Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 8 de octubre de 2016

XANTAR DE IRMANDADE 2016


O pasado 15 de Setembro celebramos a comida da convivencia que desde hai anos vimos mantendo os compoñentes membros da “quinta do 57”.Desta vez xuntámonos corenta de aquel “medio milllar de muchachos”que dicía a letra do himno de Belvís.( Supoño que os musicólogos ,Fernando ledo,Caamaño, Fernández Barros,Felpete, Rial ou Esmorís e outros mais que seguramente haberá terán letra e partitura gardadas por se algún día as tivermos que interpretar.

O compañeiro Pereira Castiñeiras tivo a amabilidade de cederme as fotos que recolleu da xuntanza para que as deixásemos no Blog para xeral coñecemento e admiración. Pois aí quedan. Como,segundo contan as crónicas, unha imaxe vale mais ca mil palabras, e as imaxes son abundantes sobran as palabras.

 Estas imaxes cedeumas,gratis datis, o compañeiro  dominus Josephus Pereira Castiñeiras.Mandoume polo móvil unha morea delas.O que  é pasa que os que somos nestas TIC aprendices serodios e autoformados nextes inventoss calquera problema nos desbarata todo.E cando intento poñer elgunha mais as outras ciumentas márchanme.Pedinlle aos compañeiros Jose Luis Suarez Cotelo e mais a Enrique Vazquez Pose que me envien as que teñen eles e cando mas enviien intentarei con mnais éxito colalas aqui.Saúdos a todos os ve.llos compañeiros,Uns de moitos anos e outras de menos pero os sentimentos de irmandade son comús con independencia desas circunstancias.Como di Ramón Senín paz e ben para todos.


lunes, 22 de agosto de 2016

Xuntanza anual 2016

Acabo de recibir un correo anunciando a convocatoria e programa da xuntancia ordinaria do mes de Setembro.Aí que da para xeral coñecemento de internautas.Vinde todos os que poidadaes e un cordial saúdo para todos sin excepción.Rafael.




Quinta do '57
CONVIVENCIA ANUAL

15 de setembro Día de Nosa Señora das Dores:
na Coruña, no seu centro histórico ou “Cidade Vella”
Homenaxe especial ao compañeiro Andres, con ampla  xurisdición canónica en praza, “bispo de Coruña in pectore nobis” 
Amigos da Quinta do ’57: será raro dar con alguén, entre nós, que non teña cantado  nalgunha ocasión aquilo de:
Vivir na Coruña, qué bonito é!
¡Andar de varanda  e durmir de pé!......
Imposible xa, se lestes ata aquí,  que non esteades cantaruxando esta cantiga. A convocatoria deste ano é a ocasión de cantala a pleno pulmón no corazón mesmo da Coruña, na súa “cidade vella”.
PROGRAMA
11,30: Presentación e saúdos, no adro da igrexa parroquial de Santiago, moi       
           próxima á Praza de María Pita.
12,00: Explicación sobre esta igrexa, a máis antiga da Coruña, a cargo do seu
           actual párroco, “un tal” Andrés García Vilariño.
12,30: Visita á Colexiata de Santa María do Campo, a cinco minutos da anterior.
13,00: Celebración da Eucaristía na mesma Colexiata, igrexa co-parroquial coa de   
           Santiago.
14,00: Camiñada sosegada pola cidade vella, achegándonos ao convento e colexio
           de santo Domingos, onde na capela do Rosario se venera a imaxe desta
           advocación mariana, declarada patroa da Coruña desde o asedio á que se
           viron sometidos os coruñeses pola poderosa armada inglesa dirixida por
           Francis Drake no ano 1589
14,45: Xantar, (25€) será no restaurante da Sociedade Deportiva Hípica
           magníficos panoramas sobre a enseada pola que entran os barcos no porto
           da Coruña.“Cos ollos tamén se come”, din os cociñeiros. E tamén: “A comida entra
            polos   ollos”.

Despois do xantar faremos outra curta camiñada para espabilar as pernas e visitar: Museu histórico-militar, capela Venerable Orde Terceira franciscana Axuntamento, Museo Pardo Bazán,  casa Maria Pita…e o que se tercie.  ……todo no entorno  
Ata vernos e cantar iso de “Vivir na Coruña…”

Coma sempre, para confirmar a asistencia, avisos ou consultas, contamos coa Secretaría ad casum, integrada por:
 Agustín Dios Vigo –         Tfs. 679239351
 Enrique Vázquez Posse – Tfs. 636050952
 Ramón Senín Bello –       Tfs. 986844674


ACCESOS en coche: PARA ACCEDER EN COCHE ÁS INMEDIACIÓNS DA IGREXA DE SANTIAGO, CÓMPRE QUE NA PRAZA DE OURENSE COLLADES POLA DEREITA (antiga Avenida do Alférez Provisional, hoxe “Avenida do Porto”) e, entrando no novo túnel, que sae o entorno do Castelo de San Antón; circulando polo vial da dereita con acceso interior o aparcadoiro Marina-Parrote; circulando po la esquerda, con acceso interior o aparcadoiro Maaria Pîta e saida  a praza de España-cuartel de Infanteria y detrás do cuartel en fronte a Hipicaa outro aparcadoiro. 

Aparcadoiros públicos: De casualidade, entorno Castelo de S. Antón, da Torre de Control no dique de abrigo, tras a Cruz Roja y as murallas da cidade, en fronte a Hipica e o Rectorado, paseo marítimo (marxen esuerda)  entre Hìpica y traseira do cementerio de San Amaro. Todo cerca de igresa de Santiago    


lunes, 15 de febrero de 2016

CRÓNICA VISUAL (Do xantar de inverno)

Queridos amigos: Aí queda en imaxes que cederon os compañeiros Enrique Vázquez Pose e mais Antonio Puertas. Ilustran a xa tradicional,de curta tradición,comida do entroido que vimos celebrando desde hai un lustro mais ou menos.

Xuntámonos os que puideron, fundamentalmente da Coruña,cunha digna representación de Santiago:Luciano pena,Tacón Míguez e Fernando Ledo e de Pontevedra: Ramón Senín e Bermúdez Outes.

Foi unha comida de irmandade onde non faltaron a sopa de cocido e unha laconada con produtos ourensáns sabedores e abundantes.

Os que participastes ao mirar os retratos,sobre todo os feitos polo camarón,dos que non os leva a corrente,de Puertas axudaranvos a rememorar tan sinalada efeméride. Pois aí quedan para xeral admiración ou san envexa.
 Na terraza,nun día soleaado,mentres ían chegando os mais atrasados.
Dando conta do xantar en animada conversación
Na L da mesa.Non precisan presentación.
Tamén recoñecibles os que se lles ve a cara.
O compañeiro Alvite parece que xa restablecido e sen gardar réxime de comidas.
Fernando Ledo manifestando que el non quere marchar sen antes pagar.
En animada conversación Pereira e mais Senín.
A proba do 9 de que pagamos o que comemos.Agustín Dios como bo bancario co diñeiro ordeado.
Xa na despedida comentando que estivera moi ben.

Van a seguir ou tra serie de fotos sen comentarios:
Aí queda iso para xeral admiración.Verémonos pronto.Saúdos para todos.Co afecto de sempre.Rafael.

miércoles, 27 de enero de 2016

XANTAR DE ENTROIDO


Seguindo instrucións de Dios Vigo, ao mesmo tempo as recibiu de Ramón Senín, vou deixar aquí a noticia da comida de irmandade que viñamos celebrando estes últimos anos na semana anterior ao Domingo do entroido.

Será o venres,día 5 de febreiro, no lugar de sempre. Para chegar,de non ter vido en anos anteriores, podedes informarvos aquí:


Chegaremos sobre a 1 da tarde,se o tempo o permite daremos un paseo previo ao xantar, e arredor das dúas e media daremos conta do tradicional cocido cos seus correspondentes sobremesas. De téreno dispoñible saborearemos o xa testado viño,de xeral éxito e acollida, chamado “Crego e monaguillo”.

Estades convidados todos os que accedades a este Blog .Debedes de comunicárnolo a Agustín Dios ou a través deste medio,a poder ser antes do Mércores anterior, día 3 de Febreiro,para facer o encargo no Mesón.

Esperámosvos con moito agrado a todos os que poidades e queirades vir. Recibide un afectuoso saúdo deste escribidor. Rafael.