Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 30 de agosto de 2011

O calamar de Puertas


 Días atrás, en xullo, Antonio Puertas deixábame este desafío no correo electrónico: “A ver se aprendedes a pescar”.
Amigo Antonio, para pescar, e pescar ben, hai poucos que poidan reunir os tres privilexios que ti xa gozas:  creo que hai que estar xubilado (1),  ter unha gamela xeitosa (2)  e (3) ter o apoio dun neto que está tan orgulloso do avó que lle dá patadas ao aire. Non sei se engadir aínda unha cuarta condición: navegar augas da ría de Camariñas.
A min o que me gustaría saber  é se o calamar respondeu na mesa ás expectativas por el suscitadas. E para cantas racións deu, ou se aínda segue agardando no arcón polos amigos que o poidan compartir, animados por un refrescante albariño. Neste caso, eu apúntome.

1 comentario:

  1. Antonio, lémbrate de levar unha proba do calamar á Convivencia do día 17. Refírome a unha proba da sua existencia, porque o Photoshop fai marabillas. Quen me di a min que isto non é unha montaxe? Andres GV
    PS.: Xa lle dedicaches un poema?

    ResponderEliminar