Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 2 de noviembre de 2012

FRAUDE OU ROUBO DE COLO BRANCO E LUVAS DE OURO POR AUTORES CON AVOENGO,DIGNIDADE E SOLVENCIA SOCIALMENTE RECOÑECIDA.


Neste día segundo do ano celta que se iniciou na noite do Samhain escribirei algo sobre o que acontece nesta suciedade e que xa,vacinados, nin nos altera nin nos da frío nin quentura.

O título é alongado e semellante a aquelas teses que viñan nos textos de Teodicea ou Psicoloxía Racional que eran,mais ou menos,do teor literal seguinte:”Passiones qualescunque sint in animali non sunt in anima qualiscunque sit, sed in corpore quod sub ......

Como vedes era un arquetipo de información e formación. Débese ter en conta que xa os romanos,inventores do dereito latino, prevían que as normas habería que interpretalas conforme a realidade social do tempo en que deban de aplicarse.

Pois indo ao fondo do asunto trátase de comentar unha resolución- sentencia do Tribunal Supremo ditada hai uns días pola que desautoriza unha práctica corrupta que se daba nas Notarías de toda España que supuxo un fraude cifrado en case 100 millóns de Euros cada ano desde o ano 2007 ata o mes de Maio pasado.

No 2007, Zapatero non fixo todo mal, acordou nun R. Decreto que os Notarios e Rexistradores da Propiedade non poderían cobrar cando se cancelase unha hipoteca mais de 55 Euros,notarios e 24 os rexistradores. Estes ,a pesar de que a lei era tan clara como a auga,entenderon pola súa conta que solo afectaba a aquelas hipotecas que cambiaban de banco ou de hipotecado, o que en dereito se chama subrogación ,e non ás outras.
Por tanto seguiron cobrando por conceptos tan chuscos na factura como os seguintes:

Información do rexistro .....24 E.
Fax de comunicación..........30 E.
Certificado de cargas..........24 E
Dilixencia de catastro.........18 E
Certificacións bancarias.......60 E
Busca de antecedentes........60 E

E así despois de denuncias da OCU seguiron actuando estes insignes cabaleiros, dignos de respecto e admiración pola xente do común,ata o 11 de Maio pasado en que o goberno nun Decreto Lei incorporou unha transitoria que lles permite cobrar en función da contía do préstamo e nunca menos de 90 Euros.

O Presidente Rajoy quedaría mal se non tivese un detalle cos seus colegas rexistradores e mais cos notarios. Xa vedes que como dicían aquelas pintadas nos WC públicos: “Por mais guapo que un sexa,aquí o que non caga mexa”. Por poñerlle unha pinga de ironía Isto que escribo é un desafogo que non ten outra utilidade mais ca ,se neste tempo de 2007 a 2012 tedes ou coñecedes alguén que cancelase a hipoteca,que comprobe como lle estafaron,roubando con engano, uns persoeiros que como mafiosos se puxeron de acordo para delinquir e que non irán a cadea e seguirán sendo honorables e respectables.

Para quen queira saber mais:


Pois mais nada .Saúdos aos bloganos que non se desaniman. Especialmente para Málaga,para D. Miguel,estivemos de Santo o mesmo día,que prometeu que unha vez xubilado e pensionista nos contaría moitas cousas da súa rica vida social e de colaboración cos que o necesiten.
 
A ver se D. Eduardo sanda e tamén nos conta cousas interesantes. A Andrés Amboage que nos deixa unhas acertadas reflexións dignas dun bo alumno de Méndez Palleiro que nos ensinou as regras dos siloxismos que axudan a descubrir as demagoxias imperantes e rampantes. E aos demais, cando teñan tempo e ganas,que se asomen a esta fiestra que case sempre está valdeira como é o título daquela bonita obra do rianxeiro Rafael Dieste que estreara no outono do 1935,na que facía de D.Miguel o propio Castelao que tamén a dirixía. Que teñades bo mes. Acordade o que dicía o refrán: “Bendito o mes que comeza por Santos e termina por San Andrés”.Rafael.

No hay comentarios:

Publicar un comentario