Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 25 de noviembre de 2013

XÉNERO EPISTOLAR 2

Queridos amigos: Queira...(et reliqua) conforme ao indicado mos manuais do xénero epistolar e os correspondentes formularios,Estamos xa encarando a parte final deste mes ditoso que comezou con santos e rematará con San Andrés. Este ano pasounos como aos partidos políticos que a sociedade móstralles desafección porque son coiros vellos nos que o viño novo non quere gardarse neles. A participación neste encerado dixital foi minguando e na contabilidade que amosa no lateral este ano,de non dármonos presa,rematará sen acadar no seu primeiro lustro o cento de anuncios.

De todos modos con persoas de constancia probada como son os que mais interveñen,destacando ao compañeiro Puertas e a Eduardo,aínda lle quedara vida para tempo. Os que teñades interese en seguir a Puertas metédevos en Facebook que alí é moi activo. Entrar nas redes sociais é certo que un exponse a que o que escribe llo poida ler calquera pero o certo é que vivimos nunha sociedade onde a nosa intimidade a pode asaltar tamén calquera. Os teléfonos smartphone que temos moitos que operan vía satélite gardan as nosas conversacións multibillonarias durante anos e calquera,mediante autorización xudicial pode obtelas. Co grao de corrupción que hai na sociedade o que se consegue con autorización xudicial tamén se pode conseguir sen ela sempre que se alumee ou unte ben como se di no mundo da delincuencia de garabata.Para mostra o caso Edward Snowden.

Desta vez deixarei un programa político que se pode ler de riba para baixo e tamén ao revés. Chegoume nun correo dun tamén residente moitos anos en San Martiño. Di así:

PROGRAMA POLITICO:

-En nuestro partido político cumplimso lo que prometemos
-Solo los imbéciles pueden creer que no lucharemos contra la corrupción
-Porque si hay algo seguro para nosotros es que
-la honestidad y la transparencia son fundamentales
-para alcanzar nuestros ideales
-demostraremos que es una gran estupidez creer que
-las mafias seguiran formando parte del gobierno
-como en otros tiempos
-Aseguramos sin resquicio de duda que
-la justicia social será el fin primordial de nuestro mandato
-Pese a eso todavía hay gente estúpida que piensa que
-se puede seguir gobernando con las artimañas de la vieja política
-Cuando asumamos el poder haremos lo imposible para que
-se acaben las situaciones privilegiadas y el tráfico de influencias
-No permitiremos de ningún modo que
-nuestros niños tengan una formación insuficiente
-Cumpliremos nuestros propósitos aunque
-los recursos económicos se hayan agotado.
-Ejerceremos el poder hasta que
-comprendan desde ahora que
-somos la nueva política.

Para rematar deixar unha pax. que visito con frecuencia e que ten un artigo moi elocuente para entender o mundo no que nos tocou vivir onde mandan os financeiros e os demais teñen que tocar a música que eles mandan. O das portas xiratorias é o que mais desilusión crea para pensar nun modelo de sociedade distinto. E esta:

ATTAC España | Justicia económica global


Pois por hoxe mais nada. Despídese de vós este que o é: Rafael





sábado, 23 de noviembre de 2013


Xuntanza coa RG, onte:
CARBALLIÑO

Cos amigos do Arenteiro,
refulxindo en nova alianza,
co marco do seu abeiro
e o lustre do rio luceiro,
en Carballiño hai xuntanza.

O xantar está servido:
troitas con sona e lembranza;
tenreira asada e cocido;
polbo a feira, ben servido,
e camariñán de crianza.

Cafés, copas e aguardentes,
doce envolvido na cana,
co pracer dos nosos dentes,
enzoufando bocas abrentes,
i o  plácet que en fame afana.

Con Paulino no tratado,
as campas de san Cibrao,
polo salón tan doado,
cos detalles do falado,
fan voar aquel sarao.

Na mesa da presidencia
o Alcalde do Carballiño,
i amigos, de procedencia
varia, coa túa presencia,
Pensando en ti, queridiño.

A grandes da historia implíca
tal cal, Victor Lago Román,
ou Aurelio, ca política,
ou Freixedo, ca botica
do mais ala por talismán.

Bartolomeu de la Peña,
o bispo de Calatrava,
que, misa cantada, empeña,
ó remate, pa quen veña
a escoitar súa palabra.

Cos irmáns Arias Teijeiro
oficiando na asemblea,
i Carballeda, o guerreiro,
loado en botafumeiro,
da filipina odisea.

I González Días, o ilustre,
con Rodríguez, nos cinemas;
desta terra son o lustre,
i nos mundos balaústre,
das pantallas cos seus temas.


Graciñas, grazas, graciñas
ao grande  da xuntanza,
que é Marcial, de Camariñas,
i ás xentes destas terriñas
que esquecera na lembranza.


Antonio Puertas



¿ QUE ESTAS A MIRAR… ?

- ¿ Que estas a mirar, o ? …¿ Teño monicreques na cara, ou é que estas a verme fuciño de gato ?
¡ Desvergoñado ! ¡ Lacazán ! ¿ Pensas que esquecín aquela trincada que me deches o ano da fame ?
- Con esas andamos, ¡ e ! ¿ E ti pensas que eu non lembro quen fora o que prendera lume na palleira do amo ?  No no esquecín, paisano. Pola túa culpa, morreron dous cadelos palleiráns, pura sangre, fillos do grifón de Baldomero. Por moitas refregas que fagas entre as pernas da señora Basilisa, ti non enganas a ninguén; e menos a min… ¡ Falso ! …¡ Que es un falso ! Tan só estás neste mundo pa que vire coas túas comenencias.

- Arreda de min eses ollos de meigo lambecricas, que cheiras a can mollado. Non desexo aproveitarme de quen está  na cadea… que, ¡ por algo será !

Non consinto eses insultos, nin esas parvadas, por que vas levalas de novo… e, ¡ moi duro !

-  Atrévete, se podes ¡ pelexo ! Non tes rabos, nin arranque en frío d´abondo pa rompe-la cadea, i enfrontarte a min. Antes, xa terías tragado o carro e mailo arado polo medio do teu rego inxurioso.

Dese xeito, dia si e outro tamén, case que eternamente, caían as maldicións de cans e de gatos polo medio dunha quecida palleira,  ata quedar rendidos nun supor reparador, sen que ningún dos dous inimigos irreconciliables, deixaran de mallarse acotío. Marcaban as distancias con mexadas cada vez máis cheirentas, na procura de sinalar os lindeiros nos marcos dos seus niños.
Miradas seme pechadas, choscaban ollos axeitados, segundo as ideas políticas de cada quen.

Un día, co canto do galo, mentres a aurora estaba a tirar polo sol, a aldea estricábase mais guapa que nunca. As brétemas orballadas, empapaban o ceo cunha licencia clara de elixir de cortello, repintando tufos de cores polos miolos enfrontados daqueles peludos veciños. As casas do rueiro, abrían as fiestras espertando dun subversivo sono, que estaba a reparar maldades; invitando a tódolos veciños, a experimentar unhas novas formas milagreiras, que mudarían unha camisa nova dos seus procederes, pa lograr así entre todos, unha vida sen rancores, nin liortas inútiles.


-Mira - dille o can ao seu veciño de palloco- pa que vexas que non son rancoroso, vouche amosar un trato: de agora en adiante, ti, vas esquecer tódolos insultos e tódalas maldicións proferidas pola miña soberana persoa sobre ti; i, eu, dende xamais, volverei a mallarte, nin abrirei a boca nin pa dicir amen, nin moito menos pa maldicirche, nin pa trincarche. En adiante,  mexarei no teu cornecho do meu palleiro, dun xeito limpo e decoroso.
E, pa que non haxa dúbidas da miña boa fe, imos ir a cova de Perico- ese, que entende tanto de artes i de leis, i salta por todas elas- pa que compoña unha obriga entre nos.  De tal xeito que, se eu racho o trato, ti has ter durante nove meses, media ducia de sardiñas frescas do xeito. E, si es ti quen non cumpre, dásme, durante un novenario, un osiño de tenreira galega da crianza do Belesar.
Pa que vexas que maquinei todo sen maldade, se é que Perico, o raposo, fai trampa, nin ti nin eu imos estar, en adiante, comprometidos en nada do asinado no Trato.
As nosas vellas liortas,  non teñen nin xeito nin razón de ser entre veciños civilizados, coma son eu. Xa que estou condenado de por vida a entenderme contigo, a lo menos, que sexa en paz ca Santa Compaña..… ¿ Que che parece, cholito ?
-Moi ben pensado; trato feito.
…Arrexuntados neste solemne auto, pola banda de Laíño: Fulaniño de Tal e Tal,  mais coñecido no lugar, co alcume do Estricado… E, pola banda de Lestrobe, Tal para Cal, o Aniñado; acordan: isto, e mailo outro, e o demais ala…
I, en proba de consentimento mutuo, imposto por que si, firma e racha O Punteiro da Carracha;… e, segue asinando, o Rateiro que os Espanta -…Dado onde ten que darse, a tanto polo tanto do tamborileiro, coa presencia do comediante, o Raposeiro.

Todo parecía amarrado coas mil caravillas; e, así foi, durante moitos anos. Ata que, un dia, asomou o fuciño a sogra de Perico, máis coñecida no Penedo, coma a Vella do Trisillo. Alcume que herdou de nai, polos tres apéndices cos que a natureza á tiña dotada: vista aguda con pantalla de plasma; fuciño de radar, con incrustacións de antena parabólica; i, rabo de timón, pa arribar sen atrancos, directa po burato da Area da Vila, cando fora preciso.

…I así, de favorecida, a Vella do Trisillo, refregándolle o fociño do gato, foille  con este chisme:

- Sabes o que fixo o teu veciño, compañeiro de catre ?
- Pois, non.
Resulta que, esta pasada noite, el e mailo meu neto ( que- entre nos quede- é un trapallas ) acordaron facelas paces. E, o galopín do meu parente, díxolle que ía agasallalo cunha lebre por día, durante o novenario de San Antón, se deixaba de perseguilo en tempos de caza:
- Ti ouveas polo medio da Toxeira Seca, mentres, eu, lisco pola Xesteira Nova…

 Este meu neto, é un zarapalleiro, ó acepta-lo trato… ¡ Mira que querer enganar ao seu amo !
¡ Como !…¡ Que ese fillo sen pai, dixo iso !

-Como cho conto. ¡ Que non saia mais da cova, sen que me leven, se minto !

- Me cago nas galiñas do teu galiñeiro. Ese cabrón, vai saber quen é o fillo da Potranca.
Señor Florencio, chame de seguido a ese Notario cabrón, o Carracha Vella, pa que vaia arranxando os ovos, e o pernil, que asinamos no Trato.
Nin este can, nin este gato, pasamos por iso…¡ Faltaría mais !
 ¡ Xa estaba a darmo a alma, de que este escribán, fillo de puta, nola ía xogar !
Menos mal que deixamos todo este asunto amarrado e ben ben amarrado… ¡ que si non… !
…E, escoite ben: tráiame, de inmediato, unha ducia de osos de tenreira galega nova da granxa de Belesar ( pa ir facendo boca ); e catro ducias de ovos marelos… e, que non estean chocos. ¿ Vale ? E, pa o meu veciño, pai das miñas carrachas, unha lata de sardiñas medio podres ¿ Entendido ?

- Con tódolos meus respectos, penso que aquí hai un mal entendido. Eu cargo, sempre, coas culpas de todo con razón ou sen ela, malia que, desta vez, o verdadeiro responsable deste asunto, é o teu compañeiro de palloco; quen, pa que non decataras nada, foille con contos á Vella do Trisillo, refregándolle o lombo entre as pernas, tramando todo, a vez que arrapañaba coas sardiñas da artesa.
Non te fíes, que ese que tes ao teu lado, ten unas moi afiadas, e ollos pezoñentos de víbora endemoñada. El, foi quen rachou o Trato con traizón, inventando o conto do raposo contigo.

Con todo aquel barullo,  o astro rei, que estivera a pique de ver plasmado aquel acordo na repunta da Amizade, de súpeto, agochou a crista pola carballeira de Lucas, avergoñado, por ter dado, durante tantos anos, a súa caloriña a uns mal criados.

Hai quen di, que, esas chuviñadas da nosa terra, son as bágoas do sol, que está a laiar por unha xustiza entre cans e gatos, e non foi quen de lograr un amaño entre veciños de palleiro.

Antonio Puertas





lunes, 11 de noviembre de 2013


PRODUCIÓN MASIVA

O esquecemento é unha estratexia do vivir,
se ben algúns, por se acaso,
aínda mantemos o dedo no gatillo da memoria”.
Juan Marsé. Un día volveré.

Rafael tocou un tema vello neste blog, cando era foro de ideas: “Merecen ser honradas todas as vítimas, sobre todo as esquecidas”. Nun partido que remate 522 a 0 quizais o árbitro non sexa imparcial. Que selectiva e parcial é a memoria!
Padecemos tal aplatanamento moral, tal estrabismo ético, que podemos asistir a diálogos tan surrealistas, como este:
- Ola, Manolo! Vaia tempo, eh!
- Boh, non falemos de política!
Este hermetismo pode obedecer a que ”nunca se gaña un voto deixando en evidencia ao elector”, ou ás consecuencias da indixestión de bananas.
Decepción? Frustración? calamos para seguir votando aos de sempre, aos nosos; aínda que pola espionaxe masiva dun país dos nosos, xa non sabemos se somos dos nosos: estado de dubitación masiva e metódica.
Podemos estar tranquilos porque o espía (EE UU)” dará as explicacións necesarias”. Tampouco hai que escandalizarse porque todo mundo espía a todo o mundo e millóns de persoas entregamos felices parte da nosa intimidade entrando en Facebook, Twitter, WhatsApp… Máis menos, somos chismosos cofundadores da CIVA (Centro de Investigación da Vida Allea).
Menos as armas de destrución masiva de Iraq, inexistentes, a economía capitalista-consumista produce en cantidades industriais: fraude masivo (m.), mentiras m., pobreza m., desahucios m., manifestacións m., medias tintas m. sobre corrupción, empeoramento m. dos salarios e das condicións laborais, destrución m. de probas xudiciais, ocultamento m. da verdade (Angrois), produción m. de asesores políticos, perda m. de industrias, perda m. da memoria nos xulgados, produción m. de inmigrantes afogados (Lampedusa e Malta), ganancias m. de bancos, riqueza m. de 30 familias españolas. O minguado número 30 é unha excepción que confirma a regra da produción masiva.
Eis a sociedade que creamos: unha suciedade de m.

Cerimonia de beatificación masiva
Neste contexto tan produtivo, non podía faltar a beatificación masiva. No século XX producimos maletas e beatos. No século XXI florece a industria futboleira, con exportación tamén masiva.
Circulan ideas/feitos coma estes:
  • Media España resístese a xulgar o franquismo.
  • España nunca xulgou a ninguén por crimes perpetrados neste tempo.
  • A ONU recomenda ao Goberno español desenterrar e identificar os “paseados”. Tamén recomenda suspender a Lei de Amnistía.
  • A Lei de Memoria Histórica tentou facilitar algo de xustiza aos vencidos.
  • Na práctica, a Lei de M. H. quedou anulada por falta de orzamento.
  • A xerarquía eclesiástica colaborou oportunamente para contrarrestar a lei, beatificando a 522 persoas, todas do bando rebelde, golpista.
  • A xerarquía católica apoiou o nazismo en Alemaña, o fascismo en Italia e a guerra civil e o franquismo en España. Os sublevados gañaron grazas ao apoio dos alemáns e dos italianos. O franquismo mantívose durante décadas grazas ao decidido apoio da xerarquía católica española, que apoia á dereita sen Deus, normalmente poderosa, para conseguir status favorable. Así foi antes e agora.
Hai que seguir repetindo tics históricos por santa tradición?
A memoria é fráxil, por se vivimos nun intervalo de desmemoria:
  • Felicitación-bendición de Pío XII ao Xeneralísimo tras a vitoria.
  • Contestación de Franco ao “paternal telegrama” por “vitoria... en heroica Cruzada...”.
  • Saúdo fascista das xerarquías eclesiásticas. Franco baixo palio.
  • Apertura do Arquivo Gomá, que emite fachos de luz sinistra:
  1. Santiago, 18-VII-1936. Muñiz de Pablos pregunta en carta ao cardeal Gomá: ”Non haberá algún Estado que se decida a someternos a tutela?”.
  2. Gomá traballou para que o Vaticano recoñecese o réxime de Franco. Tamén redactou unha carta colectiva (1937), que posicionou a curia española a favor do golpe.
  3. Carta de Gomá ao cardeal Pacelli, elixido Papa en marzo de 1936: ...”Con todo é digno de notarse o feito de que a maior parte destes chamados comunistas reciben os Santos Sacramentos antes de seren pasados polas armas”.
Todos podemos cometer erros, erros históricos. Tamén podemos pedir perdón en diferido e colectivamente.
Cerimonia de xustiza
Da calor do Vaticano ao frío de Aranda.
Os ósos de 129 fusilados pasaron ao cemiterio de Aranda del Duero, tras 77 anos tirados en fosas comúns. Só 12 puideron ser identificados. Non hai cartos. Tiñan entre 16 e 70 anos.
Quedan restos dunhas 113.000 persoas ciscadas no subsolo español, convertido en cemiterio civil improvisado.

Bibliografía
Para transitar por esta paisaxe e escoitar a banda sonora da época, dúas novelas:
La larga marcha. Rafael Chirbes. Anagrama.
Ubicación xeográfica e temporal: a posguerra española e a resistencia antifranquista dos anos sesenta. Dúas xeraciónsdesfilan ante un espello encaixando un puzle de historias entrecruzadas, vividas en distintas zonas, tamén en Galicia. Son historias que se liberan do esquecemento e vólvense carne, de novela. Crítica moi favorable.
O exiliado e a primavera. Manuel Veiga. Xerais.
Un galeguista exiliado en México retorna a Monforte, tras 40 anos de ausencia, para asistir ao enterro da nai. Nos tres meses que lle dura o permiso de estancia, Alexandre atopa unha sociedade desmemoriada que nin sequera ten conciencia de vivir na ditadura. Premio Xerais de novela. 2004.
Saúdos cordiais,
no San Martiño:
Magostos ancestrais,
trompos ao camiño.
Deixa a auga
e bebe o viño.
Eduardo.

viernes, 8 de noviembre de 2013

Aportacón a Radio Galega, Programa Pensando en ti, de Marcial Mouzo, Xoves 7, ás 3,ooh.
NAUFRAXIO DO MINA SORIEGO.

    
Aquela noite non presaxiaba nada bo.

Pola tardiña, as suradas, estaban a golpear xa con forza a nosa costa e, as gaivotas, planeaban baixas, sen, case, poder sortear os atrancos das nosas cabezas, caendo estrepitosamente sobre as pedras do Cansorro, abatidas facilmente polos nosos tira croios.

Os golpes de mar, víanse vir rompendo, dende antes das Quebrantes de Fora, semellando aludes de neve en tromba; e, a espuma desprendida por aquelas montañas d´auga, sobrevoaban atoladas as ruínas do Castelo, sementando de copos brancos a herba tombada dos prados de Leis e a desembocadura do Río Grande da Ponte.

Pola ria, bulebules d´auga verde escura, a modo de pallas xigantes, estaban a ser absorbidas pa, de seguido, volver a incorporarse naquel tren galopante de nuboeiros enchidos d´electricidade.

A xente do pobo, recolleuse cedo agochando baixo as sabas, e, escoitando, colloada, aqueles tronos vidos do máis ala, que facían bailar as camas coma barcos sen temón, zarandeados pola furia dos elementos.

O Villano, intrépido adiantado nos peores momentos daquel combate celeste, non paraba de emitir sinais d´aviso, previndo a posibles embarcacións do perigo que tiñan diante de si. Non en vano, era a COSTA DA MORTE aquel lugar infernal en momentos como aquel.

Trala tempestade, achégase a quietude, e, pouco a pouco, as xentes do pobo, íanse erguendo amodo, coma querendo non ver nin oír ó que puidera haber acontecido aquela noite. O mar, maxestoso, seguía amoreando deica a terra montañas d´auga, sen saber a ciencia certa onde, ao final, íase gardar tanta abundancia daquel vaidoso liquido.

As primeiras carreiras da fatal presaxiada noticia, foi transmitida polas mulleres de porta en porta, anunciando con bágoas que, o MINA SORIEGO, tiña encallado nos baixos da Barca.

Os mortos, sen coñecer nin o número, nin a procedencia, dábanse xa por certos .

O pobo enteiro, acelerou a marcha cara a Virxe do Monte, apetuñándose na cima da ermida pa rezar, e, de paso, poder mirar pa un esqueleto de madeira que, de cando en vez, asomaba a súa mirada moribunda, coma querendo tomar alento entre golpe e golpe de mar.

Durante os dias seguintes, ían aparecendo, espallados, aqueles desgraciados homes, quen, o mar, seu compañeiro, tíñaos vilmente traizoado.

No camposanto, a miña mente de rapaz gravou pa sempre a escena dunha autopsia, que repite nas noites de treboada: e, alí, estou a ver a aquel infeliz, descortizado pola furia do mar e os coitelos dos homes, estudosos das “ causas” da súa morte. O seu nome e a súa orixe, aínda podería repetilo aquí e agora, do mesmo xeito que podo recitar o Nosopai, aprendido dende rapaz.

Inda hoxe, cando entro no camposanto de Camariñas, a miña vista vai na procura daquel lugar exacto onde fora soterrado aquel afogado. Dende entón, estou a ver aquela escena, cada vez que entro no recinto carniceiro a carón mesmo da porta d´entrada da morada eterna. Ao dia d´hoxe, xa derruído, a Deus grazas.

Esta fora unha das anécdotas que, noutro relato anterior, quixen pasar por alto, por ser impropias de ser “vividas ” por un inocente sacristán con poucos anos de vida.
¡ Descansen en Paz, tódolos afogados !
Antonio Puertas



    












                                   

























miércoles, 6 de noviembre de 2013



Este conto case que foi verdade.

A MILAGRE DA XESTEIRA.


Nos tempos da miña infancia, era moi dificultoso atopar a alguén que non levara unha estampiña da Virxe de Fátima no peto.

Uns poucos afortunados, tiñan unha moi laborada e convincente, que recen chegara ao mercado: mirábala con atención durante un tempo; logo, espetába-los ollos no ceo, e, alí estaba a nosa Señora, implorando penitencia polos homes pecadentos, que eramos todos. O fin do mundo facundo, atopábase, xa, na revolta da primeira esquina, por culpa das nosas infamias.

Os contos de aparecidos; os visionarios da Santa Compaña; e as particións das ánimas nos camposantos, facían repenicar as almofadas das palilleiras ao compás dos dentes, imitando castañolas zarapalladas polo medo.

Os rapaceiros, nas noites d´inverno, ao remate dos rezos do Santo Rosario, agochabámonos entre as leiras de millo, acendendo candeas no intre das falcatrúas que roubabamos nas leiras de Buría; e, as beatas, alixeiraban o paso ao cruzar por diante do camposanto, aínda sabedoras de que eran nenos os que por alí estaban coas súas trasnadas.

O conto, non era pa tomalo á chacota. Tratábase de algo moi serio e definitivo. O presente, estaba a xogar, nin mais nin menos que coa gloria ou co inferno, palpados e avistados, xa, fronte a nos.

Todo, malia que algúns ousados, atrevéranse a partir unha caixa de figos dentro dos muros do campo santo…- “ un pa ti, e outro pa min…un pa ti, e outro, pa min…” Deus e mailo demo, facendo as partillas coas ánimas dos defuntos.

Así, nese ambiente de cagarrela colectiva, desenrolábase unha boa parte da época pasada do noso amado pobo.

Certo día, estabamos a xogar pola horta de Pardiñas catro compañeiros de infancia: Alexandriño,Toño Ballester, Paco de Roque e mais eu, cando, unha das tías de Toño, dinos:
-  Ide a Xesteira e traede unha carreta de pinas, e un pouco de picaña pa prende-lo lume.

 Sen máis, ala fomos, enredando polo camiño, como rapaces que eramos.

Cumprimos o desexo de Elena i, un de nos, a pique de remata-la encomenda, estivo a ver a un ser estrafalario pousado na cima dun piñeiro.
Vestía un longo saio color castaño, rocambolesco e estraño, amarrado cun cinto o arredor da talle. Algo lonxe pa que puideramos distinguir ben aquel fenómeno, que, algún de nos, identificou de contado, e dixo:
- ¡  É, san Francisco …!
¡ Hai, miña nai queridiña ! …Nunca tal cousa oíran as nosas orellas… ¡ Que maneira de correr… !. A carreta saltou polos aires e, os nosos propios pés, estaban a darnos patadas no cu, coma, hoxe en dia, faría Messi co Deportivo. Os pinchacarneiros e as reviravoltas que estabamos a dar, imitaban aos bringuelos de Brañas Verdes, á escape das perdices.

- ¡  Non pode ser ! …¡ Non pode ser…!

Dicía a xente maior… E, comezaron a facernos enquisas sobre ó tema.

- Imos ver, rapaces : ¿ estaba amarrado ao piñeiro, ou flotaba envolvido no medio dunha nube ?
O fenómeno que vimos, andaba como voando polo medio da bruma da mañanciña, sen que puidéramos precisar ben outros detalles. O que si puidemos ver claramente, era como estaba, teimosamente, a dar bandazos coas mans, coma querendo chamar por nos.

-  Pode que estivera dándovos a bendisión ( murmurou, dubitativo, un vello )

- ¿ Levaba aljún rosario, ou aljún libriño, ou aljún neno abrazado no colo,… ou, sinxelamente, estaba a pelo na cima da pola ? 

- Tampouco puidemos precisar iso, por que o piñeiro era moi frondoso, i, no medio da espesura, aquelas mans parecían voar con tanto bulebule.

- ¿ Estades sejuros de que non estaba a repartir aljunha bendisión… ?

Dende logo, co hisopo no no vimos. O único que si escoitamos, foi aljún chaschás entre as polas; mais, o silencio da maña, axiña estaba a engulir aquel chasca chasca.

-  Todo este asunto, non está nada claro ( comentou un da comitiva)… e, proseguiu:
todo isto, é algo moi serio e transcendente; temos que comprobar “ in situ “  o que está a pasar na Xesteira. Se é cousa de Deus, aljunha sinal deixará. E, se é cousa do demo, haberá que chamar ao señor cura, pa que leve o caldeiro d´auja bendisida… por se acaso,..( ? )

Ala fomos, pois, os videntes, acompañados por un considerable séquito, todos eles con moito miolo, pa poder comprobar aquel insólito feito no mesmo lugar das aparicións… Calzas ben atadas e babuchas lixeiras, pa poder saír a escape, se as cousas estaban a complicarse mais da conta. 

Ó chegar ao balado que arreda a estrada do faro coa Xesteira, aló vemos, ( creo lembrar ) ao Barbíñas, vestido coma un san Francisco de Asís, amarrado cun cinto na cima dun piñeiro… e, xa levaba enchidos mais de dúas ducias de sacos...

- Todo aclarado. Cada un, pa súa casa… que hai moitas cousas que facer .

 Malia todo, aínda hoxe, despois de tantos anos, algunha que outra dúbida segue en pé.

E que, a verdade de canto acontecera aquel dia, non pode quedar sen unha resposta clara e convincente. Non é de recibo que, aquela tropa, despachara a todos nos cun: “ rompan filas “ mandándonos, sen mais, pas nosas casas.
As autoridades, teñen a obriga de esclarecer todo canto acontecera aquel día, pa que, a MILAGRE DA XESTEIRA non quede, por moito tempo máis, sen esclarecer como é debido.
Antonio Puertas





lunes, 4 de noviembre de 2013

XÉNERO EPISTOLAR 1

Queridos amigos: queira Deus que cando leades a presente vos encontredes ben de saúde quedando a miña polo momento ben. A presente é extensible a todos os que vivides nas terras de abaixo, no Sur e mais aqueles que o fan extra muros de Galiza.
Deste vez comentarei as novas que andan por aquí na boca do mundo. Na nosa infancia aos fillos de solteira,a lo menos no cabo da Cruz,chamábanos fillos do mundo. Referenciarei algunhas cousas que escribiron xente moi coñecida para os que fomos alumnos en Sanmartiño Pinario. Un artigo moi comentado polos veciños que mercan ou len “La opinión”.Un periódico que lle fixo a oposición ao ex embaixador D. Paco Vázquez e que o Presidente do Super Depor,antes,lle recomendaba a todos os socios pola antipatía patente que sempre houbo entre Santi Rei,dono absoluto e soberano da Voz de Galicia -ten os 99 con algo % do grupo Voz- e o Deportivo que soamente permite que un redactor e un fotografo cubran,no estadio,os partidos do Deportivo. Trátase de algo que escribiu hai uns días Carlos Vázquez González:

COMO PUÑOS: Andrés Cepadas.
Dos verdades complementarias, querida Laila, nos han golpeado esta semana. De una parte, Emilio Botín ha informado en Nueva York que España vive "un momento fantástico" porque nos está llegando "dinero de todas partes". ¡Si lo sabrá él! Y "hay verdad en ello", pues sabido es que las grandes fortunas de nuestro país se han enriquecido mucho más este año y, entre la mitad de 2012 y el primer semestre de 2013, el número de millonarios españoles se ha incrementado en 47.000 (un 13 % más). Ahora tenemos 402.000 millonarios en el país. Por otro lado, estudios y datos coinciden en que se está incrementando rápida y muy notablemente la pobreza en España. Y también "hay verdad en ello", primero, porque cualquiera puede verlo todos los días en su familia, su barrio, su entorno de trabajo o de desempleo o su círculo de amistades y relaciones y, segundo, porque esos datos, oficiales y oficiosos, coinciden en decirnos que ahora tenemos 12 millones de personas que viven bajo el umbral de la pobreza (6.278 euros) y de estos, más de 3 millones están en la pobreza extrema, es decir, han de sobrevivir con 307 euros al mes. A estos habría que sumarles todos aquellos que viven acojonados porque tienen el umbral de la pobreza a la vista y que seguramente serán el grueso de la clase media que queda.
Dos verdades que, te decía, son complementarias porque completan la realidad y se necesitan la una a la otra para que esa realidad exista. Es decir, que vivimos en un sistema en el que, para que existan pocos ricos y algunos muy ricos, se necesita que haya muchos pobres y muchos muy pobres. Y aquí está la palabreja: el sistema. El sistema económico y político. Lo ve muy nítido el Sr. Botín cuando aclara que, el que se haya producido este "cambio fantástico" en España, en "buena parte se debe a la labor del actual Gobierno". Buena parte, es decir, la parte política, porque de la económica, ya se encargan él y los de su club. Y también hay verdad en esto, porque sabido es que en el sistema que nos rige hay una ley suprema, eterna e inalterable que es la del mercado, a la cual ha de subordinarse toda política, incluido el ejercicio de la democracia, que ha de consistir en el desarrollo legislativo de aquella ley suprema: todo para el mercado, nada contra el mercado, que ha de ser libre aunque sea salvaje.
Hay, querida, otra labor que el mercado encomienda a la política y es la contención de los pobres que pudieran rebelarse y son muchos más. Para ello está, primero, la ideología y la propaganda que, esencialmente, consiste en confundir mercado y democracia y en sacralizar el sistema. Por eso, cuando protestas, no niegan tu hambre, te descalifican y condenan como antisistema, lo que hacen equivaler a antidemócrata para enviarte definitivamente al infierno. Y, segundo, si esto no fuese suficiente, que de momento está siéndolo en buena medida, quedaría la coerción y la represión a base de código penal y tente tieso, de lo que se encargan expertos como Gallardón.
Siendo las cosas así, querida amiga, a la gran mayoría de los ciudadanos no les queda otra que ser antisistema por mucha coerción que haya, en la inteligencia de que tal cosa nada tiene que ver con ser antidemócrata. Todo lo contrario, ser antisistema consiste en empeñarse en rescatar a la política y, por tanto a la democracia, de las garras de los mercados, para que estos se subordinen a la voluntad y los intereses reales de las mayorías. Ser antisistema, hoy en día, es la forma más consecuente de ser demócrata y la mejor estrategia, real y efectiva, de lucha contra la pobreza, más allá de la caridad y de la beneficencia, por mucho que éstas resulten ahora necesarias y, en muchos casos concretos, sean perentorias.
Verdades como puños, querida.
Un beso.
Andrés
Outra referencia é a noticia que me dou unha alegría inmensa por decidir a Audiencia nacional que se anulase a expulsión dun fiscal integro que expulsaran,cousa rara,da carreira fiscal. Xa fixera referencia noutra entrada para que se seguise a traxectoria deste home. Podedes ler a información neste sitio:

Anulan o cesamento do fiscal que se enfrontou á ... - La Voz de Galicia

Por último se alguén quere asistir a unha conferencia dun gran funcionario da Axencia Tributaria que fala claro e sen pelos na lingua que se arme de paciencia,faga unha cafeteira de café se os médicos non llo quitaron aínda e non perderá dúas horas senón que as gañara. Permitiralle cando se fale de que non hai cartos saber por onde andan. Podedes velo aquí:

FRAUDE FISCAL (CONGRESO TODOS SUMAMOS) - YouTube



Tamén é interesante coñecer o que escribiu a neta da viúva de D.Isaac Díaz Pardo. Foi alumna no Instituto que me dou traballo 22 anos,O Elviña, e contaba isto sobre a súa aboa:
Obituario de Mimina (3/11/2013
“”Carme Arias de Castro Montero, Mimina, naceu o 15 de abril de 1921 na Coruña e finou o 1 de novembro de 2013 no Castro. É a terceira de catro irmás. A súa infancia transcurriu entre a Praza de María Pita e o Castro de Samoedo, onde pasaba os veráns no pazo de seu pai, don Alicio, un home profundamente conservador e católico que era moi amigo de Germán Díaz Baliño (violinista) que non tardou en decatarse do talento que tiña Mimina para a pintura. Grazas a el, a nena comeza as súas clases de debuxo e acuarela con Dolores Díaz Baliño (unha importante pintora do momento, irmá de Camilo Díaz Baliño). Xorde entón unha estreita relación de amizade entre a profesora e a alumna que levará a Mimina a tomar contacto coas novas xeracións da pintura galega e co sobriño de Dolores Díaz Baliño: Isaac Díaz Pardo, co que Mimina compartiría a súa vida despois da Guerra Civil.
Será nesta época, a cabalo entre A Coruña e Madrid cando comezará a súa relación con Isaac que, no 1944, trasládase dende Barcelona a Madrid, para instalarse como pintor da alta burguesía
Rematada a guerra, Mimina traballa como Axudante Práctico de clases de debuxo que Dolores Díaz Baliño impartía no instituto Eusebio da Guarda. Foi o director do centro o que aconsellou ás dúas pintoras que cursaran a carreira de Belas Artes para poder optar a unha praza de profesora. Así é como Mimina aproba o exame de ingreso e comeza a carreira. Será nesta época, a cabalo entre A Coruña e Madrid (onde ten que acodir a examinarse periódicamente) cando comezará a súa relación con Isaac que, no 1944, trasládase dende Barcelona (onde era profesor na Escola de Belas Artes de San Jordi) a Madrid, para instalarse como pintor da alta burguesía.
A familia de Mimina desaproba a súa relación co pintor (comunista, republicano e galeguista) polo que o pai non lle permite continuar realizando as viaxes a Madrid para rematar a carreira de Belas Artes
A familia de Mimina desaproba a súa relación co pintor (comunista, republicano e galeguista) polo que o pai non lle permite continuar realizando as viaxes a Madrid para rematar a carreira de Belas Artes. No ano 1945 decide casar para poder vivir co seu compañeiro en Madrid. Por esta época, o seu home ten moito traballo ao recibir numerosos encargos, sobre todo de retratos e, ademais, teñen tres fillos en pouco máis de tres anos, polo que Mimina non só abandona a súa carreira de Belas Artes, senón a súa carreira como pintora. En palabras dela: “Esquecime de min”.
A partir de 1949 a vida de Mimina inicia un camiño que será o mesmo ata o día de hoxe: traballar con Isaac Díaz Pardo e apoialo incondicionalmente para levar a cabo os seus proxectos, sobre todo de carácter industrial, que axiña se poñen en marcha co regreso do matrimonio ao Castro de Samoedo e a conseguinte inauguración da fábrica de cerámica.
O labor realizado por Mimina para levantar a Fábrica de Cerámica do Castro é esencial: da súa famila eran os terreos cedidos para a construción da mesma; dela son os primeiros deseños das porcelanas
O labor realizado por Mimina para levantar a Fábrica de Cerámica do Castro é esencial: da súa famila eran os terreos cedidos para a construción da mesma; dela son os primeiros deseños das porcelanas; e foi ela quen montou o taller de decoración: distintivo básico da casa.
No 1958 foi a Arxentina para colaborar noutro proxecto: a Fábrica de Cerámica de Magdalena. Tamén, nesta ocasión, encargouse de montar o taller de decoración. Pero foi máis aló ao atender, xunto co seu home, aos visitantes que por alí pasaban, a maior parte xente do exilio, e conectar cos intelectuais instalados en Bos Aires. Unhas amizades que se estreitarían anos máis tarde, na derradeira década do franquismo, e que servirían para tender pontes entre os intelectuais exiliados e os que quedaran na Galiza. Nesta época, entabla unha relación de amizade fraternal con Maruxa Seoane, muller de Luís Seoane.
A partir de 1968 o proxecto da Fábrica de Cerámica de Sargadelos comeza a tomar forma ata converterse nunha realidade en 1970. Nesta ocasión, unha Mimina curtida en decoración industrial da un paso máis e monta o taller de xoiería, reto que comparte coa súa nora María Ripoll. Foron moitos anos nesta tarefa: investigando e aprendendo novos usos de carácter ornamental, empregando deseños cultos e comprometidos para amosar e reivindicar a historia de Galiza.
Isaac Díaz Pardo comentaba orgulloso: “Mimina é fidelidade e lealtade ata o final”. A un home? A un proxecto vital? A ámbalas dúas cousas, quizais…
Aos 89 anos colaborou na recollida de toda a documentación que estaba arquivada no Instituto Galego da Información dirixido por Díaz Pardo ata xaneiro de 2010.
Isaac Díaz Pardo comentaba orgulloso: “Mimina é fidelidade e lealtade ata o final”. A un home? A un proxecto vital? A ámbalas dúas cousas, quizais… “Eu a todos os sitios fun e viñen con Isaac, sempre””
E tamén postos a mandar deberes,deformación profesional,darvos unha dirección para comprobar como desde os castravexos,como lles chamaba o finado de Moncho Valcarcel,nos desinforman para que andemos de burricáns pola vida:

O Blog de Felipe : Eu non manipulo, e ti?

E agora ,si que é a última, se queredes facer un master especializado na escola sofista non deixedes de documentarvos neste enciclopedia onde aparecen en coiros os que se dignan mandarnos.

Los Genoveses

Que teñades unha boa noite e mandade noticias tamén do que se fala polo mundo adiante,dentro e fora de Galiza .Despídese vós este que o é: Rafael