Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 30 de marzo de 2011

Profundando...




Vou,conforme anunciei na entrada anterior,entrar ao trapo do que nos suxire o admirable Eduardo con quen nos anos de teoloxía mantivemos,pese a que el fora do grupo “B” unha gran comunicación naqueles anos en que pensabamos darlle a volta ao mundo,para ben, como se fose un calcetín. Aquela revolta do 68 en que fervía todo o pensamento do mundo relixioso,cultural, social e político marcounos para sempre a todos. Cando nos poñemos nostálxicos niso coincidimos todos,”sine discrepancia” como dicía Ramón Senín,cando se deixaba ver por estes lares.
A Eduardo o recordo sempre cun sentido especial de ironía intelixente como a que demostra co seu breve apuntamento de física. Esa retranca que tan ben nos caracteriza aos galegos,parece que era un mecanismo de subsistencia e resistencia,recóllese moi ben nunha revistiña que volve a editarse despois dun longo paréntese e que se chama RETRANCA. 100x100 galega. Para mostra un botón sobre a cidade da cultura:
Entrando en materia vou a profundar,como lle dicía Pedriño a Rañolas, nos Dous de Sempre de Castelao.”admírote polo ben que profundas”,sobre a opinión global e os acontecementos extraordinarios. En canto a opinión global eu penso que é unha realidade incuestionable non tan so nese aspecto mais superficial,aínda que real,ao que alude Eduardo, senón no modo e forma esencial de organizarse a sociedade sobre todo nas relacións económicas. Hoxe o sistema económico do neocapitalismo liberal hai que recoñecer,mal que nos pese, que é o que se impuxo tanto nas antigas repúblicas da extinta URSS como na propia China e lentamente en Cuba e non se albisca ningún,de momento, sistema alternativo que difira do xeneralizado a nivel mundial. Isto é así simplificando moito claro. A a única diferencia, duns países a outros, está en que nalgúns faise mais fincapé na igualdade,reparto da riqueza e certa similitude de oportunidades e noutros, estes aspectos, acentúanse menos.

A min o que mais me inquieta non é esta chamada opinión global senón a opinión dual coa que temos que convivir e que colectivamente nos empobrece e limita para mal. Refírome a ese pensamento práctico que se traduce en: Ou estás co goberno ou en contra. Ou estás a favor da vida ou da morte. Ou estás cos que torturan ou coas vítimas. Ou estás deste lado da raia ou do outro. Ou estás co ben ou co mal. Co vicio ou coa virtude Ou estás co capital ou co traballador e un longo etc... que podería continuar. Este pensamento maniqueo é dun simplismo aterrador que soporta ademais unha xeneralización falaz e na que caemos con excesiva frecuencia. Os da Coruña son señoritos e os de Vigo traballadores. Os liberados sindicais uns vagos. Os políticos uns corruptos etc...A calquera que teña feito o bacharel non lle debiamos permitir estes razoamentos tan puerís e carentes de toda lóxica. Onde aínda que partamos dun feito real nunca un caso illado o podemos elevar a categoría.

Sobre os acontecementos extraordinarios: a) Países árabes. Parece que están vivindo unha primavera parecida á de Praga no 68.Esperemos que o resultado final non teña nada que ver coa invasión Checoslovaca polos países do Pacto de Varsovia. Que as ansias de liberdade,de xustiza e de democracia se vexan realizadas. O fenómeno da globalización,a través da revolución no mundo das comunicacións,ten moito que ver no despertar do mundo africano e árabe. Tamén lles axuda moito aqueles mozos que viñeron a estudar a Europa e América e que teñen ganas de que os seus países acaden as cotas de benestar que viron igual ca os emigrantes nos países de acollida.
b) O desastre acontecido no Xapón: Aínda descoñecemos as consecuencias na súa totalidade,máxime,ás da Central Nuclear de Fucushima. A propósito diso escribín para A Voz o seguinte que se publicou o 24 deste mes:

FOSA ATLÁNTICA

Levamos xa una morea de días preocupados e angustiados polo acontecido en Xapón. O alcance dos estragos causados polo maremoto e terremotos non para de medrar. O mais grave é o desastre nuclear con consecuencias imprevisibles que ninguén,a día de hoxe, é capaz de concretar e determinar.

O impacto na opinión pública respecto á seguridade da enerxía nuclear é grande. Xa ninguén dubida que haberá un antes e un despois sobre as centrais atómicas.

Agora que estamos todos mais concienciados non estaría mal que alguén se acordase de que na chamada fosa atlántica, a uns setecentos quilómetros de Fisterra hai 142.000 toneladas de residuos nucleares depositadas por países europeos.

O efecto da corrosión será lento pero seguro. Estes bidóns son auténticas bombas de reloxería que se non se controlan chegará un día en que pasarán a cadea alimentaria e provocarán un desastre que estamos a tempo de evitar.

A veces non hai ben que por mal non veña. Que alguén llo faga chegar a Organización Internacional da Enerxía Atómica para que o evitable non se converta en inevitable. Aproveitemos a ocasión agora que preocupa a todos a cuestión nuclear.

Por hoxe mais nada. Un saúdo para todos. Perdón pola leria.Rafael





 

lunes, 28 de marzo de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

¡ POR FIN !, con estas dúas aspirinas que me deron Eduardo e mais Rafael, xa estón un pouco mellor. Esta tolería estaba acabando conmigo.
Interesantísima historia a desas irmás AS MARIAS. O meu recordo perdese no tempo e non recordo a esas mulleriñas, mais a súa historia é merecente de que no nas esquezamos.
Bueno, dicirlle a Eduardo que non sea tan aforrón, que tamén hai bombillas de baixo consumo e non é necesario ter a “ casa “ as escuras.
Unha poesía mais da miña colleita:
A MI GAMELA
Derrotada sobre la arena,
A la orilla de la mar varada;
No pudiste librarte de ella,
Siempre del mar enamorada.
Tu destino, mi fiel compañera,
Es para mi tu dulce morada,
En la mar descansan mis sueños
Que los guardo dentro del alma.

Sobre la arena, rota, me esperas,
Encubierta en tu tumba sagrada,
Mi cuerpo y alma, junto con ellas,
Danzaron un día con olas de plata.
Hacia tu tumba me llevas gamela,
Mi vieja barca añorada del alma,
Fiel, hoy te aguardo, compañera,
Con piropos flotando por el agua.

Antonio Puertas

 
 

domingo, 27 de marzo de 2011

ANECDOTA COMPOSTELANA (RGR)



         Na tarde de onte, Sábado,despois de xantar,achegámonos a Santiago coa finalidade de ver a exposición,el di que é a derradeira, de Isaac Díaz Pardo, titulada PINTURAS E FRACASOS que se amosa na Casa da Parra,na Praza da Quintana ,en Santiago. Son todos cadros de hai moitos ano,anteriores ao 1948,en que abandona os pinceis e se adica a transportar a arte a obxectos de consumo e ornamentais. Deste modo,a través da industria cultural, consegue democratizar a arte e achegala á xente. Tanto o conseguiu que hoxe son poucas as casas,en Galicia, onde non se atopa algún obxecto artístico dos producidos baixo a marca de Sargadelos.
       Hai pouco revelounos Xosé Díaz, fillo de Isaac,cal foi a causa de que abandonase a pintura. Chamouno Fernando Álvarez de Sotomayor director do Museo do Prado ofrecéndolle participar no deseño e montaxe do “Valle dos Caídos”.Non podía aceptar semellante colaboración e foi cando lle empezou a dar voltas na cabeza a idea da industria cultural e montou a fábrica do Castro de Samoedo e posteriormente, no 70, Sargadelos ,en Cervo.
      Despois de ver a exposición demos unha volta por Santiago, con visita ao café Derby, e ao pasar pola rúa do Villar chamounos a atención unha estatuíña de cerámica que representa as Dúas Marías. A dependente que nos atendeu comentou que non sabía que mérito tiñan porque ninguén lle sabía dicir que é o que fixeran para ser famosas. Eu comenteille o que coñecía pero non lle pareceron méritos suficientes para a fama.


Copio e pego o que hai algúns anos apareceu nunha reportaxe de María Fábregas, no País, polo que me enterei da historia destas dúas mulleriñas que tantas veces temos visto pola Ferrería e Toural collidas de ganchete
 .

Salían cada día a pasear por las mismas calles de Santiago, siempre a las dos en punto, arregladas con una ropa y un maquillaje tan colorido como extravagante. Todavía hay mucha gente en la ciudad que recuerda a las inseparables hermanas Coralia y Maruxa, más conocidas como Las Marías, dos emblemáticos personajes de Compostela a los que las nuevas generaciones sólo conocen por la estatua que les rinde homenaje en la entrada del parque de la Alameda.
Pero bajo esa fama de locura que les precede hasta hoy, escondían un drama personal que no todos conocen, con la Guerra Civil como telón de fondo. Así lo recoge el documental Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño, de Xosé Rivadulla Corcón, para cuya elaboración ha contado con testimonios de personas como Encarna Otero, Xosé Luis Bernal o Dionisio Pereira.
Nacieron en una familia obrera de 11 hermanos, tres de ellos destacados miembros de la CNT. El documental relata cómo tras el estallido de la Guerra Civil, asesinan a uno de ellos mientras que los otros dos consiguen huir. La pesadilla para las hermanas comenzó cuando los falangistas trataron de utilizar a la familia para averiguar su paradero. A horas intempestivas de la noche, llegaban a la casa de los Fandiño, registraban y desbarataban la vivienda, desnudaban en la vía pública a las hermanas para humillarlas y las subían al monte Pedroso de Santiago. "No está demostrado, pero hay gente que afirma que las llegaron a torturar e incluso a violar", explica Rivadulla.
Con poco más 20 años y sin haberse metido con nadie, la vida de Las Marías se convierte en un mal sueño que se prolongará desde el inicio de la guerra hasta mediados de los años 40. Rivadulla señala que esos malos tratos continuados fueron la causa de la locura que ambas sufrieron, porque "antes no eran así". Finalmente los hermanos huidos fueron arrestados y cesó la presión sobre las Fandiño.
Aun así, su situación económica era muy precaria. Las hermanas dejaron de trabajar como costureras, oficio que venían desempeñando junto a su madre, porque los clientes dejaron de llevarles ropa "por ser una familia anarquista, por miedo a significarse". Vivían en parte gracias a la caridad de los vecinos. No les ayudaban de forma directa, porque quienes las conocían sabían que no aceptarían una limosna, sino que les dejaban de forma anónima pequeñas cantidades de dinero en distintos comercios, en los que después ellas compraban.
La solidaridad de los vecinos se puso a prueba a principios de los 60, cuando un temporal tiró abajo el tejado de la casa de las Fandiño. Enseguida se organizó una gran colecta entre los vecinos de Santiago y se llegaron a juntar 250.000 pesetas. "Es espectacular", dice Rivadulla, "porque en la época eso es lo que costaba un piso".
"Manifestaron su locura mostrándose rebeldes contra la sociedad", afirma el autor. Las Marías nunca pasaron desapercibidas, no sólo por su llamativa vestimenta y sus rostros maquillados con polvos de arroz, sino por su actitud. "Ellas piropeaban a los hombres algo que, por supuesto, no se le ocurría a ninguna otra mujer. Siempre manifestaban que todos los hombres se enamoraban de ellas y flirteaban con los estudiantes". En contra de lo que pueda parecer, eran muy diferentes: Coralia, la menor y más alta, era tímida y poco habladora, mientras que Maruxa, más pequeña aunque de más edad, era la que llevaba la voz cantante.
La opinión del autor del documental es que las hermanas desempeñaron, posiblemente sin saberlo, una papel fundamental en esa época de represión. "Mucha gente que se sentía ahogada por el régimen y que no se rebelaba por temor a represalias, veían en Las Marías ese grito de libertad". Cuando en 1980 falleció Maruxa, Coralia se fue a vivir con otra hermana a A Coruña, ciudad a la que nunca se adaptó. Murió tres años más tarde después de preguntar muchas veces cuál era el camino para volver a Santiago.”
Ao mellor a historia esta xa vos é coñecida. A min pareceume interesante porque os que vivimos até o 69 en Santiago,naquela época,témolas atopado moitas veces. Chamaban a atención polo colorido dos vestidos e a maquillaxe que utilizaban tan rechamante.
Avisos:Cando ía a colar isto no Blog lin a entrada de Eduardo. Despois desta retirada ao deserto aproveitando para invernar,a semellanza das aves migratorias,paréceme que volverei a prodigarme mais para que Puertas non lle de medo entrar a colgar as súas poesías e contos e teña con quen falar para non caer no soliloquio. Opinarei sobre algunhas cousas que nos suxire Eduardo ao longo da semana. Un saúdo para todos. Rafael







sábado, 26 de marzo de 2011

DESPOIS DO APAGÓN

Despois do apagón pola Hora do Planeta, aí vai outro latexo, outro alento para a criatura que respira conectada ao aire de Camariñas, ao nordés do mar de Orzán e ao levísimo vento mareiro do sur.

Apuntamentos de física
   Creo que foi Arquímedes quen dixo" Dáme un punto de cocido e moverei o mundo". Un avantaxado discípulo descubriu na universidade de Pensilflavia outra aplicación tecnolóxica da teoria do mestre: "Dáme un cacho de cacheira e moverei a Quinta".É unha nova lei do noso manual particular de física quíntica, especialidade da cuántica.
   Ante tal poder de convocatoria, haberá que programar este referente gastronómico para a xuntanza anual.
   Grazas ao bo oficio dos reporteiros Rafa e Andrés, comprobei que mozos seguides! Non perdades a receita!

Opinión global
   Hoxe parece que prima a opinión global. Que opinas disto? Non hai moito en Galicia respondíase: "O que diga don Manuel". Despois en España: "O que opine Belén Esteban". Máis recentemente: "O que diga Mouriño".
   Di Manuel Vicent que a cultura moderna consiste en estar sentado, en mirar, en teclear e calar. Para a cultura da Q57, teclear xa fai moito ruído.

Acontecementos extraordinarios
   Aí ao ladiño, están sucedendo feitos sorprendentes, como a revolución árabe, bombardeos, o terremoto
de Xapón, o debate da enerxía  nuclear... Que opinamos? O que diga Mou.

Saúdos e mil primaveras máis para Galicia!

                 Eduardo.

viernes, 25 de marzo de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

Esta poesía é tan so pa min. Que ninguén a lea.
LA DIOSA ANDREA

Al galope por el Olimpo con hiriente rayo,
Punta de lanza, armado, y encendido fuego,
Resquebrajando el diáfano velo, audaz Thor,
Señor y caballero del raudo y temible trueno.

Jinete de blanca armadura trotaba al encuentro,
Cruzando los abismos insondables del universo
Andrea, la indiscutible y más hermosa guerrera,
De todas las hazañas, su fiel y amante compañera.

Tridentes de fuego incendiaban sus eternos reinos;
Caballos alados relinchando por el techo de los cielos
Sembrando la noche de dardos y cristales de fuego,
Huyendo con las sombras los espectros del infierno .

Con pavor crujían los goznes de Tebas con sus vientos,
Cerrando murallas al paso de tan singulares guerreros;
Sembrando huracanes en los cielos, terror de los muertos,
Y, el mismísimo Eolo, derrotado, incapaz de contenerlos.

Sueños de amor de aquel divino y colosal encuentro
Hicieron temblar de placer las columnas del universo,
Suspiros de los cielos con los ardientes labios en la gloria
De laureada señora, diosa en el trono del Olimpo eterno.

Doncella de mis sueños, Andrea, princesa que vuela
En carroza encantada por las noches de los silencios,
Privilegiada inalcanzable, que vaga por los misterios
De mis mortales deseos; sólo para dioses tus privilegios.

Antonio Puertas
 
 
 
 


domingo, 20 de marzo de 2011

OS MEUS CONTOS


Comenzo a contestarme a min, mais, mirando de reollo pa Rafael...

BOLAS DE BARRO

¡ Hai, doutor, que maliña estou ! Apenas teño saído dun trancazo e, xa, outra vez, con esta gripe do demo…¡ E que non saio dunha, pa meterme noutra peor !… ¿ Por que, doutor ? ¿ Por que teñen que vir á min todas estas desgracias ?.- A ver, mulleriña, vou a tratar de explicarcho con un conto pa que me podas entender mellor.

Resulta que, no abrente dos tempos, había un rapaz que estaba a xogar facendo unha bola de barro na cima dunha montaña. Trataba de imitar a súa imaxe, moldeando barro coas súas mans. Mais, cando a tiña rematada, escapóuselle costa abaixo, e ala foi trouleando dende a cima, atravesando polo medio dos toxos, silveiras, pelouros e demais obstáculos que atopou polo medio do camiño do seu precipitado fuxir.

Aquela barruntada bola desbocada, ía padecendo as magoaduras do seu tolondrado descenso, ata que quedou desfeita en miúdos anacos, confundida coas brañas á onde fora a parar.

O noso corpo, é unha pequerrechiña porción de materia, co que está feito o universo. Todos nos, somos asoballados por inclementes guerreiros armados, que fan que nos ergamos contra eles, en defensa propia, mentres imos a rolos polo precipicio ata ó noso fin.

Nos nosos xenes escóndense os elementos primeiros cos que fora feita a propia materia.

O cosmos, do que formamos parte, vai en nos. Así, os glóbulos roxos, ou hematies, xunto cos leucocitos, ou glóbulos brancos, plántanlle cara aos antíxenos, ou invasores estraños, tratando de defender ó noso corpo contra os invasores inimigos.

As persoas, discuten entre si, querendo impoñer as súas razóns. Os pobos entran en guerras tratando de defender os seus territorios e, o propio mundo, destrúese con maremotos, volcáns, radiacións, etcétera, mentres, pola outra banda, florecen as plantas e luce ó sol cada mañá. Todo ó universo é unha gran batalla onde os elementos pelexan entre si, e destrúen o creado, que, logo, novamente, renace dende as súas propias cinzas.

A loita, é intrínseca ó ser humano, e connatural coas especies e coa materia creada.

Alguén fai unha bola de barro, e a súa propia natureza con que se formou, loita pa destruíla, e, o mesmo tempo, loita por sobrevivir.

Somos ó espello do que levamos dentro. Un retrato da guerra e da paz, intrínseca na mesma materia.…
Un xogo de nenos da propia creación… mais, con espírito.

Antonio Puertas

 
 

domingo, 13 de marzo de 2011

EU ESCÚSOME...

Eu escúsome diante do Dios de Xaviña, por non ter ido veireando coa miña jameliña,…e diante de vos, compañeiros, pa que non sexades tan larcháns, nin tan prejeseiros… e , pa aqueles que sexan os mais larpeiros, leña con eles, e lembren ó conto de Caperuchiña, que todos sabemos moi ben como acabou a súa avoíña.
E pa tí, Rafael, jrasias por ese xiljeiriño tan fermoso, a punto está de faser o seu niño na tua árbore xa floresido.
A. Puertas

sábado, 12 de marzo de 2011

MISCELANEA IX

Queridos amigos:Pouco a pouco remata o inverno e xa agroma a primavera .Xa da gusto saír á rúa. Polas mañás xa os paxariños nos alegran á vida. Hai mais horas de luz e hoxe sabemos a gran importancia que este elemento ten, tanto na saúde física como na outra. Moitos proes e poucos contras como nos indican aquí: www.suite101.net/.../la-luz-solar-como-aliado-de-la-salud-a3309.
Hai que agradecerlle a Andrés a bonita reportaxe gráfica coa que nos obsequiou sobre a comida do entroido.Todos os asistentes celebramos estas ocasións de encontro que nos fan rememorar os bonitos tempos da infancia, adolescencia e xuventude. O malo destes acontecementos e que despois dos saúdos de rigor, como a mesa e sobremesa é longa, en realidade convives cos tres ou catro que están ao teu lado e mais en fronte. Nesta ocasión tiven a Isolino,Sánchez Otero,López Gómez e mais a López González como interlocutores de mesa.
Isolino contou unha morea de anécdotas. Un dos primeiros anos de Belvís, durmíase naqueles tramos corridos, levantouse para ir ao wáter e cando regresou tiña a cama ocupada. Debín contar mal, dixo. Regresou á cabeceira do tramo, contou de novo, pero a cama que lle correspondía seguía ocupada. Entón foi apalpando nas camas que estaban antes e despois da del e encontrou unha valeira. Era a dun tal Lestón. Tívoo que espertar e convidalo a que fose para a súa cama.
Tamén nos comentou que aínda vive o párroco de Malpica. Pasa dos cen anos pero conserva o sentido. Contaba del Abella Chouciño, era dun curso anterior ao noso,que, cando os bautizos se facían en latín, lía :”vis baptizare?”Os padriños tiñan que responder. “volo”. Entón, D. Benigno, creo que se chama, cerraba o libro e explicáballes que desde ese momento cargaban coa obrigación de entregar ao afillado/a o bolo pola Pascua.
Comentou tamén López González que o cura de Carnota,cando lle encargaban unha misa, advertíaos de que as tiña de dous tipos:de vinte pesos e de cen. E serán todas iguais señor cura. Non as de cen pesos chegan antes ao Ceo. Ante o asombro dos fregueses explicáballes que se entendía perfectamente. Chegaban primeiro porque el mentres tiña de cincocentas pesetas non dicía as de cen.
Saíron a relucir tamén as aclamacións que lle faciamos a D. Manuel Anllo, como bispo, saíndo con el en procesión, polo claustro, para rematar facendo a foto Bello Arjomil na escalinata da Igrexa de Belvís. e tamén as famosas clases de D.Antonio Villasante que, de pasar por elas Pérez Galdós ou D. Ramón Valle Inclán, inspiraríanlle algún outro episodio nacional ou algunha sonata ou relato esperpéntico.
Conto isto porque, na conversa, saíu que sería interesante e bonito deixar constancia do anecdotario colectivo. Así que animádevos. Por falta de materia non será. Isto é como as cereixas. Tiras dunha e detrás veñen outras.
Espero que a Puertas xa non lle de reparo deixar as súas prosas e os seus versos neste encerado. Non empeces a falar só e a contestarte a ti mesmo. De todas formas débeste escusar ante Agustín Dios que escolleu o restaurante ao pe da ría,asegurándose que entre as dúas e as seis había marea chea, por si viñas na jamela,e ao final non apareciches. Por min estás desculpado pero a próxima poranche falta.
A película que comentou Andrés: El discurso del Rey é unha obra mestra. Non é estraño que tivera tantos premios. Mantén un suspense fora do común desde o primeiro minuto ao remate. Non deixedes de vela. Ten moitas ensinanzas nas distintas facetas da vida.
Agora que o gremio dos xubilados segue medrando se dicimos que non hai tempo,unha semana pode ser, pero moito mais xa non cola. Deica outra Rafael

viernes, 11 de marzo de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

LA SEMILLA DEL AMOR
A solas con mi silencio
Y el pensamiento despierto,
Se agolpan en mi mente
Bombas, sirenas y muertos.
Busco el enigma perdido
En los confines del tiempo,
Promesa de amor incierto,
Entre llanto, griterío y estruendo.
No hallo en preciado tesoro
En los confines del cielo,
y recorro las estrellas,
Y me pierdo en el tiempo,
Y el abismo repetía:
¡ Silencio !
…que están descansando los muertos.
De pronto me vino otra escena
De aquel monstruoso suceso:
Un voluntario que erguía
Un rostro que yacía muerto,
Y, en Atocha, renacía
La solución del misterio…
…Lágrimas de un amor hermano,
Semillas del amor eterno.
Antonio Puertas

AS MIÑAS POESÍAS

Tal día coma hoxe, ó 11-03-2004, tivo lugar no nóso País a maior traxedia humanitaria por mor dun atentado terrorista. Unha sociedade, non pode esquecer esas datas, sen sentir dor polo acontecido, en especial, cando despois de 7 anos, inda non temos unha resposta convincente do acontecido, nin a xustiza nos dou nomes nomes dos criminais...

miércoles, 9 de marzo de 2011

Ilustrando a Crónica de urxencia de Rafael (AGV)

Vemos o pelo gris de Amador, 
o máis canoso de Suárez Cotelo, 
a cara de Pereira e o apunte da de Dios Vigo. 
Xa , pola banda dereita a Rogelio Cotelo,  
a Manuel Felpete, Juan Sanlés 
e Juan Caamaño Calvo. 
Amador, a esquerda, medio de costas. 
Por diante del, de dereita á esquerda, Alvite, 
García Vilariño, Fernández Barros, 
Cotelo Felpete e Felpete Sánchez. 
A mesa  non lucía os manxares, 
porque os alí presentes xa os cambiaran de sitio
En primeiro termo Alvite e García Ramos. 
Detrás Ricardo Cutrín está convencendo
a López Gómez de que é hora de irse...
Eran case as seis da tarde.
Onda a fiestra,  Silveira remata o seu atuendo.
Aquí empezaba e segue empezando a lista:
Agraso Carballido (á dereita), Alvite Ponte...
Seguen compartindo o pupitre.

Silveira Figueroa e Dans Couto.
A Silveira, por certo,  dá xenio velo,
 mozo, con pelo na cabeza e rebosante de vitalidade.
Rafael G. Ramos e López González
 están considerando a precariedade da vida.
Xa non hai cousa que ver na bandexa 
onde antes camparan o lacón, 
a costela,  a cachucha... Sic transit gloria mundi...
A tertulia animouse a medida que desaparecía o lacón, e o viño e o resto. Estabamos nós e iso requería dedicación sensible. Vemos en atento coloquio a Dans Couto con Verdía Arcay. Xa en segundo plano, pola esquerda, López Gómez, García Ramos, López González, Amador Martínez Santos e Pereira Castiñeiras. Na cara de Verdía asoma a de Antonio Sánchez Otero e maís Esmorís, Isolino. 
A gratísima sorpresa foi a presencia dos que  non viven tan cerca da Coruña e souberon dispoñer de tempo para compartir a amizade e as viandas. En primeiro termo Pena Andrade, seguido de Verdía, Sánchez Otero e Esmorís. 
Xa máis lonxe adiviñamos a Alvite Ponte, García Vilariño e Fernández Barros. Irrecoñecibles, aló no fondo, Juan Sanlés e 
Caamaño Calvo.

 
Non se pode ignorar o factor lacón. 
Foi un bo pretexto para reunirnos. 
Non faltou de nada. 
Co lacón apareceu o botelo e mais a androlla, 
típicas do oriente galego. 
Non faltaron nin filloas nin orellas, 
nin chupitos de caña e licor café.
Suárez Cotelo atende a Amador Martínez Santos  (fóra de plano) e Pereira e Dios Vigo a Cotelo Felpete e Felpete Sánchez, 
tamén fóra de plano. Dá mágoa, agora,  non ter feito a foto do grupo...

domingo, 6 de marzo de 2011

CRÓNICA PROVISIONAL DE URXENCIA




O pasado Venres, dia 4, do mes que andamos, previa convocatoria realizada polo honorable membro desta irmandade ,Agustín Dios Vigo, celebramos a tradicional comida de entroido no lugar de Burgo de Faro,Restaurante Valdeorras, ao pe da Ría do Burgo, os membros desta quinta afincados na Coruña e os seus arredores. A asistencia foi masiva, superando á de anos anteriores, contando con destacados membros como se pode apreciar na relación de asistentes:

Manuel Agraso Carballido, Manuel Alvite Ponte,antonio camino botana, Rogelio Cotelo Felpete,José Antonio Cuenda Sánchez,; Ricardo Cutrín Fernández,Manuel Dans Couto, Agustín Dios Vigo, isolino Esmoris Cambón,Manuel felpete sanchez,alfonso fernnadez barros,rafael garcia ramos,andres garcia vilariño,jose lopez gomez,manuel lopez gonzales,amador martinez santos,luciano pena andrade, jose pereira castiñeiras,antonio sanchez otero, juan sanles martinez, manuel silveira figueroa, jose luis suarez cotelo, enrique vazquez pose, albino verdía arcay

Coido que non esquecín a ninguén. No caso que non fose así, despois de que contacte co da lista Agustín Dios, a quen lle hai que recoñecer unhas dotes acreditadas de organizador competente,convincente e mais eficaz,farémolo constar, modificando esta crónica,para constancia desta memoria colectiva: “Quod scriptum scriptum est”que quere dicir: Onde hai papeis calan barbas.

Titulei crónica de urxencia porque do departamento do audio visual, que rexenta o compañeiro Enrique Vázquez Pose , quedou de pasarme as imaxes que tomou para facer a reportaxe gráfica que colaremos tamén para pública constancia neste taboleiro. Ademais supoño que Andrés Vilariño fará, como sempre, a correspondente crónica coa mestría e maña que o caracteriza.

Por hoxe mais nada. Destacar a presencia de compañeiros que había anos que pouco sabiamos deles e que sempre gusta encontralos nunha circunstancia tan agradable como é compartir mesa e mantel aínda que sexa soamente por unhas agradables horas de compaña. Deica a próxima. Saúde e sorte para todos. Rafael