tag:blogger.com,1999:blog-3168853168118860084.post1892004243245110812..comments2023-06-16T03:44:00.805-07:00Comments on Quinta do 57: Quinta do 57http://www.blogger.com/profile/03766656306803723243noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-3168853168118860084.post-38517115574735911862013-02-26T14:28:04.935-08:002013-02-26T14:28:04.935-08:00Non te preocupes, Manolo, que se escribín dun xeit...Non te preocupes, Manolo, que se escribín dun xeito así, foi con idea de " picarte ", a ver se entrabas no blog un pouco mais; ti, e o resto dos compañeiros.
Unha aperta
Antonio Quinta do 57https://www.blogger.com/profile/03766656306803723243noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3168853168118860084.post-19992641259342005212013-02-21T14:32:35.860-08:002013-02-21T14:32:35.860-08:00Prezado Antonio: Graciñas por poñer outra vez a po...Prezado Antonio: Graciñas por poñer outra vez a poesía.Por circunstancias inesperadas non tiven ocasión de ser tan puntual e cumpridor coma ti poñendo o meu comentario. Os versos son magníficos o mesmo que a paisaxe e a natureza que os inspira.
"Atrapado en arena, agua y cielo" téñome atopado de mozo moitas veces naquela praia, alguns días completamente só. Algún xeólogo ten dito que a praia de Carnota é o maior depósito de area de toda a costa peninsular, e iso só se pode explicar se o río Xallas, antes de que medrara tanto o Monte Pindo desembocaba nela pola paraxe chamada "A cima da arca", que está camiño de Cabanude e de Arcos, xa no concello de Mazaricos.
Do conxunto de praia e Monte Pindo, desafiante e soberbio nos días de nordés, vistos desde a inmensidade da area, podería dicirse o que Novoneira dicía dos montes do Courel: En ningún sitio se sinte mellor o pouco que é un home.
Unha aperta.
Manolo LópezQuinta do 57https://www.blogger.com/profile/03766656306803723243noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3168853168118860084.post-73627782138631541502013-02-10T07:52:50.399-08:002013-02-10T07:52:50.399-08:00Grazas, Rafael. No último xantar de irmandade, pro...Grazas, Rafael. No último xantar de irmandade, prometinlle a un carnotán volver a poñer a poesía acerca de Carnota; i, el, prometio lela e comentala; malia todo, penso, que nin unha cousa nin a outra.
Cada un de nos é un mundo, e as nosas vidas, sonche un misterio. Un mundo cheo de corredoiras, de persoeiros e de lugares por onde vagan as nosas vivencias e os nosos recordos, mentres estamos a vivir nel.
Non só os xitanos e os xudeus foran os errantes pola vida, si non que a min, tamén, algo me tocou. Polo oficio do meu pai, tiven que andar por moitas corredoiras, i, entre elas, pola de Carnota.
Facía moitos anos que non visitaba ese fermoso pobo; e, un día deste pasado verán, decidín ir eu só a saborear os recordos da miña infancia.
A praia de Carnota, neses intres, estaba espléndida, coma sempre, aquel mes de Santiago. O mar en calma,e, as areas brancas e sen pegadas, a no ser as das gaivotas e as dos meus pasos, que ían abrindo o meu lento e pensativo andar.
Aí xurdiu este poema, de entre as mansas ondas daquel mar calmo.
Unha aperta, compañeiro
Antonio Puertas
Quinta do 57https://www.blogger.com/profile/03766656306803723243noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3168853168118860084.post-27818102019896648572013-02-09T04:56:03.475-08:002013-02-09T04:56:03.475-08:00Moi bonita Antonio a poesía.O mundo das musas léva...Moi bonita Antonio a poesía.O mundo das musas lévase ben contigo.Fas lle boa vida e non te esquecen nin te abandonan.Tampouco sabía que tiveses unha vida de nómada na infancia.A crudeza da postguerra marcounos a todos.De todos modos non foi óbice para que ao noso modo fósemos un mundo de felices.A laconada non che sentaría mal.Foi un pracer ver a tantos compañeiros xuntos. Sempre ademais,nestas ocasións, aparece alguén que levabamos tempo sin ver como foi Xaime Fraiz. Saúdos como sempre.RafaelQuinta do 57https://www.blogger.com/profile/03766656306803723243noreply@blogger.com