Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 3 de julio de 2014

FIESTRA ABERTA 2

Decateime, cando abrín os arquivos do que escribira neste último lustro,agardo que non sexa o derradeiro, que nos anos 11 e 12 aínda gardaba o calendario de tempo lectivo e non lectivo e por tanto neses meses non tiña gardado nada.

Quedan aí,para o que se achegue a esta fiestra e coa perspectiva do tempo pasado,eses poderíanse chamar retrincos se non fose porque de vivir D Alfonso Daniel Rodríguez Castelao poríame de xeonllos e mirando cara a parede por tempo indefinido por ter o atrevemento de profanar o templo das letras con semellante petulancia.


XULIO 2010

Ensinantes apreciados

Vense de publicar un estudo realizado pola Fundación BBVA, en varios países da Unión Europea,incluída España, no que aparecen como profesións mais valoradas os mestres (7,6).médicos (7,5) e científicos (7,4). E un notable alto para estes numerosos colectivos que tan valiosos servizos prestan ao conxunto da sociedade.

A axuda que esta magnífica estima social presta aos profesores para cumprir coa súa función ten un inmenso valor. Os alumnos que viven nun medio familiar e social onde se lle ten consideración aos profesores están mais predispostos a traballar, colaborar e a cumprir os obxectivos pedagóxicos. En definitiva a ter un mellor aproveitamento do que se ensina e aprende,sentirse orgullosos dos seus profesores e a superar o fracaso escolar.
Parabéns para todos os mestres, médicos e científicos que se lles recoñece a valía do seu traballo.

Pola contra os colectivos menos valorados son os partidos políticos (3.4),os sindicatos (4.1) e as autoridades relixiosas 4.3 ) Deben revisar os compoñentes destes grupos onde están as causas deste escaso apoio social. A autocrítica e o recoñecemento de errores propios achéganos aos demais E propio dos humanos cometer errores e de sabios saber rectificalos. Por ese camiño podería vir algunha solución a ese descrédito xeneralizado que tanto dana a auto estima que todos precisamos para andar pola vida.


XULIO 2013

PENOSO E LAMENTABLE


Sucedeu estes días algo insólito no eido internacional e panorama europeo. O Xefe do Estado de Bolivia,país sudamericano de mais de dez millóns de habitantes, estivo retido mais de doce horas en Austria por negárenlle Francia, Portugal, España e Italia facer unha escala técnica, na viaxe de regreso desde Rusia ao seu país por desconfiar, de forma equivocada ,que no seu interior estaba o Edward Snowden. Este cidadán americano acúsano de desvelar secretos do espionaxe que facía Estados Unidos sobre gobernos e institucións da Unión Europea.

Algo falla gravemente nos servizos de intelixencia dos países mais importantes para cometer erros de semellante magnitude. Ninguén entende como sen fundamento real se pode facer o ridículo desta forma.

¿ Terá isto consecuencias para España? Seguramente os bolivianos pensen que si despois de observar como tratan á súa máxima representación o Xefe de Estado. En Bolivia están na actualidade: Repsol, Iberdrola, Albertis , Aena, BBVA,Unión Española de Explosivos, Santillana. Empresas das mais importantes. E de supor que botarán pestes contra España e contra quen tomou esa decisión.

Pensarán como xa andan dicindo que somos en vez da patria nai a madrasta nunha colonia de Estados Unidos. Actuacións como estas, non deberán repetirse. E por pedir desculpas non se perden os aneles. Isto si que desprestixia, e moito, a marca España.

Xullo 2014

MENOS IDIOTAS

Chama a atención, cando nos interesamos pola orixe das palabras,como ao longo do tempo van mudando o seu significado. Na antiga Grecia, berce da democracia e da filosofía,chamábaselle idiotas a aqueles cidadáns tan egoístas e amantes da súa vida privada que non manifestaban ningún interese polos asuntos públicos da súa comunidade. Séculos despois en Roma xa significaba persoa falta de educación e que destacaba pola súa ignorancia. Nestes tempos pode significar quen é incapaz de entender as cousas mais sinxelas e incluso, nun senso mais científico, aquel que padece unha enfermidade mental que lle impide usar as facultades intelectuais. Na vida ordinaria cando o dicimos de alguén non e ningún cumprido senón un insulto humillante.


Nos tempos que andamos e despois doa acontecementos mais inmediatos como son o resultado das eleccións europeas que rematou coa convicción de que cada partido dos maioritarios tiña sempre un electorado que lle era moi fiel poñendo como exemplo as comunidade de Madrid, Valencia e mais Andalucía. Tamén a falta de confianza nas institucións que sempre a tiveron como a monarquía,os partidos,sindicatos, organizacións empresariais e incluso bancos e caixas parece que chegamos á seguinte conclusión: Cada vez - no sentido que o entenderon os gregos, de non sentir preocupación e interese polas cousas públicas,o autentico significado da república,res pública,que tantos partidarios lle apareceron na actualidade - podemos concluír que cada vez somos menos idiotas.



Que teñades un bo verán e que non falte a saúde que soamente a valoramos cando vemos que estamos a punto de perdela. Como sempre saúdos. Rafel

4 comentarios:

  1. Pois, eu, Rafael, penso que Castelao, non ía a poñerte de xeonllos de cara o encerado; mais be, daríache os seus parabens pola pulcritude do teu traballo e por tratar de engadir o teu grao de area na procura de salvar a lingua que tanto el coma nos amamos.
    Parabens, pois, por ese graíño de area que está a brillar neste encerado.
    Unha aperta, compañeiro
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Grazas Antonio.Eu tamén penso que de vivir D. Eduardo María González-Pondal e Abente, criouse por esas terras que tanto che queren a ti e a inversa, e estudou latín co parente crego de Nemilña diría que ti es un dos bos e xenerosos dignos de pisar esta bendita terra que ten rias como soles,sobre todo neste tempo que mais se nota a beleza.

    ResponderEliminar
  3. Antonio lin o comentario que puxeches sobre o parentesco con López Abente e mais con Pondal e ademais como foches beneficiado pola beca creada polo crego que lle ensinou gramática latina a Pondal. A verdade é que este mundo tan grande e redondo moitas veces parece que mais ben é un pano da man ou, como moito, un manto. Despois para contestarche escribín eu un comentario que non fun capaz de colgalo e non sei como fixen que borrei o teu. A miña ciencia no manexo destes novas tecnoloxías e a nivel ínfimo de usuario e non sei ,nen como nen si ,se pode recuperar. Se o queres volver a poñer,no caso de que o conserves ben e senón que saibas que foi o meu trasno o que fixo esa trastada. Saúdos como sempre Antonio e cos mellores desexos.Rafael

    ResponderEliminar
  4. Rafael, vouche revelar un segredo ( se é que xa no no sabes ): a irmán da miña aboa, Faustina Lastres y Lastres, casara con Victor Castro Rodríguez, primo de Eduardo Maria González -Pondal e Abente. E os Lastres e os López Abente, estaban emparentados con Filomena Lastres Torreira , de Santiago, e, a vez, coa miña avoa Julia Lastres. Filomena, conocida na nosa casa de Muxía como a tia Filomena, era da nobleza hidalga. Tiña a casa fronte a alameda, i eu estiven nela con meu pai, un par de veces, pouco antes de entrar no seminario.
    O famoso clérigo, bispo de Palencia Lozano Torreira, tamen dera clases ao mozo Pombal, e deixara dúas becas pos familiares seus, unha en Palencia i outra en Santiago...e con esa beca estiven eu en Belvís. e outros antepasados meus no Seminario Maior, ( meu pai e varios dos meus tios- ningún deles chegou a cura ). Esa beca aínda hoxe existe, pero case, sen fondos.
    No enterro de Pondal, di a Voz de Galicia de aquel entón ...” presidieron el multitudinario corejo fúnebre las autoridades y la familia Lastres y López Abente. de Mugia...- a terra do meu pai -)
    Pero, eu, malia todo, nin de López Abente nin de Pombal, herdei esa vena tan clarificadora que tiñan eles...¡ Quen me dera !

    ( Mais ou menos, Rafael, este era o meu comentario ao que ti fas mención…) Se queres saber mais do bispo Lozano Torreira, mira en google, e verás o importante que fora, e tantas cousas que fixo durante a súa etapa en Palencia.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar