Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 28 de abril de 2011

OS MEUS CONTOS

Despois de saudar a tokiski, tende coidado que o tempo está revolto.

TEMPO REVOLTO



Inda hoxe, despois de tantos anos, ninguén sabe a ciencia certa o que aconteceu naqueles días.
Levábamos xa catro noites de temporal e outros tantos días de calma chicha. A véspera, iso xa foi  demasiado: as camas apareceron co cabeceiro nos pes e, o seu trangalleiro abaneo con pandeiradas sobre a madeira dos pisos, semellaba un taboado flamenco. Parecía coma se estivera actuando mesmamente Lola Flores (que en paz este ). Os tronos e  os raios fixeron abanear as casas, e as xentes non sabían ben a que aterse, nin que demo estaba a bailar. Pasaban os frontes e  de contado a calma chicha era desconcertante.

Moitos, apenas tiñan desamarrada a gamela, e víanse na obriga de refuxiarse no abeiro do bar de Bautista, pa seguir coa partida de dados que, día tras día, deixaban pendente de rematar.

Eu tiña unha folla de ruta trazada, aconsellado por máis de catro mariñeiros xubilados, que mataban o seu tempo dando consellos e falando sobre temas do mar. Naqueles tempos, non había rendas coma hoxe, e por iso, os seus faladoiros choromiqueiros, non debrocaban derredor de quen ía cobrar máis, ou quen menos, ao final de cada mes.

A recomendación que me deron, pois, era que tiña que erguerme moi cedo, se quería encher de contado o cesto, e levar o meu peixe fresquiño a carón da Señora María da Xaviñana. Dese xeito, remataría axiña, e o peto pa mercar unha bicicleta, encheríase de contado. Por mais, podería chegar con tempo dabondo á escola, e non perder nin os rezos d´entrada, nin o “Cara al Sol”. Mais, o home propón, e San Pedro ou San Paulo ( quen o sabe…? ), dispón.


Madruguen, coma se nada ocorrera aquela noite, a pesares dos pasodobres do meu catre, e baixen coma unha escintilación desprendida do ceo, cara a miña rampliña d´Ajiar. Alí estaban xa os catro mariñeiros de sempre, agarrados, ese día, a súa barriga baleira, ríndose das penurias que houbo de pasar vogando un valente veciño, por atreverse a botar o rastro do camarón na banda d´enfronte.


Lucía o sol i o vento estaba calmo. Pregunten de onde sopraba, e, mentres uns erguían o seu brazo de cara a Basa, outros, miraban de esguello po monte de Leis, xirando amodiño a cacheira pa enriba do firmamento, limpo,  neses intres, coma a patena dun cura. Ninguén soubo darme unha explicación, a pesar da súa experiencia como lobos de mar e, encolléndose de ombros, calaron de súpeto deixando de rir.


A miña primeira reacción foi de desconcerto. Mais, de seguida, non facendo caso dos mais derrotistas augurios, manden polos aires a miña liña a pescar. Apenas ía voando cunha canga bailando prendida da brinca, cando, nun abrir e cerrar de ollos, varias queimonas, devorábanse entre si, abondou un so lance pa encher o meu cesto.

Subín galopando e, os de sempre, inda non tiveran tempo a baixalo brazo, nin de pechar a boca pa responder á miña enquisa. Ó tempo xa tiña cambiado de súpeto outra vez mais. Aquelo parecía unha verdadeira cousa de tolos.

Debullando unha granada acerqueime a praza de Colón, e facendo ringleira cos demais rapaces, gabeamos as escaleiras da escola, que a duras penas estaban a aguantar ó desfile da tropa. Alí estaba teso e imperturbable ó noso mestre falanxista: camisa negra e aire de frecha perdida, mostrándonos a cada quen o lugar que debíamos d´ocupar no noso fronte d´aprendizaxe.

O tema do día, non podía ser outro que analizar entre todos as causas daquel tempo tolo que estabamos a ter. Cada un de nos, apoñía a súa idea. Uns, botábanlle a culpa ao amoreamento de carros na banda de Leis, pola desfeita que estaba a ocasionar co amaño da nova estrada entre Cereixo e os Muíños. I outros, cargaban o esterco no baldroeiro abalo da Pedra de Muxía, que, aquel  ano, tíñase pasado fumegando chamiceiras de vento co seu arrolar de romeiros.

Ó remate, prevaleceu a teoría de que todo aquelo tiña a súa orixe nas pelexas entre San Pedro e San Paulo, por ver se os das dereitas ou os das esquerdas, ían a entrar no paraíso. Doutro xeito aquelo, nin tiña explicación científica, nin matemática. E, así se fixo constar nos embarrañados cadernos da nosa escola.

Antonio Puertas


 

miércoles, 27 de abril de 2011

REACCIONA ETCÉTERA



Pois,conforme anunciara,vou nesta tarde, xa están quentando motores para o match de futbool deste serán-noite, deixar unhas cantas notas neste mural colectivo. Ademais do valor da comunicación e relación, vale ademais para non esquecer a expresión escrita que é unha competencia que axuda a realizarnos, como se dicía nos anos de xuventude. Vou armar unha zaragallada,estilo recheo das empanadas, e para que non me quede nada no tinteiro farei un índice que é o seguinte:
1º- Comentar outro libro que acaba de saír do prelo como consecuencia do “INDIGNESE VOSTEDE”que xa apuntamos.
2º- Unhas anotacións á entrada de Vilariño sobre o querido idioma noso.
3º-Os avisos personalizados a cadanseu dos compañeiros que andaron por este blog para o que teña que ser.
4º-O que se me ocorra como punto final.
 
1º.- O “indignádevos” parece que empeza a frutificar. O éxito que tivo na Francia atravesou os Perineos,igual ca revolución francesa,e quedouse na Península, incluído Portugal,que tamén o están pasando moi mal.
No mes que andamos vense de publicar outro libriño que xa non se lee ,na súa totalidade, na sala de espera da consulta do dentista. Hai que adicarlle algunha tarde. Esta é a ficha Técnica: REACIONA páxinas:176. Publicación: 13/04/2011 Formato: Rústica 13 x 21,5. Precio: 9,50 €ISBN: 97840310200EAN: 978403102002. Santillana Ediciones Generales S.L. Madrid

No libro aparecen, non soamente dez razóns,como di na portada, polas que debes actuar fronte a crise económica,política e social,senón algúns centos delas. Os que facilitan as razóns son dez persoeiros dabondo coñecidos algúns deles galego como Xavier López Facal . Os restantes son José Luis Sampedro que ten o don de divulgar os coñecementos da ciencia económica poñéndoos ao alcance incluso dos non iniciados. Segue Federico Mayor Zaragoza que ten un prestixio ganado tanto aquí como no resto do planeta polos anos en que foi Director Xeral da UNESCO.E unha autoridade na cultura da Paz. Eu polo de agora son os únicos relatorios, por chamarlle dalgunha maneira, que teño lido. Vou na páxina 40.Os demais tamén terán un discurso interesante: O Xuíz Garzón,obxecto da ira e persecución e se sigo seguro que non son obxectivo, Juan Torres López que escribe moito en ATTAC e outros,ata dez,que son persoas significadas e que teñen algo que dicir con autoridade humana,ética e académica. Eu merqueino no Haley e xa era o único que tiñan. A caixeira preguntoume se estaba ben porque xa levaban moitos vendidos. Custa 9,50E.

2º:_ O outro día o compañeiro Andrés,parece que xa restablecido da enfermidade que padeceu, moita saúde por moitos anos, facíalle a un dos nosos poetas,:a Puertas, unhas recomendacións desde o aprecio mutuo que ambos se teñen. Desde o punto de vista científico e académico,non teño nada que obxectar. Non podía ser doutro modo xa que Andrés fai honor ao vello logotipo da Universidade da Coruña que contiña a lenda:”HAC LUCE”.Hoxe desapareceu por mor da simplificación segundo manifestou o Reitor.

Cando lin esa entrada veume a memoria as discusións longas e tendidas que tiñamos no departamento ou seminario de galego naqueles anos oitenta en que se implantou o ensino de lingua e literatura galega. Eu formei accidentalmente parte del mentres non se cubriron as prazas regulamentariamente xa que me pedían complementar aquelas horas que non alcanzaban para o horario completo doutro profesor mentes estiven na antiga Universidade Laboral. A discusión era sempre NORMALIZACION versus NORMATIVIZACIÓN. Versus era no sentido de cara onde imos se a afincar a normativización ou a normalizar o uso da lingua na vida ordinaria e para todos os usos.

A uns parecíanos mais urxente desfacer os prexuízos e que os alumnos lle quixesen ao idioma e a outros ensinalo coa mesma esixencia que o castelán con independencia de que logo o usasen ou non para expresarse.

As dúas teses,naquel momento, tiñan os seus partidarios. Hoxe o da normativización deféndeo todo o mundo. Naqueles primeiros de ensino oficial do Galego a presencia de distintas normativas non favoreceu nada,entre o alumnado, tamén a normalización. Os mesmos pais cando a un irmán lle ensinaban a normativa lusista e ao outro non,teño oído como botaban pestes do galego. Non obstante para a supervivencia do galego debemos aínda poñer o acento na súa utilización universal en todos os ámbitos da vida. Os precursores na recuperación do galego,:Sarmiento e Feixoo pouco se ocuparon da normativización igual que os do rexurdimento Rosalía, Curros e Pondal e sen eles é o pobo que o seguiu utilizando podía pasarlle como o latín e hoxe sería unha lingua morta.

En resumo que está ben que a lingua tanto na fala como na escrita a utilicemos da mellor maneira posible e co mellor coidado que saibamos darlle. Pero tamén debemos ter en conta que os que non nos escolarizamos en galego como os que hoxe teñen menos de 40 anos se a escribimos como a escoitamos e nun medio como este “semiprivado” tamén debemos ter condescendencia porque o mellor aveces é inimigo do bo. Así que por min e penso que por Vilariño tamén cada un que escriba como saiba. As linguas son seres vivos que nacen,medran e transfórmanse acollendo palabras que noutra época foron proscritas. Así como na fala ninguén defende a pureza na expresión, eu penso que escribindo en ámbitos privados e cuasi familiares como este debemos ter a mesma condescendencia. De todos modos doctores ten a Igrexa e a Universidade.
Que ninguén deixe de expresarse como saiba.

3º.-Avisos personalizados:Para Mazantini (Ledo González).Que é da túa vida?.Como anda esa saúde?O correo di que hai problema na recepción. Xa foi a festa da filloa? A mocidade segue a molestar no campo da feira do 26? Espero que todo siga ben. Se che apetece cóntanos algo. Eu neste inverno tamén andei un pouco desganado.

Para Chucho Muras. Agora xa hai tempo que non te asomas a esta fiestra. A tempada dos enxertos xa rematou. Xa sabes que cando queiras escribir algo serás ben recibido. Deséxovos o mellor.

Para Pablo Payo. Que tal a vida de xubilado?. Non caerías xa na escravitude como che advertiu Puertas. Se necesitas quen che axude a pedir a manumisión dimo que che voto unha man. Xa sabes que cando,en Roma, un escravo quería, por ter cartos ou porque lla concedía o seu amo,acadar a liberdade e a condición de liberto, debía solicitar a chamada manumisión.

Para Antonio Puertas. Ás musas faslle boa vida e acóllelas coa agarimo pola frecuencia coa que te visitan e che inspiran eses cada vez mais bonitos poemas. Os contos tampouco están exentos de interese. Es un exemplo para todos nós

Para Manuel L.González: Ao principio parecía que nos ías agasallar coas túas entradas e moi cedo te retiraches. Xa sabes que as portas están abertas.

Para Ramón Senín. A escribana non a trataches ben e agora non colabora contigo ou que? Xa hai demasiado tempo que nos tes abandonados. Volve cando queiras
Para Vilariño. Este ano apareciches mais veces ca o pasado. Xa sabes que é un pracer lerte. Que a neumonía non deixe secuelas e que o próximo retiro sexa en boa hora.

Para Suárez Cotelo. Estas portas están abertas para todos. Danos unha alegría cando che pareza ben.

Para o encargado do auduiovisual,, Enrique V. Pose. Dixeches que ao mellor te incorporabas como colaborador habitual. Anímate. E cuestión de poñerse.
Para Eduardo. Foi unha das mellores plumas que pasaron por este mural. A ver se retoma a participación como fixo con anterioridade. Eu penso que si.

Para Doval. Agora non hai que por selos e custa o mesmo escribir desde Málaga que desde a Coruña. Volveremos a vernos este ano?. Agustín Dios Vigo, o teu compañeiro de pupitre, seguro que desexa verte. Xa pensou que nunca volvería a saber de ti e xa ves. Onde menos se pensa salta a lebre. Un saúdo desde o atlántico para o mediterráneo.

Para L Amboage .Hai que recuperar aos poetas que son un ben escaso. Esperamos pronto o teu novo spot sempre elocuente e profundo. Que a túa estancia aquí en Galicia fose agradable. Agora xa queda menos para o verán.

Para Luciano Pena. Agora de xubilado non tes desculpa. Xa logo ven ese día non?Danos unha sorpresa e 
cóntanos como se viven os derradeiros días da vida laboral. Ti andas indignado ou non?Se te apuntas a REACCIONA dimo para saber cantos seremos.
A todos os demais que non mencionei tamén vos digo que esta casa que é a vosa ten sempre a porta aberta para quen queira entrar.

4º.- Pois hai que por punto final .Vouno facer cunhas palabras prestadas de Stéphane Hessel:¡COMPROMETEOS¡.Nun mundo carente de principios,nunha sociedade quebrada pola crise e a falta de ideais,non basta con indignarse, hai que comprometerse. Con este título anunciou xa, este vello con espírito mozo,o novo libro que está escribindo e que verá a luz o próximo día 18 de Maio. Unha mensaxe vital,profunda e apaixonante para os tempos difíciles que lles tocou vivir aos mais novos. Nos con facer os recados, dar algún consello, se nolo piden,xa cumprimos a nosa misión nesta vida. Tamén coidando os netos aqueles que os teñan. E unha forma de colaborar a que a especie, neste espacio, europeo non se extinga. Un saúdo para todos. Escoito xa como no castravexo están dicindo que imos ver un partido entre os dous mellores equipos do mundo. O fútbol segue desempeñando a mesma función social que o circo no tempo dos romanos. Eu nunca fun moi afeccionado. Era do Celta unha avis rara. Hoxe son algo mais por culpa dos alumnos. Adormece pero comparado coa droga e auga bendita para a mocidade. Deica outra. Saúdos para todos. Espero non alongarme tanto. Rafael

lunes, 25 de abril de 2011

OS MEUS CONTOS

Interesante, é pouco. Eu diría INTERESANTISIMO ESE VIDEO. Grazas, Rafael

Aí vai este  " conto " que acontecera tal día como hoxe, sendo eu monaguillo, o día da Virxe do Monte ( luns de Pascoa )

Miña Virxiña do Monte,

que gardas un lote de contos,

contos dos que están vivos,

e, historias dos que están mortos,

gárdame a min este outro.

..."Mañá, misa na Capilla do Monte ás doce en punto, polas animas dos afogados na nosa costa, e polas intencións de tódolos mariñeiros e das súas familias”. Deste xeito, sentenciaba Don Ramón ao rematar o seu sermón dominical, dende enriba do púlpito da nosa igrexa, que, naquel entón, servía pa algo mais que pa adornar. E, dende logo, as intencións non poderían ser mellores, pois implicaba ao pobo enteiro. Inda mais, se o dicía un cura da Curia de Mondoñedo.

O que máis ou o que menos, amañaba as súas cousas, e, o que podía, levaba consigo unha tortilliña con patacas de Lago, e con ovos de gaivotas do Vilán, que, inda que tiñan un “ lixeiro” gusto á peixe fresco, os “ entendidos”, dicían que era semellante ao das sardiñas pescadas no xeito. Por iso, nun pobo como o de Caramiñas, sabían a gloria bendita.

Ala nos fomos todos, como en excursión, camiñando en grupos, baixo sol primaveral, que, con unha calor sufocante, adiantaba un verán prometedor.

Escalamos á costa do Monte, por un carreiro preto de area e de pedras, polo medio dunha selva de toxos bravos. E, menos mal que, as mulleres, inda non tiñan medias de plexiglás. Esas, virían uns aniños mais adiante.

A Capilla estaba a rebordar, e, o cura, vístese pa ocasión de cara ao público. De súpeto, cambia o seu rostro, e dime: Toñito, vai correndo á Iglexa que, na sacristía, esquecín o viño de misa…. ¡ corre, corre, que me matan !- A min, non me importaba moito iso de correr, xa que estaba fraco coma un fío, e mais lixeiro que ó Lucero, aquel can de lebres do Tubío, o que as mataba a paus polas revoltas dos camiños. O mesmo tempo, aproveitaba a ocasión pa empinar un pouquiño daquel manxar celestial que sabía á gloria bendita.

Cando xa estaba á chegar de volta a Capilla, despois de suar todo o viño santo e toda a auga que bebera na fonte do río do Prado, ó pe do Monte, estábame á agardar unha muller que me dí: de parte de Don Ramón, que volvas, que tamén esqueceu as hostias ( con perdón ) e, así, non pode misar…¡¡ Corre, corre, que a xente está moi nerviosa !!

¡ ¡ Me cago na puta leche ¡ ! Asestei cabreado.- Penso eu que, ese, que foi o meu primeiro dos xuramentos de rapaz., E, certamente, a cousa non era pa menos.

A misa, o final, rematou as cinco do serán, e, inda que a puntualidade, non importaba moito naqueles tempos, os asistentes, renegaban do demo, e estaban á pagar o que non tiñan, por un pisquiño daquela tortilla de patacas con ovos de gaivota do Vilán, sen importar pa nada ó sabor á peixe fresco ou a podre, do vertedeiro da fábrica d´Ajiar.

Antonio Puertas

 


domingo, 24 de abril de 2011

INTERESANTE VIDEO

Repensar o mal. Da poneroloxía á teodicea. Este é un dos últimos libros de Andrés Torres Queiruga do que Andrés Vilariño nos dou noticia ao comezo do verán pasado. Algún dia teño pensado pedirlle a Andrés que nos dixera algo,de modo sinxelo, sobre a nova contribución de Queiruga ao problema do mal e a permisión divina e funo deixando. Hoxe vin ese video que deixo aí por se alguén o considera importante. Traduce ben a pensamento ,sinxelo pero profundo, as pescudas e raciocinios que resume,penso eu ben, o contido do libro. Aí queda. Pola semana deixarei algo mais seguramente. Un saúdo para todos e boa Pascua Florida tamén. Rafael


lunes, 18 de abril de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

SOTÉRRAME NO FOXO


Sotérrame no foxo da mirada

e limpa a miña imaxe no crisol,

aníñame coa promesa namorada

i érgueme coas bágoas do amor.


Arreda chilindradas dos teus ollos,

escaravella nos recunchos que deixou,

refrega en augas claras os anoxos,

engavelados enredos que escoitou.


Axexa nos suspiros cariñosos

enferruxados polo peso do dor,

xuramentos de agarimos lacrimosos,

que eternizados empeñamos no amor.


Antonio Puertas

sábado, 16 de abril de 2011

Agradecementos (Andres GV)

A Rafael, pola axustada e completa recensión do Indignádevos. A Andrés L. Amboage  pola ironía, retranca da nosa, con que en versos fáciles fai o retrato da política exterior española, se é certo que iso é política. Toda Europa, e España con ela tan a gusto, está emporcallada en accións interesadas, simplemente interesadas, onde as persoas non son  o que hai que salvar, senón os "nosos" intereses. Amboage fainos sorrir, pero  o que nos di é para "indignarnos" (AGV)

viernes, 15 de abril de 2011

¡Vivo!

No quiero esperar a mi regreso de ahí (salgo mañana para estar una semana en Visantoña) para deciros que estuve "liado" pero también tuve problemas de conexión ; y añadir un par de comentarios :uno en plan mordaz y otro quizá malévolo . El primero me lo inspiró el presidente Zapatero hace unos días cuando-en respuesta a la insinuación de que estamos en Libia por el petroleo- respondió que también estamos en Afganistán que no lo tiene .Claro que se le olvidó añadir que por este último país está previsto que pase casi todo el petroleo que llegará en el futuro a Occidente :
¿Por qué sois mal pensados
amigos ,vecinos todos,
diciendo que allá en Libia
ambicionamos petróleo? .
¿No estamos en Medio Oriente
 buscando la libertad
 de pueblos esclavizados
por almas de gran maldad?.
¿No apoyamos Cisjordania
con nuestros buenos dineros
cada vez que "el fiel gendarme"
deja en cueros sus "negros"?
Y cuando hay terremotos
de la vil economía
¿no acudimos en auxilio
del billete que te anima?
¿Que machacamos al débil
sin dejarle respirar
con un comercio lesivo
de su propio dignidad?.
¿Y no ves que perdonamos
cuentas con el signo menos
 a países que son pobres
sin que penemos por ello? .
¿Cuándo caeréis en la cuenta
que el occidente cristiano
 gestiona y mejora siempre
"nuestros" derechos humanos? .

Hace  un par de meses volví a leer que un número importante de clérigos británicos se pasarán en breve a la Iglesia Católica .Pregunto a los que estáis mas cerca de la información : ¿se nos está anunciando sólo la vuelta a "la casa común" de unos hermanos o se nos previene también de que al ampliarse los curas casados "la generalización" de tal posibilidad está a las puertas del mundo occidental? .
Un saludo :Andrés L. Amboage

jueves, 14 de abril de 2011

GRAZAS

Grazas,( agora si, RAFAEL ), von a mercar ese libro. O seu autor é dos meus.
Antonio

INDIGNÁDEVOS¡ (RGR)


Hai algo de tempo,unhas semanas, que anda pola rede e tamén polas librerías un libriño curioso,de poucas páxinas,unhas 24,escribido por un home ancián de 93 anos animando á rebelión aos nosos mozos/as. O título orixinal e”Indignez vous”.(O francés que nos ensinou D. Pío é suficiente sen que faga falla traducir.)

A novidade,ademais de polo contido ao que farei alusión,está na personalidade do autor:es.wikipedia.org/wiki/Stéphane Hessel. E un sobrevivente do mundo e sociedade na que nos criamos os que vivimos, con algo de conciencia, na segunda metade do século pasado. O tempo posterior ás guerras mundiais que foi o berce da actual sociedade do benestar. Foi un dos mais importantes redactores da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que coas súas sombras e luces fixo posible unha cultura da convivencia e da paz entre as persoas e os pobos de Europa coa excepción de España que vivimos baixo a bota do fascismo aínda uns trinta anos despois..

Fálase de que van vendidos preto de 2 millóns de exemplares. Aquí ,en Galicia tampouco queremos quedar á marxe do fenómeno e con prólogo de Manolo Rivas, traducido por Fernando Moreiras acaba de saír do prelo a edición en galego que pon na rúa factoría K de libros que é un selo editorial de Kalandraka.
Este veterano,dos poucos vivos,da resistencia francesa ten o mérito de falar pola voz da experiencia e igual que se indignaron ante o nazismo e os fascismos os da súa xeración, pretende acender a mecha na mocidade de hoxe para que se revele contra as inxustizas. O libriño déixase ler ben en pouco mais de medía hora e ten forza suficiente para arrastrar aos mozos a un compromiso para a transformación da sociedade. Outra cousa é que o consiga. Se poñedes en google “indignaros” veredes que aparecen moitas entradas para os que queiran saber mais.

Como é tan breve, o bo e breve dúas veces bo,vou por o título de cada capítulo e mais a idea central,ao meu modo de ver,para que vos fagades unha idea dos pensamentos revolucionarios deste vello mozo.

               A razón da resistencia e a indignación:”a brecha entre os máis pobres e os máis ricos nunca foi tan grande; e a carreira polos cartos,a competición,nunca se fomentou tanto”.Cando algo nos indigna como a min me indignou o nazismo,tornámonos militantes,fortes e comprometidos:unímonos a esa corrente da historia e a gran corrente da historia desenvólvese grazas a cada un de nós”.

        A indiferenza a peor das actitudes:”Dicir non podo facerlle nada,xa me irei apañando. Ao comportarvos así perdedes un dos elementos esenciais que conforman o ser humano,un dos seus compoñentes indispensábeis: a capacidade de indignación e o compromiso que implica”

              A miña indignación respecto a Palestina:”Que os xudeus sexan capaces de perpetrar crimes de guerra é algo inadmisíbel.(refírese a chamada operación chumbo fundido de 2009 na que morreron 1400 palestinos,nenos, vellos e mulleres a maioría,) Por desgracia a historia dános ben poucos exemplos de pobos que soubesen tirar leccións da súa propia historia.”

           A non violencia, o camiño que debemos aprender a seguir:” A mensaxe de Mandela ou de Martín Luther King atopa unha pertinencia plena nun mundo que superou a confrontación das ideoloxías e o totalitarismo conquistador..E unha mensaxe de esperanza na capacidade das sociedades modernas para superar os conflitos mediante unha comprensión mutua e unha paciencia vixilante”
 
         Por unha insurrección pacífica:”Así e todo,sigamos clamando por unha auténtica insurrección pacífica contra os medios de comunicación de masas que tan só propoñen como horizonte para a nosa mocidade o consumo masivo,o desprezo aos mais débiles e á cultura, a amnesia xeneralizada e a competición a ferro de todos contra todos”

E remata este opusculiño co seguinte: “A todas e todos os que farán o século XXI,dicímoslles con afecto: 

                                                        CREAR E RESISTIR
                                                         RESISTIR E CREAR

O tempo será testemuña do que dea de si esta iniciativa. Por hoxe mais nada. Outro día contarei algunha outra cousa. Un afectuoso saúdo para todos.Rafael

O próximo neto que teña, voulle chamar RAFAEL...soño con ese nome...QUERÍA DICIR, GRAZAS ANDRÉS...jajaja
Antonio

OS MEUS CONTOS

Grazas, Rafael, mais, ao que eu me refería é que, no meu pobo, non so se fala coa "J ", si non que, tamén, escriben ( a gran maioría ) con ela. Incluso fixeron un " diccionario " con verbas usadas " vox populi ", pretendendo crear escola.



Fai un par de días, acerqueime a unha sociedade privada, de gran relevancia a nivel nacional, co fin de realizar unhas xestións.

Collín número, e vexo que teño unhas 90 persoas por diante de min. Saio a dar unha volta, sabedor de que, seguramente, ata ben pasada unha hora, non me tocaba o meu turno.

Así foi, volvo ao cabo de un bo cacho, e vexo que inda quedaban unhas 20 persoas que estaban por diante de min.

Espero na sala, e vexo que entra un señor, colle número, e sentase a esperar.

Pasan uns minutos e entra outro que resultou ser traballador da empresa en cuestión. Diríxese ao anterior a saudalo, e conversan amigablemente, sacando o primeiro unha factura similar á que todos os que estabamos a cola, levabamos con nos.

Despois dunha charla amigable, mostrando de forma ben visible varias facturas, “ cuchichean” en voz baixa, e, o funcionario, retirase para o seu posto de traballo, oculto por un biombo.

Chama ao garda de seguridade, e este, dirixindose ao cliente, pídelle lle entregue o documente, pero que el, agarde ali.

Todos démonos conta da xogada, sen que ninguén abrira a boca. Mais, eu, en vista do que se estaba cocendo, levanto a voz e ´digo: “ oiga, de paso que leva esa factura, pode levar tamén a miña, así, xa se matan a dous paxaros dun só tiro “… e a miña, …e a miña…, responde o galiñeiro alborotado…

Ante aquel inesperado tumulto, sae dun despacho unha señora que se identifica como a xefa, e pregunta que é o que está a pasar… Tomei eu a palabra ,e digo, “ non pasa nada, tan so dixen que, de paso que ese señor, que se agocha detrás do biombo, amaña unha papeleta a este outro señor, que, de paso, amañe tamén a miña…E, como parece ser que os aquí presentes, pretenden o mesmo que eu, de aí, ó conto…”

Contestación, non se preocupe que aquí ninguén se cola.- Iso espero, porque si esa factura traspasa ese biombo, xa pode traerme unha folla de reclamación, porque, igual non son eu so o que vai a firmar.-… TODOS, reposta un dos sufridos clientes que estaban a agardar o seu turno, igual que eu.

---E sabe ben o que lle digo, proseguín, que unha empresa que permite colas aos seus clientes, de unha hora ou mais, esa empresa NON FUNCIONA, e menos dando preferencia aos seus “ amíguetes “

E que, hai cousas que “ repatean “.

Antonio Puertas

miércoles, 13 de abril de 2011

A gheada no galego escrito (Andres GV)


Se cada inglés ou cada castelán de Burgos ("está paí, con las ovejas") se considera con dereito a escribir como lle peta, as linguas e o nivel coloquial das mesmas irían ao desastre, porque é o nivel da escrita a que fixa e corrixe aquilo que na fala cotiá moitas veces descoidamos. É un erro erixirse en académico autosuficiente da propia lingua, en primeiro lugar porque non me pertence a mín, e de todos os que a usamos. A ortografía non é outra cousa que o respecto, o coidado e tamén o agradecemento que lles debo a quen me transmitiron a miña lingua. 
Desculpa, Antonio, o acento escolar deste comentario. Non es ti o único que se considera con dereito a usar a ortografía como che pete. As tachaduras e enmendas nos sinais de tráfico son outro exemplo diso mesmo. 
Se queres representar na escrita o fenómeno dialectal da gheada deberías usar a combinación destas dúas letras: gh.  Reserva a "jota" para bailala.
Transcribo unha nota dun libro de texto de lingua galega da antiga EXB, 8º Curso:

A gheada e o seseo
Tanto a gheada como o seseo son alteracións fonéticas dos fonemas //  e  /g /.
  • A gheada consiste en pronuncia-lo fonema / g / coma un j ( / x / ) castelá ou de xeito aspirado gh, segundo as zonas: amijo ou amigho, peja ou pegha.
  • O seseo consiste en pronuncia-lo fonema /q / como / s /: pesa por peza, caso por cazo.
Sobre estas dúas alteracións fonéticas hai que dicir que son correctas na fala coloquial, mais na fala culta non se deben de empregar. Nunca se deben reflexar estes fenómenos na escrita.
 Coa miña admiración e amizade.
Andrés.
Moitas jrasias, Andrés, en espesial pola recomendasión que me fas de non despresiar a fala dos meus paisanos. Nunha ocasión, houbo aljén que me votou en cara as miñas “ jeadas “, disindo que en Jalisia non se utilisaba a “j “, como eu o estaba a faser. Iso, condisionou un pouco a miña forma de essribir, inda, sabedor, de que no meu pobo era ó habitual.

Como dixen nunha ocasión, “ vou a peneirar un pouco con fariña de trijo, mesturando millo, da Ajra de Orellas…", e así, todos contentos.

Unha aperta

Antonio Puertas

Noraboa, Antonio Puertas (Andres GV)

Antonio, noraboa polos evidentes progresos dos teus poemas e outros textos. E non me refiro soamente aos aspectos formais ou técnicos, senón tamén á fondura dos temas, á inspiración e hálito e vigor do tratamento, así como o humor e graza -en xeral- que adoptas como perspectiva. Como xa che teño dito ou escrito, non deixes de escribir nin de expoñerte ao noso xuízo de lectores. 
Un rogo pequerrechiño: non maltrates a fala dos teus paisanos de Camariñas, porque dá a impresión de que a rebaixas ou desprezas. Na fala popular hai -como xa demostrou alguén máis sabio ca min- vontade de estilo, moi perceptible na mestría con que contan os vellos as súas historias e como improvisan os versos os regueifeiros e os intérpretes de maneos e pandeiradas. Como me consta que os teus paisanos teñen ben gañada a túa admiración e cariño, sei que comprenderás este rogo que che fago. Pon no galego a mesma (ou maior) vontade de perfección e corrección que pos no castelán. E noraboa por esa madurez literaria pola que avanzas. 

martes, 12 de abril de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

Eu non sei quen sería o que enviou unha epístola a prensa El Correo Gallego, do día 9 pasado, mais penso de tivo que ser o Apóstolo R…, polos pelos e sinais con que redactou a miña atolada carreira por este balón saltarico e chafalleiro… De tódolos xeitos, grazas, pois xa que na miña propia casa non me queren ler, a lo menos, que o fagan os de afora.

Agora, como ben di o Santo Apóstolo R…, que “ non para de escribir “, vou a deixarvos unha poesía que compuxen a unha amiga poeta arxentina, quen, previamente, me tiña composto outra pa min. É esta

 
SURGIÓ UNA ETERNA AMISTAD


Surgió una eterna amistad

como resurge una ola en el mar

sobresaliendo sobre las demás.

Una ola que asoma su cresta

blanca, de purísimo cristal,

como el canto de una sirena

que va llegando del más allá,

sobrevolando el agua del mar.

----

Y la orilla, siempre atenta,

escucha aquellos murmullos,

con danzas que vienen y van,

armoniosos sobre la arena,

remolinados, dejando pasar

el alboroto de la gaviota

que se pierde con el alcatraz,

entre murmullos de verde mar.


----

Surgió una eterna amistad

entre el viento y el eco viajero

enrizados en danzas de sueños,

donde tienen cita las olas

y se esconde la espuma del mar.

Allá, por donde claman los sueños

y el silencio viene de ultramar…

allá, por azar, surgió una eterna amistad.


Antonio Puertas


 

 

 

 

 

lunes, 11 de abril de 2011

Lecturas recomendadas (Andres GV)

Practicamente dúas semanas de vida absolutamente doméstica, isto é "na casa", por unha neumonía impertinente e obstinada, permitíronme gozar sen apuros dun par de bos libros. "El sueño del celta", a máis recente novela de Vargas Llosa, fai unha recreación biografica, parece que ben fundamentada, de Roger Casement, un dos líderes irlandeses promotores da independencia da verde Eire. A narración engancha o lector desde as primeiras páxinas. A pesar da súa estensión, o axustado rigor narrativo, que alterna o presente coa memoria do pasado, mantén o lector ben suxeito nas accións e no pensamento do protagonista. O narrador é omnisciente, non soamente describe cómo son e que fan os seus personaxes, tamén nos conta o que pensan e as motivacións das súas actitudes e compromisos. Para min esta lectura meteume nunha historia da que descoñezo moitas cousas: a colonización do Congo (ex-belga), a explotación cruel e violenta da Amazonia peruana, da que sabía algo máis porque segue sendo lamentable noticia aínda hoxe, o movemento nacionalista pola liberación política de Irlanda, todo entre a primeira e segunda década do século XX. Os amantes da historia ou das biografías non vola perdades.

Máis traballo me levou rillar as páxinas de "Algo va mal", un ensaio de filosofía social de Tony Judt, pensador inglés recentemente falecido. Non é un libro incómodo nin mal escrito, anque me parece que a tradución é mellorable, simplemente aborda unha temática coa que estou menos familiarizado. Libro esclarecedor para os amigos do debate político e económico, asequible para persoas coma min pouco espertas neses temas, pero que axuda a situarse na triste perspectiva do momento social, político e económico que estamos vivindo. Redactado en 2010, a pesar de que a política flúe con rapidez, as aportacións de Judt seguen sendo oportunas. Como é natural, o que máis valorei, desde a miña perspectiva ética e relixiosa, é a demanda de que o estado do benestar e as garantías para os desfavorecidos non se improvisan nin van saír dos políticos nin das institucións que favorecen o lucro, a competitividade, as privatizacións dos servicios comúns, o fatalismo do sistema económico neoliberal, senón dunha vontade ou actitude moral. Cito, por exemplo: "Incluso si admitimos que la vida no tiene otro fin superior, es necesario que adscribamos a nuestros actos un sentido que los trascienda"(páx. 172). Aí queda dito. Moi interesante.
Non vos digo que tamén repasei o segundo libro de J. Ratzinger, "Jesús de Nazaret" e algúns artigos da revista Concilium, e das Selecciones de Teología, porque isto xa non é cousa extraordinaria, son textos que forman parte habitual das miñas tarefas cotiás sen necesidade de neumonías impertinentes.