Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 31 de mayo de 2011

MOVEMENTO 15 M


Antes de nada, por se me esquezo, debo felicitar aos Fernandos que están hoxe de días. Fernando Ledo e Fernando García Ferro. Tal día como hoxe era un día grande. Día de festa. Comiamos con viño. A disciplina relaxábase. Grandes recreos. Poñían cine. Non faltaban uns curtos de Stan Laurel e Oliver Hardy que moita risa nos daban. Tempo pasado de feliz memoria polo menos para min e penso que para todos.

Indo ao anunciado arriba comentarei algo. E difícil,xa que é un tema que leva 15 días xustos xerando noticias. Cousa nada fácil nestes tempos en que unha noticia que resista dous telexornais xa ten unha gran potencia informativa. O día 20 pasado eu escribira isto. Como segue tendo actualidade e reflexa o que pensaba aí queda tamén.

Unha data mais que pasará,como mítica, ao noso imaxinario colectivo. Igual que o 25 de Abril, o 20 N, o 15 Iota, o 23 F, o11 S, ou 11.M. Quen lle diría ao vello mozo, Stéphane Hessel, 93 anos, membro da Resistencia Francesa,torturado pola Xestapo, un dos redactores da Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948, que se incorporaron aos ordenamentos xurídicos de medio mundo,que o seu libriño de 24 páxinas: INDIGNÁDEVOS, ía orixinar un movemento de indignación que xa se coñece no estranxeiro como “The spanish revolution”? Estes días anda contento.

A concentración na Porta do Sol,de mocidade en principio,pero á que mais tarde se incorporaron xentes de todas as idades e condicións, que se foron estendendo a medio cento de cidades en toda a península, foron a noticia coa que abriron estes dias as televisións e primeiras portadas dos periódicos mais importantes de España, Europa e América.

A indignación que pola situación económica, social,política e laboral sente tanta xente é importante que tomemos todos conciencia dela e aportemos ideas e alternativas para atallala. O primeiro paso parece que está dado. Sería moi bo para todos que de aquí saísen unha serie de iniciativas e reclamacións que, en principio todas as forzas políticas ,económicas e sociais,polo que din, están dispostas a acoller.

A semente xa prendeu. Acaba da nacer unha plataforma representativa do sentir xeneralizado. Debemos coidala e colaborar facéndolle caso ao que nos dicía o homenaxeado polas letras galegas,este ano, Lois Pereiro, hai poucos días: “quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)”.

Hoxe sego a pensar que é un movemento que marcará o inicio dunha nova época. Que non é unha algarada de catro descontentos. Hai un pensamento alternativo ben artellado que pouco a pouco vai calando na sociedade actual como o fermento na masa e que acabará tendo os seus resultados. Non podería ser doutro modo.
Gustoume moito esa entrevista que lle fixeron hai poucos días a Eduardo Galeano pola súa frescura.
E admirable que despois de vivir setenta anos se poida manter esa xuventude e pensamento tan engaiolante e cativador. Se queredes saber mais deste home de grande humanidade e intelixencia mirade aqui:
Eduardo Galeano - Wikipedia, la enciclopedia libre

E por hoxe nada mais. Aproveitade o que queda de primavera que este ano veu con boas trazas, quentiña a farturenta. As cereixas do val do Jerte son moi sabedoras. Xa chegaron as primeiras. Non podo rematar sen dicirlle ao noso poeta Puertas que sentimos que perdera ao seu can que tan boa compaña lle facía. Que o tempo de duelo pase pronto e que atope outro cadelo que,con seguridade, lle vai a dar tantas ou mais satisfaccións cás que lle dou o que descansa nas augas de Camariñas.Deica a próxima. Rafael

domingo, 29 de mayo de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

A ver si espabilamos, que vexo a moitos durmindo.
D.E.P. o meu canciño, que afogou nas augas do meu pobo por causa dunha racha de vento. Xa vos avisarei cando sexa á sua misa cantada.

BONI


Mirada triste de grato recuerdo,

de piel canela, mi fiel compañero,

orejas gachas, colgantes de pelo,

cojeando enclenque, sin rabo y tuerto.


Guardián de mi casa, temible guerrero,

tumbado en sus sueños allí yo te veo,

a pié de una cuna con su gran esmero,

de ojo avizor… y, siempre, al acecho.


Rugido callado de afónico trueno,

raudo ladrido, timbrando el cartero.

Enana figura ante el “butanero”,

que aguarda estático, por si acaso, al verlo.


Desconoce el peligro, sonriendo primero…

Desprecia los genes, de quien fuera el más fiero

descendiente de lobos de aquel macho ibérico,

que, de ser preciso, arrancaría sus huevos.


Alerta su oído, entre sueño y sueño,

cual antiguo sereno, vigilante en celo,

alertando que un niño despierta del sueño;

asorda el pasillo, alarmando a su dueño.


Se fue como vino, sin romper su misterio,

obstinado caniche que ladra en silencio

al viento que un día lo arrojó en invierno

a las gélidas aguas del mar de mi pueblo.


Catorce tacos de almanaque cumplías.

Muchos tacos para perro de pocos dueños,

que, cuidarte, en llegando, prometieron.

En paz descansa con ladridos de silencio.


Y el viento abusón, de tu peso ligero,

te arrojó a la tumba de un cementerio.

En las gélidas aguas descansan tus restos,

con vaivenes de mar que acunan tu sueño.


Una misa cantada fue mi juramento,

de aquel gélido día de tan crudo invierno.

Cada año que pasa, rememoro el momento,

te recuerdo, aliviado, de tan duro tormento.


Antonio Puertas


 

 

viernes, 20 de mayo de 2011

PENSAR O QUE SE ESCRIBE

O comentario de hoxe tratará sobre uns correos que recibín hai, xa algo de tempo,e que non tirei a papeleira. Serven como pasatempo e provocan o sorriso. Un deles trata sobre os avisos que se len no pórtico dalgunhas parroquias. Redactados apresa dan lugar a interpretacións retorcidas. Non sei se están tomados recentemente. Neste caso teñen algunha explicación. A idade avanzada de moitos dos actuais párrocos. Que ninguén,por favor, se ofenda. Están feitos co que os xuristas chaman “animus jocandi”que exclúe cajquera intención inxuriosa. Aí van:
    Para cuantos entre ustedes tienen hijos y no lo saben, tenemos en la parroquia una zona arreglada para niños.
    El próximo jueves, a las cinco de la tarde, se reunirá el grupo de las mamás. Aquellas señoras que deseen entrar a formar parte de las mamás, por favor, se dirijan al párroco en su despacho.
    El grupo de recuperación de la confianza en sí mismos se reúne el jueves por la tarde, a las ocho. Por favor, para entrar usen la puerta trasera.
    El jueves, a las siete, los niños del Oratorio representarán la obra Hamlet, de Shakespeare, en el salón de la iglesia. Se invita a toda la comunidad a tomar parte en esta tragedia.
    Estimadas señoras, ¡no se olviden de la venta de Beneficencia! Es una buena ocasión para liberarse de aquellas cosas inútiles que estorban en casa. Traigan a sus maridos.
    Por favor, pongan sus limosnas en el sobre, junto con los difuntos que deseen que recordemos.
    El párroco encenderá su vela en la del altar. El diácono encenderá la suya en la del párroco, y luego encenderá uno por uno a todos los fieles de la primera fila.
    El próximo martes por la noche habrá cena a base de alubias en el salón parroquial. A continuación seguirá el concierto.
    Recuerden que el jueves empieza la catequesis para niños y niñas de ambos sexos.
    Tema de la catequesis de hoy: Jesús camina sobre las aguas. Catequesis de mañana: En búsqueda de Jesús.
    El coro de los mayores de sesenta años se suspenderá durante todo el verano, con agradecimiento por parte de toda la parroquia.
    Recuerden en la oración a todos aquellos que están cansados y desesperados de nuestra parroquia.
    El torneo de basquet de las parroquias continúa con el partido del próximo miércoles por la tarde. ¡Vengan a aplaudirnos! Trataremos de derrotar a Cristo Rey.
    El precio para participar en el cursillo sobre Oración y ayuno incluye también las comidas.
O outro correo que gardei métese,tamén con ánimo de chancear, con outro colectivo mais numeroso. Os sanitarios. Dicía:”Es como el mail de los exámenes de la ESO, pero con licenciados en medicina. Informes hospitalarios que pasarán a la posteridad! Frases sacadas de historiales médicos o de informes reales:
 
El paciente no tiene historial de suicidios.
No había experimentado rigores sino espasmos, pero su marido afirma que ayer estaba muy caliente en la cama.
El paciente rechazó la autopsia.
El paciente afirma que siente un fuerte dolor en el pene que se extiende hasta los pies.
Resbaló en el hielo y sus piernas fueron en direcciones opuestas a primeros de diciembre.
Para cuando se le ingresó, su corazón había dejado de latir y se encontraba mucho mejor.
Al segundo día, la rodilla estaba mucho mejor y al tercero había desaparecido completamente.
El paciente se ha dejado los glóbulos blancos en otro hospital.
La paciente experimenta dolor en el pecho si se tumba de lado izquierdo durante un año.
El paciente está deprimido desde que comenzó a visitarme, en 1983.
El historial médico del paciente ha sido insignificante, con un aumento de peso de un kilo durante los últimos tres días.
La paciente no para de llorar. También parece que está deprimida.
La paciente dejó el hospital sintiéndose mucho mejor, salvo por sus dolencias originales.
Sujeto varón de sesenta y nueve años, decrépito pero de aspecto sano. Estado mental activo, pero olvidadizo.
La paciente expiró en el suelo tranquilamente.
El bebé salió, se cortó el cordón umbilical y se le entregó al pediatra, que respiró y lloró de inmediato.
El examen rectal reveló una tiroides de tamaño normal.
La paciente tuvo gofres para desayunar y anorexia para comer.
La piel estaba húmeda y seca.
Afirmó que había sufrido estreñimiento durante casi toda su vida, hasta 1989, cuando se divorció
El paciente presenta dolores de cabeza ocasionales, constantes, infrecuentes
El paciente gozaba de buena salud, hasta que su avioneta se quedó sin combustible y se estrelló
El examen de los genitales resultó negativo, excepto por el pie derecho
El paciente vive con su madre, su padre y una tortuga como mascota, que acude a clases de formación profesional tres veces por semana.
Os autores destas perlas literarias,redactadas na lingua imperial, se pedisen un consello para escribir con corrección poderiámoslle dar o de que se expresaren en galego. Como é unha lingua na que temos xeralmente mais dificultades acostumamos a corrixir,consultar o dicionario,ou darllo aos mais novos,moito mais sabidos ca nós,para que o endereiten ou rectifiquen. 
Por último indicarvos unha páxina http://www.ogalego.eu/. Se picades en galego:exercicios, ten tal cantidade, que pasaredes un bo momento distraídos a ao mesmo tempo cultivando un pouco o noso querido idioma que ven o merece. O día das letras debe ser todo o ano. O autor,Anxo González Guerra,tamén foi seminarista en Lugo,xa hai anos, tiña un libro de exercicios para aprendizaxe do galego que foi moi útil ao profesorado.
Por hoxe mais nada. Soamente unha alusión á indignación da mocidade. O chamamento de Stéphane Hessel parece que prendeu. No día de onte abriron os telexornais de todas as cadeas con esa noticia. O próximo dia escribirei algo sobre iso. A ver o que da de si. De momento a criatura acaba de nacer e merece todos os coidados e mimos .Todos o queren apadriñar .O presidente,D. Claudio Boada ,do Circulo de Empresarios, manifestou o seu entusiasmo e complicidade A ver se con tantas axudas non afogan ao acabado de nacer. Ten un gravado Diaz Pardo que representa a uns pais cun neno pequeno e a lenda di:”Non lle poñades atrancos ao neno mentres está medrando”.Deica a próxima. Rafael

lunes, 16 de mayo de 2011

DIA DAS LETRAS GALEGAS

MUÍÑO DE PORTOCELO


Adoecidas devalan as augas moendo no trigo;

peta que peta o peto, escornando na cepa dun pino,

onde o cuco rouboulle á merla os ovos do niño,

criando a un alleo, que pía, alongando o fuciño.


Á brincos a pega, co seu rabo acanea, avisando;

esvaece arreitado, un rabo dourado de vella raposa,

polo medio do orballo, que espile fogosa, liscando,

entre os fieitos abrindo carreiros, fuxe fachendosa.


Verzas, bailadoras vermellas, de cores colmeiros,

devalan arrieiros, polas augas atasgadas de liños,

trenzando enmarañados arrevesados salgueiros,

que bican canelos os berces de retortos camiños.


Silveiras, toxos, fríxidas carballeiras, erguen encorados,

en brancos e marelos, mesturados, pinceladas de flores,

colgantes ramallos punteiros, florecentes, amoreados…

Chairas, píntegas e ras, aproveitados, nas raiolas dos albores.


Esperta o rodicio xordomudo, muiñando no centeo,

que envorca o arrieiro, co ronco cantar do tarabelo.

Chafulleiro,… saltarico o grao, a fariña estoupa, ó velo.

¡ Como canta e como baila o antigo muíño de Portocelo !


Antonio Puertas

viernes, 13 de mayo de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

Dia das Letras Galegas. Non podo esquecelo sen unha das miñas...


OS PENOUCOS DO MEU POBO


Dende o ceo se desgaxan os penoucos das montañas,

afiuzando rochas caprichosas sobre cimas que o vento labra,

vertedeiros de bagoas pretas que o mar atesoura nas praias,

choros que se van calando por recunchos que o tempo amaña.


Laidos nos cumios mais vellos, coa desfeita que fan nas montañas,

sangre viaxeira das venas que desangran garbosas cañadas.

Espalladas flores marelas e piñeiros de cativa talla,

xorden entre a sabia que deixan uns choros de lágrimas brancas.


O mar se esboza en bordar

a ria de fermosas calas,

e sube e baixa, a diario,

enredando nas nosas praias.


Antonio Puertas


( Derechos reservados)


 



 

 

 

DIA DAS LETRAS


     Sería unha transgresión da lei galeguista non ter un relembro,en tan sinalado día, da devandita efemérides. Pouco a pouco imos facendo pais neste “in pais”como lle chama Xavier Alcalá.. O ,este ano, homenaxeado é un poeta singular: Lois Sánchez Pereiro. E da escola de Manuel María que exerceu de Procurador dos Tribunais en Monforte. De aí saíron unha xeración de galegos bos e xenerosos. O seu irmán Xosé Manuel,director da edición de Galicia do País e Antón Patiño pintor con fama amais de escritor prolífico e polifacético.
    Empeza a escribir,como todos os poetas,de moi novo,aos 15 anos, nunha revista do Colexio dos Escolapios de Monforte onde estuda. En Madrid.,rematado o COU,empeza Ciencias Políticas e Socioloxía que abandona por non corresponderen ás expectativas que tiña desa carreira. Alí funda con Antón Patiño, o seu irmán e Manolo Rivas a revista LOIA. No 81 vense a vivir á Coruña e forma grupo a carón da Revista LUCES con Xavier Seoane, Paco Salinas,López Valcárcel e outros onde publica algúns dos seus poemas. Ten dúas obras poéticas titulando a última “poesía de amor e enfermidade”.
  Morre Lois Pereiro con 48 anos,o 24 de Maio de 1996, deixando moita poesía sen escribir. Transcendeu,naquel momento, que fora a causa do Sida. Pero conforme a unha sentencia da Audiencia Provincial de Lugo o motivo do seu falecemento foi a intoxicación por aceite de colza desnaturalizado; enfermidade que contraeron moitos en Madrid que consumiron aquel aceite barato que se vendía a domicilio a xente con poucos recursos como foron, naquela época, os estudantes.
Tivo un ex librís moi bonito:



Como nota de actualidade destaca hogano,penso que para ben,a publicidade que fai a empresa de alimentación Gadisa nos dous millóns de bolsas que anda a repartir nas súas tendas co gallo desta celebración. 







      O poema vedes que é moi bonito. A vida é unha roda. Unha circunferencia. Unha vez que damos a volta enteira volvemos ao punto de partida. Moi de Pierre Teilhard de Chardin. Alfa e Omega. Que siga un filósofo ou teólogo.


      Se o mundo da empresa e dos cartos asume como valor en alza o noso idioma entón podemos durmir tranquilos que o galego acabará tendo un futuro prometedor. De momento hai que celebrar os pasos que se van dando. Detrás virá a Administración Pública, Universidade, a xudicatura, o notariado e incluso a Igrexa o fará oficial totalmente en toda a súa actividade. O que está tocado polos cartos ten un brillo especial,igual que o luxo, que incluso é o que mais lle gusta aos chineses


    Cambiando de tema, e termino, descubrín estes días na rede que é a mais grande biblioteca do mundo mundial un estudio sobre un crego madrileño: Leocadio Lobo que realizou na Universidade de Navarra José Luís González Gullón recentemente, no 2009.
     Encontrádelo aquí:
http://dspace.unav.es/dspace/bitstream/10171/7413/1/Leocadio%20Lobo,%20un%20sacerdote%20republicano%20_1887-1959_.pdf


    Este crego cítao o escritor Arturo Barea, autor dunha triloxía famosa nos libros de Historia da Literatura que se chama. “La forja de un rebelde”, “la Ruta” e “La llama”. E unha novela histórica e autobiográfica que se lee con gusto e que engancha moi pronto. Na “llama”fala dun crego co que se entendía ben que era republicano dos poucos que había durante a guerra incivil en Madrid.

    A investigación que se fai agora, da vida deste crego, cun rigor científico que chama a atención nas notas documentais que cita,é para min moi reveladora da historia parcialmente contada sobre aqueles anos infaustos. Se a alguén lle interesa lelo e logo quere comentalo ben e se non tamén. Leva dúas horas sen pararse moito nas citas. 
    Un saúdo para todos e moi principalmente para Fernando Ledo. Os trasnos son os responsables do fallo destes trebellos. Da moita rabia. Hai que tomalo como un enredo como lle chama Andrés. Segue escribindo que sempre gusta saber algo dos compañeiros e ademais escribes moi ben como non podía ser menos dun alumno avantaxado de D. Manuel Gacía (Ceuta).Xa te vexo de “mestre de capilla”como D. Moqueró. O outro día,no 800 aniversario da catedral, interpretaron unha Misa antiquísima que recuperou o noso amigo JUTRIPE do arquivo catedralicio. O cara de bacallau como lle chamaba o Señor Manolo, alias Zampa. Era unha gran persoa. Viviu preto de min, cunha irmán ,cando se retirou e daba xenio falar con el da cantidade de cousas que sabía de San Martín Pinario. El acordaba o Pino na horta que mandou cortar o reitor Capón para que se puidese xogar ao fútbol..
     A gallada de verbas que nos mandou Chucho tamén me gustou moito. Ti, pese a que usases menos o encerado ca min, tamén te dedicaches ao ensino. Se dabas teórica ao mellor tes mais horas de clase ao lombo das que teño eu. Ademais sempre redactaches moi ben. Luciano e mais eu tiñamos mais dificultades. Non recordas aquelas tardes do verán do 68 en que, ao pe do Castelo de San Felipe,en Ferrol, redactabamos as nosas vivencias de traballadores manuais? Segue escribindo. A túa visión dos viaxes do INSERSO é moi interesante.
    Eduardo tamén volveu ao curral literario con vocación de permanencia. Algún mais hase de ir animando pouco a pouco. Ademais de Puertas que sempre ten a man o cálamo como o finado de Joli Mosvil que saía do campo de fútbol para anotar a inspiración da musa.
Feliz día das nosas letras que mamamos na fala pero que aínda hoxe na escrita temos algunha eiva. A iso referireime na próxima entrada. Rafael
 

martes, 10 de mayo de 2011

COUSA DO DEMO

Así dicía a miña avoa cando algo saía do revés sen explicación lóxica. Eu tamén digo o mesmo, porque despois de tirarme unha hora escribindo neste trebello para contarvos o trafego no que andiven metido nesta última tempada, resulta que non poido explicarme cómo foi que só saíron publicadas as derradeiras liñas do texto que tanto traballiño me costou escribir.  Así que, como xa vai coa segunda vez que tal me acontece, non quero dar lugar a unha terceira so pena de mandar o trebello a tomar polo saco, como dicía o noso compañeiro Mosquera.
A miña entrada tan tardía era para xustificar un pouco a ausencia neste blog. Ocorréuseme facer unha xornada de convivencia para os Coros parroquiais da comarca da Estrada á que pertence a miña parroquia. Despois de varias ceas de traballo cos directores de tales coros, decidimos organizar o evento no domingo 8 de maio:  Nunha fermosa área recreativa á beira do río montouse unha carpa para ter Misa de campaña, comida de hirmandade e actuacións de cada coro por separado para rematar cunha actuación todos xuntos.  Por pauto do demo, o día estivo de chuvia, vento e frio; pero os cantores acudiron á cita coma se fose pleno día de verán; xuntámonos douscentos quince; tendo en conta que a maior parte destes coros non pasa da ducia de persoas, sendo o meu a excepción por sermos 30, hai que recoñecer que a asistencia foi masiva e entusiasta. Os meteoros adversos non puideron impedir que a Eucaristía resultase brilante con tantos cantores empeñados en que así fose, o xantar a base de churrasco e abundante viño do país espantou o frío e a chuvia; logo viñeron as actuacións musicais con moito entusiasmo e o final todos xuntos resultou apeteósico. Cada persoa pagou 20 euros: 18 pola comida e 2 máis para a megafonía.
Admito que nalgún momento da preparación tiven gana de tirar a toalla, pero visto o resultado e a resposta entusiasta de esta xente, pagou a pena o esforzo.
Este é o resume do longo artículo que escribín para vós e que as meigas frustraron. Por si volve a suceder o mesmo apresúrome xa a envialo. Fernando Ledo.

UNHA GALLADA DE VERBAS


O amigo Rafael non fai mais que chuzar para que saltemos a palestra.
Dame bastante reparo, non por sair, pero sì pola pouca pericia e dominio da lingua.
Pra moitos de vos, foi a farramenta de traballo, por eso o tendes mamado, a miña farramenta foi mais rudimentaria. O problema xa non radica soio na escritura (hortografia), tamén na fala; como estamos acaron da peninsula do Morrazo, donde todo é CU SIDA: merlusa cusida, patacas cusidas etc....e menos mal que non sae a musiquilla.Todo esto o largo do tempo vaise pegando.Pero as influencias no lenguaxe non acaban aquí ; polo sur,temos os portugueses que tamen deixan a sua pegada.Algo de razon levan os que lle chaman os de Vigo, portugueses. Todo este rollo para anticipar que o meu discurso saese de toda normativización e normalización.
Unhas pinceladas da miña primeira viaxe cos do Imserso.Estiven coa dona unha semaniña en Mallorca. A “organisaçao” fenomenal, todo con guía, do autobus o avión e a inversa.Si a viaxe pilla na hora da comida: bolsiña con bocatas,froita e auga.Todo baixo control.
Acomodados no hotel de destino,organizan excursions para os que queiran (estas non se incluen no precio da viaxe).
O persoal desta idade,dun xeito mais o menos consciente ou inconsciente,sábese que está mais preto do FINAL.Esta é a xustificacion que lle atopo o feito de que anden tan apurados para todo: para facer a fila tanto para ó bus coma para ó avion; para sair do autobus espetanse de pé apretuxados no pasillo e xa non deixan sair da cadeira; no comedor para servirse, empuxan e colanse na fila..etc Bueno, o asunto da PRESA sí, pero non para camiñar: entre os anos,os kilos e cantidade de persoas coxas con bastón aqui xa non hai tanta apurada. Pero ollo, a noite para o baile,!! bastons fora !! e non vexas como bailan e roucean. A maioria desta xentiña, algúns bastante maiores e coa vidiña que levaron,van a estas viaxes como din eles “pra adevertirse” máis que por ver, coñocer, etc..
Mallorca é unha illa fermosa, moi verde, na primaveira seméllase a Galiza, senon fora porque as árbores non son coma os daiqui , a vexetación é mediterranea. Sitios a visitar: As covas de Höhlen, as de Drach, Valldemosa, Soller en tren..e a cidade vella na capital, etc..
Para os que non a coñezan,vale a pena. Un saudo de Muras.




AS MIÑAS POESÍA

Despois do xantar de Fernando Ledo ( con café, copa e faria incluídos), e do canto do cuco de Rafael,( con gorgoriños de primavera ), non está de mais unha das miñas poesías. Estamos no mes de Maio,e, as nosas nais, son merecentes dos nosos agasallos.



MADRE MIA


Madre mía, te decía algún día, cuando de niño te hablaba…

llorando, riendo, extrañando los besos que tu alma guardaba.

Sin saberlo te adoraba, madre mía, cobijado bajo dulces miradas,

y soñaba con claras luciérnagas que anidaban en sueños del alba.

Los mimos y las caricias eran vagos reflejos de unas luces claras

que revoloteaban sonriendo, en busca de unas sabrosas migajas.

Yo, niño, no las veía, cegado por los años de mi tierna infancia,

mas…, allí estaban, muy dentro de ti, saciando mi alma dorada.

Hasta que el tiempo pasó, como pasa el fin en los cuentos de hadas,

guardando, dentro de sus páginas, felices sueños y ...hasta mañana.

Cada uno de tus besos, latía dulce en las nuevas hojas encantadas

que escondían aquellos cuentos, y encendían mis sueños de infancia.

En el alma atesoro aquellos momentos, reflejos de extrañas miradas,

que hoy leo y releo, desde aquel misterioso ayer, que conmigo habla.

…caricias encerradas, riendo y cantando, madre mía, siempre en mi cama.


Antonio Puertas


 

domingo, 8 de mayo de 2011

SAUDOS A TODOS

de fe e respeto, moi participada e breve. Logo sentamos a xantar empanadas e churrasco. Despois do café, cada coro cantou unha peza do folclore galego rematando a xornada con outra peza interpretada conxuntamente pola totalidade dos coros. Rematamos ás sete do serán, cando empezaba a deixar de chover.  Cada persoa pagou do seu peto 20 euros: 18 da comida e 2 polo equipo de megafonía. Unha vez máis, correu todo pola nosa conta: o traballo e mais os gastos.
Quedei un pouco canso pola tensión acumulada nos últimos días pero teño a impresión de que a maioría da xente marchou contenta pra súa casa.  Eu sigo asombrado pola resposta desta xente sen importarlles as adversidades meteorolóxicas. Non sei o que pensarán os compañeiros directores pero pola miña banda creo que esto merece que non remate aquí. Quizais deberei convocar outra cea con eles para analizar o acontecido. Por hoxe máis nada. Fernando Ledo.

jueves, 5 de mayo de 2011

O CUCO E MOI CUCO (R.G.R.)


Xa se escoita cantar ao cuco no monte de Nosa Señora da Pena do término municipal de Cambre. Descoñezo cando chegou. Os que vivades en vilas ou aldeas sabedes ben cando cuca por primeira vez cada ano. Escoiteino antonte. Supoño que este ano,igual cás andoriñas,adiantaría o regreso motivado polas calores,fora do común, que tivemos no mes pasado. Parece que o mais caloroso desde o 1971.Xa moito leva chovido desde aquel ano.

O cuco é moi malo de albiscar. Por si vos pasa coma min, mireino dúas veces nada mais,poño a fotografía sacada da rede. 

A súa característica principal é o modo que ten de reproducirse. Pon os ovos en niños alleos. Xeralmente nos de aves de menor tamaño. Cando nace,xa é cuco desde que sae do ovo, empeza a remexerse entre os demais polos para rematar guindándoos do niño para quedar solo e sempre o consegue polo seu maior tamaño. Tamén unha foto de como unha especie alimenta a cría de outras.
 
Cando de rapaz o escoitei por primeira vez pareceume un conto como o de que os nenos se mercaban na vila nunhas feiras especiais que cando eu ía nunca se vendía ningún.
Para que saibades como cuca:



Por se,sobre todo os “urbanitas “non se fían do que escribo aí vai ese enlace para saber mais.
 
Cuco - Wikipedia, a enciclopedia libre
 
 
A natureza é unha caixa de sorpresas. O das nais de aluguer,noutras especies,xa ven de vello. Toda esta lería,ademais de por pasar o tempo,ven a conto do que vou facer deste vez: Recoller uns relatos dun estudante de Filosofía e Teoloxía do seminario de Ourense,moi coñecido en Vigo nos ambientes galeguistas por ser libreiro,editor e axente cultural significado. Bieito Ledo Cabido. E da nosa época. Estivo ligado a Galaxia. Ten o selo editorial: “Ir indo Edicións”. Foi o editor,entre outras obras ,do coñecido como DEGU (Dicionario Enciclopédico Galego Universal) Son sesenta manexables tomos que comercializou a Voz de Galicia xunto co diario. Razón pola que está presente en moitos fogares .Pois este home bo e xeneroso para a cultura galega ten un libriño que se chama aconteceres de relatos curtos.
Deixase ler ben. Del están recolleitos eses tres que fan referencia ao seu exame de ingreso polos mesmos anos en que nós o fixemos. El no 1956. E premonitorio,non sei se inventado ou non, do contrato ou compromiso que adquiriu con Galicia e cos galegos e que deixa ,de momento , sobradamente cumprido

FORZA TELÚRICA

Aconteceu, ben o recordo, o día trinta de setembro
de mil novecentos cincuenta e seis, véspera do meu
ingreso no Seminario Menor de Ourense, que preparara
da man das mestras Dona Carmiña e Dona Leonor,
na escola unitaria de Abeleda. Todo o meu saber
proviña da Enciclopedia Álvarez, onde viña algo de
todo. Historia Sagrada, aritmética, xeometría, xeografía,
historia e, sobre todo, gramática. Resumindo,
había que dominar as catro regras, a regra de tres e a
raíz cúbica, os ríos de España, os acontecementos da
historia máis importantes, as regras de acentuación,
ler e escribir correctamente, e pouco máis, perdón, e
moito máis: memorizar de cabo a rabo preguntas e
respostas do catecismo do Padre Astete: “¿Quién es
Dios?Dios es nuestro Padre que está en los cielos, creador
y señor de todas las cosas, que premia a los buenos
y castiga a lo smalos...” Sempre recordarei de carretilla
e cunha certa cantilena a táboa demultiplicar e “El
río Miño nace en Fuente Miña, provincia de Lugo,
pasa por Lugo e Ourense e desemboca... ou:

y en llegando un beodo a su casa, 
y en oyendo a un reloj darlas dos 
dijo con mucha calma,
¡cómo dos veces la una!
 Este reloj anda mal...”

Pois ben, nomes de xuño acudíramos á capital máis
de cincocentos rapaces de toda a provincia. Recordo
que aprobamos cento vinte, entre os que se atopaban
Antón Pulido, Evencio Domínguez, Ramón R. Vázquez,
Antonio Rodríguez Rodríguez, Paco G.
Novoa…Todos eles aínda hoxe amigos de meu.
No mencionado día outonizo, diante da miña casa
de Padroso, á noitiña, a xente sentábase nuns maradoiros
á conversa, circunstancia que eu agardaba cos que
viñan do barrio de Aslaxas a buscar auga á fonte, que
se atopaba a uns douscentos metros. Pola educación
recibida acostumaba a collerlle o porrón, mercado na
feira de Maceda e fabricado en Niñodeaguia, ao señor
Martín, para facilitarlle o pracer de falar na tertulia,
cousa que facía con moito enxeño e utilizaba como
muletiña, “me cago na caralla”.
A miña sorpresa foi cando cheguei á fonte, situada
debaixo duns centenarios carballos, propiedade da
miña familia. Atopeime cunha enorme asemblea que
tiña redactado un documento que dicía:

En Padroso, Xunqueira de Ambía, Ourense, a trinta de
setembro de 1956,

REUNIDOS:

Dunha parte os habitantes deste cacho do mundo que nos
vimos chamando dunha maneira determinada dende hai máis de
mil anos: rula, bubela,merlo,miñoca, ra, toupeira, pega, laverca,
curuxa, ourizo cacheiro, lagartiña, paspallás e carriza.
En adiante denominados os HABITANTES.
Da outra D. Bieito Ledo Cabido, fillo de Francisco e Secundina,
natural deste noso territorio e que ingresa mañá no Seminario de Ourense para estudar latín, grego e outros saberes.
En adiante denominado Bieito.
Ambas as partes con poderes suficientes para outorgarse o
presente documento,

CONSTATAN:

PRIMEIRO:Que os habitantes teñen un nome que levan dende
hai máis de mil anos.

SEGUNDO: Que na Enciclopedia Álvarez, na que tivo que
estudar Bieito, os habitantes chámanse doutra maneira: tórtola,
bobilla,mirlo, lombriz, rana, topo...

Por todo o exposto,

OS HABITANTES ACORDAN como punto único e por unanimidade
transmitirlle a Bieito, responsabilidade que este acepta, toda
a forza telúrica almacenada a través de centos de anos para que
no futuro poida haber unha Enciclopedia onde aparezan os
nosos propios nomes, para engrandecemento e honor de todos
os habitantes da terra.

O que asinan por duplicado aos efectos oportunos no lugar e
data ut supra.

OS HABITANTES                                      BIEITO

Unha copia do documento consérvase gardado no
caixón do chineiro que fixera no ano cincuenta o señor
Adolfo do Viñal, de madeira de castiñeiro, á entrada da
casa petrucial e que ha dar memoria cando dentro de
pouco haxa que lelo novamente, en proba de cumprimento
despois de case medio século. A espera e o
esforzo pagaron a pena.
Os HABITANTES comezaron a preparar por entón
unha festa que duraría no dicir de D. Álvaro Cunqueiro
mil primaveras máis”.

O segundo á unha simpática anécdota dos traballos que se pasaban para escapar da vixilancia aqueles precoces fumadores:

INTELECTUS APRETATUS

Parece ser que a escaleira inventouna un coxo
diante da imposibilidade de subir a unha mazaira para
coller mazás. Isto quere dicir que a necesidade aviva o
enxeño e pola contra a abundancia tende a relaxar as
condutas. É a voz da experiencia. Dito máis claramente,
a pobreza denigra, a riqueza corrompe e a austeridade
purifica, senón que llo pregunten a Isaac
Díaz Pardo.
No Seminario de Ourense, polos anos sesenta, estaba
prohibido fumar, mesmo na comunidade dos filósofos,
con 18, 19 e 20 anos. Xa poden imaxinar que o
non permitido dá máis pracer se está socialmente perseguido,
como era este caso. Os pecadores dispuñan
de habitación individual, pero sen chave na porta, circunstancia
que permitía a revisión por parte da superioridade
que podía comprobar, sen ningunha traba, o
lugar segredo e rebuscado onde se agochaba o tabaco.
Entre a roupa, debaixo do colchón da cama, nalgún
dobre fondo da mesa ou da silla, detrás do espello fixo
do lavabo... Todos estes lugares eran descubertos polo
Prefecto, nome que tiña o cargo do superior
O que nunca puido descubrir por moito que o
intentara, foi o lugar onde o gardaba o Paco G.Nóvoa,
acérrimo fumador, ata que un día, previo compromiso
de que non sería castigado, confesou que tiña os cigarros
nunha orixinal cigarreira. Gardábaos na cana da
vasoira á que lle afundía os nós e lle colocaba logo un
tapón. A vasoira descansaba sempre, inxenua, debaixo
da cama. Intelectus apretatus discurret que rabeat.


A terceira é un exemplo de actos inocentes de diversión naquelas ambientes cerrados propios dos internados e que eran comúns en todos os seminarios da época.

AS CHANZAS

Nos internados, a convivencia resulta aburrida e
monótona. Se compartir a vida entre dous xa resulta
complicado, como será entre moitos! Pasar días e
meses as vintecatro horas baixo un mesmo teito, como
lle ocorre aos soldados, ás monxas, aos frades, ou aos
estudantes, non é nada levadeiro. Hai tempo abondo
para imaxinar as cousas máis raras e orixinais.
Nos cuarteis, polo que contan e trascende fóra, ás
veces o que existe é abuso de poder. As novatadas
sófrenas os inexpertos, os que sucumben baixo o mal
gusto dos veteranos.
Contarei dúas experiencias, das moitas que teño da
miña estadía no Seminario de Ourense. Unha aconteceu
cando cursabamos segundo ano de Teoloxía, con
vintedous tacos ao lombo. Como non resulta difícil
adiviñar, a comida era alí pouco apetitosa e nada variada:
sopas e caldos lavados, patacas secas con escaso
compango, lentellas viúvas, fabas negras con areas e
bichos... Para variar, un tal Moncho, o Pulido e mais eu
decidimos montar garda e control sobre os pichóns
das pombas que criaban nas torretas. Non eramos os
únicos. Cando contabamos que os animais xa estaban
na plenitude, decidimos subtraelos. Metémolos nunha
caixa de cartón que levamos a unha das habitacións
desocupadas, alá pola parte do Auditorio. Un xoves,
cando saiamos de paseo pola tarde, á altura da tenda do
Mazaira,mercamos aceite, pementos morróns, guisantes,
aceitunas, e non sei cantas cousas máis dispostos a
celebrar a cuchipanda. Pero ningún dos tres era experto
no sacrificio e no desplume. Tampouco na cociña,
polo que todo foi a base de improvisación. Para iso
funcionamos cun “inferniño” eléctrico e unha lata
grande de sardiñas como freidora. A pesar do tempo e
dos aderezos que lle fomos engadindo, os pobres animais
quedaron durísimos, pero aínda así demos cabo
deles. Claro que despois, durante a cea no refectorio,
non probamos bocado e tivemos que pedir tres macelas.
Menos mal que non estabamos xuntos e non se
notou nada.
A outra foi cando o Abel, un compañeiro amable
que gastaba humor e facía de sancristán, decidiu dispor
do viño da misa para obsequiarse a media tarde cun
ponche, para o que utilizou os ovos que lle traían os
seus pais cada quince días. Daquela, tomar un ovo batido
con viño de misa e azucre era algo moi estimado
porque alimentaba e daba enerxía. Pois ben, un domingo
pola tarde, cando todos marcharan de paseo, o Sierra,
que facía de enfermeiro, o Paco Nóvoa, o Pulido e
mais eu, decidimos ir á habitación do Abel para baleirarlle
todos os ovos empregando un alfinete para
facerlle dous buratiños en lados opostos e logo soprarlle
para baleiralo. Despois, cunha candea, tapámoslle
cunha gota de cera un buratiño, e cunha xeringa inxectámoslle
auga conmoito azafrán e taponamos o outro
.Cando regresaron do paseo contámoslle todo ao
Máximo e pedímoslle que ao subir da merenda fora
pola habitación do Abel para que o convidara a un
ponche. Ao día seguinte alguén fixo unha poesía que, a
modo de periódico improvisado, nos alegraba aqueles
monótonos e longos tempos; titulábase: “O Abel ten
os ovos chocos”.


Como vedes fixen honor ao título e comporteime como o cuco. Deixei os ovos literarios nun niño que non me pertence ou ao revés. Que mais da. Sei que Bieito non me vai demandar por iso. A culpa é da natureza que non para de sorprendernos.

Un saúdo para todos. Aproveitarse e gozar da primavera. Deica a próxima.Rafael

lunes, 2 de mayo de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

Interesantísima a entrada de Eduardo, a quen aplaudo con entusiasmo.
O día da nai xa pasau, mais as nais sempre están con nos. Vai poe elas:

MAMÁ


Desde mi cuna estoy viendo

miradas, caricias, recuerdos…

que vislumbro en la lejanía

como sueño de mis deseos.


Aunque es insondable misterio

y, para todos sea genérico,

lo guardo sólo para mi,

como el viento al aire

que en sí lleva dentro.


Su recuerdo va conmigo

como misterio del tiempo;

le canto cuando la escribo

con el fuego de mis versos,

y la acaricio en mis sueños.


El más dulce pensamiento

guarda consigo el misterio:

al nacer, la llevo en el alma

y, al morir, MAMÁ, en mi cama,

ha de ser mi último aliento.


Antonio Puertas


 
Non hai escusa
Despois da entrada de Rafael (27-IV), despois da chamada dun paterfamilias que convida os membros desta singular familia, non me quedan argumentos para non corresponder.

Indignémonos?
Hai anos, décadas, que sobran motivos para indignarse, sen perder a dignidade, entendida a palabra en sentido etimolóxico. Stéphan Hessel parece estar libre de sospeita. Está moi ben ler o libro. É urxente indignarse de verdade, comprometerse e reaccionar, pero non confundamos o inimigo.
   Cando os apocalípferos* de sempre piden rebelión, ao estilo árabe recente, estalido social, revoltas nas rúas, éntrame a sospeita porque afirman simultaneamente unha cousa e a contraria, condenan as consecuencias e aplauden as causas. Non vou poñer exemplos, pero non me refiro ao club branco, braquísimo, que ten un futuro inmediato mouro, mouriño. Tampouco ao Papa que quere loitar contra a vasura acochada debaixo das alfombras e beatifica con premura insólita a Xoán Paulo II. Torres Queiruga di que é precipitado;  outros, que é un branqueo da permisividade e do ocultamento. E na praza de San Pedrro xa se oía: "Santo súbito".
   Volvendo ao tema central da contradición económica, viaxamos polo túnel de Ernesto Sábato e non é fácil ver luz. É doado, en cambio, deixarse deslumbrar pola falsa luz dun vagallume que só brilla na escuridade.

Anécdota con valor de tese
Lin hai pouco unha anécdota que me parece acaída para aquí. Viaxaba nun taxi Bryce Echenique por México, DF. Cansado de ver en todas partes o cartel publicitario: "Corona, a cerveza de barril embotellada", comentaoulle ao txista: "Isto non é posible, se é de barril non é embotellada".
   O sabio taxista respondeulle: "Es lo mismo, no más que diferente". 
Paréceme unha metáfora da burbulla que habitamos, do planeta da contradición. Esta perversión lóxica e moral de afirmar unha cousa e a contraria é grave, pero é máis grave que este discurso se acepte con naturalidade, como se perdesemos a capacidade de enfrontar opostos. 
   O problema é, ademais, que nos indignamos por barrios e segundo a quen lle toque. Está ben unha indignación masiva, pero sempre hai unha desculpa evasiva.
   Creo que Manuel Vicent explica ben esta idea:

Bacterias inadaptadas
Descendemos da bacteria e compartimos con ela 5.000 xenes exactamente iguais, que veñen sendo a cuarta parte. Non existen seres superiores nin inferiores, todo depende da súa capacidade para adaptarse ao medio. Esta cualidade chámase intelixencia. Desde a primeira bacteria, nacida nunha poza, ata Obama, que conseguiu cazar a Bin Laden, cada un fai o posible por sobrevivir, todos formamos unha familia chamada vida. Non hai moita diferenza entre Einstein e as pulgas do seu can.
   A etoloxía humana móstranos unha característica exclusiva: o odio, que non compartimos co resto dos animais. O odio é un desequilibrio do espírito. O máis refinado é o odio teolóxico que establecemos  os seguidores das tres relixións monoteístas: guerras santas con ríos de sangue.
   No noso país dáse un rancor autóctono, o da estirpe de Caín, o odio entre políticos: o debate entre adversarios converteuse nun enxamio de odio persoal, nun modo de entrar a matar contra a bancada de en fronte.
   Pensarían as bacterias que esta loita política é falta de intelixencia, incapacidade para adaptarse ao medio. Unha maioría opta por ver o rancor ideolóxico, desde a grada, como un espectador. É un recurso para sentirse a salvo? Para non indignarse? Para non comprometerse? Para non reaccionar?
   A Semana de Filosofía  de Pontevedra tratou este ano a mentira, a manupulación da realidade desde distintos ángulos, incluídos os medios de comunicación.

Repensar o mal
Vin o vídeo recomendado por Rafael sobre o libro de Torres Queiruga. Fixera a mesma síntese nunha conferencia pronunciada en Pontevedra antes de publicar o libro. Parece que non di nada grave, pero dálle un revolcón á teoloxía ou ao xeito de explicala ata agora. Realmente o que fai é sacar conclusións lóxicas dunhas premisas. É contraditorio "un Deus que consiste en estar amando" cun Deus que castiga e se vinga dos pecadores. Procura non caer en contradiciónn teolóxica. Igual ca un Deus xusto, que tratamos de comprar con recomendacións directas ou a través dos santos; isto último non o dixo Andrés, é ocorrencia miña.
   Ese é o camiño para repensar a teoloxía e recuperar a salvación. Tamén fala con descaro da necesidade urxente de que a Igrexa asuma a democracia e escoite máis o pobo, que tamén está asistido polo Espírito.
   Sobre galego e coloquialidade deste blog falarei outro día, se cadra.

* Apocalípfero: persoa que leva a destrución no ADN mental. DESP.

               Saúdos.
               Eduardo.