Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 24 de diciembre de 2013

COS MELLORES DESEXOS


Non se me ocorre mellor modo de felicitar estas festas que facendo meu o que escribe hoxe Rosa Montero. O que di fágoo meu ao 100 X 100. O texto é o seguinte:

“”Esta noche es Nochebuena. No quiero amargarles el villancico, pero no consigo olvidarme de las muchas familias que hay en España sin trabajo y sin ningún ingreso. Yo tengo mucho trato con algunas de esas familias. Llevo un año en Teaming.net, una plataforma solidaria. Con Teaming cualquiera puede abrir un grupo de ayuda para una causa o bien entrar en alguno de los 2.000 grupos existentes. Al apuntarte, das un euro al mes a esa causa. El pago es segurísimo y el euro llega íntegro y sin comisiones. Es una idea formidable, una solidaridad horizontal y nada paternalista.
Yo soy mánager de 10 grupos de Teaming y colaboro en otros 23. Mis grupos son familias en situación extrema. Llevamos un año juntos y les conozco bien. Hace una semana, la madre de una de estas familias, una mujer de 27 años con tres hijos de 10, nueve y tres, me mandó esta carta espeluznante: “Otra vez estoy fatal hoy ni leche estiro todo lo que me da el dinero del grupo de treamin pero es imposible llegar no tengo comida ni un baso d leche para darle a E. que esta malita con bronquitis y es mas ni le puedo comprar la medicacion el ventolin y el antibiotico mas lo d la fiebre. Esto es desesperante y solo hago llorar d ver la situacion d no poder atender a mi hija ni con un baso d leche hoy. Estoy fatal. No se que hacer”. Colgué la carta en su grupo y entre todos mandamos algo de dinero: un parche. Creo firmemente en el compromiso de la sociedad civil (apúntense a Teaming, por favor). Pero también creo que este país es una vergüenza. Que es indecente dar millonadas a los bancos y abandonar a 600.000 familias al hambre y al horror. Y esos miserables del PP ni siquiera han sido capaces de prohibir los cortes de luz y de calefacción en el crudo invierno. Aquí va mi maldición: que les pase a ellos. Para los demás, felices fiestas.””
 
Que teñades unhas boas festas do Nadal. Antes de rematar este ano escribirei algo a propósito dos moitos temas que toca Eduardo con ese estilo característico seu. Leo e releo o que el escribe sempre porque é como aquel texto que tiñamos da Historia da Lingua e que o finado de D. Alejandro nos obrigaba a aprendelo de memoria porque,segundo el,non sobraba nin faltaba nin unha letra nin un punto. Bo Nadal para todos. Rafael

2 comentarios:

  1. ¡ Que pena, Rafael ! Coma está este mundo.Casos así, proliferan por tódalas esquinas. Digoche de verdade, que, moitas veces, dame non sei que saír da casa. Caseque non son quen de andar pola rúa, sen que por tódolos recunchos non atopes unha man que che está a pedir pan pos seus fillos.Eu, sintome moi mal; e colaboro, no que podo, de xeito periódico e tamén diario ( seguramente nunca o suficiente ); mais, os fillos e os netos, tamén chaman a porta e hai que atendelos. En fin, isto é o castigo que ten a nosa conciencia por tanto derroche e tanto egoismo. Queira Deus, que a nosa cunquiña de auga,dada,eso sí con amor, non quede esquecida no mais ala.
    Unha aperta, compañeiro, e Bo Aninovo.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Acabo de ler o teu comentario Antonio. A situación é moi triste. Eu tamén observo desde hai uns anos,o doce e trece sobre todo que nas portas de calquera centro comercial,igrexa ou na mesma rúa hai xente que pide. O meu criterio e darlle algo usando aquel principio do dereito penal que os xuíces teñen obriga de aplicar que é: “In dubio pro reo”.Alguén me di,se me acompaña, despois o que lle deches méteo en viño. Pois é del e méteo no que lle da a gaña como ti e mais eu. De todos modos sei que a mellor maneira de loitar colectivamente contra a pobreza e dar todos os meses unhas cantidades que cadaquén fixa as institucións que se adican de forma intelixente e xusta a atender esas necesidades de supervivencia. Temos moitas. Aquí na Coruña a cociña económica que agora se estendeu polos barrios, cáritas, cruz vermella,banco de alimentos e outras oenegues. Cando a xente esbardalla contra os políticos, eu tamén o fago moitas veces,tamén lles recordo que no Concello de Culleredo hai unha coordinación entre todas as ONG que actúan no Concello para compartir información e criterios de axuda. Hoxe dáse o que se dou sempre que hai pobres vergoñentos ou vergoñosos que pasaron da riqueza a necesidade é que son capaces de en situacións límites de chegar ao impensable. Unha compañeira miña pregunteille unha vez.¿Que tal? E respondeume moi mal. Miña nai non lle sae da cabeza o que lle dixo meu irmán que non era capaz de durmir porque un compañeiro seu,arquitecto,viuno varios días facendo cola nun comedor social e non sabía que facer se levalo para a súa casa pero non se atrevía a dicirllo polo medo a como reaccionaría. Hai situacións moi tristes Antonio. Esta non é unha crise como outras. Ë para moita xente un inferno. Non hai que morrer de pena,hai que tirar para diante e facer o que se poida. Feliz ano Antonio.

    ResponderEliminar