Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 15 de febrero de 2015

MEMENTO GRÁFICO.(xantar de inverno)

Nesta noite de Domingo lardeiro ou de carnestolendas, despois de cumprimentar as obrigas familiares,nesta época son comidas de mesa e sobremesa prolongadas,miro ao chegar á casa e abro a caixa do correo electrónico e observo que xa o egrexio compañeiro Enrique ,anda sempre apegado á súa cámara de fotos, me remitiu unhas cantas que vou deixar colocadas para xeral observación.

O xantar de inverno deste ano,tal como estaba anunciado,celebrouse cunha concorrida asistencia. Salvo error ou omisión eramos vinte comensais xustos. Botouse de menos a presenza de Andrés Vilariño que por causa xustificada,acudir a unhas probas médicas ,non nos puido acompañar coa presencia corporal pero si coa outra. Desexámoslle os mellores éxitos en todas as ordes da vida.

Os primeiro en chegar foron algúns que viñan de mais lonxe. O amigo Senín,xunto con Luciano Pena e Suárez Cotelo que os foi esperar ao tren,viñeron polo camiño de ferro,xa a medía maña foron os primeiros en chegar. Despois de tomarmos uns cafés e intercambiar impresións sobre diversos temas de actualidade relacionados coas vivencias comúns intentamos dar un paseo matutino pero o día era tempo de cans e sorprendeunos cunha chuvascada que nos obrigou a poñérmonos a cuberto.

Logo xa preto do mediodía foron chegando o señor Pereira, Agustín Dios, Isolino Esmorís,Ricardo Cutrín e mais López Gómez,Dans Couto ,os irmáns Sanleses,Antonio Puertas que xa nos declamou o de que “se hai que volver a nacer nácese” e xa as dúas da tarde entramos no mesón. Xa estaban tamén Alfonso e Lóper Gonzalez e os mais serodios foron Enrique, Felpete e os da zona de Santiago, Caamaño e Fernando Ledo que chegaron,de todos modos a hora acordada que era sobre das dúas e media minutos mais ou minutos menos. Como dicían os cregos que non eran puntuais que anunciaban calquera celebración para arredor dunha hora determinada.

Despois desta lería dicir que o xantar fíxose con vagar e parsimonia,en animadas conversacións, e que rematou con sobremesas da época e chupitos e cafés variados e repetidos. Sendo a estrela da comida o mencía de Monterrei baixo o nome comercial de “Crego e managuillo”que paréceme que deixou satisfeitos a todos.

Agora deixamos a reportaxe fotográfica da autoría de Enrique Vázquez Pose a quen se lle agradece o detalle que ten sempre de exercer de notario maior destas efemérides.


E finalmente en honra a Dioniso ou a Baco hai que deixar constancia de esta fruto da terra e do traballo do home,como di a liturxia, que é este fermoso e aabedor viño,semptre con moderación hai que bebelo que é ao que fixen referencia no prólogo desta reportaxe que queda aí para constancia dos que disfruten véndoa.

Saúdos para todos.Rafael.

1 comentario:

  1. Pois, eu, volvo a repetir: se hai que volver a recuncar, recúncase...háxa cregos ou monaguillos.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar