Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 21 de junio de 2013

O BO PAPA OU PAPA BO


Este mes de San Xoán, a primeiros, fixo cincuenta anos que morreu Xoán XXIII. Foi ao remate do curso no que nos mudaramos para san Martiño. Neses anos xa empezaban a chegar os televisores ás vilas mais importantes que emitían unhas poucas horas ao día. Ademais das tabernas e bares mais importantes que as instalaban para atraer á clientela foi tamén a época en que algúns párrocos as poñían para atraer á xente nos chamados salóns parroquiais. Foron o preludio dos despois chamados teleclubs que apareceron,nalgúns casos ligados aos cregos ou mestres e noutros casos en asociacións culturais promovidas polos representantes do chamado Movemento Nacional nas vilas que era onde tiñan mais presencia.

Pois ben naquel ano a parroquia de Abanqueiro,limítrofe coa do Cabo de Cruz,tiña un cura novo que tiña salón parroquial con televisión e alí se desprazou a miña mai coas súas amigas para ver o enterro do Papa Xoán e mais a coroación de Paulo VI. Tanta xente,tanto da parroquia como de fora, se xuntou naquel salón que estaba no primeiro andar da reitoral que se veu abaixo o sobrado e feriuse e quedou con mazaduras moita xente entre elas miña mai.

Cando mais ou menos por datas como a de hoxe que era cando nos daban as vacacións ,hai cincuenta anos,cheguei á casa atopei a miña nai algo coxa polo accidente pero chorando como unha madalena. Non era polas mazaduras. Era polo Papa Xoán que era tan bo que non debía morrer. Sentirao tanto que naquel ano e seguintes cando se falaba del víñanlle as bagoas aos ollos sen poder evitalo. Realmente tamén para nos tiña sido un papa moi querido pero eu nunca pensei que tamén o fose tanto para quen non estaba metido entre catro paredes oíndo falar del a miúdo como era o noso caso.
Pois que sirva do homenaxe e que o vexamos pronto nos altares como a Monseñor Oscar Romero que este novo papa xa dixo ía apurar as causas de ámbolos dous.

Como curiosidade e para refrescar a memoria aí van as materias das que en primeiro de filosofía hai tamén cincuenta nos examinamos: LOGICA,ONTOLOGIA,FISICA E QUIMICA,CIENCIAS NATURALES, RELIGION,LENGUA FRANCESA. PRACTICAS DE LATIN, PRACTICAS DE CASTELLANO E MUSICA.(Tiven diante unha certificación académica para copialas. A miña memoria non da para tanto sen bufa)

Pois,polo momento,mais nada. Saúdos para todos. E tamén unha dirección para informarse de aquelas realidades das que hai intereses fortes para que os xornais normais non nolas conten:http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&cad=rja&ved=0CDkQFjAB&url=http%3A%2F%2Fespiaenelcongreso.wordpress.com%2F&ei=j8fEUd_0EIiJ4gSxr4GYCA&usg=AFQjCNHGS4I-Te7UKLIm8ePhquoGn6roQg&sig2=BMPsAZ81rtIWIpcAyV8DVQ&bvm=bv.48293060,d.bGE

Se non deixa abrir poñedes en Google e xa se pode ver:UN ESPÍA EN EL CONGRESO | UNA COSA ES LO QUE SE DICE ...

lunes, 10 de junio de 2013

HACE TRES AÑOS

Hace tres años, que el buen Dios te coronó de estrellas.
¡ Fijaros cómo brillan ! ¡ Fijaros cómo destellan !
La claridad de su amor, refleja en todas ellas.
Es esa luz divina que asienta sus pies en tierra;
es su bondad; es su grandeza… marcas de sus huellas.
Durante las noches, sueño que reinas aún despierta.
Y es que no te fuiste, madre, sin tu corona de reina.
Cuando muera ¿ a dónde iré, si tu resplandor me ciega ?

Antonio Puertas.


CAMARIÑAS DEL ALMA.

CAMARIÑAS DEL ALMA

En tropel por abrazarse a tus tierras
descompuestos jinetes de batallas,
audaces trotamundos de mil guerras,
delirantes corceles de tus playas.

Cual, si finos bolillos, van bordando
una costa de caprichosas calas,
que la mar tenebrosa va calcando
del cielo colosales antesalas.

“Costa da Morte“, destino y morada;
ocaso efervescente de otra vida,
tenebrosa penumbra embrujada;
“ abra cadabra”… hechizada guarida.

Lamentos a una mar encadenados,
tragedias de mil navíos prisioneros;
abismos que retuercen endiosados
gemidos de intrépidos marineros.

En la cima de la roca más angosta
me inclino, Camariñas, mi adorada,
ante el templo sagrado de tu costa
y el amasijo de tu arte y tu espada.

Antonio Puertas

martes, 4 de junio de 2013


IDENTIDADE GALEGA. LINGUA. IGREXA

Retrocedendo. Arr!
Pasou o Día das Letras Galegas. É evidente o retroceso do galego en todos os ámbitos. Como este blog ten raíces seminarísticas, irei ao binomio identidade galega-Igrexa, ripando ideas do artigo de Engracia Vidal, número 182 de Encrucillada.
Teoricamente, ninguén discutía a necesidade de encarnarse na realidade, nas persoas, no valor da terra e da cultura para transmitir mellor a mensaxe evanxélica. Tempos do Seminario Maior e inmediatamente posconciliares.
“A identidade galega non era só a lingua, pero si o primeiro signo de querer asumir os outros. Temos unha simboloxía xeográfica, cultural, literaria, musical e histórica que había que valorar e levar ao noso compromiso como cristiáns”.
“As dificultades non foron poucas:
    • Identificación que había entre a Igrexa e o réxime franquista, tan católico el e tan nacionalista español”.
      Nos primeiros tempos posconciliares, tras o Vaticano II e o Çoncilio Galego (1968-1979), houbo logros de encarnación e popularidade, como textos traducidos ao galego, pero escasa praxe.
      Monseñor Arauxo: “Ter esquecido o Concilio Pastoral de Galicia é un pecado histórico de omisión que ten que magoar as costas de Galicia”.
      É unha contradición vergoñenta non respectar as propias normas, dicía Torres Queiruga sobre o tema.
      O Concilio Vaticano II paralizouse e o de Galicia esqueceuse. O Ano da Fe para celebrar o 50 aniversario daquel é unha dura proba de fe contra o cinismo hipócrita.
      As espectativas creadas foron caendo. “Hai tres bispos nados en Galicia, un en Zamora e outro en Palencia. Ningún exerce como galego. Non responde ao Evanxeo”.
      “En proporción, multiplicouse máis o latín nuns meses ca o galego en 50 anos”.
      “As misas dominicais en galego, que xa non eran moitas, diminuíron ou suprimíronse”.
      “É claro que a Igrexa soa non pode lograr a normalización da lingua, pero debe poñer a parte que lle toca”.
      “Os documentos oficiais en galego levan sempre o duplicado en castelán. Cando saen en castelán, non sempre levan a tradución galega”.

Causas desta desafección?
“Para min non ten moita explicación.
Ignorancia da lingua pola súa parte? Non.
Convicción de ser máis eficaz en castelán? Dubido.
Pensar que van lograr maiores ascensos ou compracencia das autoridades? Pode ser.
Calquera cousa menos fidelidade ao Evanxeo, aos concilios, á xente”.

Causas da resistencia das xerarquías?
“Sen excluír outras, moito está nos medos:
  • Medo á identificación cos partidos políticos nacionalistas e/ou de esquerdas. Non o poden disimular”.
    “Noutras coincidencias con partidos de dereitas non lles importaría esta identificación. Nin a disimulan por un mínimo de pudor, e fana explícita en homilías, sobre todo en tempos de eleccións”.
    “As xerarquías brillaron pola súa ausencia en celebracións como os 25 anos de Encrucillada, na homenaxe a don Miguel Arauxo, na xubilación de Torres Queiruga, nos In memoriam de cregos como Manuel Espiña ou García Cendán. Nada diso se considera da Igrexa, cando a asociación é crente, confesante e está exercendo a súa liberdade de afondar na fe responsablemente”.

O entrecomiñado é de Engracia; o non entrecomiñado, tamén. Prometeu ela escribir este traballo con seis meses de antelación; e aclara: “Non quixen pensalo moito porque, fuxindo do pesimismo inicial, preferín agardar pola esperanza... Pero a esperanza escurece e engúrrase forzada polo día a día”.
Apunta feitos positivos, pero outros moitos negativos.

Realidade ou hipérbole?
Sexa o santo que sexa, ora pro nobis. Calquera que sexa a resposta, temos solucións:
  • Aznar, “guiñol resucitado, pelma e demodé”, segundo X. L. Barreiro, xa exorcizou o mostacho propio e a languidez, ou plan de desfeita, do PPP.
  • Rouco, tan afinado el, pasa en Madrid de cero a oito soldados de elite, instruídos por un bispo e asesorados por catro psiquiatras, para combater o Maligno, o eixe do Mal, o que ten armas de tentación masiva. Lembras? El demonio, como león rugiente, anda a nuestro alrededor buscando a quien embaucar”. Repasarán o Ritual renovado de exorcismos, aprobado por Xoán Paulo II en 1998. Afondarán tamén na psiquiatría do subdesenvolvemento.
    O que máis me sulivella é oír que son razóns democráticas e urxencias pastorais as causantes desta decisión revolucionaria, futurista.
O integrismo relixioso, iniciado por Xoán Pulo II e continuado por Bieito XVI, cerra as portas á brisa de Xoán XXII, que comunicaba a fe coa razón.
Se lle fose posible, estaría Deus horrorizado con esta tropa que o invoca?, segundo afirma Manuel Rivas.
Roberto Vidal Bolaño
O número 182 de Encrucillada trae tamén un artigo de Xesús Portas sobre o
homenaxeado o 17 de maio.
Repasando a obra do dramaturgo compostelán, destaca institucións e personaxes eclesiásticos:
  • Doentes (1998). Describe en Compostela “o medo, os negocios sucios, a represión política, a extorsión, a imposibilidade de toda reacción... E a Igrexa, coas mans lixadas e a mente inconsciente, adáptase perfectameente ao sistema”. Curas pouco edificantes e o “cura relambido e ortodoxo, amigo do poder e xustificador do elemento represor”.
  • Ledaíñas pola morte do Meco (1977). “Un crego que tenta desmobilizar a protesta”.
  • Animaliños (2003). “Un tipo que fala moito e non di nada que teña sentido”                          
Saúdos de primavera cunqueirana, especialmente a Andrés e Rafael polas súas últimas achegas, interesantes coma sempre. Sintetizando as dúas, poderiámonos deixar contraminar pola defensa dos dereitos e pola verdade. Ula?
Eduardo.

    CALVARIOS REAIS

    Do sufrimento de certas persoas que ocupan un cargo,onde prima o principio de xerarquía e obedencia,e teñen que sufrir as consecuencias de ser fieis a súa conciencia.Única norma que se se debe seguir para ser consecuente e estar a ben con un mesmo.Unha película e novela se fose algo fantaseado se podería escibir.O serio e transcendente é que un caso tan real como a vida mesma.Pobre do que teña que pasar por unha situación como esa como pasou o fiscal do caso.A realidade supera á ficción.Seguir lendo que unhas informacións levan a outras.Viva a libertade de prensa.E o que diferencia,con todas as eivas, a un estado de dereito dunha republica bananera.Póñoo aqui ,para quen tiver curiosidade,porque é como ler unha novela de superlativa intriga.Veremos como é o desenlace.Leva un lustro e deixando moito sufrimento polo camiño:

    ExVoz: La Voz, obligada a corregir lo que difundió sobre el caso 

    A través da pax. ExVoz,moi interesante en plan informativo,son dos mellores profesionais que hoxe están a velas vir,como consecuencia da crise,sabemos o que a prensa escrita non nos quere dicir.A ver canto dura.Como sempre saúdos.Rafael

    lunes, 3 de junio de 2013

    CONTRAMÍNATE


     Onte foi un dia,o tempo dirá se histórico ou non,para a nosa terra,para a Galicia das persoas. Milleiros de participantes na manifestación contra os proxectos mineiros que queren asolagar Galicia de Norte a Sur e de Oeste a Este. Houbo xente de toda idade e condición. Comenteino con amigos asistentes que o mais destacable era observar a cantidade de avós e tamén de netos. De trazarse unha radiografía por idades o 30% era xente moza de menos de 30 anos e outra gran maioría dos sesenta para riba. No medio. a ollo de bo cubeiro un 25%.

    A praza da Quintana de mortos onte estivo mais viva ca nunca. Ateigada de xente. Non había forma de moverse e o banco de pedra pegado ao muro do Mosteiro de San Paio houbo que ocupalo de pe para protexer aos meniños pequenos que tamén había pese a non aconsellarse a presencia nestas aglomeracións masivas en espazos cerrados.

    Todos os medios de comunicación dixitais o recolleron onte igual cos “castravexos” ( nomeados así polo finado de Moncho Valcarcel crego galeguista en ánima e corpo enteiro).Hoxe exerceu de notaria toda a prensa.

    Como as imaxes seguen valendo mais ca mil palabras aí van unhas poucas:

    "Contramínate", 2 de xunho do 2013. Praza da Quintana ... - YouTu

     Abarrote 'contraminero' en A Quintana

     Manifestación en contra da minería salvaxe en Galiza - YouTube

    Sirva pois para constancia dos aconteceres cando pasado o tempo acudamos con morriña a recordar cousas do pasado.

    Mais nada. Saúdos para todos. Máxime para os que se acheguen a esta fiestra para mirar ou para deixar algo cando teñan xeito. Sobre todo ao compañeiro Eduardo,a Andrés Amboage, a Antonio Puertas a Fernando Ledo e a todos os demais en particular e mais en modo xeral. Que teñades bo verán agora que parece que vai vir para quedarse.Rafael