Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 30 de noviembre de 2014

Que teñades todos unha boa semana.

DEIXEI MIÑA TERRA
Xogando a tornela, deixei miña terra,
xogando a tornela e cruzando as espadas;
co aro, o trompo, ou a raia – despois da pos guerra-
e, cos meus tira croios …¡ que tantas pedradas ¡

Xogando a tornela, e, a mociña, ca raia;
cos meus amoriños ¡ que tan ben brincaba ¡
e o trompo viraba por debaixo da saia,
nos pes da meniña, que, alegre, cantaba.

Por aqueles tempos de feliz infancia,
os soños voaban nunha bagatela
metidos nos xogos da perseverancia,
bailando: “ Carmiña, Carmiña, Carmela

con zapatos brancos e medias de seda “
deixei a terriña que non tiña cancelas
nun inmenso mar de ovellas de seda,
sen coto á infancia, sen olliños pa velas.

Antonio Puertas.






sábado, 22 de noviembre de 2014

FIESTRA ABETA 4


Seguindo co de meses pasados vou deixar aí o que neste lustro teño escribido. Como antes o mes este de San Andrés,aproveito para felicitar por anticipado aos Andreses, aínda non escribín o que lle corresponde, por facelo sempre cara ao final do mes, así que vai o do mes pasado. Paz e ben para todos como nos saudaba o amigo e compañeiro Ramón Senín. Que a viaxe que andan preparando resulte ben. Saúdos .Rafael.



Novembro 2010

NOVACAIXAGALICIA

Debemos felicitala por ser a primeira entidade financeira que presenta a súa escritura de constitución ,no Rexistro Mercantil ,no idioma propio de Galicia. Parabéns a quen tomou a decisión.
Hai tempo que nas notarías hai uns carteis indicando que o galego é unha lingua plenamente válida e eficaz para formalizar os seus documentos. Vostede pode solicitar que os seus documentos notariais se redacten en lingua galega. Esta opción non pode supoñer atraso na redacción ou autorización do documento  nin comportar ningunha clase de sobre custo.

Malia a información quéixanse os notarios do pouco que se solicitan as escrituras en galego.
Por iso é de agradecer tamén que os dirixentes de NOVACAIXAGALICIA declarasen que van a garantir a súa clientela comunicarse e operar en galego,participar en iniciativas de todo tipo para a difusión da lingua do pais e facer do galego o idioma oficial para a publicidade comercial e sociocultural da entidade.

Acontecementos desta índole son un exemplo a seguir para outras persoas físicas e xurídicas. Se o galego vale para constituír a entidade financeira mais importante de Galicia tamén servirá para constituír empresas,outorgar testamentos e mercar ou vender casas.

Novembro 2011

ALGO HABERÁ QUE FACER

A capacidade que temos para aguantar todo o que nos boten temos que recoñecer que é ilimitada. Se non fose pola excelente sanidade publica que temos, tamén no tocante a educación sanitaria e mais á prevención,xa teriamos morto de infartos polo que leva acontecido ultimamente.
As brutais cantidades de diñeiro que levaron os directivos das caixas por deixalas na ruína¡ Que  se repartan mais de trinta millóns  de Euros ,cinco mil millóns das pesetas das de antes,os encargados de administralas coa dilixencia dun ordenado comerciante e que as nosas autoridades digan que non volverá a suceder non me digan que non é para morrer ou tolear de por vida¡
Os nosos irmáns portugueses xa lles anuncian que para o ano, se gañan mais de mil euros ao mes, non poderán cobrar as pagas extraordinarias se son funcionarios ou pensionistas.
Nos medios de comunicación para encontrar unha boa noticia hai que mirar coa lupa.
Poderemos resistir con este ritmo mais tempo?Algo teremos que facer. Polo menos saír a rúa pacificamente para mostrar o cabreo e rexeitamento e dicirlle aos que nos gobernan ou gobernarán que non nos tomen por parvos. Que os traballadores,os parados,os profesores,os médicos e persoal sanitario os funcionarios e pensionistas non fomos os que afundimos a economía e non debemos ser os únicos que o paguemos. Polo menos a dignidade de protestar pacificamente non a perdamos.



Novemvbro 2012

ENTÉNDEO ALGUÉN

O día do Pilar, na celebración do acto presidido pola familia de El Rei,ao final do desfile militar, case un milleiro de invitados asistiron a unha recepción no Palacio Real. Son sempre autoridades políticas e personalidades do mundo militar,empresarial,xudicial e do deporte e a comunicación.

Entre os invitados estaba o señor Rato,e mais o señor Divar, ex presidentes de Bankia e do Tribunal Supremo respectivamente. Todos sabemos as circunstancias polas que tiveron que dimitir dos seus cargos. Un por deixar arruinado o banco e outro por usar diñeiro público para fins de semanas caribeñas de carácter privado.

Poucos entenderán as razóns polas que son invitados. E como se aquí invitasen aos anteriores administradores das caixas que se negan a devolver as cantidades de diñeiro inchadas e desmedidas que levaron e polo que terán que responder ante a Xustiza.

NOVEMBRO 2013

MARTIRES ESPAÑOIS

No día en que elevarán aos altares a 523 persoas cualificadas como mártires durante a guerra civil pola Igrexa española sería necesario e xusto non esquecerse dos que morreron defendendo a república.

Hoxe sabemos que moitos deles eran alcaldes, concelleiros,mestres, médicos,afiliados a sindicatos e partidos políticos ou dirixentes de asociacións culturais que defendían unhas ideas xustas e nobres. Sobre todo os que aínda permanecen nos foxos ou gábeas e fosas comúns deben canto antes poder ser enterrados no lugar que lles corresponde con dignidade.

Merecen ser honradas todas as vítimas pero sobre todo as esquecidas. Os que estamos xa xubilados, mais os que están á beira de selo, acordarán como durante a longa noite de pedra que chamaba Celso Emilio Ferreiro despois de escoitar o parte nas radios remataban sempre:”Gloriosos caídos por Dios y por España. Presentes.Viva Franco. Arriba España”.
Os que morreron por defender a república tamén merecen a súa gloria.

Outubro 2014

Interese legal do diñeiro



Fíxase cada ano na Lei de Presupostos. Desde o ano 2009 é o 4%.No proxecto deste ano será, se non o remedian, do 3,5.Chama a atención que en Francia pasou do 3,99 en 2008 ao 0,04 para o 2014.En Italia nese mesmo tempo pasou do 3% ao 1%.Por outro lado o Banco Central Europeo pasou ,tamén nese tempo, do 4% ao 0,05 %. ¿A quen beneficia ou prexudica que sexa tan alto?
Beneficia aos bancos e grandes empresas de subministración. Por descubertos en conta poden cobrar e cobran 2,5 veces o interese legal do diñeiro. Nos préstamos hipotecarios se hai demora poden cobrar até 3 veces o interese legal. Prexudica aos que non puideron atender as súas obrigacións, por quedar no paro , e aumentárenlle considerablemente as débedas e mais as familias que por solidariedade axudan a pagárllelas aos parentes.
Nestes tempos revoltos case ninguén entende nada. ¿Como se explica que a Unión Europea, impón para os 28 países normativas comúns, como o espacio que han ter as galiñas poñedeiras nas granxas, a capa dos porcos por métodos químicos e prohibir as redes do xeito na pesca da xouba e da sardiña e ,algo de tanta transcendencia para a vida das persoas, teña cada pais membro tan disparatadas e inxustas normas?
Que deputados e parlamentarios, discuten estes días a Lei de Presupostos,miren por isto e non fagan aos do seu país de peor condición que italianos e franceses. Do contrario temos que concluír que non nos representan.”””





domingo, 16 de noviembre de 2014

POLO CUNCHAREIRO ARRIBA
Canta o galo no curral e ouvea o can na cadea;
entre bocado e bocado, balando queda a ovella;
a auga pinga polo saio saltaricando na sella
na canle que vai a moza, ca marea case chea.

Polo Cunchareiro arriba ferve a auga da marea,
calcando raiolas no mar que lucen no arco da vella,
e as ondas rachan en gracia dun ceo que ali esguella
en medio de cunchas e saios que, andando, van ca area.

Canta o carro, e o carneiro turra por diante da vella,
que leva os dedos das mans cas contas que fai a leiteira
i, entre as tetas agocha o pano, ó remata-la feira.

Cunha vara aguillada i unha cabicha na orella,
...un pantalón mendado i un cadelo de palleiro,
vai o vello e vai o carro pola cima do Cunchareiro.

Antonio Puertas.

Tódolos dereitos reservados.


PARABENS A PUERTAS.

E de xustiza que neste mural colectivo quede constancia das andainas nas que anda un dos que mais colaborou para que mantivese algo de vida. Antonio Puertas leva tempo escribindo en variuos sitios e ademais participando en programas da radio galega. Uktimamente dou o salto ao mundo do audiovisual e con moito acerto colaborou na realización dun anuncio dos que lle dou moito éxito a empeesa  Gadisa.Son uns anuncios moi bonitos onde se coida o idioma e teñen ese xeito galego que os fai tan entrañables para,sobre todo, a xente maior.Pois aí queda para xeral contemplación:


Se alguén quere saber mais Sobre Puertas queda aí tamén este empate;

O noso usuario Beldoña protagonista nun anuncio de Gadis

 Saudos para todos.Rafael