Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 20 de marzo de 2011

OS MEUS CONTOS


Comenzo a contestarme a min, mais, mirando de reollo pa Rafael...

BOLAS DE BARRO

¡ Hai, doutor, que maliña estou ! Apenas teño saído dun trancazo e, xa, outra vez, con esta gripe do demo…¡ E que non saio dunha, pa meterme noutra peor !… ¿ Por que, doutor ? ¿ Por que teñen que vir á min todas estas desgracias ?.- A ver, mulleriña, vou a tratar de explicarcho con un conto pa que me podas entender mellor.

Resulta que, no abrente dos tempos, había un rapaz que estaba a xogar facendo unha bola de barro na cima dunha montaña. Trataba de imitar a súa imaxe, moldeando barro coas súas mans. Mais, cando a tiña rematada, escapóuselle costa abaixo, e ala foi trouleando dende a cima, atravesando polo medio dos toxos, silveiras, pelouros e demais obstáculos que atopou polo medio do camiño do seu precipitado fuxir.

Aquela barruntada bola desbocada, ía padecendo as magoaduras do seu tolondrado descenso, ata que quedou desfeita en miúdos anacos, confundida coas brañas á onde fora a parar.

O noso corpo, é unha pequerrechiña porción de materia, co que está feito o universo. Todos nos, somos asoballados por inclementes guerreiros armados, que fan que nos ergamos contra eles, en defensa propia, mentres imos a rolos polo precipicio ata ó noso fin.

Nos nosos xenes escóndense os elementos primeiros cos que fora feita a propia materia.

O cosmos, do que formamos parte, vai en nos. Así, os glóbulos roxos, ou hematies, xunto cos leucocitos, ou glóbulos brancos, plántanlle cara aos antíxenos, ou invasores estraños, tratando de defender ó noso corpo contra os invasores inimigos.

As persoas, discuten entre si, querendo impoñer as súas razóns. Os pobos entran en guerras tratando de defender os seus territorios e, o propio mundo, destrúese con maremotos, volcáns, radiacións, etcétera, mentres, pola outra banda, florecen as plantas e luce ó sol cada mañá. Todo ó universo é unha gran batalla onde os elementos pelexan entre si, e destrúen o creado, que, logo, novamente, renace dende as súas propias cinzas.

A loita, é intrínseca ó ser humano, e connatural coas especies e coa materia creada.

Alguén fai unha bola de barro, e a súa propia natureza con que se formou, loita pa destruíla, e, o mesmo tempo, loita por sobrevivir.

Somos ó espello do que levamos dentro. Un retrato da guerra e da paz, intrínseca na mesma materia.…
Un xogo de nenos da propia creación… mais, con espírito.

Antonio Puertas

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario