Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 7 de julio de 2010

¡Uf, que alivio...! (Andres GV)

Foron exactamente 366 exames de tipo mixto, isto é de "tipo test" e de contidos de redacción. Un aburrimento de corrección, porque salvo no caso dos alumnos sobresalientes, quen corrixe está condenado a ler reiteradamente os mesmos erros, as mesmas vulgaridades, os mesmos tópicos, e tamén reiteradamente o pouco que foi capaz de comunicar de novo, de sorpresa, de descubrimento,  a mozos e mozas,  de vinte anos a maioría, que serán xa os novos mestres de educación infantil e primaria.  Non foi iso só, pero iso foi quen me retivo de asomarme e non soamente ao noso blog. Fago coma dis que fai o Guadiana. Aos exames hai que lles sumar 160 traballos monográficos, cada vez de feitío menos persoal, porque os alumnos teñen sentido práctico e non pasan as angueiras doutrora, que para iso está  Google, a Wikipedia, <elrincondelvago.com> e <monografias.com>. Os profesores temos diante o desafío de saber traballar con Internet e de contar con que os alumnos dispoñen das potentes ferramentas da información e do coñecemento, e polo tanto investigar, aprender, facerse unha idea hoxe non significa o mesmo de hai vinte anos. Unha tarefa complicada.
Acabo de recibir o máis recente libro de Andrés Torres Queiruga. Absoluta novidade que empeza a chegar ás librarías. Editado por Galaxia, será presentado en Santiago, Pontevedra e A Coruña no próximo setembro. Na liña de Andrés, o libro segue as pautas de poñer en revisión os grandes temas da teoloxía e do pensamento en xeral. Repensar o mal titúlase. e ten este subtítulo: Da poneroloxia á teodicea. O neoloxismo "poneroloxía" empregado por Andrés responde ao étimo "ponerós" (=malo) nun sentido menos connotado que "kakós",  máis habitual nas nosas incursións helenísticas. "Poneroloxía"  é, logo, o tratado, reflexión sistemática,  sobre o mal.   Máis de cincocentas páxinas incitadoras para saborear e rillar neste verán. Tamén no outono, en outubro, o Foro XXV de Encrucillada fai un obrigado homenaxe a Andrés, que se xubila da sùa docencia universitaria, e que non o debe facer sen o recoñecemento dos discípulos e compañeiros. Unhas xornadas para encontranos tamén algúns de nós.
E o sábado,  en Visantoña, coa familia de Andrés López Amboage. Vémonos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario