Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 5 de octubre de 2014

Aí, vai, pois, o verdadeiro conto de hoxe:

NON COMPENSA

Xa o dixera, quen o dixo: este negocio non compensa…non cubre. I, eu, teño que engadir: nin sequera como  un “ okupa “ pasaxeiro no noso pensamento.
Ocupar un lugar, que, ben podería deixar libre no miolo, por exemplo, pa cavilar mais no negocio da plantación de ortijas.
Hai quen fala delas, como ó mellor remedio pa cura-la reuma. E, si é así como din os entendidos, os tollidos e os arqueados, a lo menos, imos ir po outro mundo dereitos coma as frechas de Tarzán. E, se non fora como din os que entenden, iremos cara San Pedro, tan tortos ou mais que aquel arco do Home Mono, tensando cordas polas selvas de Sierra Leona.

Toda esta laretada que trae este conto, da comezo  cun balbordo de actos preliminares, mesmamente, enriba dunha leira de patacas:
-Que, se é mellor o esterco de vaca, que ó de coenllo; que, se hai que estrala leira con toxo, mellor que con fieitos; que se o zurro de vaca é mellor que a química…
A verdade é que eu , de todo iso, non entendo nin papa. Polo tanto, non desexo opinar de algo que descoñezo. O que si sei, é que os feitos que relato a continuación, veñen a raíz dun lote de labores colaterais que están a levar aos nosos osos, directos de cara ese arqueo sen remisión. O noso lombo, ajuanta o que ajuanta. E, unha vez que se pon a mirar de sejido cara o chan, xa non hai menciñeiro, nin pedra de avalar, nin de cadrís, que ó erjan pa que poida contempla-las afumadas ringleiras nos rabos dos avións.

Outro tema que está a facer de  “ okupa “no noso  miolo, son as disxuntivas que xorden en tocante a plantación mais axeitada:  que, se plantas patacas de riles ou de Kennebec; de desirée, ou de raineta…ou, se mercas a semente en Coristanco, ou en Payosaco... Dende logo, todas elas, moito mellores, non cabe dúbida, que á semente de Álava. Aínda a risco de mesturar parentescos consanguíneos en tubérculos, que  poden abrochar en patacas apampadas ou desaqueloutradas, facendo  palimocos no propio ceo da boca, ou retratando monicreques variados nas propias protuberancias das balocas. E, aínda así, son mellores.

Tamén, outra dúbida en tocante o tema que toca, é: de si ven a plantalas o tractor de Gumersindo, ou se ven a burra do Fuchiqueiro… lentiña, si, - non cabe dúbida-  malia todo, moito mais experimentada na marcha atrás… sen perdelo rejo.

Por último, aclaradas a medias, ano si e ano tamén, todas estas cuestións, ten lugar a plantación, examinando debidamente o “ Mentireiro Verdadeiro “ onde, no devalo do marzal, é a data que aconsella o listiño que o publica... Se o fas cando a señorita das alturas mira pa ti, date por fodido, as patacas sairán con miradas de apampado, calcando a face da presumida das noites na súa pel.
Tampouco desexo esquecer, nin os sulfatos da Sementeira, nin as apócemas chineses de recente implantación. Estes, matan tan só ao escaravello mais vello, que é o verdadeiro causante da proliferación das pragas, deixando aos demais plantados nunha  pelexa por ver quen ocupa o seu lugar. Liortas e paus entre eles pola femia mais comedora. Contos chinos do Fuchiqueiro, pa vende-lo seu produto, e darse por entendido no tema. Non lle fagades nin caso. Canto mais aforredes, mellor.

Co soliño, as nosas pataquiñas, erguen a crista que é un primor. Da justo velas a porfía:  crechas e salerosas, floreando na primavera con eses tons violetas, que, case, poderíamos metelas nun frorero... Tiran pa diante como é debido, ata que o demo amola o conto,…E, veña mais sulfatos, e mais xofre, pa combater a Satanás, ata que te fartas. Logo, por fin, caes da burra, e  poste a escaldar no pote a auja das ortijas,  tratando de poñe-la plantación coma as frechas de Tarzán…Tarefa inútil,. Onde o demo pon as mans, sempre saes escaldado.

Malia a todo, tocan diana, e todo o mundo a correr. O burro de Indalecio,” co quinto levanta “ entoando co eixo mollado a marcha “ rial  “;  os veciños, en batifondo de combate total… E, aquel día do devalo, auguraban os da Galega, que non ía chover, por nada do mundo…¡ Que ilusos !… ¡ A baldes !

Agora, toca escollelas por categorías; ás sans, nesta morea; as adentadas, nesta outra; ás roídas acolá, e as podres, de momento, déixalas nese cornecho. Logo, hai que facer un burato ben fondo no arredor da leira, e,

dese xeito, non apestan mais aló de casa do Señor Alcalde.

- ¡ Hai, Santo Cristo del Calvario …! ¡ Que cruz ! …, E, o Nazareno, retorcéndose co seu dor…” Consumatum est… “

Agora ( estou a pensar eu )  a polos fijos, toca. E, ala ajarro a escada, gabeo catro pasos; estendo a man,..e, saltan encol min  un niño de nespras, que me deixan a naris, como a do Cirano de Berllerac.  ¡ Que o noso Señor me ampare ! Non hai misericordia pos sufridores das pataqueiras.

Pa presentar contas de todo isto, segundo o oficio de toda a miña vida, ante quen procede, digo:
Tanto, po burro de Indalecio; tanto, pos abonos e pas pestes; tanto, pas patacas da Sementeira; tanto pos tubérculos de Ávila; tanto, po meu lombo; e, tanto, pa miña naris.
Así é que, estasme a deber: tanto.
- Moi ben, agora mesmo, non teño nada descambiado no peto. Po vindeiro ano, cando remate a faena, fasme recordo…pois, a estas alturas da miña vida, xa estou perdendo moita memoria.
- Moitas grazas a todos pola vosa contribución… e, ata o vindeiro ano.

Antonio Puertas







No hay comentarios:

Publicar un comentario