escolásticas no seminario ultraconservador de Toledo, a onde o levou Martín González; de alguén a quen a soidade e a friaxe do palacio episcopal lle conxelase o corazón.
Pregunta.  Daríalle a comunión a Zapatero?
Resposta. Zapatero non debe presentarse a recibir a comunión, porque ten un conflito interior na súa conciencia.
Esta resposta pasou desapercibida nos medios pero paréceme moi grave. Quen lle deu a chave para entrar na conciencia de ninguén? Non é a conciencia territorio privado inviolable?
Non é isto a confesión? Obxectoume un amigo.
Creo que non, porque na confesión:
- Estás admitindo o sacramento e vas voluntariamente.
- Amosas a conciencia a quen aceptas como representante de Deus.
- Hai unha garantía de privacidade: segredo de confesión.
Pode un bispo asumir o papel de Deus en contra da vontade do presunto pecador e acusalo en público? Pouco lles importan, Rafael, os cc. 6 e 1.695 do Código de Dereito Canónico. Están a un milímetro por debaixo de Deus Pai.

Matizacións
Ao día seguinte, 15, chamou á Ser para matizar, e acusou aos medios de mal interprretar as súas palabras. Pediu un hipotético perdón teórico se ofendese a alguén. Mal interpretalo os outros e pedir perdón parecen contraditorios, segundo a lóxica escolástica.
Tamén se exculpou dicindo que dera unha resposta teolóxica, como se estivese en Radio María. Creo que a teoloxía debe empaparse de antropoloxía (léase humanidade). A fórmula teoloxía + antropoloxía pode ser incómoda, como a teoloxía da liberación e a Igrexa dos pobres. O reloxo eclesial está marcando tempo de contrarreforma.
O 16 de xaneiro volveu matizar as súas palabras noutra entrevista a El País. 
Na homilía do 20, San Sebastián, abundou na mesma idea.
Igual podemos empezar a entender a oposición do clero vasco sen buscar causas externas.

Mundo rico, mundo pobre
   A globalización mediática ofrece posibilidades marabillosas, tamén para casos de catástrofes naturais. Con todo, Haití leva anos, séculos, sufrindo outras catástrofes non tan naturais, e iso non aparece nas televisións, que son capitalistas. O espectáculo mediático dos primeiros días parecía algo morboso. Cando os medios decidan que o tema xa non vende, sacan outro debate e outro...  nunha voráxine consumista. O grave problema da humanidade e a distribución de riquezas, son as diferenzas abismais entre o Primeiro e o Terceiro Mundo, entre a maioría pobre e a minoría rica. Diferenza que se vai agravando cada ano.

Curas/bispos vascos
   Está ben que seis bispos  e moitos curas concelebrasen unha misa  polos 14 sacerdotes executados polas tropas franquistas, pero parece algo surrealista: tiveron que pasar 73 anos de silencio cómplice, nos que nada dixo o Vaticano nin a Conferencia Espiscopal, nin o dixeron agora.,
   Por contra, foron canonizados 498 relixiosos, vítimas dos republicanos, para contrarrestar o eco da Lei de Memoria Histórica.
   O perdón que pediron supoño que sería polo silencio encubridor, pois eles non son responsables dos asasinatos dos que eran nacionalistas  e defendían o réxime democrático establecido. Son responsables, en cambio, de que se lles negase un funeral e de que non se rexistrase o falecemento da maioría nos libros parroquiais.
   Este xesto parece máis oportunista ca cristián, para congraciarse co PNV, que acababa de sufrir un revés electoral.

Lectura
   O azar quixo que acabase estes días a lectura de El viaje del elefante. José Saramago. Alfaguara. 2008.
Conta a historia da viaxe dun elefante desde Lisboa a Viena pasando por Valladolid, Rosas, Venecia, Padua, Trento. Desenvólvese no século XVI, cando se celebraba o concilio de Trento. É respectuoso coa Igrexa pero deixa caer irónicas ideas sobre pasaxes da Biblia e sobre prácticas fraudulentas da Igrexa para conseguir poder e diñeiro. Non é novela histórica.

Parabéns
   Moitos anos de felicidade para Antonio, compartidos coa súa dona e fillos, por facernos partícipes dun fito familiar.
   A pedagoxia recoméndame cortar, aínda que non rematase o tema.

                           Eduardo Seco

domingo, 24 de enero de 2010

QUEREMOS GALEGO

Moi bos días ou tardes a todos. Depende cando vos acheguedes a este barco de letras e algunha idea que outra. En primeiro lugar agradecerlle a Andrés que nos contase a súa experiencia do descubrimento do galego a través da imperecedoira e perdurable Rosalia.. (Deben quedar poucos idiomas aos que non fose traducida). Como moi ben el remata co proverbio, no dereito, chamámoslle aforismo,unha casualidade a veces ten unha transcendencia moi importante na vida dunha persoa. Mal que nos pese a mesma vida está feita dunha morea de casualidades. O mesmo paso e coincidencia, tantos anos algúns, nun Seminario non deixa de ser unha mais e de gran transcendencia.

Mágoa Andrés que pasando os veráns tan cerca un doutro,eu son do Cabo da Cruz,polo pouco trato que xeralmente tiñamos de pequenos os do grupo A cos do B. non teñamos aproveitado para ter polo menos algunha relación. Os meus pais tiñan unha batea,en Barraña, fronte ao edificio das colonias.(Naqueles anos estaban fondeadas onde había, con mareas baixas, pouco mais de 6 metros de auga,cando hoxe están a unha altura como mínimo a vinte metros) Cando saiades cos grupos de nenos o que nunca pensei e que con eles fose un compañeiro de curso .Xa ves unha casualidade mais pero de consecuencias negativas.

Volvendo ao que estabamos. Baixo centos de carteis e bandeiras celebrouse en Santiago,o xoves pasado, a manifestación contra as bases de Decreto do plurilingüismo. Xa estades sobradamente informados polos medios de comunicación de todo o acontecido. E certo como din os que nos gobernan que foi unha manifestación preventiva como ten que ser .Se fose despois de que se publique o Decreto non valería absolutamente para nada mais que para desafogar o monumental cabreo que teriamos moitos por ,en cuestión de lingua, andar para atrás en vez de para diante.

Santiago desde a Ferradura até a praza do Obradoiro, pasando pola Rúa Doutor Teixeiro e subindo pola carreteira da estación,Toural,Rúa Nova e cara a praza do Obradoiro, estaba como cando eran os fogos do Apóstolo que soamente se podía andar cando había sitio. Eramos moitas almas de Noso Señor. Galicia nestas ocasións amósase como un pobo que ten fe en si mesmo. Falta nos fai. Parabéns a todos os que participaron. Sei que Eduardo non faltou. Non nos miramos como din na miña terra pero o intento,entre tanta xente, sería tarefa en vano. Tampouco vin a Luciano,como da outra vez,pero se non estivo en corpo, por non ser traballador do ensino,seguro que estivo en espírito. E supoño que Fernando Ledo tamén estaría representando ao sector minoritario do Clero e tamén Vilariño e outros que son galegos coma o que mais. A ver como sae ese Decreto. Agás o Partido Popular e algún que outro persoeiro non lin a ninguén que o defendera con argumentos minimamente serios que resistan a mais elemental crítica e lóxica da que se estudaba en Filosofía.

Xa sabedes que nalgúns estados de EE.UU .onde conviven falantes hispanos teñen unha lingua xa recoñecida como a Spanglish.

Partindo desta realidade, propia de dúas linguas en constante contacto, e sen un gran coñecemento de cadansúa, mandoume un amigo unha redacción do que teriamos aquí,dentro duns anos,de prosperar o modelo do Presidente dos tres terzos:

The amablingua

Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.  
 
The solution é o chamado ?castrapo enriquecido?, al que también chaman ?eurocastrapo?, ?triglosia feijooooana?, amablingua , ?galcasinglish? ou, na Galicia Sur, simplemente ?feixoada?.
 
Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language ?only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.  
 
The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by ?trilingüelas? (not ?bi?, but ?tri?), to properly enseñar the new lengua.  
 
This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a ?soberanía lingüística? dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz,  and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.  
 
So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the ?tres in one?,  very inclusive and amabilismo.
 
At the same time, the Xunta resolverá o ?problem? educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do ?tanto ten, ti vai disimulando?, que se complementa coa de ?never rained que non escampara?. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.  
 
And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la?.

  Esperemos que seguindo o ditame da Real Academia Galega,do Consello da Cultura Galega dos reitores das universidades ,etcétera, non prosperen as bases coñecidas e volvamos ao Plano de Normalización Lingüítica do 2004 que todo o Parlamento galego votou por unanimidade e do que nunca se debeu saír. Hai que volver ao rego que é ben para todos e para Galicia tamén. A lingua soamente nós temos competencia para defendela. E os que nos queiran axudar benvidos sexan. Por hoxe mais nada. Deica a próxima. Saúdos para todos.Rafael.

sábado, 23 de enero de 2010

Para cumplir con Rafael

Desde los 14 años pasé la mayor parte de mis vacaciones -mientras estuve en el seminario-en la colonia que tenía la Caja de Ahorros en Boiro Digamos que era monitor allí durante dos meses de verano . Los pocos días que me quedaban libres los pasaba en mi Coruña natal . Y era frecuente que , con un libro bajo el brazo, me acercase al jardín de San Carlos para pasarme buena parte de la mañana leyendo en aquel recoleto rincón .Cuando me cansaba acudía al balcón a comtemplar los barcos que entraban en la bahía o me sentaba frente al extracto del poema que Rosalía dedicó al general S. J. Moore ,allí enterrado , y que cayó en la batalla de Elviña al lado de los españoles y contra los franceses .El poema está impreso en mármol en el lado derecho de la entrada de aquella galería (al otro lado está escrito en inglés) .
La musicalidad que caracteriza a los versos de nuestra prócer ,su ternura y apego a la tierra ,la facilidad con que plasma en palabras sus emociones (de lo que el tal poema es un claro ejemplo) ,suscitó en mí el deseo de traducirlo .Y no paré hasta que-leyendo y volviendo a leer ,haciendo deducciones por el contexto en unos casos o por similitud con el castellano en otros ,conseguí entenderlo completamente .Con el tiempo me leí la obra completa y esta lectura ,sin duda ,me abrio la puerta de la literatura en general ,en la medida en que ésta supone una dimensión estética en la que plasmar inqietudes y la verdad de la propia experiencia ,la individual y la compartida .
Moraleja : una casualidad tiene a veces una trascendencia inesperada para la persona .
Saludos .Andrés L. Amboage

viernes, 22 de enero de 2010

MIS POESIAS

Como hoxe é un día especial pa min,xa que estón de cumple...,e pasei case toda a miña vida en compaña da miña dona TITA, que me dou 4 fermosos fillos,vai poe éla esta poesía:

LA PERLA DE LA TOJA


¿Qué es el tiempo?

Una medida añorada
y escondida dentro del alma
de recuerdos y mentiras
de verdades y de nada.

Aún fue ayer que en La Toja,
buceando, nada buscaba,
y, un resplandor en su arena,
me cegó entre sus aguas.

Vi que brillaba un tesoro
envuelto en concha de nácar.
Me cautivó su belleza
al asomar su mirada.

Y, esa mirada cautiva
en medio de aquéllas aguas,
pasados los años me dio
cuatro perlitas de nácar.

El tiempo, recuerdos perdidos,
que guardas dentro del alma,
no se sabe lo que oculta
en medio de lo que es la nada.


Dedicada a mi mujer TITA.

Antonio Puertas

miércoles, 20 de enero de 2010

MISCELANEA III

O tempo é o que paseniñamente sanda as feridas. Pasaron uns días e o contacto cos adolescentes parece que quitan a un do ensimesmamento no que me deixou a traxedia humanitaria,das mais grandes que se acordan, en Haití. No Instituto os compañeiros falamos diso e,o que mais e o que menos todos sentimos abraio e desacougo, Os propios alumnos, adolescentes que precisan do noso afecto e seguridade, tamén están conmocionados polo que aparece na prensa e na televisión. O que me sorprendeu favorablemente foi a reacción de aqueles rapaces que tiña por mais insensibles. Os que pasamos tanto tempo coas crianzas,como lles chaman os portugueses, tendemos a encadralos e logo como nos costa mudar de criterio e opinión sobre un alumno.

Eu no mes de setembro axúdolle ao equipo directivo, desde hai moitos anos, a formar os grupos. Teño a teima e manía de sacar do expediente do titor do curso anterior todos aqueles datos e notas que sexan desfavorables para o alumno. Cada curso o alumno debe ter a oportunidade de comezar coa folla en branco. O Profesor titor,cada grupo ten o seu, equivale ao que nós lle chamabamos o prefecto, debe empezar o curso sen prexuízo algún sobre cada alumno. O xuízo sobre o alumno debe ser unha conclusión da nosa observación persoal. E modificamos mais a súa conduta valorando positivamente aquilo que fai ben, reforzándoa, que afeándolle aquilo que fai mal. Iso non quere dicir que non haxa que reprendelos cando o seu comportamento non é correcto. Sempre co afecto e respecto que merecen e do que tan necesitados están xeralmente.

Saúdos para todos. Comentarei algunhas cousas das que leva dito Eduardo sobre a participación neste blog, e mais sobre algunhas cousas que nos dixo ultimamente.

Participación: Eu cada vez que vexo alguén, ou me chaman, ou coincido con algún desta quinta, sempre o animo a que participe; pero temos que recoñecer que cada un ten a súa circunstancia concreta: Persoas maiores ao seu cargo, netos que atender,outras actividades absorbentes. Eu mesmo antes da diagnose do Crohn sería incapaz de manter estas comunicacións,coa largueza de tempo que lle adico .Hai xente que lle costa mais escribir. Hoxe todos estamos inmersos noutras comunidades e grupos. Hai mais de 40 anos, os que acabamos a Teoloxía, que deixamos a convivencia extensa e intensa que tivemos. Hai moita xente que,coma nós,se xuntan ,nun xantar, unha vez cada ano. Estas xuntanzas xeralmente adícanas, polo que algúns me teñen comentado, a lembrar aqueles episodios máis anecdóticos de compañeiros e profesores. Os cregos como Andrés, Alvite e outros teñen as súas ocupacións. Ben é certo que querer é poder. Esta idea fundamentou a campaña americana a prol de Presidente Obama: “We can” Así como “podemos”que lle axudou a Selección Española a ser a campioa de Europa. Naquela ocasión escribira eu o seguinte:

AUTOESTIMA E FUTBOL

“Parabéns para os autores da campaña publicitaria que axudou considerablemente á Selección Española a gañar a Copa de Europa. Dende a emisión do primeiro spot tiven o convencemento de que iso ía a funcionar. O berro de podemos da confianza nun mesmo e fai milagres. Se un confía en si mesmo acada o que se propón. Detrás do fracaso escolar, empresarial, profesional e incluso convivencial hai sempre unha moi baixa autoestima e falta absoluta de confianza nas calidades persoais dun mesmo. Incluso os pobos con baixa autoestima teñen grandes dificultades para o seu desenvolvemento. Deberíamos sacar conclusións e promover noutros eidos publicidades semellantes.”

Por tanto, amigos, aqueles que queirades, propoñédeo como fai Ramón Senín,Fernando Ledo, Manuel López. Andrés L. Amboage,Andrés Vilariño, Luis Sánchez ,Doval,Luciamo Pena e algún outro que se teña asomado a esta fiestra. Non me esquezo de Seco e Puertas que son segreles maiores desta quinta sen os que perderiamos os sinais de identidade. Mentres teñamos plumas tan certeiras e rigorosas, con mais ou menos participación, como as dos que levan participado mais activamente esta criatura, amigo Eduardo, manterase hoxe e maña Deus dirá. De momento levamos medio ano e para o 1º aniversario avaliaremos se nos mantemos ou nos imos coa música para outro lado.

Colaboración de Eduardo:Linte por dúas veces. Transportáchesme ao ano 1965 no que, durante o primeiro trimestre, Rios Fernández nos impartiu historia da Igrexa. A parte que correspondía aos tres primeiros séculos era do mais emocionante. Despois no 313 coa conversión de Constantino e co edito de Milán converteuse nunha institución poderosa da que aínda hoxe, na parte mais visible, segue sendo o meirande lastre,Comparto a túa argumentación que me parece moi certa e sensata. Outro día volveremos,seguramente, sobre algunhas das moitas ideas expostas. Por hoxe nada mais. Hai que deixar materia para outros días .Rafael

N.B. Cando ía publicar isto vin o telegrama atípico de Eduardo. Pensaba. como mañá hai folga no ensino e manifestación en Santiago, adicarlle o próximo comentario. Hai que felicitar a todos os académicos e ao seu Presidente Xosé Ramón Barreiro. O informe é dunha contundencia e cunha fundamentación e motivación ,non soamente xurídica, impecable e maxistral. O informe de expertos xurídicos que non coñezo completo,”prima facie” tamén parece dunha solidez impresionante. O decreto de saír tal como está ,sobre todo naqueles puntos que din non estrar dispostos a rectificar, como son a consulta aos pais e a liberdade de elección de lingua polo alumno, terá moitos contenciosos e os avogados que se encarguen da parte técnica non terán que documentarse moito nin adicarlle gran tempo de estudo. Como din que dicía Meilán Gil, bo Catedrático e avogado de Dereito Administrativo, para defender este caso non preciso de vestir a toga. O sistema educativo está na arquitectura constitucional e na LODE (Lei Orgánica do dereito a Educación) e na Lei Orgánica 9/1995, da Participación, a Avaliación y o Goberno de los Centros Docentes tan ben deseñada a participación dos pais a través dos consellos escolares que si se saen do xa lexislado incorren nunha vulneración do principio de xerarquía normativa que fai o decreto nulo radicalmente e de pleno dereito. Terán que volver ao consenso do Plano de Normalización Lingüístico co que se fixo o actual Decreto do 50% mínimo que rompeu unilateralmente o Partido Popular a véspera de mandalo ao DOGA. Que llo pregunten a Dona Manolita Besteiro que foi unha das negociadoras. Mañá irei a manifestación de Santiago. A ver a quen vemos por alí, Xa vos contarei. Rafael”ut supra”.

TELEGRAMA ATÍPICO

   Volvo entrar, interrompendo o tema iniciado, cun telegrama que me parece inaprazable.
   Onte lin Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto de plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia. 16 de xaneiro de 2010.
   Quedei gratamente sorpendido. Lino por segunda vez, por se estaba soñando; era pola madrugada.

   A Análise é completa e demoledora; utiliza argumentos sólidos: lingüísticos, xurídicos, pedagóxicos, didácticos e organizativos.
   Deixa claro que xa hai moita xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional sobre os puntos conflitivos. E resulta que os fallos son sempre favorables ao Decreto vixente que se quere substituír e contrarios ao hipotético decreto que se quere implantar para derrogar o anterior.

   Na Voz de Galicia de hoxe acabo de ler o resumo doutro informe de máis de 60 expertos, que conclúen que no borrador existen debilidades xurídicas. Os expertos son xuíces, avogados, catedráticos de Dereito, fiscais, decanos de Colexios de Avogados e secretarios xudiciais de Galicia.
   Para esstes profesionais a Xunta "amosa un preocupante descoñecemento do marco constitucional e estatutario que rexe o uso das linguas oficiais".

   Non hai ningún colectivo educativo que apoie tales Bases.

   Para ler a Análise da RAG: www.realacademiagalega.org
   Para o informe dos expertos: www.lavozdegalicia.es
  
   No medio de tanto nubarrón agradécense estas raiolas de optimismo e de esperanza.
   Mañá, 21, haberá folga no ensino e manifestación en Santiago, en contra das Bases.
   Ocasión haberá de volver sobre o tema.

                              Eduardo Seco

martes, 19 de enero de 2010

E OS PODERES DO INFERNO NON A PODERÁN VENCER. I

Todo é bagatela, Rafael, comparado coas consecuencias do sismo de Haití. Pero hai que seguir tirando. Escribir pode ser unha menciña para coller algún alento de optimismo.
Admira a capacidade de reacción e a xenerosidade da comunidade internacional e deprimen agora os atrancos que se observan para distribuír a axuda, que é urxente.
A min  cústame ver imaxes da catástrofe, non sei se perdín ou gañei sensibilidade.

Fundada sobre rocha
   O título, sacado de Lucas, 16,18, recolle palabras de Xesús, que garante a supervivencia da Igrexa ante calquera circunstancia, mentres a especie humana non se extinga. Por unhas discrepancias, Senín, o reino non será destruído.
   Se estas palabras non inspiran confianza, temos 2000 anos de historia, nos que a barca de Pedro non naufragou, pese á intensidade das galernas: séculos de ferro ou de chumbo, corrupción do papado e do clero, cisma de Oriente con Focio e Miguel Cerulario, cisma de Occidente con Urbano VI e Clemente VI, papas renacentistas, escisión de Lutero, de Henrique VIII de Inglaterra... con guerras terribles de por medio.

Reforma, contrarreforma, ruptura
   A dialéctica reforma, contrarreforma, ruptura vense repetindo desde os primeiros séculos. Pero os tempos de reforma son breves e os de contrarreforma ocupan longuísimos períodos.
   O cristianismo naceu de movementos de renovación do xudaísmo arredor de Xesús de Nazaret, xudío marxinal. Pronto se instalou no sistema e xurdiu a Igrexa constantiniana, aliada co poder.
   Moitos movementos de renovación medievais foron excomungados e tiveron existencia efémera. Imponse de novo a Igrexa feudal.
   A reforma de Lutero contestouse coa excomuñón do agustino e coa contrarreforma, que durou desde o concilio de Trento ao Vaticano II.
   Esta dialéctica repetiuse tamén nos tempos máis próximos. As revolucións científicas, sociais, filosóficas e políticas chocaron coa contrarrevolución da Igrexa. :
- O evolucionismo co creacionismo.
- O modernismo co antimodernismo.
- A filosofía coa neoescolástica.
- A democracia coa teocracia.
- Os dereitos humanos cos dereitos devinos.
   A reforma do Vaticano II durou pouco máis dunha década. Con Paulo VI, Xoán Paulo II e Benedicto XVI comezou a contrarreforma. E aquí estamos, sumidos nesta "longa invernada da Igrexa", como definiu Karl Rahner.

Cismas antes, discrepancias agora
   As rupturas actuais diferéncianse das antigas en que agora son soterradas. Roma, máis insegura, procura non romper con ninguén. Uns aguantan como Hans Küng: "Nunca sentín a tentación de abandonar a Igrexa. O feito de ter problemas cos seus administradores cáusame molestias frecuentes, pero ninguén pode expulsarme da miña patria espiritual natal".
Outros marchan en silencio.
Vaise producindo tamén unha ruptura da xerarquía coa sociedade, que pasa do tema porque xa non é teocéntrica e a relixión ten pouco peso nas súas vidas.

Ruptura non declarada
   Nesta contrarreforma a ruptura non está declarada pero é bastante real. Exemplos:
- Mentres os teólogos progresistas e os movementos cristiáns de base defenden o laicismo como marco político e xurídico de convivencia, os bispos defenden a confesionalidade da sociedade e do Estado.
- Mentres os sectores críticos do cristianismo apoian iniciativas lexislativas para regular o aborto e a súa depenalización; as mulleres católicas reclaman o dereirto a decidir como suxeitos morais; a xerarquía católica fala de asasinato ou xenocidio, de delito e acusa de cómplices aos parlamentarios favorables á lei.

Caso Munilla
   O escrito asinado polo 77% do clero guipuscoano, 85 dos 110 párrocos e a inmensa maioría dos arciprestes, supoño que tampouco vai disolver a igrexa diocesana de Donostia. Impoñerase a autoridade de Roma, ou de Rouco-Cañizares, e asumiranse as decepcións e os afastamentos solapados.
   Non é novo o rexeitamento do clero/sociedade vasca a bispos anteriores. Fundamentaban as protestas en que non eran vascos, non coñecían a sociedade e non falaban éuscaro. O sorprendente é que Roma cambia de estratexia e envía un bispo vasco, párroco en Zumárraga 19 anos e que coñece o seu idioma. Ademais é mozo, periodista de Radio María e ten recursos dialécticos para tentar convencer. 
   Na lectura do escrito parece que non se aprezan motivacións políticas. Os mesmos que falan agora de politización do clero vasco non ven rastro de politización nas actuacións da Coferencia Episcopal nin na elección dun bispo.
   Pensar que hai bispos progres e bispos conservadores tamén é arriscado. Todos parecen conservadores. A Igrexa romana abandonou hai tempo o debate ideolóxico.
   Algún parágrafo do escrito parece traslucir debate pastoral e procedemental:
- Apoio e adhesión á liña pastoral e estilo eclesial desenvolvidos ata agora na diocese, en fidelidade co Vaticano II.
- Compromiso de seguir camiñando en coherencia coas acción pastorais establecidas.
- "Manifestamos a nosa disconformidade e desaprobación coa intencionalidade e o procedemento seguidos".
- "Lamentamos e deploramos que nunha cuestión tan transcendental coma esta non se tivese en conta nin respectase o sentir da nosa Igrexa".
   É o texto de 131 sacerdotes que coñecen ben a don Xosé Ignacio dos seus anos de párroco vasco. As súas razóns terán. Un parente que vive en Vitoria díxome que lera que nos anos de párroco de Zumárraga confeccionara un dossier con datos persoais e ideolóxicos de cada párroco doicesano. Esta lista negra descubriuse porque lle quedou esquecida nun arquivo do ordenador parroquial.
  Quizais o que se cuestione tamén sexa o sistema de elección, no que Roma ignorou o desexo de curas e bispos vascos e se decantou pola estratexia de Rouco.

Por que a Igrexa non se democratiza?
   A Igrexa xerárquica non foi sempre tan autoritaria como agora:
- "Que non se lle impoña ao pobo un bispo que o pobo non desexe", san Cipriano, bispo de Cartago, primeira metade do século III. Consideraba "de orixe divina" o dereito do pobo a elixir os seus pastores.
- "Aquel que debe presidir a todos debe ser elixido por todos", León Magno, papa de 440 a 461.
- Non se debe ordenar bispo a ninguén contra o desexo dos cristiáns e sen lles ter consultado expresamente ao respecto", León Magno, o papa  que freou a marcha de Atila sobre Roma.

   Non son textos excepcionais na literatura teolóxica da época, nin se limitan a reflectir un desexo utópico. A elección de bispos polo pobo foi práctica habitual da igrexa no primeiro milenio, como demostra Edward Schillebeeckx, recentemente falecido, en El misterio eclesial.
   San Agustín e san Ambrosio (s. IV) víronse obrigados a aceptar a  elección como bispos de Hipona e de Milán, respectivamente, en contra da súa vontade, porque foran aclamados pola comunidade cristiá.
   Paulino de Nola, amigo de Agustín, Ambrosio e Xerome, foi elixido bispo por aclamación popular, sendo sacerdote casado.
   O concilio de Calcedonia (451) opúxose á elección dos candidatos non vinculados a unha comunidade, ata o punto de declarar inválida esa elección. O bispo ou sacerdote que deixaba de presidir unha comunidade volvía ao estado laical.
   A elección era, ás veces, reñida e había altercados se non se respectaba a vontade do pobo.
   As protestas polo nomeamento de Munilla producíronse non porque a comunidade non participase, senón porque se fixo en contra dos seus desexos. Casos similares de oposición hainos na historia recente da Igrexa.
    Pero estou sobrepasando a extensión recomendada e debo cortar. Continuarei outro día coa pregunta formulada sobre a democratización da Igrexa. 
    
                               Eduardo Seco

P. D. Despois de ter escrita esta entrada, escoitei a entrevista a Munilla en La Ventana, 14-I-10. Deixou algunha perla merecedora de comentario.

domingo, 17 de enero de 2010

APOCALIPSE EN HAITÍ





Ola amigos:Moi boas.(Ë un dicir).Hoxe estou abatido. Onte despois de ver “Informe semanal”,na TV1, quedei desacougado e abraiado. Xa ao dar a noticia do tremor da terra en Haití as informacións eran negras. Pobre do pobre¡A lectura dos periódicos,se queres facerte cargo do que describen, déixate nun estado no que non encontras palabras para comentar o que che pasa. Supoño que vosoutros teredes as mesmas sensacións.
Non teño azos para escribir nada. As miudezas que ocupan a nosa atención son bagatelas. Se non fose por ese imperativo que teño de, polo menos unha vez a semana ,atender estas comunicacións xa tería apagado o computador. Con loito e todo hai que tirar para diante. Outro día ,polo medio da semana,comentarei algo do que nos dixo Eduardo. Hai que seguir vivindo e intentar axudar a esa pobre xentiña no que se poida. Por hoxe mais nada. Deica a próxima. Rafael








viernes, 15 de enero de 2010

MIS POESIAS

Coa licencia dos Señores teologos, aí vai a miña poesía:


DIOS ES AMOR




San Pablo dice que Dios es Amor.

De barro y miseria amasando formó

la imagen que es de nuestro Señor

y un soplo divino en mí inculcó.



De gloria eterna, su Palabra habló,

muriendo por todos el Redentor.

Mas…,¡hay del vil, infame o traidor,

que su doctrina no cumpla de amor! …



…Penurias eternas serán su dolor,

como lo escrito en Palabra de Dios,

y verse apartado de su Creador,

sin lugar a enmienda… sin remisión.



Dios es Amor y amor, por tanto, yo soy,

heredero e hijo suyo que soy del Dios.

No será gloria, si en otro es dolor,

ver a quien amo sin gloria de Vos.



Que su Amor disculpe, si errado estoy,

pues, si yo perdono, con mi mísero amor,

¡ Cuanto más haréis Vos, que dais el perdón

por más que os ofendan, si sois todo AMOR.!

Antonio Puertas

martes, 12 de enero de 2010

MACEDONIA III

   As achegas de Fernando (día 5) e de Rafael (do 7 e 10), con temas tan serios e ben tratados, anímanme a entrar nesa parcela da política e da doutrina eclesiásticas, que non tiña esquecidas. Será outro día.
   Hoxe estarei máis disperso, con politemas suxeridos.

Renovarse ou...?
   Creo que o blog xa non vai seguir medrando, máis ben consumíndose por unha rara enfermidade non diagnosticada. Autismo quizais non sexa, anorexia de ideas tampouco, quizais desgana para compartir ideas. Como se chama esa doenza?
   Escribín varias veces sobre o raquitismo do bebé, fixen preguntas relativas e ninguén opinou. Quizais non teñamos máis lectores ca escritores. Ainda así, compartir enriquece.

Tal cual, Rafa
   É gracioso e profundo amosar o texto de Sócrates como actual: "Eses son os nosos alumnos". Hai tempo que moitos ensinantes cargan indiscriminadamente contra os alumnos e non asumen a súa responsabilidade nin a necesidade de adaptarse aos tempos. Esquecen a súa época de nenos e adolescentes. Consecuencias: vitimismo e xeneralización da idea de que os centros son un desastre. Eses tales son inxustos con moitos alumnos excelentes e desacreditan o ensino público. Por iso me gustara tanto o artigo de Trillo sobre o labor dun profesor.

Non convén xeneralizar
   Fernando, non todos os políticos son iguais nin todos teñen a mesma responsabilidade no descrédito xeneralizado. Os principios de Goebels da transposición, da significación e do inimigo único, da esaxeración e da vulgarización, da transfusión e da unanimidade vense renovados cada día na boca dalgúns políticos e tamén periodistas. Esta estratexia resúmese no "canto peor, mellor".
  Hai que evitar a tentación de non ir votar, como detecta Rafael. Estariamos debilitando o sistema democrático e outros decidirían por nós, aproveitando as circunstancias, estratexicamente creadas coa esaxeración e a desfiguración.
   Sobre os bispos non teño tanta información coma Fernando, pero cústame crer que haxa tantos exemplares coma monseñor Camino Verde, verde en Dereito canónico, verde en moral católica, verde en lóxica e verde en respecto á Igrexa no seu conxunto. Non é vello, pero xa non creo que vaia madurar. É certo que é o voceiro da Conferencia Episcopal e do ayatolá Afónico, e que os demais están caladiños, pero non poden ter todos un perfil tan baixo.

Manuel Seco
   Non coñecía as colaboracións de M. Seco en Público, pero si un libro publicado en 2004:
     Diccionario fraseológico documentado del español actual. Locuciones y modismos españoles.
     Manuel Seco, Olimpia Andrés e Gabino Ramos. Editorial Aguilar.
Trata as unidades fraseolóxicas, que teñen por compoñentes as palabras, ilimitadas.
Na palabra Quinta trae as frases:
- Entrar en quintas.
- Ser (un) da mesma quinta (ca outro).
- Ser da (mesma) quinta (doutro).
- Compañeiro de quinta (doutro).
Quinta do 57 ten, pois, sentido metafórico, pero se se difundise moito, podería crear una variante nova da frase. Linguas, seres vivos.

Música selecta
   Regaláronme un CD  celestial de música gregoriana e polifónica, interpretada por tres curas católicos irlandeses.
Inclúe temas como Te Deum, Benedictus, Stabat Mater, Laudamus te, ou Ave verum Corpus. En inglés,
Rei de Reis, Noite de paz...
Titulo: The Priests. De Sony Music.
É un bo relaxante, escoitado cos ollos pechados e as orella abertas.

Capitalismo salvador
   Segundo a Populorum progressio, o capitalismo é intrinsecamente malo, pero é curiosa a capacidade de rexeneración e camuflaxe deste sistema, que meteu o Primeiro Mundo nunha crise monumental, recorreu á intervención dos Estados (socialismo), e agora dá fórmulas capitalistas para combater a crise capitalista. Como nos gusta o capitalismo! Acábase de inaugurar Burj Dubai (burj, palabra árabe que significa torre), con 818 m de altura, a torre máis alta do mundo, de momento, nun espazo que hai 10 anos era un deserto e nun país que ten proxectos inmobiliarios faraónicos en bancarrota.

   Acompaño a Antonio con dúas octavillas (métricas) guindadas nas rúas do nanoblog, a xeito de oración adaptada aos tempos:

 ORACIÓN (?) LAICA
Consume ben, consumista,
con sumisión e agrado,
con viño clasificado,
lagosta e bo camarón
percebe, ameixa e cigala,
pavo, pescada, ollomol:
ración de colesterol,
lenta, feliz dixestión.

Nos tempos das vacas gordas
aforrar era virtude.
Hai que cambiar de actitude.
Se escasean as fanecas:
consumismo solidario,
activar economía;
consume máis cada día,
que regalan hipotecas.

                                        Eduardo Manuel Seco

domingo, 10 de enero de 2010

COMENTARIOS

Nesta tarde xélida, dominical e invernal, catro grados ás dezaoito horas, de termos que andar a intemperie, non poderiamos traballar en nada. Con estas temperaturas tan baixas non hai tento de canteiro nin de mariñeiro. O tento de canteiro pérdese cando non se poden apegar as xemas dos cinco dedos. O de mariñeiro e menos esixente. Pérdese cando non se pode unir o polgar co maimiño. Así era polo menos no Cabo da Cruz. Parece que hai 25 anos que en Galicia non soportamos un frío polar tan extenso e intenso. Hoxe defendémonos ben do frío. En Sanmartiño moito frío temos pasado¡

Un saúdo a todos. Intentarei ,para que este canle de comunicación siga medrando, facer a miña achega ordinaria. Comentarei algúns acontecementos con ánimo sereno. Coa escopeta descargada. Enténdese metaforicamente falando. Tampouco é cuestión de ir disparando contra todo o que se mova. Mellor resultado da escribir as lamentacións no caderno privado por aquelo que din os psicólogos: un problema, verbalizado ou escribido, xa perde a dimensión que lle atribuímos cando nos fai ruído na cabeza. Esas lamentacións, de xubilados que teremos mais tempo, imos a Xerusalen e agachámolas nos buratos do muro como fan os xudeus.

Os comentarios serán de temas actuais como a toma de posesión do novo bispo de San Sebastián. Polas informacións que lin dá boa impresión. Chega con humildade,incluso con humor. Disposto a aprender e a seguir a liña pastoral xa marcada. Non terá mais remedio que “arar cos bois que ten”. Esa frase apóñenlla ao Cardeal Rouco. En Santiago fixo o que fixo porque cos bois que tiña, referíndose aos curas, non puido facer outra cousa.

En Bilbao tampouco acolleran moi ben a Blázquez nin a D. Mario Iceta de auxiliar e no verán pasado oficiaron, na catedral de Victoria ,un funeral en memoria dos 14 cregos vascos executados polo franquismo, cumprindo así un deber incumprido durante 70 anos. Nin foran inscritos nos Boletíns Oficiais nin nos libros parroquiais. Manifestaron cos restantes bispos vascos,nese funeral que nunca tiveron antes, que querían purificar a memoria e mirar ao pasado para aprender a construír un presente e un mañá novo.

Veremos ,co paso do tempo, como se vai incardinando i encarnando na vida vasca e ao mellor se contaxia do valor e mérito dos seus predecesores que foron vilipendiados por certos sectores ultraconservadores da Igrexa e da sociedade pero que pasarán a historia como grandes pastores da Igrexa Conciliar do vaticano II. Tempo ao tempo. O Beato Xoan XXIII tamén tivera problemas co Santo Oficio e que revolución armou na Igrexa. Ha vir outra aínda que nós non a veremos seguramente

Outro asunto que dou que falar, en certos ambientes de xente que nos criamos entre curas e monxas, foi o de negarlle a comuñón ao Presidente do Congreso de Deputados D. José Bono ao que fixo alusión Ledo nas súas ponderadas e acertadas, ao meu modo de ver, reflexións. Moito se escribiu e dixo. Saíron algún crego,monxa e frade significativos como o P. Angel fundador de “Mensajeros por la Paz” e o xesuíta P. Lamet ofrecéndose eles a darlla. Bótase de menos algunha voz sensata entre bispos e cregos que poña as cousas no seu sitio. Eu o mais sensato que escoitei é a postura dun párroco de Madrid que se acorda do Código de Dereito Canónico,que tanto se clamaba por el nos meus tempos adaptado aos documentos conciliares e que di que ,en aplicación do mesmo, ninguén lle pode negar a comuñón a un cristián bautizado se antes non se lle impuxo unha pena canónica, con audiencia previa, que así o determine.
Imos por pasos:
1º:_Canon 96. “Por el bautismo, el hombre se incorpora a la Iglesia de Cristo y se constituye persona en ella, con los deberes y derechos que son propios de los cristianos, teniendo en cuenta la condición de cada uno, en cuanto estén en la comunión eclesiástica y no lo impida una sanción legítimamente impuesta”.
2º.- Si o delito é votar a Ley Orgánica de Salud Sexual y Reproductiva y de la Interrupción Voluntaria del Embarazo que se aprobou no parlamento-(Lédea por curiosidade. Eu estou convencido de que a meirande parte da xente que fala dela non a viu diante ) Esa Lei veredes que non obriga a ninguén a abortar. Non é a lei de China que prohibe ter mais dun fillo e polas pestes que se din dela paréceo. Digo que se o motivo e ese ,conforme ao dereito canónico, non se lle podería impor a sanción que prevé para o delito de aborto que contempla.

3º.- O canón 1.398 define o delito de aborto deste modo: “Quien procura el aborto, si éste se produce, incurre en excomunión latae sententiae.” O quien procure refírese a aquela persoa que sexa o autor material, o encubridor, colaborador ou cómplice que según a Lei canónica sería o suxeito do delito. Por tanto o señor Bono non incorreu en ningunha pena. As leis penais, tamén as canónicas, han de ter unha interpretación restritiva. Han de aplicarse os principios de “Nula pena sine lege. Nullun crime sine lege”. Ou sexa que ten que haber unha lei que defina o delito e tamén a pena. Os mais avezados poderían argumentarme que a encíclica “EVANGELIUM VITAE”di claramente que os que aproben leis que fomenten o aborto obran en contra da opinión da Igrexa. Pero, desde cando unha encíclica ten rango de lei?. Na “POPULORUN PROGRESIO” dise que o sistema capitalista e por natureza intrinsecamente perverso. E alguén fíxolle caso?

4º.- “De internis nec Eclesia” Cando un vai á Misa e se acerca a comungar se non hai unha pena imposta con publicidade, quen é o cura ou bispo que lle pode negar o Sacramento? Andrés, Fernando e algún outro cura que poida ler isto. Que falta de sentidiño non? A veces para os cregos de antes algunhas cousas estaban moio claras. Había mais respecto.

Xa está ben que é noite pechada. Perdoade pola lería. De momento cumpro a promesa pero nestes tempos de crise,segundo me din os compañeiros avogados, un non se pode fiar das promesas, e menos se son promesas de pago. Deica a próxima, Rafel

sábado, 9 de enero de 2010

OS MEUS CONTOS

...A cordura total non existe...como tampouco hai duas gotas iguais de auga,nin dos pensamentos semellantes,nin duas voces calcadas,nin duas hüellas ou dous pesoaxes idénticos neste mundo facundo...Así que,no medio deste revoltixo no que estamos inmersos,poñovos un contiño de Reis,coa a frase que o noso Deus escribe:


TE QUIERO


Aquella mañana, se despertó muy temprano, como queriendo no molestar. Apenas había dormido y la noche se hacía interminable. No estaba seguro de si estaba soñando o estaba despierto, porque su mente de niño apenas discernía lo real de lo imaginario.
En medio de una nebulosa blanquecina que envolvía su cuarto, estaba viendo a una inmensa comitiva de doncellas y pajes, ricamente ataviados, precedidos en sus carrozas por tres majestuosos personajes reales que, como sacados de un cuento de hadas, lentamente, cabalgaban por todo lo largo de un suburbio barriobajero, lugar donde estaba situada su humilde chavola, hecha con cascotes de madera carcomida y paja ennegrecida por la inclemencia de los elementos y la humedad del lugar.
Sonrientes, se iban acercando al muchacho, a la vez que alargaban sus reales manos para ofrecer algo que el niño no podía distinguir claramente. Sabía, sin embargo, que tenía que ser sumamente importante para él por el modo y manera con que querían entregárselo.
La ansiedad del muchacho le impedía moverse y una fuerza superior le sujetaba con fuerza . Aturdido por aquella escenificación, “ cuasi “ mágica , hizo que su tierno corazón palpitara con fuerza, contradiciendo el inmovilismo que mostraba en ese momento.
A duras penas, aquellos ancianos barbudos, pudieron cumplir su misión, a pesar de la magia que, supuestamente, les precedía y, finalmente, encima de unas viejas botitas de plástico, dejaron un sobre y se disiparon en la noche estrellada, confundiéndose cada uno de ellos, con en cuerpo celeste que en su espacio infinito, les tocó en suerte ocupar por la eternidad.
Apresurado y nervioso, abrió el muchacho la misiva que llevaba su nombre escrito y dentro iban dos corazones dibujados en tinta roja unidos por una frase que decía: TE QUIERO.

Antonio Puertas

jueves, 7 de enero de 2010

A CORDURA TOTAL NON EXISTE


Este ano cadrou moi ben o non ter que ir a traballar o día oito de xaneiro como fora habitual en anos pasados. No calendario deste curso foi día lectivo o día 22 de Decembro por conta de non selo o día 8 de Xaneiro. Un privilexio mais dos profesores. Pensan moitos. Os que teñen ou tiveron fillos adolescentes xa son mais comprensivos co profesorado e incluso se sorprenden de como somos capaces de aturalos tanto tempo. Pero isto tamén ven de vello. Non sei que profesor tiñamos que cando nos reprendía por falar e non lle faciamos caso ameazaba con “montar en cólera”.Entón uns dicían “non monte” e outros ao tempo “monte”e armabamos un barullo impresionante na aula. Pero ven de moito antes. Teño un texto que reza así:


“Ahora los niños aman el lujo, tienen malas maneras, desprecian la autoridad, no muestran respeto por sus mayores y les encanta molestar. Ya no se levantan cuando entran personas mayores. Contradicen a sus padres,engullen golosinas en la mesa, cruzan las piernas y son tiranos con sus naestros”. Algunha vez téñollo mostrado a compañeiros e dinme: Tal cual Rafa. Que ben. Describe aos nosos alumnos. Sabedes quen o deixou escrito(Esperade ao final que así ten mais suspense)


A que ven o titular da cordura?. E o que lle puxo o 4 de Xaneiro, A Voz de Galicia, na contraportada, á entrevista que lle facían ao Xefe de Servicio de Psiquiatría do CHUS.:Luis Ferrer. Non é galego. Para entendernos mellor fixo a tese doutoral sobre “Antropoloxía médica galega”.Pregúntanlle: Temos todos algún parafuso (tornillo) frouxo? R. A cordura total non existe. Isto virá a conto despois.


Parecéronme moi interesantes as consideracións que nos fixo Fernando Ledo, tanto na orde socio política como na relixiosa ou eclesiástica. En canto a primeira é certo que se bota de menos alguén que poña un pouco de cordura. Existe xente con ela pero hai que saber buscalos. Incluso moitas veces está misturado o trigo limpo coa mala herba. A política como poder decisorio sobre as cousas comúns, para o ben de todos, a información que temos a través sobre todo das televisións e da prensa caeu na trivialidade. Isto non pasa hoxe. Leva anos pasando .E provoca na xente apatía polo común. Na miña familia, nestas festas que hai mais conversación, noto como se perde interese incluso por ir a votar e con que convencemento se di que “Todos os políticos son iguais”A información que recibimos ven tan pasada pola peneira dos vellos principios de Goebbels, ministro de propagando de Adolfo Hittler que se non poñemos un filtro, ou gafas de sol,caemos na cegueira de ver todo tal como nolo pintan. Lembrade que o nazismo tivo unha orixe democrática. A propaganda foi tan eficiente que aínda hoxe ten vixencia rampante. Que cadaquén saque as propias conclusións. Os principios son os seguintes:(Están copiados da rede. Hai anos se non tiñas o ESPASA ou unha boa biblioteca algunhas cousas nunca as sabías)
1.-Principio de simplifica­ción y del enemigo único. Adoptar una única idea, un único Símbolo; Individualizar al adversa­rio en un único enemigo.

2.-Principio del método de contagio. Reunir diversos adversa­rios en una sola categoría o individuo; Los adversa­rios han de constituirse en suma individualizada.

3.-Principio de la transposición. Cargar sobre el adversa­rio los propios errores o defectos, respondiendo el ataque con el ataque. “Si no puedes negar las malas noticias, inventa otras que las distraigan”.
     4.-Principio de la exagera­ción y desfigura­ción. Convertir cualquier anécdota, por pequeña que sea, en amenaza grave.  5.-Principio de la vulgariza­ción. “Toda propaganda debe ser popular, adaptando su nivel al menos inteligente de los individuos a los que va dirigida. Cuanto más grande sea la masa a convencer, más pequeño ha de ser el esfuerzo mental a rea­lizar. La capacidad receptiva de las masas es limitada y su comprensión escasa; además, tienen gran facilidad para olvidar”. 6.-Principio de orquesta­ción. “La propaganda debe limitarse a un número pequeño de ideas y repetirlas incansable­mente, presenta­das una y otra vez desde diferentes perspectivas pero siempre convergiendo sobre el mismo concepto. Sin fisuras ni dudas”. De aquí viene también la famosa frase: “Si una mentira se repite suficiente­mente, acaba por convertirse en verdad”.  7.-Principio de renova­ción. Hay que emitir constante­mente informa­ciones y argumentos nuevos a un ritmo tal que cuando el adversa­rio responda el público esté ya intere­sado en otra cosa. Las respuestas del adversa­rio nunca han de poder contrarrestar el nivel creciente de acusaciones   8.-Principio de la verosimilitud. Construir argumentos a partir de fuentes diver­sas, a través de los llama­dos globos sondas o de informa­ciones fragmentarias.  9.-Principio de la silencia­ción. Acallar sobre las cuestiones sobre las que no se tienen argumentos y disimular las noticias que favorecen el adversa­rio, también contraprogramando con la ayuda de medios de comunica­ción afines.  10.-Principio de la transfusión. Por regla general la propaganda opera siempre a partir de un sustrato pre­existente, ya sea una mito­logía nacional o un complejo de odios y prejuicios tradicionales; se trata de difundir argumentos que puedan arraigar en actitudes primitivas.  11.-Principio de la unanimidad. Llegar a convencer a mucha gente que se piensa “como todo el mundo”, creando impresión de unanimidad.
Despois de estar bombardeados continuamente pola información trufada por eses principios e mais outros mais sibilinos que seguramente poidan estar exercitándose non vos causará sorpresa o que di o xefe da saúde mental de que a cordura total non existe. Sería heroico mantela. A vixencia destes principios detéctase moi ben se comparamos a información que nos subministran os distintos periódicos e como tratan a mesma noticia. Comparade O Mundo. Abc O Pais ,Público e a Razón. A min servíronme estas informacións e outras mais que un vai acumulando como de lanterna ou farol para non andar perdido na escuridade. Hoxe este exercicio pódese facer a través da rede. Por iso a crise económica da prensa escrita é tan grande.


Respecto a radiografía que fas, Fernando, do estado da cuestión da Igrexa xerárquica compártoo. Como levamos tanto tempo sufríndoo desde que finalizou o Concilio vaticano II e non se atreveron a levalo á práctica xa chove sobre mollado. Admírovos aos que pese a tormenta seguides navegando como remeiros na barca de Pedro. Como di Queiruga mentres a xente siga lendo Os Evanxeos a levadura seguirá fermentando a masa. Hoxe lieime un pouco co comentario socio político pero noutra xeira teremos tempo de volver a facer algún outro comentario sobre esta materia.


Tamén a intervención de Eduardo me pareceu moi acertada. A Celso Emilio Ferreiro deberiamos telo como autor de cabeceira. Magoa que morrera tan novo de forma súbita como Luis Seoane que tanta vida e obra poderían facer e non puideron. A Eduardo a veces algún profesor ao pasar lista trabucábase e lía Saco. Acórdome sempre que leo unhas tiriñas que escribe en PUBLICO Manuel Saco. Galego de Ourense. Hai cousas que escribe coas que non estou de acordo. Recoñezo que é unha persoa que fai pensar co que escribe. Sempre que o leo lémbrome de Eduardo Saco Pérez como te chamaba algún profesor causando unha risa xeneralizada na aula. Por hoxe mais nada. Vai frío. Seguen as vacacións. O autor do texto viviu no século IV a C. Foi o gran Sócrates. Xa choveu. Deica a próxima. Saúdos para todos. Rafael

miércoles, 6 de enero de 2010

MIS POESIAS

...LAMPROS SON ...LAPAS, amigo SECO.
Bueno,vai esta poesía que compuxen o día de REIS ,case afinado:


EL NIÑO




El Niño cara el cielo dormía

y los mulos la paja rumiaban,

con espinas que a José le herían

unos sueños que lo atormentaban…



…” toma a su madre y al Niño

y a Egipto de la muerte escapa

por los senderos que marca el destino

de un pueblo que en su Libro narra”



En las pajas del suelo caían

lágrimas que la madre guardaba

y misterios en su corazón latían

con el fuego que el cielo ocultaba.



Un artesano en su casa labraba

un madero que en el Gólgota erguían,

con los clavos que el hombre clavaba

entre rallos que lo estremecían.



La luz en las sombras, pálida, temblaba

asomando el rostro de un nazareno

que en su boca hiel amarga consumaba

con la frágil vida de un Dios en el leño.



Cabizbajo, compungiendo el ceño,

sin que del sueño aun reaccionara,

a José, de presentes, para quien era el dueño,

Reyes de Oriente llenaron su cuadra.



Antonio Puertas

martes, 5 de enero de 2010

ANO NOVO, TEIMAS VELLAS

P/D.  xa vedes que me esquencín de firmar o anterior. Así que para que conste e non sexa atribuído a outro colega que poidera sentirse en desacordo, firmo a presente con data e hora. Son polo meu reloxo as 0,05 horas da madrugada do día de Reis. Fernando Ledo Glez.

ANO NOVO, TEIMAS VELLAS

¡Hola amigos!, Fai un anaco, mentras trataba de hilvanar catro ideas para a homilía da Epifanía, sentínme bastante desacougado polos pensamentos que me viñeron á cabeza e que comparto brevemente convosco. Na primeira lectura de mañá, o profeta fala de que as tebras cobren os pobos pero unha nova Luz albíscase no horizonte.  A historia repítese unha vez máis; da a impresión de que o profeta escribíu a semana pasada.  Cando miro o panorama político-social no que a nosa xerarquía eclesiástica desenvolve a súa particular cruzada, non podo evitar a comparanza cos tempos de aquela primeira Epifanía. No noso país as xentes da clase traballadora e os que viven no umbral da pobreza, xunto cos marxinados e sen teito, están a vivir unha situación límite e dramática que grita ás nosas concencias. Entretanto os gobernantes e a clase política en xeral dedícanse ó que mellor saben facer, que é descalificarse, insultarse e eludir responsabilidades.  Nunca tanta falta houbo de liderazgo. Produce tristeza que non se escoite unha voz con suficiente peso moral para tratar de impoñer cordura e coraxe co fin de arrimar todos o hombro nunha tarefa urxente de liberación de tan inxusta situación.  Neste punto non poido evitar o desacougo que me produce ver a xerarquía eclesiástica enfrascada na súa campaña de confrontación co poder político e non precisamente para defender a causa dos pobres senón as posicións fundamentalistas das súas teses preconciliares e ultraortodoxas. Calquera tema lles serve para enfrontarse ó Goberno e ó Parlamento soberano. Agora mesmo parece que mesmo pretenden condenar ó presidente Bono á fogueira da inquisición.  Prodúceme tristura ver como, un ano máis, a Misa da familia é unha ferramenta para levar a cabo unha demostración de forza valéndose dos sectores máis ultras. E nesta causa van todos os mitrados "nemine discrepante" conducidos polo gran ayatolá vilalbés. ¡Se resucitara Tarancón morrería de espanto!.
Unha universidade catalana chamada UPEC elaborou un informe sociolóxico do que traio aquí estes datos:
Un 36% dos españois confésase católico practicante. Dos cales confesa o mesmo solo un 9% dos mozos, e dentro desta porcentaxe únicamente un 4,7% asiste a Misa dominical. Preguntados polas profesións socialmente útiles, o sacerdocio ocupa a penúltima posición detrás dos militares de carreira. Sobre o nivel de confianza nas grandes institucións, a igrexa ocupa o derradeiro posto. O papel da igrexa na sociedade considérano irrelevante e decadente. O Estado dedica actualmente 517 millons de euros á ensinanza da relixión. ¿Qué sentido ten esta inversión?
Despois destes datos tan desalentadores, esta reflexión: Durante a República e a Guerra Civil o enorme descrédito da igrexa entre as clases traballadoras debeuse a que esquenceu os seus principios evanxélicos e identificouse cos sectores poderosos. Penso que agora sucede case o mesmo pois a súa identificación coa dictadura primeiro e logo actualmente coa ultradereita faina caer no mesmo descrédito e está perdendo a xeración dos adultos e a dos rapaces; solo lle están quedando as vellas.
Certo que a igrexa non é somentes a xerarquía senón todo o pobo de Deus. Aquí é donde verdadeiramente segue actuando o Espíritu e segue sendo instrumento válido de salvación para a humanidade. O demáis semella máis ben unha estructura de poder comparable á que existía na Xerusalem dos tempos de Xesús de Nazaret. E moito me temo que si hoxe volvese o Nazareno a resposta non fose moi diferente.
  Estas reflexións que me xurdiron nesta noite de frío polar, por suposto, que non penso trasladalas á homilía de mañá.  ¡Felíz Ano a todos!

XACOBEO A SACO (Ano Santo Compostelán)

 Confusión
   Seguindo o sabio consello de Rafael, de non estrear ano coa bilirrubina subida, non falarei de política eclesiástica nin lingüística, senón do Xacobeo e doutros temas.

   O Xacobeo, equipo revelación da liga ACB e marca comercial moi cara para os galegos, está afogando o Ano Santo Compostelán (Asaco) e o xubileo.
A irmandade Igrexa-poder está prexudicando, unha vez máis, os  obxectivos espirituais dun ano santo. Non ignoro o valor cultural do Camiño, Patrimonio da Humanidade; pero cando oio os políticos fundamentar no Xacobeo o seu plan estratéxico de recuperación económica para Galicia e o crecemento do PIB no 2010, paréceme estar volvendo aos tempos en  que Celso Emilio Ferreiro escribía con ironía traxicómica:

Contribución ao plan  de desenvolvemento económico*
                           (Índices estatísticos)
O meu país predilecto
limita ao norte cos ventos alisios,
ao sur cun arrabalde de Bos Aires
e co porto de Hamburgo;
ao leste con tres pombas mensaxeiras
ao nordeste coa terra de ningures.

O meu país predilecto é un emporio
de cousas nunca vistas:
os homes viven fóra da lei da gravidade
pero coñecen moi ben a lei do embude
e o principio da palanca e do fungueiro.

Un país que vive de milagre.

Produce ao ano xustos doce meses
e tres mil romarías de San Roque.
Cincocentas toneladas de lavercas,
setecentas de grilos,
vinte de bolboretas
e sete de tabaus incontrolados.

Suma e sigue:
oitenta mil arrobas de maletas,
dous mil metros cadrados de ataúdes,
sete lobos per cápita,
dez raposos por cada contribuínte
e chumbo, moito chumbo,
que exportamos,
transportamos,
soportamos.

Item máis:
cinco mil toneladas de carneiros
e un castrón por parroquia.

É que cicais non somos
un país ben desenvolvido?

Somos os segundos quilovatios do mundo
e os primeiros emporios de Europa (fóra Rusia).
A nosa industria de amolar coitelos,
navallas e tesoiras
non ten rival no Occidente.

Fábricas de corozas: setecentas.
Complexos industriais
para produción en serie de foguetes:
cinco mil, máis industrias auxiliares.
Fábricas de zocas: cincocentas.
Fábricas de albardas: outras tantas.
Fornos altos e baixos: non se sabe,
non hai datos.
Fábricas de gasosas: sete mil.
Laboratorios psicotécnicos
para o estudo do porvir
(sorte do paxariño): sete ducias.
Fábricas de serrar paus: nove mil.
Fábricas de coller puntos
ás medias das mulleres: tres mil ducias.
Empresas colaboradoras
para a colonización da patria: cen mil.

Quen dixo que o país non está desenvolvido?

*Nota: Normativicei  o poema de acordo coa morfoloxía actual. 

   A xerarquía eclesiástica déixase querer por algúns. Abonda con recordar imaxes da última apertura da Porta Santa. Algún mozo (da Quinta) andaba por alí, para dar lustre á cerimonia.

Sentirse galego
   1. Andrés, falemos galego ou castelán, hai moitas cousas que nos fan sentir galegos. Algo debe ter esta terra que disque "imprime morriña", ainda  que non temos a exclusiva, pois é un fenómeno universal.  
   2. Claro que as linguas se utilizan como instrumentos de dominación! Pero deses abusos -colonización lingüística- convén defenderse para que o delito non se perpertúe nas novas xeracións.
   3. Un non é galego, só, porque fale o noso idioma, pero é elemento esencial.
   4. O criterio de utilidade, que utilizabas para o galego, e o de rendibilidade, que aplicas ao castelán, non os nego, pero non son válidos como argumentos lingüísticos.

Cambio climático
    Celso Emilio Ferreiro anotaba nos índices estatísticos oito mil arrobas de maletas. Moitos emigrantes. Os lampros de Antonio non queren marchar, pero vanse ter que adaptar moi ben a este momento crucial: a temperatura das augas das rías galegas está subindo 0,2º C por década. No 2008 rexistráronse máximas de 24º C; no 2009, de 26º C, fronte aos 20º C dos anos anteriores.
Os peixes adáptanse relativamente ben cambiando de augas, pero os mariscos fixados á rocha nai son moito máis vulnerables. É un perigo a longo prazo, pero moi grave.
Os lampros (por certo, que son?) ou emigran ou mercan ataúdes, industria tamén florecente -dous mil metros cadrados- na vida de Celso Emilio e do Xa copeo 2010.

                              Eduardo Seco

P.D. Acabo de recibir información confidencial de que alguén vai recibir toneladas de carbón, porque:
     - Uns teñen poucas ganas de compartir ideas.
     - A outros lles dá a Real Maxia.

                               

domingo, 3 de enero de 2010

OS MEUS CONTOS

Pois, como eu non estón para narrar historias grandilocuentes e non podo competir nin con Rafael,nin con Seco ou F.Ledo,(p.e.),centrome nas miñas chafalladas,desexándovos a todos UN FELIZ ANO 2010 (creo,porque xa perdín a conta...)




OS LAMPROS

Habían transcorrido xa moitos millóns de anos, despois de que aquela bola de lume e gases errantes polo universo, íase enfreando paulatinamente, convertendo o noso mundo nunha gran bola composta de auga e terra, agrupada en dous continentes que recibiron o nome de Pangea (palabra grega que significa “o orixe de todo ”).O primeiro dos continentes comprendía Amarica do Norte, Europa e Asia. E, o segundo, formábano Sudamerica, Africa, Antártica, a India e Australia.
Debido os grandes cambios experimentados no clima e as convulsións producidas polos gases e o fogo no carolo terrestre, esta padeceu inundacións descumunales por parte do elemento líquido dominante, e a súa estrutura sólida foise debilitando paulatinamente ata chegar a formar os cinco continentes.
Auga, luz e terra que, xunto aos procesos químicos, deron orixe a iniciación da vida que tivo lugar en medio dos mares.

A aparición de células incipientes portadoras de vida que, andando outros cuantos millóns de anos mais, dou lugar a aparición sobre a superficie do Planeta, de distintas especies que foron diferenciándose entre elas por distintos códigos xenéticos d´acordo coa súa posición ala por onde tocoulle surxir. Fose en lugares tórridos ou nas frías e xeadas latitudes do norde. Ata que, outro corpo celeste errante e cabrón, de enormes dimensións, chocou de cheo con este mundo “facundo” de tal xeito que non quedou bicho vivente pa contalo.A desaparición dos dinosauros e os seus restos atopados, falan sen lingua por si so do que entón puido ter acontecido.

Parece ser que, onde maiormente comezou de novo a vida, foi cara o Norte. Os raios do sol e a tenue luz, despexaron a borraxeira reinante e, delo, constátano lendas chinesas que falan dos poderes dos seus emperadores que tiñan a súa orixe na estrela polar, luz e guía. Eran, pos, descendestes directos dos deuses. Así como, tamén, falan os xeroglíficos exipcios, que ven na súa deusa Osiris reflectida na Osa Maior, que mira ao Norte, orixe e renacer da nova semente latente nos pedroulos de carón o mar.

Certo ou non, ninguén pode cuestionar a veracidade ou falsidade, como tampouco se pode demostrar a existencia de Troia, a pesares de que Homero cantouna na súa obra inmortal a Ilíada.

Todo isto ben a conto, meus amigos, de que as especies evolucionaron e buscaron o seu norte, como camiño de supervivencia e progreso. Pero,…a raza humana…¿como evolucionou e que rumbo seguío…? Os homes son descendentes DOS LAMPROS e, pese a quen pese, vouno a demostrar.
Foi a nosa especie a mais evolutiva en canto a intelixencia se refire. Ningunha cambiou tanto coma a nosa. Ninguén supo xamais chegar a un nivel semellante o longo de séculos de existencia. E, ¿ como o consegueu?.Pois, precisamente, sabendo adaptarse o medio, en cada momento crucial da súa existencia.

Cando, ala polos primeiros comezos da vida, surxiron dos mares os nosos froallos, aferráronse coma ninguén as pedras do mar, creando unha cuncha que resistía os embates dos temporais e os raios do sol, incluso, sobrevivindo os propios dinosauros.

Si vos fixades ben antes de comelos, mirádelle os ollos e as antenas que levan…¿ Non vos parece que teñen un parecido con alguén? ¿ Non creedes que os únicos seres vivos que se apegan o seu terreo coa mesma morriña que temos nos, son precisamente os lampros que, por non querer emigrar, agárranse con toda a súa forza o seu destino a carón do mar?
Nin o mais descastado emigrante renuncia xamais a súa terra e sempre volve a ela.

LAMPROS somos e, as mulleres, CARAMUXAS ( iso si, mais bailarinas) compañeiras inseparables sobre as pedras do mar, a nosa casa.

Antonio Puertas

Non est necesse navigare


Amigos todos:Estamos principiando a rematar a primeira década deste século. Tempus fugit,carpe diem. (Falta o ergo que se sobreentende). Esta é unha das ideas forza dos libros chamados de autoaxuda. O pasado xa pasou e non volverá e o momento presente é o único que existe xa que o futuro é incerto como a vida mesma. Así que hai que aproveitar o día a día mentres andamos por este mundo. Que a todos ese futuro incerto vos depare bos momentos na compaña dos que temos arredor que é a quen nos debemos.


A frase que da titulo a este texto parece que procede daquel Pompeyo que xunto con Craso e Julio Cesar formaron o primeiro triunvirato que gobernou Roma. Na que foi antiga Universidade Laboral da Coruña Cruceiro Baleareas (Hoxe mantén o nome I.E.S Cruceiro Baleares) había un cadro moi grande co mapa mundi e arredor, en letra gótica, a inscrición seguinte: NAVIGARE NECESSE EST VIVERE NON EST NECESSE Como a frase estaba en círculo podíase empezar a ler por calquera sitio. Cando os alumnos nos preguntaban o significado, aos que sabiamos latín, traduciamos que non e necesario navegar e necesario vivir. Aínda que posteriormente un afeccionado a Historia díxome que o que pronunciara Pompeyo era ao revés. Estaba nunha batalla naval é o importante era navegar a vida pouco importaba. Xa vedes o mundo ao revés xa ven de lonxe. Que este ano que empeza non perdamos a ilusión de ilo poñendo algo mais dereito naquilo que teñamos competencia.


Nesta primeira tarde deste primeiro domingo deste ano xa me da ganas de deixalo así. Xa se veu a noite enriba. Despois das longas sobremesas destas comidas familiares que rematan á posta do sol xa non quedan moitas ganas de mais lerias. Amais debemos comezar o ano sen que o viño se nos avinagre. Non por moito madrugar amence mais cedo nin por desafogar os cabreos se transforman as realidades senón polo que, día a día ,podemos facer por mellorar o que está en relación con nós.


Vou, non obstante, a contarvos,conforme ao prometido, como descubrín a obra gráfica de Vicente Risco. Hai tempo lin un libriño: PELERINAXES I de Otero Pedrayo (Itinerario d`Ourense ao San Andrés de Teixido) editado por NOS no ano 1929. E unha gozada. Durante once días,parten o 4 de Xullo, fan unha viaxe a pé de Ourense a San Andrés de Teixido D. Ramón e D. Vicente. Tómanos por axentes do Catastro,inspectores da Facenda...etcétera. O diario escríbeo Pedrayo e as ilustracións son de Risco. Fundamentalmente detalles das Igrexas,petos de ánimas e cruceiros dos pobos polos que pasan. Sucédenlle e descobren moitas curiosidades que D. Ramón conta tan ben. Un día comenteino cun profesor de galego, de casualidade, e foi o que me informou da obra gráfica de Risco. Hai un libro en Galaxia que leva ese título.


Risco que se ten como o pai do nacionalismo Galego, da teoría, tivo unha vida parece que moi atormentada .Foi moi crítico coas alianzas e derivas do partido galeguista cos demais partidos que formaron a fronte popular. De todos modos participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Galicia. Cando deron o golpe de estado contra a república pasouno mal. Para salvar a vida,”durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados” segundo di a súa biografía. No 36 o Mosteiro de Oseira converteuse en cárcere como tantos outros. Os falanxistas levárono para que lle dese charlas aos presos sobre o beneficioso que era o fascismo dos sublevados. Na Rexión aparecen os seus artículos laudatorios Por iso Castelao cando se refire a el en “Sempre en Galiza”e o cita di: "dicía Risco, cando Risco era alguén".


Por hoxe mais nada. Agradecerlle a Eduardo as colaboracións tan rigorosas que fai e tamén a información que nos dou Luis Sánchez sobre ao O.N.G.e mais a obra dese misioneiro que son os que gañan sobradamente o Ceo. A todos os que participades mais activamente ou menos, sen esquecer a Andrés L.e a Puertas que nos deixa ler os poemas que tan ben compón. A Fernando Ledo, a Luciano e aos que algunha vez participastes nesta canle de comunicación. Contádenos algo que nos gustará lelo. Que os Reis vos traian algo se o merecestes e se non carbón. Rafael