Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 5 de julio de 2013

PARABÉNS A ANDRÉS


A entrada de Antonio Puertas foi do mais enigmático. Deséxalle sorte a Andrés na nova vida que de inmediato vai comezar. Ao non dicir mais nada sementou a incerteza e a curiosidade. De feito chamoume algún compañeiro para que lle informase do que soubese. Se Puertas o fixo para crear suspense haille que recoñecer que o conseguiu. Como nesta sociedade da información na que vivimos a opinión pública e coincidente coa publicada e a que non coincida non existe,tamén as noticias están todas na rede e se non están tampouco existen. Así que púxenme man a obra e na www Pastoral Santiago aparece o seguinte:

""Andrés García Vilariño, nuevo párroco de Santa María del Campo y Santiago de A Coruña

El próximo domingo, 7 de julio, en la misa de 12,30 de la iglesia de Santiago será presentado a la comunidad parroquial el nuevo párroco de Santa María del Campo y Santiago de A Coruña D. Andrés García Vilariño.

Actualmente es el delegado episcopal de Apostolado Seglar en la diócesis de Santiago de Compostela y responsable de formación de laicos en el Hogar de Santa Margarita. Hasta ahora ha sido vicario parroquial de Santa Margarita de A Coruña.

Fue director y presentador del programa semanal religioso de TVG "A Sentinela" y en la actualidad oficia la misa que transmite cada domingo, a las 10 de la mañana, TVG, tanto en su emisión en TDT como por satélite para todo el mundo.""

Por tanto esa era a información que lle chegou a Puertas. El agachouna pero todo se sabe. Penso que todos nos alegramos dese nomeamento. Noutrora foi unha praza eclesiástica moi cobizada. Andrés é merecente polos servizos que leva prestado á causa. Farao ben. Tamén ten un bo compañeiro de Abade da Colexiata. D. Ismael Velo Pensado. No verán do 69 coincidín con el durante 15 días. Coincidimos todos os que estabamos recen ordenados. Era nun curso de formación conciliar .De chanza dirixiámonos a el ,estivo sempre no meu grupo ,como a ver que di:. Habelo pensado. E unha persoa moi querida e apreciada naqueles que teñen a fortuna de tratalo. Sobre todo nos ambientes da cultura,da arte e da investigación. Farán bos compañeiros, un como Abade da Colexiata de Santa María, e Andrés como párroco de ambas igrexas. Cos mellores desexos,penso que de todos,nesta nova andaina. Saúdos para todos .Rafael

1 comentario:

  1. Así é, Andrés. Co meu comentario, coma ben dis tí, quiexen " espabilar un pouco ó persoal, pa que se informasen do nomeamento do noso ben querido compañeiro Andrés G.V. Por iso, deixei o interrogante no aire.
    Do mesmo xeito, quero darche os meus parabéns, polo teu artigo de hoxe na Voz de Galicia.Mui axeitado aos tempos que corren.
    E, con isto, déixovos tranquilos a todos vos. Voume pa miña terra a pasar uns días...e, de paso, se cae outra lura de 5 quilos, será ben recibida.
    Unha aperta pa todos vos.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar