Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 30 de marzo de 2010

CASTELAO, RIVAS E A LINGUA


   Ao abrir o blog hoxe comprobei que o neno non está tan doente como pensaba, como demostran as achegas de Rafael, Fernando, Antonio e Ramón.
   O motivo da miña ausencia foi unha viaxe por terras murcianas, que por zonas parecían marcianas, con montes pelados como as serras do Algarrobo, da Muela, de Espuña...e mares de plástico dos invernadoiros de tomate de Mazarrón ou da horta de Cartagena.
   Mentres me recupero, envíovos un artigo de Manolo Rivas sobre un dos meus temas predilectos:

Galicia e o 'buraco in progress'

MANUEL RIVAS. Luces. 19/03/2010

Se tivese que escoller agora dúas viñetas de Castelao, unha sería a do gato cínico que recita a Bécquer: "Volverán las oscuras golondrinas en su balcón los nidos a colgar... Pero aquela que papei o ano pasado, esa non volverá." E a outra? A outra é aquela na que aparecen unha nai e un meniño e a muller pregunta: "Por que non queres ir á escola?". E o rapaciño di: "Porque sempre me preguntan o que non sei".

Cómpre a liberdade de circulación na estrada: esquerda ou dereita por votación dos condutores.

Son dúas pequenas obras mestras de humor e humanidade que refulxen en todo tempo. E que deberían terse proxectado en power point no Parlamento autónomo mentres se debatía o "estado da nación".

O gato paródico ten hoxe o seu correspondente no cinismo político. Verbo do modelo lingüístico no ensino, o gato do Goberno papou unha boa andoriña e esa xa non volverá. A andoriña papada pódese ver como unha alegoría do que era un consenso básico laboriosamente construído. E perdido de golpe. O verdadeiro anarquismo quería ser a "máxima expresión de orde". En cambio, a anarco-dereita medra co caos.

Tamén a outra viñeta preséntase hoxe cun alto sentido paródico. Se falamos de "liberdade de escolla" ao xeito pueril e irresponsábel en que o emprega a neo-dereita, a primeira liberdade debería ser a que reclama o neno: a de ir ou non ir á escola. O rapaz desa viñeta é un pícaro entrañábel. Aí está a refinada intelixencia e a vontade de estilo popular. No decreto que o Goberno teima en aprobar, podemos ver o reverso caricaturesco desta viñeta. A desvalorización da función docente e a invitación a exercer "a liberdade de non saber". Agora o pícaro pode ir á escola tranquilo, coñecedor de que o seu "dereito a non saber" está por riba dos deberes escolares, e que o seu "non querer saber" está avaliado polos que mandan e por un fato de pais fronte aos sospeitosos valedores da función docente.

Non hai en todo o orbe mundial un decreto máis marxista. Por suposto estou a falar do que ocorre no disparatado Camarote dos Irmáns Marx. Podería darse a circunstancia matemática, e non é broma, de que o voto dun só pai inclinase o modelo lingüístico dunha escola infantil perante catro anos. E en primaria e secundaria, tal como está feito este decreto, pode darse con toda normalidade este diálogo entre profesor e alumno.

-Desculpe por molestalo, prezado alumno, mais agradecería inmenso que vostede teña a amabilidade de responder a esta miña pregunta en galego xa que estamos en clase de Coñecemento do Medio. Podería dicirme, por favor, un nome en galego deste insecto coleóptero de nome científico Lampyris nocticula e en castelán coñecido como luciérnaga?

-Ni entiendo lo que dices ni entiendo por que me preguntas lo que no sé. A mi no me vas a practicar tú la inmersión y hay un decreto que dice que en el aula puedo hablar la lengua que me sale de los huevos y escribir los exámenes en la que me salga de los cojones. Paso de ti, tío.

-Paso-de-ti. Magnífico! Xa temos un novo nome para o vagalume. Lucecú, vella, lucerna, corcoño... e Paso-de-ti!

A trapallada ten a súa propia lei, moi semellante á da gravidade. Ou perseveras na trapallada ou saes decididamente da trapallada. Non hai xeito de saír da trapallada tentando convertela en media trapallada, pois o que resulta é que media trapallada equivale ao final a trapallada e media.

Isto é o que está a pasar con este decreto sobre a lingua no ensino. E o encirrado debate vén ser unha grande metáfora do que está a pasar neste país.

Durante meses estiveron dándolle voltas á agulla de marear polos famosos tres terzos. Algúns avisamos que era unha trapallada, e ademais unha trapallada inviábel. Mais todos tivemos que andar nesa nora, a dar voltas como os cabaliños dun carrusel de feira. Agora, de súpeto, esquécese a xenial ocorrencia dos tres terzos e lánzase un discurso de recambio: o do presunto equilibrio. Que pasou co inglés? Outra "andoriña" no papo? Pois pasou que se xogaba de farol, o caso é que viraramos na nora, que viviramos na miraxe, mentres na realidade se estaban a recortar os orzamentos das escolas oficiais de idiomas en toda Galicia. En aparencia, hai correccións. Mais non son por vontade propia, autocrítica ou procura do consenso. É o test da realidade o que vai corrixindo o absurdo. Pero, claro, a realidade non dá feito con tanto absurdo. Quere que lle boten unha man. Por exemplo, o absurdo xira agora arredor de dous eixos que se asentan na falsidade: o das materias "troncais" e o poder determinante dos pais. No currículo educativo non existen materias "troncais". Non hai materias de primeira e outras de segunda. É un disparate! En que criterios pedagóxicos se fundamenta a decisión de que todos os estudantes de Galicia teñan que aprender á forza matemáticas en castelán?

¿E que dicir do poder discrecional dunha parte dos proxenitores para decidir sobre o ser ou non ser dunha lingua que é patrimonio común? Neste país, todos pagamos o ensino público (e o privado concertado!), é dicir, todos somos pais e nais. Mesmo o presidente e os conselleiros que non teñen fillos, tamén eles, nunha sociedade democrática, tamén eles son pais e nais. Non, non é a liberdade o que se instaura, senón o caos. Non é a cordialidade o que se implanta, senón a rifa permanente. Non sei se viñamos dun "bilingüismo cordial", mais si dunha "tranquilidade relacional" que agora pode estoupar. Dise que había un compromiso electoral, mais nunca se especificou o contido da reforma. E aínda que para afagar orellas fanáticas se fixese algunha promesa, o gobernante ten a obriga de revisala cando esa promesa vai contra o espírito do Estatuto, da Constitución e da Carta Europea das Linguas.

E se non se fai así, se non se volve á sensatez dun gran consenso lingüístico, que garanta a protección do galego, o que cómpre é espallar o modelo Camarote dos Irmáns Marx a todos os eidos da sociedade.

Que se decrete a "liberdade" de pagar impostos, taxas e multas. A "liberdade" de circulación automobilística a esquerda ou dereita por votación dos condutores en cada estrada e cada catro anos.

Que os clientes das caixas de aforro teñan dereito a votar en urnas e sucursal a sucursal (que menos!) se apoian ou non unha fusión. E que, dunha vez por todas, decidamos en votación se na catedral de Compostela está enterrado o apóstolo Santiago ou o herexe Prisciliano.

A educación é o núcleo de abastecemento de esperanza dun país. O que se fixo perante un ano enteiro non só foi perder o tempo senón espallar en todo o corpo docente, en mestres e profesores, a síndrome do burn-out, o queime, o chamado "infarto da alma". A relación dun bo gobernante co seu país debería semellarse a do artista coa súa obra. Velo como un work in progress. Unha obra aberta. Mais a forma que agora mesmo ten o país é a dun buraco in progress. Aborrecían a "inmersión" e, mira por onde, estamos todos mergullados nun Camarote absurdo, ocupados en facer buracos no baleiro.

Até aquí, o mestre Rivas.
Saúdos.
                 Eduardo Seco

lunes, 29 de marzo de 2010

Efémerides-2010 (R Senín)

Amigos quinta-57:

Neste ano santo xacobeo, 2º do 3º milenio do cristianismo, unha boa parte da quinta-57 cumprimos a idade de xubilación/retiro e paso de folla e apertura do último capítulo da mesma vida.(3ª idade).Somos os que ingresamos con 12 aniños en Belvís (1957) a idade de ingreso mais frecuente naquela época. O Outro dia falando disto cun amigo nos dixo que nos quedaban estatísticamente falando entre 10 e 15 anos de esperanza de vida.Outro que escoitaba replicou que iso da estatística era unha trapallada, porque había lido que esa é a cencia según a cual “ si tu te comes dos pollos y yo ninguno es como si nos comiésemos uno cada uno”, e añadeu : “nada mais incerto na realidade e na mais certo estatisticamente falando”.
Outro acontecemento de este ano e o cumprimento de 1º centenário do pasamento de D.Antonio López Ferreiro, citado neste foro. D José Mª Diaz Fernandez, deán, deixou constancia dilo no Correo Gallego de dia 20 dos correntes, de modo maxistral,como acostumbra.
Tamén por estas datas hay un ano, Severino Calvo (RIP) nos puxo a andar este foro (como moi bem recorda Rafael), pero ó meu entender camiña tembloroso e dubitativo, e alguns nin se atreven a dar os primeiros pasos ¿por qué será? Sobre todo tendo en conta que o futuro das comunicacións está nestas tecnoloxías. Eu prefiro o periódico e o libro impreso tambén. Esto si que é unha provocación, amigo Andrés L Amboage, pero no mellor senso da verba.(como diría Dª Rosa Diez do ser galego).
Felicitar a Eduardo e Rafael por manter o foro a tan alto nível, e os demais por participar.
Na contraportada do Faro de Vigo (18-3-10) ven unha entrevista a “un tal” Victorino Perez Prieto, teólogo, casado e non secularizado.Os que ledes Encrucillada coñecédelo ben. Hay uns dias tamén veu outra no Correo Galego. Ete si que vai provocar um arresto do Bispo de Mondoñedo, que é o corpo do Exército o que pertenece. Eu si vos digo a verdade, nos exércitos gustame a disciplina (que reviste su verdadero valor cuando la arbitrariedad o el error acompañan a la acción del mando y el corazón pugna por hacer lo contrario de lo que se nos ordena) e na igrexa gustame a comunión (in eclesia comunione) e a lealtade sempre nas duas institucións, entre outras cousas (outra provocación). O contrario xenera tensións innecesarias e frecuentemente escándalos. A Victorino vexo moi priscilianista. Os mais sensatos consideran tan improbable en Compostela a Prisciliano (S.IV) como a Santiago (Pérez de Urbel, Sánchez Albornoz,etc.etc.) O tema seguirá aberto,probablemente per secula-seculorum.
Nada mais por hoxe. A ver si estas parésticas de efemérides “provocan” algunha intervención mais aguda.

Feliz Pascua, Saúde, Adeus

domingo, 28 de marzo de 2010

MISCELANEA V

Ola¡ compañeiros: Esta última tarde domingueira do mes de Marzo,metidos xa na Semana Santa,nada ten que ver coa do Domingo pasado na que todo o mundo se votou fora das casas. Hoxe estamos ante unha tarde que invita a manterse recollido saboreando unha taza de fumeante café, cunhas pingas contadas de augardente , e unha música de fondo dos “Indios Tabajaras” que nos relaxa e transporta a un mundo sosegado en paz con nós mesmos.

A semana pasada non deixaron de aparecer noticias relacionadas coa pederastia e coa Xerarquía da Igrexa, tanto na prensa xeral e tv. como na prensa dixital especializada en temática relixiosa como Religión Digital. Despois dos ríos de tinta e cuspe que xa correron e posiblemente dos que queden aínda por correr nada debo dicir que xa non se teña escribido ou dito. Polo menos no que corresponde a nosa diocese, nos tempos en que estaba mais ao tanto,había unha especial sensibilidade e se nos ten alertado para detectar ese fenómeno naquelas persoas que se ofrecían voluntariamente para realizar actividades cos nenos .Recordo que Xosé Antonio Iglesias Pérez, irmán de D. Manuel e de Xavier, compañeiro noso, cando era responsable do Movimiento Junior Diocesano tenme falado de que había que ter as antenas postas,todos aqueles que tiñamos ao cargo grupos Junior, para descubrir posibles pederastas naqueles descoñecidos que se ofrecían para colaborar como educadores, sobre todo, nos campamentos de verán.

Xa non agora pero cando algunha vez ten saído na conversación este tema con compañeiros profesores ou do mundo do dereito que, como vos teño xa comentado, estudaron moitos deles ou en seminarios diocesanos ou en congregacións relixiosas,todos coñecen algún caso,por experiencia propia ou allea,de como había algún superior ou profesor que tiña fama diso.

Estes días desapareceu unha páxina en internet: Iglesiasinabusos.com que supoño que terá rabo.(Contan dun crego que cando lle facían un regalo preguntaba se tiña rabo aínda que fose un cartón de tabaco. Referíase a que despois do regalo viñan a pedirlle unha recomendación para un traballo ou para que falase con alguén importante para conseguir algunha comenencia).Terá rabo tamén este suceso?

Despois da pastoral do Papa non sei que temen os nosos bispos ou responsables institucionais para ser transparentes. Hoxe é imposible ocultar algo. O Opus Dei do que nun tempo se descoñecía todo por ser unha sociedade secreta, hoxe, xa hai moitos anos, desde a canonización do fundador, hai unha páxina:Opuslibros.org. onde ademais dos testemuños dos que se marchan están todos os documentos internos traducidos dos orixinais do latín que os propios integrantes descoñecían, estando dentro, que non fosen dos mandamais. Veremos o que pasa.

Os lexionarios de Cristo(Comentaba Andrés unha vez que en Salamanca coñecíanse como os millonarios de Cristo),poder económico poderoso, a universidade Francisco de Victoria de Madrid e deles, imparte as mais importantes carreiras.:Medicina, Arquitectura, Dereito,Periodismo, Biomedicina... non foron capaces de ocultar as miserias do seu fundador do que o papa anterior cualificou como un modelo a seguir.

En Santiago, en épocas anteriores a nosa, tense truncado algunha carreira episcopal por denuncias a Roma de pederastia. Cando estudamos nós,xa collemos superiores e profesores moi novos, estaban xa moi sensibilizados sobre todo dunha posible homosexualidade propia dos internados.

A primeira vez que escoitei falar das amistades particulares, ás que sempre aludían cando dirixían aqueles exames de conciencia,pregunteille a Agra Garcia que como era repetidor xa estivera o curso anterior e díxome que se referían a aqueles que lles gustaba andar cos mais guapos que tiñan cara de nenas. Ti e mais eu como somos feos podemos andar xuntos que xa verás como ninguén nos di nada. Tardei tempo en comprender o que me dixera.

A materia ou disciplina que naquel tempo suspendiamos todos era a da sexualidade. Non existía educación sexual de ningún tipo. Tabú total .En Teoloxía o libro de Regatillo sobre dereito matrimonial ,a lección nove, estaba en latín. Eran outros tempos para todos.

Vou rematar. Pese a que hoxe a tarde será mais longa xa levo mais dunha hora fronte a pantalla e tamén hai outras cousas para facer e hai que deixar algo para contar outro día.

No apartado dos avisos teño que dicirlle a Fernando que me gustou o que nos contou sobre as luces e sombras da peregrinación. Ese criterio crítico e inconformista, separando o importante do accesorio, é moi útil para andar pola vida. Na Igrexa que se presta un servizo aos demais é tamén moi importante que haxa heterodoxos e ollo critico. Son os que sempre abriron camiños en todas as ordes da vida. En relación coa desaparición deste Blog que consideras noso eu tampouco penso que desapareza. Seremos mais ou menos pero mentres Antonio Puertas teña contacto coas musas que o inspiran e ti e mais Eduardo e todos os que participaron algunha vez o sigan facendo esta vela manterase acesa.

Cando haxa que facerlle a revisión anual poderemos pensar en como promover unha meirande participación a través de seccións distintas para que cada un poida participar naquilo que mais lle apeteza. Podemos ir a “Desván e los Monjes” pero para darlle mais vida e non para enterralo alí.

A Eduardo que supoño que andara de viaxe desexarlle boa viaxe. E a todos que teñades un bo descanso neste tempo de vacación .Adeus .Rafael

sábado, 27 de marzo de 2010

MIS POESIAS

PASIÓN

Ran…rataplán, rataplán…plan.
Tiii…tiriríii….,plan…rataplán…

En el madero clavado
Por culpa del pecador:
Mis pecados te han llevado
Al matadero de amor.

Ran…rataplán…

…Asesinos del Buen Pastor
…Del Cristo crucificado…
Rayos de espinas clavados
En la fuente viva de Dios.

Ran…rataplán…
Tiii …tiriríii, plan…rataplán…

Rompe el diablo en mil pedazos
Las victorias del laurel,
Que se alzan como brazos
Del hosanna de Isrraél.

Rataplán…plan…

Lanza de pozo abierto
Cristalino de Jericó;
Eterno río que mana
Agua viva del amor.

Ran …rataplán…tirirí…ti.

Antonio Puertas

martes, 23 de marzo de 2010

Luces e sombras da Peregrinación

Este sábado pasado, aproveitando a ponte de San Xosé, peregrinamos a Santiago as parroquias de tres arciprestados, ou eso era o que constaba oficialmente, pois a verdade é que faltou representación de moitas parroquias. Da miña parroquia participaron pouco máis de 20 persoas entre as que foron andando, en autobús e tamén no propio coche. Alí atopeime con moitos cregos coñecidos e outros que non coñecía; tamén estaba o noso compañeiro Manolo Barros Brey cos seus fregueses. Acompañounos toda a xornada unha chuvia pertináz coma nos mellores días do inverno compostelán; por esta causa moita xente meteuse na catedral unha hora antes das 12, hora da Misa do Pregrino. Faltaba media hora para comezar a celebración e o templo estaba xa ateigado de xente que producía notable balbordo; moitos tentaban desplazarse polas naves en busca de sitio para sentar, outros iban a procura dun confesionario con pouca ringleira esperando turno, e outros trataban de atopar o parente ou veciño co que fixera a viaxe. O caso é que a mín víñame á memoria a pasaxe do templo de Xerusalén cando Xesús restableceu a orde. Os cregos presentes dirixímonos a Sacristía donde nos mandaron revestir para concelebrar co arcebispo e os coengos. Alí comentei con algún compañeiro que si eu fose o arcebispo mandaría a parte dos presentes que se sentasen nos confesionarios baldeiros para atender ós penitentes que agardaban, pois non había máis de tres ou catro confesores nos seus postos. Resulta un contrasentido que sendo a confesión un dos requisitos para gañar o xubileo, non se dea prioridade a esta tarefa en vez de facer montón na concelebración. ¿Qué pensarían aqueles que agardaban inutilmente a que lles tocara o turno diante dun confesionario? E logo queixámonos de que cada vez se confesa menos xente. Pero nada, quén manda manda.
Xa situado no altar, causoume impresión observar cómo cantaba a xente masivamente nas distintas partes da Misa e tamén cómo gran parte dos presentes mantiñan unha actitude de oración a pesar do trafego que perduraba nos aledaños. Chegada a hora da Comuñón, mandáronos á metade dos cregos sair a repartila sen rumbo fixo. Tiñas que sumerxirte na multitude e atender a unha morea de brazos que pasando por enriba da cabeza dos próximos tentaban que a súa man se vira agasallada con unha forma. Mesmo semellaba o reparto dos primeiros alimentos que chegaron ás vítimas famentas do terremoto de Haití. O que non sucede en ningunha igrexa do rural acontece na nosa catedral; solo quedou faltando que tamén houbera codazos e empurróns para poder comulgar. ¿Tan difícil será poñer un pouco de orde para un momento tan singular? si esto acontece en tódalas Misas do peregrino vaya imaxe estamos dando. Como contrapartida a este bochorno teño que dicir que, sendo a primeira vez que me tocou dar comuñón na catedral, impresionoume fondamente a actitude de grande fe coa que se achegaban moitas persoas de tódalas edades, en algúns casos corréndolles as báguas de emoción. Tocoume repartir no medio de xente que viñera camiñando de lonxe, molladiños e cargando con macutos; algunhas familias que tamén traían os cativos e participaban todos do Sacramento. Total que a vivencia de ese día para mín ten as dúas caras: O templo de Xerusalén cos seus pontífices e mercaderes por unha banda e pola outra a fe dos humildes e sinxelos de corazón. Estes últimos contrarrestan suficientemente ós primeiros (ó meu entender).
Cambiando de tema, Eduardo fala na súa última entrada de facerlle o aniversario a este BLOG mandandoó ó desván de los monjes en vista de que a xente non participa. Espero que tal cousa non aconteza nesta década polo menos. Cónstame que hai compañeiros que o siguen puntualmente ainda que non participaron activamente polo de agora. É certo que algúns facémolo de páscuas en venres, pero coido que nada máis que fora polos artigos de Eduardo e Rafael, que tanto nos ilustran e nos fan pensar, está plenamente xustificada a permanencia de este espazo na rede. Así que ¡ADIANTE!, que non decaia. Si é preciso, conformarémonos con que as vosas aportacións veñan máis espaciadas no tempo, pero ó desván de los monjes hai que mandar outras cousas antes que o noso Blog.
A Rafael teño que agradecerlle particularmente as pistas que de vez en cando nos dá para ler na rede cousas moi interesantes; a última delas o artigo de Celso Alcaina sobre as súas memorias; encantoume de verdade e fíxome pensar.
López Amboage, a quén Mosquera Villar lle chamaba "mi crítico" porque lle correxía os seus arrebatos poéticos, trata de consolarme polos estragos do botellón decíndome que en Madrid está á orde do día tal fenómeno en moitas plazas. Teremos que soportalo de momento, pero confío en que esta moda vaia parar tamén ó desván de los monjes máis pronto que tarde. Por hoxe máis nada. Unha aperta a todos. Fernando Ledo.

lunes, 22 de marzo de 2010

Malos tempos e bo tempo


Queridos amigos: Hoxe Domingo, inicio da primavera, despois de xantar tivemos que cumprir co ritual ,conforme fixeron moitos dos habitantes da area metropolitana coruñesa, de tirar proveito e gozar desta tarde soleada, limpa, temperatura agradable e que daba gusto andar por fora. Cando empezou a arrefriar, ao solpor, houbo que recollerse como as galiñas. De volta na casa,entre lusco e fusco, póñome a argallar esta comunicación e sinto un rechouchío e algarabía no patio interior do edificio que me altera de forma agradable e non saio do meu asombro ao ver unha parella de andoriñas que acaban de arribar e bailan e brincan arredor dun dos niños que teñen neste edificio desde hai moitos anos. E todo un espectáculo presenciar a danza destes paxariños que nos alegrarán as tardes e sobre todo as mañás, co canto de matíns e vésperas, ate o mes de setembro que collerán o camiño de volta. Son as primeiras pero virán mais pese a que cada ano veñen menos das que marchan.
Penso escribir algo sobre o que estes días abre os telexornais e primeira páxina de case todos os medios pero estanme dicindo que vai empezar o partido do Barsa e haberá que velo. Mañá continuarei.
Sigo hoxe Luns pola tarde. Levamos uns días que pese a chover sobre mollado a Igrexa e mala noticia en todos os medios de comunicación. A carta do Papa dirixida aos fieis ,bispos e cregos de Irlanda e dura nas formas e incluso no contido pero non vai ser suficiente, quixera equivocarme, para solucionar o vello problema da pederastia dalgúns,moi poucos, cregos e relixiosos.

Coa longa experiencia dos problemas que tivo en Estados Unidos por esta causa e que levou a ruína económica e a insolvencia a algunhas dioceses é a primeira vez que nun documento oficial do Vaticano, nunha carta pastoral,se afronta o problema. Digo que quixera equivocarme porque esta pastoral está forzada polos acontecementos de Irlanda onde o Estado e a Xustiza leva anos investigando estes feitos e ante a cantidade,falan de milleiros de vítimas, non houbo mais remedio que afrontar os abusos sexuais a menores que levan tantos anos ocultando deliberadamente. Hoxe estamos na sociedade da información e resulta imposible practicar o escurantismo.

Hoxe mesmo toda a prensa faise eco da situación en Irlanda e na mesma Alemaña e resto de Europa e como dixen teño a impresión que vai haber música para bastante tempo. Non é nada agradable para os compañeiros cregos nin para ninguén .Non hai desculpa posible. Son delitos. Como refería sempre a nosa querida paisana ferrolán, Dona Concepción Arenal, débese odiar o delito e compadecer ao delincuente. Fraco favor se lle fai a causa dicindo que é peor o aborto ou que se trata dunha campaña para desprestixiar a Igrexa ou para non falar de Deus.

Chama a atención que sexa Irlanda onde desde o 1 de Xaneiro deste ano aprobaron que sexa delito blasfemar e defínena así: “una expresión “tremendamente abusiva o insultante en relación a una materia tenida como sagrada por cualquier religión”.A pena é unha multa de 25.000 Euros. Como vedes deixa nunha gran indefinición o tipo penal. Insultante?Sagrado?

Mais do 90% dos centros educativos dependen da Igrexa Católica. Que Eduardo, persoa lida e viaxada, aspiración que todos se supón que temos, pese a que o finado Manuel Espiña se queixaba de que os cregos compañeiros seus lian pouco ou nada, nos informe como anda o mundo das ideas por Dublín.

A recente estreada Constitución ou Tratado Europeo de Lisboa que rexeitaran os irlandeses e que houbo que repetir o referendo, como recordades,houbo que poñerlle un anexo no que todos os países presentes ou futuros da Unión se obrigan a deixar fora a Irlanda das lexislacións que poidan regular o aborto ou o sistema tributario amais dalgunha outra cousa sobre o exercito. Parece que estamos ante unha sociedade ultraconservadora e integrista e con tan pouca conciencia sobre os dereitos dos nenos .A ver se o amigo Eduardo coa perspicacia e rigor que o caracteriza nos alumea algo neste sentido.
Agora uns avisos. O primeiro é para o amigo Luciano que ten tempo para facer declaracións á prensa “canalllesca” (Hoxe no Pais) e ningún día do mes para deixarnos unhas letras neste encerado. Estás perdoado de antemán pero se cambias de opinión es benvido. Polo que dis parece que estás algo desencantado e descrido. Pola fe non te preocupes. O importante é que non falle a caridade e maila esperanza. Unha aperta Lucho.

Os que entrades algunha vez en ATRIO xa o leriades pero os que non seguro que tedes interese en coñecer o que escribiu o compañeiro de Espiña (d.e.p.) e que sacaron do libro co que festexaban os 50 anos de cregos. Podedes atopalo poñendo en Google: El mundo,un pañuelo.La vida,un regalo. Pasaredes un bo momento rememorando o nome dos tramos nos que viviamos cada curso:San Luis.. e os letreiros que había na porta de cada aula: Initium sapientiae timor Dómini. Describe moi ben os anos pasados en san Martiño uns nove anos antes que nós e mais outro mundo de cousas que se len con agrado. Xa veredes.

Ao amigo Eduardo, ademais do encargo xa feito, debemos agradecerlle as contribucións tan acertadas que nos deixa. Con carraca ou sen carraca o xacobeo de recente creación que non é o mesmo ca o ano xubilar que xa se celebraba no A.T. parece que non arranca. Onte informaban que no que vai de ano chegou menos xente a Santiago que ano pasado e que fora dos días en que virá o papa de Roma non se esperan cantidades millonarias de xente. Loxicamente non é para celebrar. Mellor sería que tanto xan como pedro tivesen iniciativas mais imaxinativas e de futuro. Cando se anda para atrás retrocédese e non se vai a ningures a non ser que ese sexa o sitio ao que se quere chegar.

Xa está ben de lería. Un saúdo agarimoso para todos. Hai que cambiar de pola. Deica a próxima. Rafael


domingo, 21 de marzo de 2010

ETNOGRAFÍA ESPIRITUAL 2.

Aniversario oficial / oficioso
   Sobre o aniversario oficial ou oficioso, o certo é que desde o 14 de marzo de 2009 empezamos a coñecernos mellor e a deixarnos coñecer; un tempo no que fomos axustando sintonía, tono e temas. Na fase do blog voces interesantes deixaron de participar, outros vanse descolgando; cada un está condicionado polas súas circunstancias.
   Como présa non hai, podemos celebralo, Rafael, o 1 de San Xoán. Podemos celebralo cunha participación masiva, cun solemne cabodano (funeral de moitos cregos) ou entregalo en adopción, porque a criatura padece raquitismo. Ata podemos levalo ao Corpiño (Silleda) a ver se se lle quita o tangaraño. Merece ser abeirado no desván dos monxes, curas e ex seminaristas?

Tempos de carraca
   A carraca volverá soar na catedral de Santiago. O Vaticano II liberou as igrexas da obriga de facer soar as carracas no triduo sacro. O cabido da catedral de Santigo acordou restaurar agora o artiluxio sonoro que lle dá nome á torre esquerda da fachada, mirándoa de fronte, despois de máis de 50 anos de silencio. O iniciativa supuxo 57.000 € pagados polo Xacobeo e o Consorcio de Santiago, cruz do santo André de madeira de carballo das Nogais, 200 quilogramos a 70 m de altura.
   Etnograficamente parece unha proposta interesante. O simbolismo é fermoso: a campá representa a Cristo e o ruído da carraca representa o tremor da Terra pola morte de Cristo. Pero partindo do cabido, podería ser un acercamento inconsciente a Trento e un esquecemento do último concilio, como sucedeu coa recuperación da misa en latín e de costas ao pobo.
   Eu lembrei os tempos en que os rapaces, coa nosa carraca ou roncha portátil, faciamos tabletear a lingüeta sobre o eixe dentado con devota ira na misa do Xoves Santo. A recuperación levará turistas a Santiago no Semana Santa e os artesáns da madeira aumentarán o traballo, se se pon de moda o instrumento musical portátil.
   Será unha batalla máis gañada polo tradicionalismo retro da Igrexa?

Babel porteño
   Aledoume o proxecto Babel porteño da Biblioteca Xulio Cortázar de Buenos Aires. Será iniciado coa apertura dunha sección que levará o nome Rosalía Castro, formada por 900 libros galegos. O proxecto pretende enriquecer a biblioteca porteña con libros nos idiomas empregados polas distintas nacionalidades que alí conviven.
   A nova contrasta coa proposta de ofrecer un pacto pola lingua, pacto que xa había desde o Plan de Normalización Lingüística do 2004, aprobado por unanimidade, e roto agora unilateralmente en contra da opinión de case todos os que opinan. En vez do pacto inútil, mellor sería "recuar e abandonar a demagoxia para cerrar un conflito unilateralmente aberto por puros motivos electorais", en palabras de Xose L. Barreiro. Ademais, é conflito artificial, inexistente.

Pacto polo rexuvenecemento   
   Este pacto, proposto tamén no Parlamento, ¿significa que Galicia é un país de xubilados e que dependemos dunha inmigración que nos dea sangue e xuventude? A cambio, novas cores, novas culturas, novos deuses e novas relixións. Non será competencia desleal á rede de romarías que tan ben nutren a nosa etnografía espiritual?

Aproximación á etnografría
   Etnografía espiritual, segundo Xesús Taboada Chivite, é a ciencia que estuda os elementos culturais de tipo espiritual, indispensables para coñecer  a alma dun pobo: aquelas crenzas, coñecementos, ritos, usos sociais, métodos de traballo e producións útiles, literarias ou  artísticas que un pobo posúe en común por tradición, e que se transmiten de xeración en xeración por tradición, independentemente da clase social. É a tradición viva, moitas veces vivente e tamén operante. Para coñecela, hai que afondar nas súas crenzas, na súa relixión e na súa linguaxe; hai que se meter na súa pel para ver e interpretar o mundo cos seus ollos, porque hai que traspasar as aparenzas, as evidencias, e desde o concreto, desde o fraccionado, chegar ao sistema, á filosofía con que tal pobo encara a vida.
   É difícil achegarse á etnografía de calquera comunidade cando se trata de manifestacións espirituais que admiten interpretaccións diversas. Máis complexo resulta o propósito se o pobo descrito está en profunda transformación por efecto da civilización actual, que provoca comportamentos diferentes aos doutras épocas.
   Moitas crenzas e prácticas están en franca regresión e resulta moi subxectivo describir a situación etnográfica espiritual. Agrávase o tema ao ter que xeneralizar, porque Galicia é poliédrica e cada pequena comunidade crea a súa propia cultura específica. Así pois, é moi discutible a utilización dos tempos verbais en pasado ou en presente, xa que os matices adquiren categoría de substancia.
   Imposible facer aquí unha radiografía sincrónica, só uns apuntamentos por un percorrido diacrónico que axude a interpretar a alma colectiva de Galicia, que se foi forxando cos séculos.
   Para Antonio Fraguas, Galicia é un país vello, cheo de encantamentos, porque o misterio desta terra se presenta en todos os camiños e ninguén debe sentirse alleo ao seu encontro, tan só precisa esperar a que o misterio pase. 
   Escribía Unamuno a propósito de Galicia: "Debeu de ser alí moi longa e moi entrañable a convivencia entre o home e a terra". Para conservar ese mundo, o paraíso unificado, o galego faise veciño de moitas terras e falante de moitas linguas.

   Cando volve e recoñece desde o mar a paisaxe cambiante, canta:
 Vexo Vigo, vexo Cangas,
tamén vexo Redondela;
vexo a ponte de Sampaio
camiño da miña terra.

A ausencia da terra nótase a miles de quilómetros e a distancias máis curtas, abonda con que cambie o perfil do horizonte:
Vámonos para Aguasantas,
miña cariña de rosa;
vámonos para Aguasantas,
que esta terra non é nosa.

A ausencia do lugar produce un sentimento doloroso e amargo por non poder estar na casa ou na terra propias. Por iso Rosalía Castro pide axuda ao vento, alento e vida, axuda para volver ao seu mundo:
Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.

Esta soidade exprésaa Rosalía lembrando o espazo que posúe:
Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criei,
hortiña que quero tanto, 
figueiriñas que plantei. 

A comuñón entre paisaxe e persoa, o sentimento da terra exprésao así Castelao: "O vicio da raza lévanos lonxe do mar, da terra mesma que nos dá forza, sen que en ningún sitio encontremos descanso ás nosas tristezas; e cando cansados da loita non podemos ir a diante, sempre temos o camiño de volta que nos tira cunha forza misteriosa".

                   Eduardo Seco



miércoles, 17 de marzo de 2010

Males de cabeza

Santoral
   Hoxe escribo desde Pontevedra, as dúas últimas achegas desde Dublín, onde hoxe celebran con moita cervexa a festa de san Patricio.  Aquí é o san Lázaro, avogado sanador de enfermidades da pel; pero xeralmente festéxase o domingo anterior a Ramos.
  
  Pésame
   "Acabóuseme o tempo", dixo Delibes tres anos antes de morrer.
   "Celsiño, isto acabouse", dixo Espiña a véspera da morte.
   Xa que todos pasaremos por ese transo, é positivo que hoxe se aprobe en Andalucía a Lei da morte digna ou, mellor, da vida digna. A dor debe ser combatida, como dixo Andrés TQ na  conferencia sobre o problema do mal.
   De Delibes poño na lista de lectura El hereje, onde explica, tras superar unha grave enfermidade, como debe ser un novelista. Tamén Las ratas, sobre a orfandade radical dos homes, o desamparo, sen caer na desesperanza. Morreu un mestre do castelán sempre atento á lingua do pobo.

A cadaquén o seu
   As máquinas tradutoras non son responsables de nada. Si, os que non teñen raíces nin reflexos.
   Onte tamén oín unha cita de Alba de groria, de Castelao, traducida ao castelán, nun discurso en galego no Parlamento de Galicia.
   O borrador de pseudopolilingüismo que se quere implantar en setembro apunta á mesma liña ideolóxica; non importan os informes negativos da RAG, do Consello da Cultura, do colectivo de xuristas, de profesores de universidade, de sindicatos, de asociacións de pais de alumnos, de representantes de centros relixiosos, nin as manifestacións masivas.

Cela de castigo
   Sigo tendo pesadelos, pero agora irei a un psiquiatra de "pagho", como din na miña terra. Como terapia preventiva vou transcribir un capítulo de Males de cabeza, de Fran Alonso. Xerais. 2001. Retrata a incoherencia e irracionalidade de moitos galegos:

Desviación de chamada

-Si?
-Ola, bos días. Son Héctor Sabarís. Chamo de parte de Lula, a profesora de francés, que é amiga súa e me deu o seu teléfono. Non sei se ela xa falou con vostede...
-...
-É que estou a facer a miña tese de doutoramento sobre didáctica e ensino en Galicia durante os anos 7o e quería falar con vostede, porque seica foi directora do Instituto de Mondoñedo.
-Si.
-Teño entendido que foi directora dese Instituto a principios da década, non si?
-Fui.
-Ahá. Pois iso é o que me interesaba. O seu testemuño. Como lle comentaría Lula, para facer a tese necesito falar con xente que me poida responder a unha serie de cuestinarios estándar que eu elaborei.
-Ya. Mire, usted habla gallego, ¿verdad?
-Se falo galego? Claro. Pois gustaríame intercambiar impresións con vostede, facerlle algunhas preguntas, en concreto en relación con cuestións didácticas do Instituto que vostede dirixía.
-Ya.
-E, se non ten inconveniente, como teño entendido que vostede xa hai anos que non vive aquí, que me dixo Lula que agora vive en Alacante e xa marcha para alá dentro duns días...
- Ya. No, pero mire...Yo, aún esta mañana estuve en Correos, ¿ sabe?, y había allí una parejita que eran ingleses, fíjese, y resulta que los pobres estaban absolutamente perdidos y no sabían que hacer.  ¿Y sabe usted por qué? Porque no entendían nada.
- Xa, pero, iso que ten que ver comigo?
- ¿Con usted? Con usted la parejita no tiene nada que ver, se lo digo porque los pobres no entendían nada porque estaba todo en gallego. Y claro, como eran ingleses, fíjese usted.
- Xa, de todos os xeitos, a min o que me interesaría, se non ten inconveniente, é facerlle chegar o cuestionario, e saber, para non molestala máis, se estaría disposta a contestalo. Como lle dixen, as preguntas están relacionadas con...
- No, molestia no es, pero mire, yo no sé si usted me comprendió, lo que le quiero decir es que no entendían nada porque les estaba todo en gallego y tuve que ayudarles yo, a los pobres, para que pudiesen enviar sus postales.
- Xa, pero ese asunto non ten nada que ver co que eu lle digo. Eu simplemente quería saber se estaría vostede disposta a axudarme na miña tese respondendo a ese cuestionario que, asegúrollo non ten ningún tipo de preguntas persoais senón que...
- Pero oiga, ¿es que usted no sabe hablar castellano?
- Pois claro que sei, pero non creo que teña importancia agora que idiomas sei falar eu.
- Oiga, pues si sabe hablar castellano,  ¿por qué no me habla en castellano?
- Porque non vexo razón ningunha para facelo; non sei por que vou falar en castelán con vostede, se vostede é galega e vexo que me entende perfectamente.
- Pues por una razón muy simple: por educación.
- Xa, pero por educación tamén me podería falar vostede a min en galego, e non lle estou pedindo que o faga. Eu fálolle galego e vostede enténdeme perfectamente e vostede fálame castelán e eu enténdoa perfectamente. Non vexo onde está o problema.
- Ya, pero podría no entenderlo.
- Pero non é o caso. Eu respecto a lingua que vostede utiliza, non pretendo que me fale galego. E eu non acabo de ver a razón pola que teño que falarlle castelán cando me entende perfectamente.
- Por educación.
- Por educación, como lle dixen, tamén podería vostede falarme a min en galego. Mire, eu non a chamei para discutir cuestións lingüísticas, o único que quería saber é se está vostede disposta a axudarme respondendo a unhas preguntas por motivos profesionais.
- ¿Y no puede usted hablarme en castellano?
- Podería, claro que podería, xa llo dixen, pero non o vou facer porque non vexo razón ningunha para facelo.
- D`acord. Alors, à partir de maintenant, comme vous ne voulez pas me parler en espagnol, moi, je vais vous parler en français, parce que je suis dans mon droit, moi aussi, de vous parler dans la langue dont j´ai envie. Alors, debrouillez vouz.*

*- Vale, Entón, a partir deste momento, xa que non quere vostede falarme en castelán, eu voulle falar en francés, porque eu tamén estou no meu dereito de falarlle na lingua que me peta. Así que apáñese.

- Il n´y a pas de problème. Si vous voulez, continuons la coversation en français. Je n´y vois pas d´inconvenient. Mais vous répete que je ne regrette d´aucune fason votre droit à parler la langue que vous voulez, c´est vous qui me refusez, à moi, le droit de parler en galicien, qui est ma langue. And, if you want, we can also do it in English**

**- Non hai problema. Se vostede o quere así, continuamos a conversa en francés, non teño inconveniente. Pero repítolle que eu non lle nego en absoluto o seu dereito de falar a lingua que vostede queira, é vostede quen me está a negar a min o dereito de falar en galego, que é a miña lingua. E, se vostede quere, tamén podemos falar en inglés.

- Ah, si? Pois daquela falamos galego, ou que se cre...Eu tamén sei falalo! E ben que o fago, que meus pais non sabían falar outra cousa e é a lingua que eu mamei de nena. Vaia, ho!.

Eduardo

Aniversario natural (Rafael)

Moi señores meus: Hoxe que teño algo de xeito vou a rexistrar para que quede constancia,a todos os afectos, que o Domingo día 14 do mes que andamos comezou a súa andaina este taboleiro electrónico ou foro “in memoriam Severino Calvo”como o bautizou Ramón Senín. Ese día o compañeiro e amigo Severino(d.e.p.) mandounos un correo a todos aqueles dos que tiña a nosa dirección nestes termos:
"!Hola a todos¡ Amigos y compañeros
 
A pesar de mis antecedentes, nunca me gustó hablar ni de religión ni de política, porque al final casi siempre terminas peleado.
 
Pero ayer surgió un tema que me gustaría debatir con algun amigo cura o ex.
 
Ayer toda la prensa nacional se hizo eco de uno de los logros mas importantes en los avances de la ciencia médica y que abre un futuro impresionante.
 
Por primera vez en España, se consiguió seleccionar geneticamente un niño, que al nacer va a curar su hermano que nació 7 años antes con una enfermedad incurable, (debida a el azar le causó una mutacion genética).
 
ESTO ES UN NOTICIÓN para el niño enfermo, para sus padres y para casi todo el mundo civilizado.
 
Por ello no entiendo, la postura de los obispos, descalificando este MILAGRO. Esto, sin duda, creo que lleva a vaciar iglesias y aumentar el número de agnósticos y ateos.
 
Me gustaría conocer vuestra opinión
 
Un abrazo"
 
O que veu despois xa e coñecido e xa vai alá un ano. “Tempus fugit”. Seguramente se tedes curiosidade podedes comprobar como en moitos casos non coincide o día de nacemento que figura na inscrición do libros de bautizados coa que aparece no Rexistro Civil. Os que teñen menos de 45 anos que naceron xeralmente en hospitais e que se lles estendeu un certificado médico de nacemento xa nos hai diverxencias entre ambos rexistros. A razón está en que a Igrexa, cando nacemos obrigaba a bautizar aos nenos inmediatamente despois de nacer ou cando menos ao seguinte día. Os partos eran atendidos no medio rural polas parteiras. Tanto no Rexistro Civil como na parroquia a data de nacemento era a que manifestaba a persoa que o inscribía. Ao cura dicíaselle o día anterior para que non berrase e no rexistro civil,xeralmente menos rigoroso o día real do nacemento ou outro calquera. De aí as discordancias moi frecuentes en xente da nosa idade.

Ven isto a conto porque este blog oficialmente inaugurouno Andrés o día 1 do mes de San Xoán (moi agradecidos todos), como podedes comprobar andando para atrás pero a criatura naceu realmente na data en que eu vos acabo de comentar. De todos modos como a data que fai fe é a que aparece no documento oficial, salvo proba en contrario, celebrarémolo por todo o alto, se chegamos alá , no seu aniversario oficial.

Moi bonito os versos de Puertas. Hai que ter coidado coa carteira sen ningún xénero de dúbida. O pai dun amigo meu aconsellaba ao fillo cando viaxaba que coidado coa bolsa dos cartos,Un home sen bolsa e un ninguén. Hoxe coa telefonía móbil e con Internet nun día de semana todo se arranxa aínda que perdas a bolsa. Se a perdes un fin de semana xa a cousa se complica mais.
Deica a próxima. Saúdos a todos .Rafael

sábado, 13 de marzo de 2010

entrada breve

Sólo decirle a Fernando Ledo que no sabe aún que la democracia es para muchos "poder hacer lo que me da la gana ; y pedir sin obligación de dar" Si te consuela te dirá que en Madrid hay muchas plazas donde se celebra botellón todos los fines de semsna , con las consecuencias que bien conoces .
Me gusta el ecumenismo "plural" que propone Rafael para hacer del Xacobeo algo nuevo , más rico y más elevado en intenciones .¡Ojalá alguien con poder recoja la idea!
Un saludo : Andrés L. Amboage

MIS POESIAS

Rafael dí: OLLO COAS MÁQUINAS...E digo eu,ollo coas carteiras!!!

DOROTEO Y CASIMIRO.

Doroteo y Casimiro, ambo los dos son mis amigos.
A Doroteo lo conozco casi desde que era niño,
Y a Casimiro, de reojo, la última vez que lo he visto.

Doroteo no te veo… Casimiro no te he visto.

Doroteo es medio tuerto y Casimiro, medio bizco.
Los dos son “OJEADORES” por los llanos de Jalisco.

…” Doroteo…¡ que te veo !, Casimiro…¡ Que te he visto !

Doroteo es el más feo… Casimiro , el más listo…
…Dejé dinero prestado y de ello…” me despisto”
El día que te marchaste, con las prisas en las ruedas,
Casi te “esnafras” con ellas en las revueltas del fisco.

El pasaje de la ida sin remitente a la vuelta ,
Se marchó en la cartera y en compaña de una tuerta.

Mal recuerdo, Doroteo, dejaste en un revoltijo
De reyertas y peleas en contiendas por Jalisco:
En la diestra Casimiro controlaba la merienda
Y en la zurda Doroteo la jamaba de un mordisco.

Mala suerte la tuvisteis por unos palos mal dados
Os hundisteis las cacholas y surgieron los milagros:
El tuerto se volvió bizco y el bizco llevó los palos
Del Alcaide cabreado en los llanos de Jalisco.

Antonio Puertas

viernes, 12 de marzo de 2010

OLLO COAS MAQUINAS (Rafael)

 Parabéns a Eduardo pola composición onírica que nos ofreceu por conta da desafortunada intervención do conselleiro de cultura D. Alfredo “Varilla”. O día de autos foi o 20 de Xaneiro,véspera da manifestación do ensino polo galego en Santiago, na inauguración da feira de turismo en Madrid.

Transcendeu xa no momento causando incredulidade nos que escoitaron en vivo,pola boca do Conselleiro, as poboacións polas que transcorría o camiño: Toro e Desván de los Monjes entre outras.. Unha das presentes foi Chus Pato que non daba creto ao que acababa de escoitar, incluso chegou a dubidar que non fose un soño como o que nos describe Eduardo. Doulle a vida que a súa beira estaba Iván Puentes, alcalde de Fene,que confirmaba que non era invención o que acababa de escoitar.

Como consecuencia do acontecido interpelaron ao Conselleiro no Parlamento e tivo mais que dicir: “Hai que ser estúpido para pensar que eu vou dicir Desván de los Monjes “Adíquense a traballar por Galicia e deixen de mirar en Internet que non hai mais que mentiras e estupideces...(mais ou menos).

Posteriormente a propia consellería aportou, supoño que sen sabelo, a proba do delito colando un vídeo no que aparece el “in person (Como din os pedantes) lendo Desván de los Monjes”como se lle fose un vocábulo de frecuente uso.
Antón Losada Trabada, bo periodista e profesor universitario, comentaba que estas miudezas que transcenden a todo o mundo e se comentan en todos os rueiros e tabernas perseguirán ao persoeiro durante moitos anos e durante toda a súa vida.´Fanse categóricas formando parte da personalidade como un alcume ou sobrenome polo que se recoñecerá na actualidade e posterioridade .As autoridades cando perden a autoritas so lles queda a potestas e o predicamento é ningún, que é o contrario ao de alguén.

As máquinas tradutoras instantáneas ademais de quitarlle o traballo aos profesionais da interpretación e tradución provocaron incluso o malgastar inxentes cantidades de diñeiro. Hai pouco sóubose que por un error de tradución dunha directiva europea na que coa mesma palabra se referían a concha de molusco e a casca de ovo montouse, na zona do Barbanza, unha fábrica para reciclar a cuncha do mexillón. Investiron varios centos de millóns entre o proxecto de investigación e a montaxe da factoría. Sempre dou problemas polo cheiro que producía. Non lle atoparon solución en varios anos coas consecuentes protestas dos veciños de Boiro e o alcalde rematou retirándolle a licencia por actividade nociva e insalubre.

Cando foron a Bruselas este ano a reclamar axuda descubriron que a directiva europea nada ordenaba sobre a cuncha do mexillón, co que sempre se abonaron as terras sen perigo algún para o medio ambiente nin para a alimentación. Os de ANFACO( fabricantes de conserva) quedoulles cara de parvos. A causa da desfeita e do malgasto de presuposto europeo foi dun tradutor sen que ninguén reparase durante tantos anos que había un error fatal de tan graves consecuencias.

O corta e pega tamén ten feito moito dano .Hai leis autonómicas que son un mero calco das de outras autonomías”ad pedem literae”:Os mesmos xuíces preguiceiros,de todo hai na viña do señor da xustiza terreal, fan cada sentencia na que nin se molestan en poñerlle unha letra homoxénea e do mesmo tipo e caracteres. Esta feita de remendos de outras e con contradicións de vulto. O mesmo se pode dicir de escritos de demanda,querelas, contestacións e alegacións dalgúns avogados que avergoñan aos seus compañeiros e poderíanse considerar unha estafa cando pasan as minutas, moitas veces astronómicas, aos seus clientes. Hai que andar con ollo,por tanto, e non abusar ou facer mal uso destas novas tecnoloxías. Con moderación son como o viño saudables pero en exceso fan danos de consideración.

Cambiando de leria hoxe están de loito as letras e a creación. Foise tamén D. Miguel Delibes. Terei que reler “El Hereje· que moito me gustou no seu día. Os santos inocentes vina no cine pero tamén a ficharei para os tempos de xúbilo. Cinco horas con Mario vina en teatro interpretada por Lola Herrero, gran actriz. Uns vanse e outros por sorte para nós quedan. Hoxe ven no Pais que Manolo Rivas e Suso de Toro son obxecto de estudo na Universidade Parisiense da Sorbona. É unha fachenda contar con estes ilustres persoeiros que tanto nos honra telos entre nós por moitos anos.

Por se o Domingo non teño xeito para satisfacer estas débedas literarias sirva esta sinxela contribución para que se me teña por presente e non se me poña falta. Saúdos para todos e que a vindeira primavera que xa peta á porta vos colla con ganas de nos aproveitar dela coa satisfacción e agrado que se merece polo que se fixo derrogar,despois deste negro inverno que tivemos. Deica a próxima. Rafael

miércoles, 10 de marzo de 2010

NO PAÍS DE NINGURES

Sons de mar
   É curiosa (enfermiza?) a capacidade dos humanos para competir. Presumimos de mar ao tempo que nos empeñamos en destruílo. Como quedarían os mares perdedores? E os que non foron presentados a concurso? O son do mar de cabo Vilán non tería competencia, rock duro para a macrodiscoteca de peixes de cría que alí xurdiu.
O mar resiste moito; non pode con todo nin coa traizón dun bico de maxia negra con sabor de chapapote.
O son do mar camariñán contrasta coa dóce música da popular:
"Ao pasar por Camariñas,
por Camariñas
pasei cantando...",
que na versíon de Luar na Lubre sempre me parece sublime.
   
Prensa
   No Diario de Pontevedra dixital do 8 de marzo lin algo sobre o Parlamento galego: unha deputada, Carme Adán, preguntaba ao conselleiro de Cultura se dixera en Fitur Desván de los Monjes e Toro, para referirse a Sobrado dos Monxes e a Touro.
   O conselleiro contestou que habería que ser estúpido para facer tal tradución dos topónimos. Asunto concluído...
   O mesmo xornal ofrece agora un vídeo coas palabras do conselleiro na clausura da feira turística. Escoiteino tres veces, non hai dúbida de que dixo Desván de los Monjes, Toro, Boqueixón...

Catarse picolóxica
   A información seguiume divertindo e batendo na sen como unha gota de auga en cámara de tortura.
   E soñei, vítima dun pesadelo, que vivía no País de Ningures, cun conselleiro de Nada, que vendía o país, no senso máis mellorativo da palabra. Ardían os arquivos do Ilga, da RAG e do departamento de Filoloxía galego-portuguesa. 40 anos de investigación reducidos a cinsa. A Comisión de Toponimia fora queimada viva diante da catedral de Mondoñedo, onde rolara a cabeza de Pardo de Cela. Filólogos especialistas en toponimia eran expostos nas picotas recuperadas da Santa Inquisición Lingüística. O ar cheiraba a fume e a churrasco e case me asfixiaba. Os segudos eran de area; os minutos, de lama; as horas, de chumbo.
   Sucedían cousas estrañas: as figueiras, estériles, medraban coas raíces no ar; a pomba de Picasso disparaba aos cazadores que a estaban espreitando para apoderarse das súas mensaxes de paz e destruílas. Alcapone encarceraba a Eliot Ness. Os xuíces con nome de rei mago eran perseguidos porque se trabucaran de estrela e de rumbo. Seguían unha estrela procedente de Occidente que se dirixía ao portal de Valén & Cía. O país era todo azul, como as hipotecas de Ibanesto.com, como as camisas de moda doutros tempos.
   Soñei que durmía en Buen Cajón, así chamado por un famoso caixón desastre que vivia en Boqueixón nos tempos dos mouros no Pico Sacro. Que se enviaban desde aquí, por veciñanza,  mensaxes encriptadas aos defensores da festa do touro ensanguentado, disque festa nacional, con puro e bota de viño. A vila de Zamora de maxestuosa colexiata -Toro- quedaba moi agradecida e agasallábao cunha caixa de viño de sangue do nobre e ibérico animal.
   Que os eséxetas discordaban na interpretación do misteroso Desván:
- Os máis fundamentalistas vían un claro desprezo á vida de traballo e oración dos cistercienses, unha condena velada do seu lema de vida: Ora e labora.
- Outros afirmaban que Sobrado ten que ver coa etimoloxía superatum, pero nada con desván nin con fallado.
- Os inconformistas crían ver unha denuncia da soberbia dos monxes, que dominaban a comarca e cada un daba mostras de ir algo sobrado ante os humildes labregos medievais.
- Algúen incluso dicía que non hai árbore frondosa de froitas sazonadas, se non ten boas raíces ancoradas na terra, e non só chupando dela. Isto nin soñando o entendín.
   Soñei que a noite era eterna, naquela cela de paredes de pedra, de porta de pedra e de teito de chumbo; de mesta escuridade e silencio desacougante.   
   A respiración era fatigosa. Grazas que me despertou o camión da vasura e rematou o pesadelo (ou non?).
   Telo aquí contado tranquilizoume un chisco. Xa estou mellor, aínda que Freud non sexa  psicanalista da miña devoción, nin me guste tumbarme no desván, perdón, diván de calquera psiquiatra.

                    Eduardo Seco.

lunes, 8 de marzo de 2010

AUGAS POETAS

Interesantísimos sempre os escritos que nos deixa Eduardo e Andrés mais, entendo, deberían entrar neste salón de actos, algún que outro novo persoaxe, naturalmente, sin que se marchen os que xa estamos,( en tal caso eu...), dése xeito, animaríase un pouquiño máis ó conto...
Xa saberedes que a Coruña, foi recenmtemente gañadora a nivel internacional, dun concurso que consistia en medír a "melodía" das augas do mar,e,entre 600 participantes, as augas do Orzán levaron ó primeiro premio...(As de Camariñas non participaron...)
Por tal motivo, compuxen este poema:

AUGAS POETAS

Vaivén de augas nó berce do mar
Por recunchos de pedras,
Bicando as areas dá miña Cidade,
Miúdas ondiñas viaxeiras.

Morniñas raiolas d´un sol de luar,
Cadenciosas notas, himno a Breogán
Que as brisas mariñeiras levan polo mar.

Abeirada agarimosa de cunchas refulxentes
Que ós espellos e as ondas riscan ó cantar,
Poemas de sirenas que ofrendan nó Orzán.

 Antonio Puertas

CHUPANDO RODA

   As achegas de Rafael son para ler máis dunha vez. A última (7-03) é un compendio de pasado simpático, de presente interesante e apunta a un futuro que pode mellorar o presente.

Pasado
   Hoxe chupo roda porque non teño moito tempo.
   Eu lembraba e repito ás veces "flores apparuerunt in terra nostra", pero xa esquecera que era frase do Cantar dos Cantares e do padre Isla. Recordo, en cambio, que a repetía sempre don Xoán Xosé Cebrián cando se achegaban os exames de maio, para convidarnos a apretar os cóbados.
   Do Buscón recordo a dómine Cabra, claro está, e ao pobre Pablos, que no credo dicía "padeceu baixo o poder de Poncio de Aguirre, por ter xurado non volver insultar a este, despois dunha solemne berradura. Se estabamos cerca na misa Tacón e algún outro, sempre nos cruzabamos algún sorriso cómplice neste momento do Credo. Enganabámonos adrede e eu aínda repito o erro de cando en vez.

Presente
   Paréceme moi oportuna a contraportada da Opinión sobre a visita do Papa, o Ano Santo e o Xacobeo. Xa comentei algunha vez a perigosa confusión de obxectivos. A "xeral compracenza" é explicable, pero sóame algo a papanatismo mediático. Divírtenme bastante os saltos de alegría do conselleiro de Cultura, a emoción profunda do Presidente e a celebración sinxela que anuncia o arcebispo. Tamén o afán de moitos por saír na foto, a composición da comitiva oficial e a ocupación hoteleira para ese día en Santiago. Relixión mediática? Economía asfixiada? Todo revolto?
  
   Paréceme lamentable que o Estado Vaticano non teña asinada a Declaración dos Dereitos Humanos  desde 1948.
   Tampouco se pode entender que a muller siga tan relegada na Igrexa. Hoxe é 8 de marzo e reivindícanse os seus dereitos. Non será de certo a encarnación do demo que nos tenta con liñas curvas?
   No artigo de Celso Alcaina (citado por Rafael) sobre don Manuel Espiña aparecen notas curiosas:
- Don Manuel convidou a Celso a pasar uns días no Cebreiro para desagravialo pola inxusta exclusión, por heterodoxa, da achega de Celso para o libro Todos irmáns, vodas de ouro, un exemplo de intransixencia e dogmatismo cun irmán e compañeiro de maxín prodixioso.
- D. Manuel lamentaba que a Igrexa galega non fose galega.
- D. Manuel foi o mentor espiritual do admirado Moncho Valcarce, compañeiro noso en Filosofía e Teoloxía, castigado por denunciar "unha educación arcaica e submisa" no Seminario de Santiago.
- Outeiro de san Xusto. Escolma I foi publicado no 2008. Agora xa teño claro que non era a carballeira.
No prólogo o autor fala de valoración da nosa Igrexa na sociedade. Divide os opinantes en catro grupos. O terceiro está formado por "aqueles que nos consideramos Igrexa e sentimos dor por ela, pola súa imaxe negativa".
- Tamén conta que don Manuel se refería a Deus como Pai-Nai, co escándalo conseguinte.
É moi interesante o artigo de Xesús López Fernández sobre o falecido. En Google.

Futuro
   O futuro estase deseñando, de nós depende que apareza unha verdadeira primavera, a de "flores apparuerunt" e de "tempus putationis advenit".

                        Eduardo Seco

domingo, 7 de marzo de 2010

FLORES APPARUERUNT (Rafael)

Estimados amigos:Aquí estamos contribuíndo ao alimento desta criatura literaria e comunicativa para que se manteña fortalecida e non faleza por falta de coidados. Onte despois de xantar achegámonos a Santiago para ver a exposición que hai no Museo do Pobo:”AO PE DO LAR, memorias de cociña”. Coidamos que remataba onte pero alí informáronos que a prorrogaron todo este mes. Está moi ben. É a historia da cociña galega dende o 200 a. C. ate hoxe. Vese con agrado. Refírese á cociña tanto ao continente como ao contido. Dan ademais un cartapacio para gardar unhas receitas antigas e modernas que teñen ao longo da mostra como: papas pegas, Costrada, bertóns recheos, capón con ostras, tortilla ao ron e arroz con lumbrigante.

Indo pola autopista xa se ven as primeiras arbores en flor. O destemperado, pluvioso e
desapracible inverno xa camiña cara ao remate. Deixalo ir. Como di Eduardo xa nos tocou o carallo abondo aos de acó e aos demais aló..Ao ver como agoman as primeiras flores acordeime de aquela frase que pronunciara Fray Gerundio de Campazas e que se recolle na novela do padre Isla: “Historia del famoso predicador,Fray Gerundio de Campazas,alias Zotes” e coa que tanto nos temos rido Fernando Ledo, Seco, García Pais.,Muras, Obelleiro e supoño que algúns mais. Sabiamos algúns parágrafos de memoria:

“Cese la energía de los labios, y contemplen mis ojos, como áncoras festivas, un texto muy literal que me ofrecen los Cantares. Dice así. Vox turturis audita est, flores apparuerunt in terra nostra; tempus putationis advenit. Cantó la tórtola bella en nuestra macilenta tierra, vinieron a celebrarla las flores, y estas mismas flores desterraron las rameras: tempus putationis advenit.” Iso é elocuencia e o demais trapalladas.
Aquel si que era san divertimento. Na biblioteca de San Martiño había verdadeiros tesouros.”La historia de la vida del Buscón” de D. Francisco Gómez de Quevedo y Villegas tamén nos ten feito rir en abundancia. “O dómine cabra” era un persoeiro de novela.

Indo a outra cousa é moi interesante o que escribiu Celso Alcaina Canosa sobre Manuel Espiña. Podédelo ler se poñedes:Manuel Espiña Gamallo.In memoriam en google. Este Celso Alcaina foi crego e tivo un cargo moi importante na Curia Romana. E muxián. Condiscípulo de Espiña. Ten unha serie de artigos en ATRIO onde se vos mergullades atoparedes informacións moi interesantes. Foi a man invisible que movía os papeis en Roma para axilizar as secularizacións dos incardinados na archidiócese de Santiago. Ten un curículum académico e de cargos ocupados na vida eclesiástica e civil nada común. Outro día comentarei algunha batalla nas que anda metido.

Noutra orde paréceme tamén moi valiosa a información de Carlos Vázquez que aparecía onte na contraportada da Opinión. Coñecédelo moitos. Exerce o periodismo. Foi o responsable de comunicación do sindicato de Comisións Obreiras. Fai a contraportada da opinión desde o ano 2000 ininterrompidamente todos os sábados. Firma como Andrés Cepadas. É unha persoa das mellor informadas de Galicia polos contactos que ten no resto de estado e incluso no estranxeiro. O sábado xantaremos xuntos cun grupo de amigos. Xulgaredes o mais salientable da información que é a orixe do xacobeo e mais a proposta que fai: “La visita del Papa a Compostela, contra tu sempiterno escepticismo, ha concitado, querida Laila, una general complacencia. Y es natural, porque ella satisface intereses de la inmensa mayoría. De unos, porque se apuntan a la celebración del Año Santo, y de otros, porque lo hacen al Xacobeo, que son cosas distintas, aunque confluyentes y muy compatibles.

Efectivamente, el Año Santo responde a la motivación religiosa católica de asegurarse la salvación eterna, aunque el invento no está ni estuvo libre de otras connotaciones políticas. Piensa que el Camino se establece a lo largo de la frontera de la lucha contra el sarraceno y el mito en que se asienta es el de Clavijo, con su "Santiago y cierra España". El Año Santo es antiguo, lo establece Calixto II en 1126.

El Xacobeo, en cambio, es reciente y te voy a contar cómo se gestó realmente. Nace en 1993, pero fue concebido en un día caluroso de julio de 1990. El entonces Conselleiro Portavoz del Gobierno, Víctor Vázquez Portomeñe, se reúne para comer con el Secretario Xeral Técnico de su Consellería, Rubén Lois Calviño, con Manuel Silva Romero, Director Xeral de Relacións Institucionais, y con Xavier Sánchez de Dios, a la sazón jefe del Gabinete de Comunicación. Almuerzan una tortilla de patatas en un bar llamado El Portugués, cercano al Parlamento, y siguen las noticias de la tele, que ese día se explaya en los preparativos de los dos eventos estrella de aquellas fechas: la Expo de Sevilla y las Olimpiadas de Barcelona, previstas para el 92. Comenta entonces Portomeñe la fortuna de Andalucía y de Cataluña por contar con eventos de tan ventajosas consecuencias económicas y de tanta proyección universal, y se lamenta de que Galicia no tenga una oportunidad similar. En el curso de la conversación es Rubén Lois quien sugiere la posibilidad de hacer algo similar alrededor del Año Santo próximo y se habla de que una cosa así tendría la ventaja, además, de poder repetirse cíclicamente. De inmediato Portomeñe, con la intuición y agilidad que lo caracterizan, propone tratarlo seriamente y se pasa a la acción. Así se concibió el Xacobeo que vería la luz en el 93.

Como ves, querida, el Xacobeo no es lo mismo que el Año Santo, por mucho que se asiente en la iniciativa penitencial de Calixto II. Pero precisamente por esto ambas celebraciones resultan tan compatibles. ¿Ves por qué la visita del Papa complace a todos? Porque viene a satisfacer los intereses de todos y porque le levanta la paletilla a un Xacobeo que, este año, perdía fuelle.

El peligro está en no ver lejos, en la miopía: en que la Iglesia y los católicos se conformen con el impulso que da el Papa a sus objetivos proselitistas, es decir, a la propaganda y propagación de su fe, y en que a los laicos les llegue con el incremento del turismo, la aportación al PIB y los rendimientos partidarios. Sólo con esto la cosa será flor de un día y perderemos otra oportunidad.

En cambio si, por ejemplo, el Año Santo y Xacobeo reuniesen en ecuménico encuentro a los líderes, teólogos y pensadores de las principales religiones del mundo, al menos los tres monoteísmos, junto con laicos y laicistas, para reflexionar y debatir sobre el papel de las creencias y de las ideologías, sobre los fundamentalismos, sobre las libertades, la convivencia y la paz, la cosa tendría otro calado, sin que se perjudicasen en nada, antes al contrario, los otros objetivos, más pedestres.

Me dirás que a estas alturas tal cosa no es ya posible. Pero convendrás conmigo que, al menos, podría hacerse esta convocatoria desde Santiago para el año que viene.

Una cosa así, querida, valdría mucho más la pena y tendría más largo recorrido, por lo menos en esta vida, que es la que hay.

Un beso.Andrés”

Por último é obrigado moralmente facer alusión á celebración de mañá dia internacional da muller. Cumprirá cen anos,un século, a Real Orde de 8 de Marzo que autorizou a entrada das mulleres á Universidade: había pouco tempo que fora nomeada Conselleira de Instrución Pública Dona Emilia Pardo Bazán que viña pelexando pola educación das mulleres. O que había segundo ela non se podía chamar educación senón doma por ter como finalidade a obediencia,a pasividade e a submisión.

Nesa época para ir a universidade as mulleres necesitaban autorización do Consello de Ministros ou disfrazarse de home ,como nos contou Ramón Senín ,que fixera Concepción Arenal
para estudar dereito na Complutense sen poder matricularse nin obter a titulación. Foi coa Constitución do 78 cando a posteriori ,como consecuencia do principio de igualdade e prohibición da discriminación de sexo, a muller accedeu a todos os cargos e ocupacións menos na Igrexa e,pese a que fala moito dos dereitos humanos ,ao dia de hoxe non ten firmada a declaración Universal de Dereitos humanos do 10 de Decembro de 1948.Claro que esa firma correspóndelle ao Xefe do Estado Vaticano e non a calquera bispo,crego ou cristián.
Que teñades unha boa semana e que sexades moi felices nestes tempos en que pouco a pouco iremos enterrando o inverno. Rafael.

miércoles, 3 de marzo de 2010

A Voz nas pax.locais.En memoria de Manuel espiña(Rafael)

El padre Espiña deja un legado de defensa de las libertades
El sacerdote, que fue multado por usar el gallego en misa, ?era canónigo de la Colegiata, donde se celebrará un funeral.

(Carlos Fernández) Manuel Espiña Gamallo, conocido como el padre Espiña, falleció en Pontevedra, donde era atendido desde hace un par de años al encontrarse mal de salud y donde fue enterrado el pasado lunes.
Fue un ejemplo de sacerdote abierto, progresista, liberal, que durante los últimos años del franquismo padeció numerosas molestias por mantener esas ideas.
Una de las más curiosas sanciones que recibió fue la multa de 150.000 pesetas de un gobernador civil por pronunciar una homilía con diversas alusiones políticas a los fusilamientos de septiembre de 1975, que, en realidad, no pronunció con el sentido que se le quiso atribuir, aunque fue denunciado por dos militares que no habían asistido a dicha misa.
Para ayudarle a pagar esta multa, el pintor Luis Seoane le entregó un cuadro, que mostraba a un Cristo en aptitud de ser fusilado en la cruz y que, una vez solventado aquel enojoso trámite, colgó en el dormitorio de su vivienda. El propio Seoane, en la sección dominical que tenía en La Voz, titulada Figuracións, escribió: «Manoel Espiña é un cristián. Por esto sintese xunguido, en comunión, co seu pobo».
Espiña, nacido en 1933 en la parroquia de Santa María de Folgoso, municipio de Cerdedo (Pontevedra), residió en A Coruña desde 1965 y fue uno de los primeros sacerdotes que en aquellos años comenzaron a oficiar misas en gallego y a escribir en periódicos y revistas en la misma lengua. En 1969 fue distinguido con el del Pedrón de Ouro, por su labor de traducción a nuestro idioma de los evangelios, del misal y de otros textos religiosos.
Sus comentarios en La Voz, dentro de la sección Outeiro de San Xusto, comenzaron en 1971 y eran de los más leídos, pues en ellos siempre se abogaba por abrir cauces de libertad y democracia tanto en la Iglesia como en la política española.
Espiña, como profesor de la Escuela de Magisterio y como director del Centro de Nuevas Profesiones, siempre estuvo vinculado a la enseñanza y en contacto con la juventud. Creó también la comunidad Home Novo, la Cooperativa de Libros Codeli y fue consiliario de los maestros y de la Cruz Roja, así como canónigo de la Colegiata.
Pendiente del arzobispo
Precisamente en la Colegiata está previsto celebrar un funeral por el fallecido, si bien lo oficiaría el arzobispo, Julián Barrio, que está en Roma.
El aspecto físico de Espiña era como el humano, beatífico y paternal, siempre con la sonrisa en el rostro y una buena palabra en los labios.
Cuando en el verano de 1974 bendijo la sede de la Cruz Roja del Mar, en el dique de abrigo, asistió el Caudillo, que se dignó besar su mano. Espiña recuerda que le dio compasión al ver su estado físico. «Si fuera un familiar suyo -pensó- haría lo imposible por conseguir que se retirase».
También le dio lástima al sacerdote la última enfermedad del jefe del Estado, al verlo sometido a un auténtico martirio, lleno de cables y aparatos por todos los sitios.
Un drama que le afectó especialmente a Espiña fue la emigración gallega a ultramar, que conoció de primera mano a comienzo de los años 70, cuando fue invitado de honor de los gallegos de Argentina y Uruguay.
Uno de los temas predilectos del padre Espiña era que A Coruña fuese sede de un obispado, lo cual le valió críticas de diócesis limítrofes, como la de monseñor Rouco.
En cambio, el cardenal Quiroga Palacios siempre lo vio con simpatía. Incluso en 1966 habló con Espiña, prometiéndole llevar el caso a Madrid. Allí le dijeron que dónde iba a residir el obispo, pues en A Coruña no había palacio episcopal, dándole largas al asunto hasta que, en 1971, falleció el cardenal.

CREGO GALEGUISTA


Foise Espiña un galeguista convencido que contaxiou do amor a Galicia a moitas xeracións de mestres. Era da escola do Arcebispo lago González de breve mandato que tanto festexaron as Irmandades da Fala, o grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Pouco lles durou a emoción xa que antes de dous anos tamén se foi deixando moi consternados aos galeguistas da época.

Onte todos os periódicos se fixeron eco do falecemento menos a Voz de Galicia. Pola mañá mandeille unha nota nestes termos:

“O Luns faleceu en Pontevedra D. Manuel Espiña Gamallo. Crego afincado nesta cidade desde o ano de 1965 .Fíxose eco da noticia, ao día seguinte, toda a prensa agás a Voz de Galicia que eu saiba. Profesor na Escola de Maxisterio foi unha testemuña constante do amor a nosa lingua na que sempre impartiu as clases polas que pasaron moitas xeracións de mestres. Na igrexa das Capuchinas celebrou, por primeira vez, a misa en galego o mesmo ano que o facía o padre Seixas en San Domingos de Bonaval, o día do Apóstolo de 1965, coas autorizacións do Cardeal D. Fernando Quiroga Palacios. Liturxia en galego que sempre oficiou en bautismos, vodas e honras fúnebres,tanto na Coruña como en Igrexas de toda Galicia sempre que o convidaban a facelo. Mantivo durante moitos anos un artigo semanal nese xornal .” O outeiro de san Xusto” polo que espero que lle adiquen unha reportaxe a vida e obra deste insigne galeguista que tan bo traballo deixa feito e servizos prestados a nosa terra predicando co exemplo e facendo uso sempre do galego en todas as ordes da vida. Quedará para sempre na nosa memoria.”

Hoxe publícana e tamén adican nas páxinas da Coruña unha reportaxe realizada por Carlos Fernández Santander, historiador co que mantiña unha boa amizade ,coincidindo bastante co que xa publicara a Opinión. Tamén aparece unha columna de Luis García Mañá, Xefe Superior de Policia, moi bonita eloxiando o labor que deixa feito polo compromiso que sempre mantivo coa xente e a terra.

Vivirá para sempre entre os bos e xenerosos. Memorias e saúdos para todos. Rafael

DON MANUEL ESPIÑA

Eduardo, a noticia da morte de Don MANUEL ESPIÑA, non é miña...eu tan só compuxen esa cativa poesía.

Saúdos a todos
Antonio

Outeiro de San Xusto (AGV)

Graciñas, Eduardo, por ese servizo de achegar Encrucillada a toda a "quinta". Antonio, sinxelo e sentido o teu adeus a Manolo Espiña. Tiven a oportunidade de visitalo en catro ocasións durante a súa doenza, dúas veces na Coruña e outras dúas en Pontevedra. Fíxeno rir cando lle comentei a ironía de que en Pontevedra fose parar á rúa Rouco, que é onde vive a irmá.  Esta comentoume que a súa foi unha morte prácida. O sábado (el morreu o domingo) recibiu a comuñón e o día seguinte foi esmorecendo cun sorriso amable no semblante e como entregado e disposto para o tránsito. Para elas, as dúas irmás, un falecemento en certo modo consolador. O tipo de enfermidade agoiraba moito sufrimento consciente para el pois, anque o corpo non respondía,  a lucidez mental era completa. Despexo, de paso, a dúbida de Eduardo sobre o nome que acollía os artigos de Espiña en La Voz.  Era o "Outeiro de San Xusto". (Andres GV)

martes, 2 de marzo de 2010

RECOMENDACIÓN

   Homenaxe
   Cando ía escribir esta breve achega, vin a noticia triste que nos dá Antonio. Levoume a territorios case esquecidos, habitados por don Manuel Espiña. A súa biografía non pode máis ca sernos simpática, por anovador da Igrexa e por defensor da lingua, tan esquecida na liturxia. Teño tamén recordos positivos dun artigo semanal que matiña na Voz de Galicia (Carballeira de San Xusto?) e das noticias xeradas por Asociación Católica de Mestres, nos anos setenta.
   Grazas, Antonio, a pesar da nova. Estamos seguros de que para don Manuel vale o pensamento de Alejo Carpentier: "Todo futuro é fabuloso".

Bibliografía urxente
   Recibín o último número, 166, de Encrucillada. Xaneiro-febreiro 2010.
   Interesante, como sempre, pero nesta ocasión convídovos a ler:
- E. Schillebeeckc. Unha teoloxía actualizada desde a busca do "Deus humanísimo".
       De Andrés Torres Queiruga.
- Asedio á lingua galega.
       De Xesús Portas Ferro.

Teoloxía
Andrés fai unha semblanza de Schillebeeckc a través da:
- Primeira etapa, ata 1966-1967, a rompedora do inmobilismo, que facía imposible calquera renovación.
- Segunda etapa, na que abre novos camiños renovadores, posibilitados polo Concilio, na que crea unha teoloxía nova. 
   Cita autores que nos soan moito dos estudos de teoloxía, e tamén a Amor Ruibal, familiar tamén en filosofia en Santiago.
   Son ideas que poden aclarar conceptos que están presentes neste blog.

   O 4 de marzo Andrés TQ dará unha conferencia en Pontevedra tentando achegarnos a ese misterio que confunde e preocupa na nosa sociedade. Título: "Haití: unha vez máis, o problema do mal". Debe ser o tema co que o seu tocaio Andrés GV  nos agasallou nestas páxinas.
   Na Encrucillada 166 aparece tamén un artigo de Pedro Castelao co título: A existencia de Deus e o problema do mal, anticipo dun estudo de próxima aparición.

Lingüística
   Xesús Portas parte do artigo que Agustín Fernández publicara no número 161 de Encrucillada, que eu vos recomendara tamén, e estuda a evolución repidísima do tema lingüístico nestes últimos meses.
Xesús aborda o asunto desde estes apartados:
- Nubes negras de trebón.
- Barullo e desgoberno.
- Da incredulidade á mobilización.
- O quid da cuestión.
- O que nos queda.
O tema lingüístico tamén ten vida neste blog. Interesantísimo.

   Pódese entrar en Encrucillada nesta dirección:
   http://www.encrucillada.es/

                  Eduardo Seco.

A DON MANUEL ESPIÑA

¿Que podo dicir eu dun home grande
como o Padre Espiña?
¿Que podo dicir eu coa miña cativa poesía?
...Mestre nó Seminario i en Maxisterio Mestre,
nos mellores anos da miña vida...

Tan só con bágoas direi:
GRAZAS, i que goces da labor,
de por sempre aí arriba.

Antonio Puertas

Faleceu Manuel Espiña - Biografia de La Opinión, A Coruña)

laopinióncoruña.es » A Coruña
Canónigo de la Colegiata de Santa María del Campo
Fallece Manuel Espiña
Fundó la comunidad cristiana Home Novo, defensora de una visión renovada de la Iglesia católica, y fue uno de los impulsores de la creación de un obispado en A Coruña, además del sacerdote que ofició la primera misa en gallego

JOSÉ MANUEL GUTIÉRREZ | A CORUÑA El sacerdote Manuel Espiña Gamallo, canónigo de la Colegiata de Santa María del Campo, fue enterrado ayer en la localidad pontevedresa de Cerdedo, donde había nacido hace 72 años. Espiña, que falleció el pasado domingo, se hizo célebre por ser el primer sacerdote en oficiar una misa en lengua gallega junto con su compañero José Morente, hecho que se produjo en 1966 y que le valió la obtención del premio Pedrón de Ouro dos años más tarde.

Además de por su defensa inquebrantable del idioma gallego, Espiña se destacó en su labor pastoral por la renovación del mensaje de la Iglesia ya desde los tiempos de la dictadura franquista, lo que le hizo correr serios riesgos con la jerarquía eclesiástica. En el año 1972 puso en marcha en A Coruña la comunidad cristiana Home Novo, con un marcado carácter progresista y que le enfrentó con la ideología defendida por el anterior Papa, Juan Pablo II, así como con el actual, Benedicto XVI.

La formación religiosa de Manuel Espiña comenzó en el Seminario de Santiago y continuó en la Universidad de Comillas, donde se licenció en Filosofía y Teología en 1959, al tiempo que se ordenaba sacerdote.

Su primer destino fue la parroquia de Santa María de Azogue, en Betanzos, donde permaneció tres años como coadjutor hasta que recibió la orden de pasar al Seminario Menor compostelano para impartir la asignatura de Historia Eclesiástica, cuyas clases dio en lengua gallega. También introdujo en este centro formativo la cátedra de este idioma.

Su relación con la ciudad de A Coruña comenzó en el año 1965, cuando se le nombra canónigo de la Colegiata. Compaginó su actividad eclesiástica con una intensa labor docente, ya que el sacerdote José Sardiña le animó a desarrollarla en el Seminario del Hogar Santa Margarita, mientras que durante seis años fue profesor de la Escuela de Magisterio en sustitución de otro de sus compañeros canónigos, Antonio Lago.

La iglesia de las Capuchinas fue el templo elegido en 1965 por Morente y Espiña para oficiar la primera misa en gallego que se realizaba con carácter oficial, para lo que debieron solicitar autorización al entonces arzobispo Quiroga Palacios. Lo que iba a ser una iniciativa experimental alcanzó tal éxito que a la semana siguiente se organizaron dos y posteriormente también se oficiaron los sábados, hasta que finalmente se estableció una periodicidad fija para estas misas en las Capuchinas, cuya iglesia fue la primera de Galicia en contar con estos servicios litúrgicos.

Su apuesta por el gallego le llevó también a colaborar en la traducción de los Evangelios a este idioma, al que también promovió desde su actividad en la Asociación Católica de Maestros, que él mismo creó en 1970.

En 1975 pronunció una homilía en contra de los fusilamientos de tres miembros del FRAP y dos de ETA por el régimen franquista, lo le llevó a ser procesado por el Tribunal de Orden Público y multado con 150.000 pesetas.

El pintor Luis Seoane regaló entonces a Espiña su obra Cristo obrero con el fin de que la subastase para abonar la sanción, aunque finalmente las autoridades se la retiraron. En 2005, el propio sacerdote la sacó a subasta para obtener fondos que garantizasen la supervivencia de la Ciudad de los Muchachos del padre Silva, con quien mantenía una estrecha relación.

La constatación de que A Coruña y Pontevedra son las únicas capitales de provincia que carecen de sede episcopal le llevó a solicitar la creación de una diócesis en esta ciudad, aunque sus esfuerzos no obtuvieron resultados positivos.