Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 12 de septiembre de 2015

CONVIVENCIA 2015

Para que conste onde proceda vou deixar neste muro ou muralla, leva pechada unha morea de tempo, as fotos que me mandou moi dilixentemente o compañeiro Enrique para que se poidan contemplar cun simple clik aqueles que non teñan medo a estes modernos cacharros que revolucionaron por completo a forma de andarmos polo mundo.

E obrigado comentar a sentida ausencia do compañeiro Barral (RIP) que sempre ordenaba facer a foto de todos que logo nos entregaba ao ano seguinte. Desta vez ninguén fixo a acordanza e quedou sen facer.

E de xustiza tamén agradecerlle aos que organizaron esta convivencia o de volver a Belvís onde pasamos o final da infancia e toda a adolescencia. Igualmente o de ir a San Martiño onde tamén algúns pasamos sete anos e como dicía Ramón Senín debestes de ter vivencias moi profundas. A verdade é que como bo militar,seguramente o foi,rigoroso e observador,non lle falta razón. Ante esa monumental Igrexa e diante do retablo barroco mais característico da arte universal foi onde accedemos ao mester de clerecía.

Debe igualmente quedar constancia do satisfeito que quedou Agustín Dios pola alta participación,34 asistentes, este ano. El como bo dirixente bancario acostumado a traballar por obxectivos valora moito mellor ca ninguén a medición dese dato.

Tamén a Enrique que tivo a feliz idea,ademais do traballo na organización, de propor a visita a Igrexa de San Martiño que moito ten que ver e admirar.

A alguén se lle pasou ler no,memento de defuntos ,a lista dos ausentes. Para min era o momento mais desacougante destas xuntanzas. Seguramente por pertencer á dinastía numerosa dos “garcias”dos que quedamos menos da metade.

Como introdución ou exordio para colar as fotos xa é suficiente. No epílogo farei algunha breve consideración e queda xa a peza completa. Diría D. Manuel Calvo Tojo. profesor que foi de elocuencia.

Aí quedan as imaxes:








Pois nada masi como epílogo: mercade tinta e mais estilográfica se a perdestes e cando non teññdes algo mellor que facer deixade algo neste taboleiro para xeral coñecemento se vos parece ben.Saúdos para todos e seguiremos vivindo que "Vivere neccese est,navigare non est neccese.Rafael

1 comentario:

  1. Eu, pobre de min, que vou decir que non se saiba...Que estamos todos moi " guapos ", se non fora polas calvas, que lustran os retratos.
    En Fin, prometín a algúns retomala carta que xa estaba enferruxada na cuneta de ningures.e, así, ir camiñando por esta corredoira, deixando a lama dos meus zocos por ela adiante.
    Hoxe fun na jamela a Virxe da Barca, loitando cos elementos. Dixerome algún : estás tolo vir por mar, co mal tempo que hai."...E, contestei eu: un home de mar, nunca lle ten medo ao home do tempo...E aquí estou, sen novidade.
    Apertas
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar