Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 30 de octubre de 2011

Hola amigos do 57. Xa que cambiou a hora e rende un pouco máis a noite, quero asomarme a esta fiestra para saúdar afectuosamente a Rafael en correspondencia ó seu saúdo nunha entrada anterior. tamén a Pablo Payo de quén gardo grato recordo de cando eu vivía en Pontevedra. A Eduardo quero felicitalo, unha vez máis, por eses artigos tan inxeniosamente traballados para que resulten un verdadeiro manxar literario e ilustrativo nas súas reflexións sempre tan atinadas. Por certo que o poema no que parafraseas a Rosalía tiven que sacalo pola impresora para levalo comigo na carteira, tal como facía D. Alejandro Carou coas frases lapidarias do latín. E terei que consultar o diccionario para ver qué son os croques, pois esa clase de marisco non me soa de nada.
  Certo que solo Rafael fixo alusión ben atinada ó aniversario de Vaticano II, pero eu teño lido moito últimamente sobre o tema co resultado de que me produce fonda tristura ó comprobar cómo se foi intentando mandar os seus documentos ao "desván de los monjes" como dixo aquél conselleiro ilustre.
O artigo que cita Eduardo da revista Encrucillada téñoo lido varias veces e meditado nas  acertadas reflexións que nel se fan, coincidindo plenamente con todo o seu contido.
Sobre este tema tamén me impresionou moito a intervención que tivo no congreso de teoloxía, celebrado en Madrid no mes de setembro, o Abade Giovanni Franzoni que foi un dos Pais Conciliares.
A súa intervención aparece publicada en ATRIO o día 8 de outubro e non ten desperdicio. Conta cómo no Concilio había dous bandos enfrontados: os que se aferraban á doutrina de Trento e Vaticano I, e do outro lado os progresistas fieis á chamada de Xoan XXIII. A enorme presión exercida pola curia vaticana para controlalo todo e o freno imposto por Paulo VI nos temas cruciais, impoñendo nunhos casos o veto a que fosen tratados pola asamblea (caso do celibato, o control da natalidade, apertura dos ministerios ás mulleres, etc.), e reservándose para él mesmo as cuestións espiñentas. Igualmente ese papa tivo presa para terminar o concilio xa na terceira sesión (ano 64) e como non o conseguíu, na inauguración da cuarta sesión mandou anunciar que esa era a derradeira. A partir da finalización do concilio a curia e máis os do bloque tradicionalista empeñáronse a fondo en solapar e silenciar a doutrina conciliar. O tema da colexialidade episcopal foi reinterpretado pola curia para que os Sínodos quedasen reducidos a mero órgano consultivo dos papas. Coa chegada de Xoan Paulo II e Ratzinger consumouse a neutralización total do concilio e neste plan seguimos.
Para mín esto é desolador e prodúceme fonda tristura. Non é milagre que agora proliferen as sectas ultraconservadoras dentro da igrexa (Kikos, opus, San pio X, Legionarios, etc. etc.). Gracias a éstes consiguen organizar magnas concentracións de mozos e mozas para montar as XORNADAS MUNDIAIS DO PAPA". Todo un espectáculo de fogos artificiais do que somentes queda o fume, pero conseguen enfortecer a institución de poder. (Moi evanxélico por certo).
En fin, non quero seguir co tema porque dispáranseme as neuronas, son as doce e media da noite e faime falta dormir. Apertas a todos e deica outra. Fernando Ledo Glez.

sábado, 29 de octubre de 2011

Os meus contos

Pois, a raíz do sempre benvido artigo de Eduardo, ven a conto o que me aconteceu hoxe na farmacia. Resulta, que fun a mercar unhas mediciñas para miña dona ( …que xa non é o que era ), e, desembolso polos xenéricos 1,30 euros…i, comenta a farmacéutica: nada, unha ganga. Entón respondo eu: -pois, como debe ser, nembargante, inda me parecen caros. ¿ Como ?. pois sí, porque non pasaron moitos anos, cando, con 250 pesetas, mercaba a comida do día, e, hoxe, en dúas medicinas de merda, gastei todo o meu presupuesto de antano, pa dar de comer aos meus fillos. Non hai como ter unha muller nova (... sen tarxeta de de fiado )

…E, ¡ veña, benvida crise, !

 

 

¡ HAI DOS FIJOS !


Hai dos fijos, hai dos fijos

que inda coljan nas fijeiras,

hai dos merlos que os papen

ajochados nas silveiras.


Xa están marelecidos,

ajardando aquel día

en que caian podrecidos

pola sicha, en tubería.


Tanto Sefa, como Reira

de persebes farturentos,

e Mantida, a larpeira,

con tortillas e pimentos.


Volverán os verderolos

a cantar a tremebunda,

con tambores dos Casolos,

a charanga moribunda.


Encorados ata o peito

fuxirán os ventureiros,

con seus rabos encaladados

entre as pernas, ben ergueitos.


Chorarán ata ó remate

dun xuizo temerario,

coa sangue do tomate,

ajochados nun armario.


Confundidos entre jritos

de asambleas soberanas,

oirán seus veredictos

cos repique de campanas.


Sentenciados os malditos,

xustamente e sen enganos,

deixaránnos medios fritos

aos que foran soberanos.


¡ Mi madriña ! sen probalas

trinta anos e dos días,

entre leiras, como balas,

estoupando en cagarrías.


Antonio Puertas


 

 

 

 
ESPERPENTO

            Benquerida catástrofe, novela de Teresa Moure (Xerais) deume a idea deste título paradoxal:



 Benquerida crise?
   A crise chegou e habitou entre nosoutros, e nós non a aceptamos. Todos a esperabamos e todos quedamos sorpendidos e incrédulos. “Se saímos desta, quedamos vacinados contra todo”, dicía Rafael, que tamén achegou ao blog un artigo que pon o dedo na chaga. É conveniente que nos rescaten da crise para seguir instalados no consumismo atroz? Para seguir valorándonos polo que temos, polo que vestimos e polo que comemos?
   É certo que hai moita xente que está sufrindo as consecuencias. Pero tamén se está usando a palabra como tópico baleiro. Solidariedade para o primeiro grupo; caricatura para o segundo colectivo.
   Os inimigos da alma eran o demonio, o mundo e a carne. Os inimigos de agora son o demonio, o mercado e o capitalismo, tres conceptos distintos e unha soa calamidade verdadeira. As mesmas iniciais con significado adaptado aos tempos (alma = carteira). Asistimos á loita desigual entre o poder do Intanxible e a debilidade do tanxible, do humano; somos a folla que cae neste outono serodio, o soño dunha sombra; somos sombras de sombras.
   As noticias son derrotas encadeadas. Con delectación anúncianse recortes nos eidos máis fráxiles do tanxible: escolas, hospitais e factorías culturais. Prométense drásticos recortes para gañar votos. Estamos enfermos?
   Escapo do hospital, cruzo o río e miro desde a outra ribeira, a do esperpento. A crise ten aspectos positivos e podería curar algunhas paranoias.
Os pobres fanse máis pobres e os ricos só un pouco menos ricos. A sociedade do benestar sente malestar.
   Todos estamos asustados. Home… todos non, hai quen está moi tranquilo; sabe que os males de moitos traen beneficios para outros,  que son sempre os mesmos: banqueiros, especuladores, políticos, salvapatrias, feiticeiros da tribo e todos cantos saben facer da desgraza allea o seu próspero negocio. Xa dixo Quevedo: “Mangas e conciencias, hainas de todos os largos”.
   Grazas á crise:
  • Usamos menos o coche; e camiñar é fonte de saúde.
  • Non temos que pagar multas nin impostos de circulación, se aínda non vendemos o coche.
  • Tampouco pagaremos gasolina nin gasoil.
  • Querémoslles máis aos sogros, que veñen coa pensión baixo o brazo.
  • Non tocamos marisco e reducimos o nivel de colesterol.
  • Baixamos o risco de enfermidades cardíacas.
  • Mercamos menos pisos. Hipotecamos menos futuros.
  • Compramos menos cousas e contaminamos menos o ambiente. Firmamos menos hipotecas e cortamos as cadeas financeiras.
  • Freamos a marea de cemento e ladrillo nas costas e espazos protexidos.
  • Vivimos máis tranquilos cultivando a horta no canto de viaxar a crédito.
  • Non mercamos tabaco. Os pulmóns espónxanse  e sentímonos lixeiros coma nenos.
  • Freamos proxectos arquitectónicos delirantes.
  • Coñecemos o grao de endebedamento das distintas Administracións.
  • Sabemos que xa non temos Pastor que nos coñeza nin coide o rabaño (minguado) dos euros gardados nas Caixas.
  • Comprobamos a base barroca (de barro) de entidades financeiras.
  • Descubrimos que moitas empresas poñen á venda iates e avións privados.
  • Descubrimos que algúns cargueiros quedan abandonados nos portos.
  • Identificamos ladróns incompetentes de gravata, traxe armani, escolta e chófer.
  • Comprobamos que o cemento tamén cubría moitas caras… duras.
  • Aumenta a devoción a san Pancracio, patrón do diñeiro, e a santa Rita, patroa dos imposibles.
  • Sabemos que os pobres seguirán sendo pobres e os ricos, máis ricos, como ten que ser. Que nos criamos?
  • Cesou (¿) a actividade terrorista de ETA.
  • Afondamos no coñecemento dos profetas da catástrofe.
  • Temos máis motivos para indignarnos, reaccionar e actuar.
  • Descubrimos que moitos políticos, agochados e escudados na crise, fan a política que sempre quixeron facer.
  • Descubrimos algo de verdade na mentira que estabamos vivindo e gozando.
  • Comprobamos con asombro que non somos quen de baixar do convoi capitalista, a pesar de que van lentos e destartalados os vagóns da maioría.

Grazas á crise non só melloramos a saúde física, mental, social e relixiosa, tamén elevamos o nivel literario e lingüísticos parafraseando a Rosalía:

Adiós, ostras; adiós, chocos;
adiós, camaróns pequenos;
adiós, praceres da boca,
non sei cando nos veremos.

Miña lura, miña lura,
lura que tando gustei,
centola que quero tanto,
lumbrigante que adorei.

Croques, chirlas, zamburiñas,
sabores xa doutro tempo,
berberechos sabedores,
ameixas do meu contento.

Nécoras dos meus xantares,
albariño de cantar,
lagostiñas gorentosas
de calquera bo papar.

Mariscos das nosas praias,
que eu compraba con amor,
cigalas e mais percebes,
adiós, para sempre, adiós!


Triste aniversario
O L aniversario da inauguración do Vaticano II pasou desapercibido, menos para Rafael. Salvando as distancias abismais, algo semellante ao sucedido no II aniversario deste blog.
Recomendo a lectura dun artigo-resumo asinado por Engracia Vidal en Encrucillada, 173: Concilio Vaticano II: grande esperanza, inesperada decepción.  Refresca a memoria. 

Dimisión
Por fin foi aceptada a dimisión do arquiveiro da catedral, despois de meses sen rastro da pista do Códíce Calixtino.


Saúdos
A Pablo, para que recupere pronto a saúde.
A Antonio, para que siga mollando a pluma na tinta almacenada.
A Rafael, para que siga ilustrándonos cos seus entrañables artigos.
                Saúdos.
                        Eduardo Seco.

lunes, 24 de octubre de 2011

OUTONO ESTIVAL


Nótase que o verán nos dou uha prórroga inesperada dun mes longo,ben merecido polo Xullo e Agosto tan desacougante sobre todo para os vendedores de xeados que non cubriron os obxectivos mínimos de vendas. Como consecuencia de tan bo tempo seguimos pasando o menos tempo posible na casa afastados destes trebellos aos que lle adicamos mais tempo no inverno.

O compañeiro Pablo Payo a quen obrigaron as circunstancias a manterse na casa, desexámoslle unha recuperación pronta así como,pola miña parte manterei unha meirande presenza no blog para que a animación non decaia. Agradécenselle os consellos e que nos teña contado a súa experiencia. O de ollo ao piollo debémolo ter todos en conta porque hai moito listo solto que usa o P.S.C. en canto pode.

Conta un avogado,vive hoxe, que en certa ocasión veulle un cliente queixándose da minuta que lle pasara outro avogado nun asunto que lle levara. Quería que lle explicase os conceptos polos que lle cobraba,entre outros estaba: P. S.C. 5.000 Ptas. O avogado que vive díxolle que podería ser por suplido a conta Non obstante despois de que marchou o cliente chamou ao avogado minutante para asegurarse e sorprendeuno con esta resposta Fágoo con frecuencia para cobrar algo mais e o que quere dicir p.s.c. non e mais que por si cola. E case sempre cola.

“A fame, peste, et bello( et advocatus sine ánina) libera nos, Domine.”

Como a maioría estamos xa xubilados e temos os garavanzos gañados.( conta Dans que o mais estraño, nos primeiros meses de xubilado, era que cobrase a fin de mes como se tivese traballado) debemos ter coidado do que contaba hai cen anos Edgar Allan Poe,un americano do s.XIX:” Hay muchas personas que no saben perder a solas el tiempo y son el azote de las que tienen ocupaciones” Por iso nos xuntamos os Martes e Xoves algúns compañeiros sabedores de que non lle roubamos tempo aos ocupados.

Mandoume un compañeiro do Instituto,un home cunha gran vida interior, a copia de artigo que pego por se a alguén lle di algo, a min fixome reflexionar. Aí queda : (NON É OBRIGATORIO LELO)


“”¿Al rescate de qué?
Reflexiones sobre la tan mentada "crisis"
Leemos en los periódicos que Brasil, China, Rusia e India ayudarán a Europa a salir de la crisis. Mi memoria se pasea por los míseros slums de Bombay y Calcuta, deambulo de nuevo por esa geografía oscura y sórdida y no puedo por menos que preguntarme dónde amasará la India esa ayuda para socorrer a un viejo continente cuyo “crecimiento” se ha desacelerado.

El pánico de la crisis invita a operaciones cuanto menos extrañas. El temor va calando todo, permea incluso la memoria hasta hacernos olvidar que este sistema estaba llamado a lo que ahora padece: a una profunda crisis capaz de provocar su propio y radical cuestionamiento. Ese pánico, esas constantes soflamas salvíficas de los economistas y políticos, empujan a pensar que hemos de implicarnos en el rescate de una civilización abocada a su fin. Evito la palabra fracaso en tanto en cuanto seguramente fue preciso haber transitado el desierto de la depredación y la explotación, de la notable ausencia de valores superiores, para poder reorientar nuestros pasos. De enrolarnos ahora en el empeño al que se nos convoca, habremos de observar previamente qué es lo que en definitiva se trata de salvar. No podremos olvidar que para que nazca una nueva civilización basada en los valores de la cooperación y el compartir, la anterior, asentada en los principios del materialismo y el sálvese quien pueda, deberá ir decayendo.

Poco afectan los números rojos de la Bolsa a una vida que nunca se detiene. El dulce de los higos cuelga de las mismas ramas, los últimos tomates cargados de jugo, las enormes calabazas que colmarán los pucheros del cercano invierno, colorean las mismas huertas en mi aldea… No sé nada de economía, pero cada amanecer puedo observar a mi alrededor que la naturaleza sigue pujando, que los árboles no han dejado de dar sus frutos y la tierra su grano. Contemplo que lo que se hunde es un sistema, no la vida en la que se asienta, no los resortes de la subsistencia. Llega el momento de los interrogantes grandes y profundos, no el de correr a producir no importa qué, ni a costa de qué, sin embargo muy pocas fuerzas políticas y sociales se avezan a cuestionar “en estos duros tiempos de crisis” la propia naturaleza de una civilización de por sí insostenible.

Ya no saben de dónde “rascar” fondos para salvar lo insalvable. La palabra “rescate” inunda los noticiarios de estos días, pero necesariamente habremos de dudar sobre el objeto de ese rescate. A la larga es un modelo social y económico caduco y sin esperanza alguna lo que se invita a reflotar. Pretenden hacernos partícipes de una macro operación de salvamento de una civilización que no compartimos. Se echa en falta un interrogante más generalizado del modelo y del objeto de producción, de nuestra forma en definitiva de ver el mundo y las relaciones. Solidaridad humana sí, pero para arrimar el hombro al empeño colectivo que se propone, tiene que haber un mínimo cuestionamiento de las bases del sistema voraz e individualista imperante, del consumo exacerbado, del ocio desnortado, del desarrollismo sin alma…

Ceda ya el brillo del espejismo en cualquiera de sus múltiples, flamantes y engañosas formas. No existe gloria alguna a golpe de “visa”. Debe saltar por algún lado esa ecuación diabólica de “a más consumo más progreso y bienestar”. Debemos olvidar ese fatal principio, pregonado por tantos millones y millones de pantallas, de que la felicidad depende de lo que compramos. Faltan otros tantos monitores que comiencen a cantar que la felicidad está en realidad dentro de nosotros/as y depende de nuestros pensamientos. La cruzada por la reactivación del consumo generalizado siempre nos resultará ajena. Elevemos la calidad de nuestros pensamientos para poder realmente cambiar el mundo; reactivemos nuestro vínculo con el latir de la vida, con lo sencillo, lo pequeño y lo hermoso, no con lo depredador, sofisticado, insostenible, costoso...

Mientras que no se pene la especulación, la economía fraude de enriquecimiento a golpe de teclado sin haber facilitado ningún bien a la sociedad; mientras que las grandes empresas y bancos campen a sus anchas, sin el control necesario..., no se nos aliste frente a ninguna crisis. Pero ahí no queda el condicionado, mientras que no se cuestione la megaciudad alejada de la naturaleza, sus leyes, su belleza, sus ritmos…, como primera fuente de desequilibrio humano, no nos podremos sumar a su cruzada. Mientras no se nos invite tanto a comprar y más comprar, sino a coger con fuerza la azada, a amasar nuestro pan, a agitar nuestros árboles…; mientras que su propuesta no incluya una invitación a una vida más natural, sensata, coherente, armoniosa, comunitaria…, difícilmente nos podremos sentir partícipes del desafío colectivo que por doquier se nos propone.

Sumarse a la reactivación de la economía y su mercado implica identificación con su filosofía, con los productos y servicios con los que trasiega, sin embargo no ocurre así en muchos casos. Hay mucha producción de “bienes” y servicios que no se aviene con nuestros principios e ideales. ¿Y si la moda ya en el vestir, ya en el ver, el leer, comer..., con toda su inherente dependencia, nos empieza a resultar ajena y nos hacemos más los dueños de nosotros mismos y de nuestros destinos? ¿Y si en lugar de reactivar una economía sin futuro, reactivamos la vida en el campo, la vida más humana, más colaboradora, más cercana…? ¿Y si reactivamos nuestros propios potenciales para cultivarnos, para crecer y disfrutar sin tanta y tan sojuzgante dependencia de la industria del ocio? ¿Y si reactivamos la bici, la chimenea, las aldeas, los campos, las huertas sin química, el calor humano, el gozo de la amistad, la ternura de la existencia...?

La crisis marca límites, finales de recorrido no estaciones de “rescate” o de servicios. La crisis es por encima de todo una urgida invitación a comenzar a pensar diferente, por fin en clave colectiva, en clave de tierra, de amor por cuanto late... No es tanto un sistema decrépito y depredador lo que nos resistimos a rescatar, sino más bien una conciencia humana egoísta e irresponsable que deseamos ver superada, una nueva conciencia comprometida con nosotros mismos y con cuanto nos rodea, una conciencia más solidaria, más generosa..., la que deseamos ver poco a poco instaurada. Por lo tanto, antes de reactivar nada, alcancemos mínimos acuerdos, por el bien de todos, de toda la vida que palpita. Alcancemos consensos de futuro también por el bien de las generaciones que gateando ya se acercan, de quienes de seguro sí querrán gozar, sin explotarlo y diezmarlo, de este bendito y maravilloso jardín por nombre tierra.”

Parece que está sacado dun portal de espiritualidade onde o mais importante é o fondo e non a forma das cousas. A min de vez en cando,ademais de distraerme,paréceme que aprendo algo. E este:  

Portal Dorado 

 Pois mais nada. Saúdos a todos sen esquecer a ninguén. Rafael

lunes, 17 de octubre de 2011

OLLO

Hola a todos. Levo un mes sin poder sair da casa por culpa da saude, e vexo que non hai animación no blog.
Durante este tempo, estiven vendo moitas cousas en internet, para pasar o rato e, entre elas, deume por mirar as ofertas de coches, atópome coa sorpresa de que algún está ofertado en vinte cidades, con teléfonos distintos ainda que repite moito o nome.
O curioso e que chamei a dous teléfonos, un de Lugo, o outro era un móvil. O de Lugo era de cáritas, xa estaban fartos de chamadas por causa do devandito coche, o outro era un número que non se corresponde con ningún teléfono.
Outra cousa curiosa e que ofertaban un A6 con un montón de extras por 3.000€, e con tódolos papeis en regla, según eles, menuda falsificación debe de haber ahí. Eso si, sempre piden un anticipo coma sinal, e unha dirección, este era por email, como me insistía e mandaba correos a diario, dinlle a dirección do cuartel da garda civil, santo remedio, non volveu a escribir.
Hai mangantes en todas partes, así que si queredes facer algunha compra, moito olliño.
Eses escritores, poetas e comentaristas, Rafael, A. Puertas, E. Seco e demais, que se animen a escribir. Gracias por os saudos e un recordo a todos.
Pablo P.

martes, 11 de octubre de 2011

L ANIVERSARIO DO CONCILIO V.II



Antes de deitarme,na véspera da Pilarica quero deixar constancia de que tal día como hoxe,hai cincuenta anos,inaugurouse o Concilio que mais popularizou e lle dou prestixio a Igrexa con aquel Papa bo a quen lle quería todo o mundo e sobre todo os mais aleixados dela.
No 62 xa nos deixaban ver algún partido de futbol por televisión. Eu non estou seguro pero paréceme que nos deixaron ver tamén a sesión inaugural do Concilio.

Hai que recoñecer que foron anos de primavera na Igrexa. Nós fomos ademais educados e criados nas ideas conciliares Algo do que nos tiñan certa envexa os que estudaran en promocións anteriores e que lles custaba moito poñerse ao día.

Aí vai unha imaxe de aquel momento que nos será a moitos moi familiar no noso disco duro de tempos pasados.
Sirva de recordatorio pese a que hoxe,para algúns non está moi de moda acordarse de aquelas palabras proféticas que aínda hoxe teñen actualidade cando referíndose no discurso de inauguración a algúns cristiáns os describe así:
"En el diario desempeño del ministerio pastoral, hieren a veces mis oídos insinuaciones de almas, posiblemente ardientes de celo pero escasas de sentido de discreción y equilibrio que en los tiempos modernos no ven otra cosa que prevaricación y ruina. Van diciendo que nuestro tiempo, comparado con los que quedan atrás, ha empeorado. Y se conducen como si nada hubiesen aprendido de la historia, no obstante ser "maestra de la vida", y como si en tiempos de anteriores concilios ecuménicos todo se desarrollase en triunfo absoluto del ideal y de la vida cristiana y de una auténtica libertad religiosa".
Y, llegado aquí, el buen Papa Giovanni soltó una expresión que mantiene total validez medio siglo más tarde: "Personalmente, considero mi deber manifestarme en desacuerdo con tales profetas de desgracias que anuncian permanentes desastres infaustos cual si estuviese a punto de producirse el fin del mundo".

Pois nada mais. Saúdos especiais a Fernando Ledo que seguramente a estas horas ande rematando de ler a multitude de información que mos brindan estes novos medios e que nos manteñen ao día; e tamén para todos os demais. Rafeael

AS MIÑAS POESÍAS

Co mesmo afecto que está a mostrar Rafael, vai por todos vos:


GALEANDO…

Pola eira cacarexa, trafulqueiro,
o demo, que está a tremelicar,
repenicando cun verme no peteiro,
i agasalla a quen vai á cortexar.

 Unha galiña, espetando a súa peteira,
achanta rapinando a lambeirada,
engulindo po pandeiro, moi lixeira, 
e arroutando a plumaxe estricada.

…i, engruñe a súa noca xa trincada,
nun santiamén, axeitada na eira;
se espile de seguida, esfurricada,
e, un novo ovo, cae na capoeira.

En reviravoltas, case escorado,
coa súa á, estricada e medio torta,
facendo ás beiras, de medio lado, 
xira repenicando e, o galo, canta: 

“ aí queda iso, e que conste en acta “
sen que nin caso faga a compañeira,
que se esfuma en latriques, despistada
coa rolada, entre as verzas, pola leira.

…I, comentan ¡ Isto si que é ter aguente ! 
 mentres, están a espelir a faldriqueira…
- Deixa a leria, compañeira, e vai pa diante 
que, axiña, has volver pasar pola peneira.

…Estando a velas vir, como é o caso,
que se vaia arranchando á seguinte,
que no tiro de pinchón, non ten fracaso 
i a carabina que usa o castrón, non minte.

….ca ca ca…que aquí, “ no ha pasao na “.
…cantan coa pata erguida, indo polo seu andar,
mais pendentes do xantar cunha miñoca,
que dos tiros, que as han volver a machacar.

Antonio Puertas










lunes, 10 de octubre de 2011

NUNCA MAIS ME QUEIXAREI



Acabo de recibir un correo dunha boa amiga,consorte dun bo compañeiro desta quinta que anda como un neno con zapatos novos,andan os dous por ter sido recentemente avós dunha preciosa criatura,en hora boa a todos, e non é lícito non compartilo con calquera que se asome a este pouco concorrido blog polo de agora.
Como texto so tiña o seguinte comentario:
Repite conmigo: "No me volveré a quejar nunca de nada"
Podedes ver aquí a grandeza do que calquera persoa,COA AXUDA DE TODA A SOCIEDADE, que teña confianza en si mesmo pode conseguir:

Estes videos, hoxe hai tantos,deberían ser de obrigada visión nas aulas. Nunca tantas ferramentas tivemos os educadores ao noso alcance para axudar a medrar. Confiamos en que as novas tecnoloxías axuden
a descubrir o mellor de nós que levamos todos dentro.

Despois da meditación correspondente a que se chega despois de ver o video,a que convén non regatearlle tempo,podedes relaxarvos contemplando unha das marabillas do mundo que se ve no seguinte:
http://panoramas.pe/machupicchu100.html

Cuando abras este sitio, prueba los controles para familiarizarte con ellos.  Hay un control en el extremo inferior derecho, y también hay una flecha hacia abajo en el extremo superior izquierdo, cuando hagas click  en este lugar verás un menu.  También verás pequeños círculos blancos al centro de la pantalla también haz click en estos círculos.
 Que o disfrutedes

AHORA PUEDES PASEAR POR UNA DE LAS MARAVILLAS DEL MUNDO  EL TIEMPO QUE QUIERAS.

Por hoxe mais nada. Tede conta das carteiras que andan os ladróns ceibes. Se nos quitan as caixas e mais os bancos e atracan os administradores o tesouro que tiñan que gardar xa calquera cousa podemos esperar. Sálvanos que esta doenza sexa xeneralizada e as mellores cabezas do mundo terán que pensar,por ben noso e deles mesmos,como saír do pozo no quenos meteron. Doutra volta seguiremos contando algo neste parladoiro. Con afecto para todos. Rafael.


 

viernes, 7 de octubre de 2011

A LUZ DO CANDIL



Andamos entre o lusco e fusco da festividade da Virxe do Rosario patroa da Coruña. Día outonal polo calendario pero estival pola entidade substancial ou “per se” como diría D. Luciano palleiro nas clases de ontoloxía. De non ser polos inventos da era moderna arestora tería que estar escribindo a luz do candil. De aí o título deste pasatempo comunicativo.

Agradecementos: Aos colegas Eduardo e Puertas polas felicitacións e bos desexos que me adicaron no día dos anxos,arcanxos e segundo Fernández Barros e Manolo Dans dos querubíns,serafíns,tronos,dominacións e potestades que conforman a Corte Celestial en pleno.

Ese día, ao mediodía,celebrámolo na compaña de Agustín Dios, Felpete Sánchez e os devanditos Alfonso e Dans. Como vedes unha digna representación, tanto pola cantidade como pola calidade, desta irmandade. Arrexuntámonos en animado faladoiro os Martes e Xoves, a partir das once da mañá, coa finalidade de recompoñer a historia vivida con paixón e que abarca do 57 ao 69 con algunha digresión respecto a datas inmediatamente anteriores ou posteriores se a ocasión o require.
O obxectivo fundamental destas xuntanzas semanais,amais do antes dito e arranxar o mundo. Como podedes observar na imaxe ilustrativa a desfeita é grande:





Somos conscientes de que o traballo e moito e os operarios poucos. O que quede sen facer xa virán as xeracións posteriores a rematalo.
Gustoume a reflexión de Eduardo sobre as bondades e maldades desta tea de araña que compoñen as chamadas TIC. Son como a condición humana que ten moito de positivo pero tamén de negativo .Antes,hai anos, dicíase que as ruindades das persoas quen mellor as coñecían eran os cregos a través dos confesionarios. Hoxe en día quen mellor as coñecen son os avogados que asesoran ou levan litixios das comunidades de propietarios. Un mal veciño pódelle amargar a vida ao mais paciente e sufrido cidadán.

Por hoxe mais nada porque xa é noite pecha e ao candil acábaselle o gas. Continuaremos outro día. Os acontecementos da actualidade xa un non sabe por onde empezar. SE DESTA NON MORREMOS DE SUSTO XA ESTAMOS VACINADOS PARA AGUANTAR TODO O QUE NOS BOTEN. Que a vida vos trate ben a todos. Sobre todo a Puertas a tamén a Pablo Payo que ben o merecen. Deica outra. Rafael

miércoles, 5 de octubre de 2011

AS MIÑAS POESIAS- tinta da lura

Tamén eu, amigo Payo, teño que pedir disculpas, e non unha vez si non MOITAS. Sinto, de veras, non poder asistir con mais frecuencia os actos de convivencia, mais, así é a vida, de complicada.
E, pa que vexas, Eduardo, que, pese a deixarme o rostro como o de un conguito, aquel ditoso día, inda me gardou tinta suficiente pa seguir escribindo poemas. Eses animales levan o buche cheo de chineses. 



EL VELERO


Mar adentro va el velero,

más allá sigue la mar,

tu compañía es el viento,

los cielos y tu libertad.


Blancas velas relucientes,

fieles grumetes del mar;

encantados ecos de sirenas,

y las olas que te harán soñar.


Frágil barquilla velera

¡ bien que sabes navegar !

en honor de tu bandera

y del Dios de tu Libertad.


Fiel y amante compañera

en paz o en guerra al cruzar,

sobre la mar que te abraza

y te asfixia en su cristal.


Tus hazañas el viento ondea

con un pendón sin lugar,

y, tu Plus Ultra, te lleva

por los reinos de tu mar.


Antonio Puertas

martes, 4 de octubre de 2011

GRACIAS

Antes de nada disculpas por non poder asistir a xuntanza, foi un erro de cálculo, os anos non perdoan e a cabeciña anda así, daquela maneira.
Gracias o traballo dalgúns, é como si estivese alí, información houbo un montón, e algo sempre se aprende.
Quixen escribir o primeiro día pero había esquecido a contraseña.
Ademais hai cronista, historiador, poeta, comentarista, lectores e organizadores, e polo que se aprecia estivo moi ben.
Venme a memoria o título daquel programa que facían pola noite na radio, "USTEDES SON FORMIDABLE", creo que se pode aplicar a todos vos.
Como eco de sociedade direi que se me casou unha filla, de sete que eramos, quedamos dous fixos na casa.
Ainda que algún saía máis económico telo nela.
Meus amigos e compañeiros sorte para todos. Un saudo.
Payo.