Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 9 de junio de 2014

Aí vai a miña aoportación de onte a RG, no programa Pensando en Ti, de Marcial Mouzo, con motivo da Xuntanza anual en Cerceda.


XUNTANZA EN CERCEDA.

Vinde ata aquí, miñas donas,
vinde ata aquí meus señores,
témola festa en Cerceda
de meniños e de maiores.

Témola festa do ano,
témola festa das flores,
nenas e mozos bailade
cos amoriños mellores.

Vinde ata aquí os que andades
coa trafega e cos suores;
dicídelle: ¡ alto ! o camiño,
que o camiño é pa andadores.

De terras de Ourense vinde
co pan de Cea e co viño;
o viño de Valdeorras
pa lograr un amiguiño.

Con Ribeiros e Monterrei
enchede a bota e mais o fol,
que o voso camiño é longo,
e que a gaita ula o alcohol.

Vinde tamén os de Lugo,
seguindo o Miño na agra,
co polbo a feira e maila mel,
e a vosa Ribeira Sacra.

Nos esquezades a Froilán
e aos queixos da súa artesa;
tédelo en Santa María,
…vinde amodiño e sen présa.

E, vinde os de Pontevedra
dende o Miño cas lampreas,
que sexan de Arcade as ostras,
i un Albariño pas cheas.

E que no nos falte na festa
un Condadiño de Tea,
cun marisquiño do Grove,
i un par de veas pa cea.

 Vinde tamén da Coruña
coas pandeiretas festeiras,
pa bailar cunhas chinelas
as nosas danzas muiñeiras.

Dende Betanzos ou Muros,
dende Ferrol ou Ribeira,
a xente chega co apuro
pa xantar xuntos na feira.

Coa estrela de Santiago
seguide a Muxía e Fisterra,
co Santo Cristo e ca Barca
peregrinade na terra.

Vogade cara Cerceda,
cantando nosas copliñas,
cas gamelas da nosa ría,
e as nenas de Camariñas.

De alí irei eu coa morriña
do fogar que me veu nacer;
de alí hei levar a esperanza
de que algún dia poida volver.

Vinde vosoutros leoneses,
ou vosoutros asturianos,
vinde da montaña ou do mar
que todos somos paisanos.

Vinde todos a Cerceda,
dende as terriñas que eu pisei:
de Carnota ou de Teixeiro,
ou de Abegondo, onde eu amei.

…E de Beldoña, co meu amor,
na nova vida que eu levei,
coa ledicia dos fillos
i esa familia que herdei.

Pido perdón se non lembro
a outras terras e a outras xentes,
moitos mais papeis faltarían
pa completa-los ausentes.

Vinde ata aquí que imos ter
a un tal Marcial e a un Carcasía,
que nos alegran a noite,
pa poder durmir de dia.

Esta é a miña terriña,
fermosa coma un caravel;
esta é a miña xentiña
festeira coma un cascabel.

Sempre co café no lume
e ca porta sempre aberta,
pa manter unha conversa,
…i, pa un amigo, unha aperta.

“ Volve axiña ” diría Pilar,
-a taberneira da feira-
que aquí te-la túa casa
i unha cama sempre feita.

Antonio Puert

2 comentarios:

  1. Parabéns ao bardo e segrel camariñán polo ben que troba.E unha fachenda telo de compañeiro tantos anos en Belvís pese a que,como era do grupo "B" sempre nos daban unha malleira xogando ao futbol.Rafael

    ResponderEliminar
  2. Hai, Rafael, as malleiras no fútbol, non admiten dúbidas; mais, en canto ao ben trobar meu, sorte que teño de que outros compañeiros nosos non aporten as súas trobas a este encerado. Entón, si que sairía eu co rabo polo medio das pernas, encorado polo medio do meu fume.
    Pero bueno, ben ou mal, aí van polo aire adiante as miñas chafalladas.
    Unha aperta compañeiro,... e, reparte tamén cos demais.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar