Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 19 de enero de 2013

TABOLEIRO DE ANUNCIOS, AMOESTACIÓNS, EDICTOS E AVISOS

As Igrexas,no medio rural sobre todo,eran os lugares onde cada semana se poñían na porta,nun taboleiro ao efecto destinado, todas aquelas noticias de importancia e interese para os fregreses. Eran xeralmente para avisar do pago da contribución,dos cabodanos,da vacinación dos cans,as amoestacións dos futuros contraentes e calquera outras novidades que alterasen o descorrer monótono do fastío diario propio do rural sobre todo en tempos pretéritos.

Despois desta introdución que alguén,da escola purista de D. Alejandro, podería cualificar de pedante,o que teño que anunciar, para público coñecemento, é que o próximo Sábado día 26 de Xaneiro,ás 12 da mañá, na Igrexa parroquial de Prevediños, pertencente ao municipio de Touro,celebrase o cabodano da señora Lola,mai do noso compañeiro Tacón.

Xa vai facer o ano que acompañaramos a este compañeiro nese transo de despedira a unha mai. Supoño que para el faríaselle longo. En xeral coincidimos todos en que cada vez o tempo pasa mais rápido e rende menos. Como dicía o párroco de Franza ,despois de cada enterro, “sic transit gloria mundi”Non somos ninguén D. Rafael. El podía ser meu pai pero sempre nos tratamos mutuamente de vostede.

Pois nada avisados quedades. Eu penso ir e Alfonso Fernández Barros e posiblemente alguén mais tamén. Así que poñédevos en contacto con nós,de querer ir,para non queimar mais combustible do preciso. Xa vedes como é hoxe en día a vida dos cregos. Era impensable hai anos que puxesen un cabodano as 12 da mañá. Saúdos para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario