¡ BO NADAL !...aínda que tan só sexa para os espiritos.
Antonio Puertas
A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago
domingo, 20 de diciembre de 2015
lunes, 30 de noviembre de 2015
lunes, 9 de noviembre de 2015
OPINION PUBLICADA
Vou acender unha lámpada de baixo consumo, ou prender unha candea, para entrar neste cuarto do blog e non tropezar e magoarme con algún obxecto non identifivado.O pobre de Antonio Puertas non sei como fixo para colar as súas poesías.Faríao a plena luz do día para non tremer de medo.Non me fagades caso ao final o único certo e aquel dito ou máxima que dicía: Vánitas vanitatum et omnis vánitas.Pois de leria xa "sufficit yam".Aí queda unha coudsa que escribín hai und días e pedíronme que a deixase aí e dito e feito.Aí queda:
CONDUCTA HEROICA
CONDUCTA HEROICA
Informounos este xornal recentemente que os fillos
da finada Rosalía Mera e de Amancio Ortega , Sandra e Marcos,
ingresaron na Facenda Pública Galega mais de 100 millóns de euros
polo imposto de sucesións e doazóns. Rosalía Mera,cando se faga a
súa haxiografía,será tida como unha Rosalía de Castro no
literario,unha María Pita na defensa dunha cidade ou unha Xoana de
Vega na protección da beneficencia na Coruña. Rosalía Mera foino
na defensa e promoción de persoas de capacidades diversas sen
preguntar de quen viñan sendo. A fundación Paideia é todo un
exemplo na cidade da Coruña.
O titular da noticia era:”La Xunta hizo su
agosto con la herencia de Rosalía Mera” Representa
mais do 40% do total recadado o ano pasado por ese tributo. Dunha nai
así era de esperar unha conduta exemplar dos seus fillos
A noticia refería,aí está a heroicidade,que distintos asesores
fiscais recomendáranlles mudar de domicilio para a comunidade de
Madrid para non teren que pagar ese imposto. Nos tempos que corren
,onde personaxes nun tempo respectables e con responsabilidades
públicas saquean o diñeiro de todos,lévano a paraísos fiscais
para non contribuír no seu pais,ninguén negará que estes dous
cidadáns merecen ser candidatos a medalla de honra de Galicia ou as
de Castelao ou a algunha que se cree a propósito para conmemorar
condutas heroicas. Axudaría ademais,xa que os exemplos arrastran e
as palabras lévaas o vento,a ser un referente ético onde a lei que
impera é a de que o diñeiro,canto mais mellor, é a medida de todo
.
Cos mellores desexos.Rafael
viernes, 6 de noviembre de 2015
LLEVARÁS
Llevarás
contigo la infancia de mi vida
cuando se
apaguen las luces de mis recuerdos.
Llevarás
mis ilusiones sin más salida,
que el sino
de vida que dictaron los cielos.
Llevarás mi
silencio hasta tu cementerio,
sin lágrimas
en los ojos de un cuerpo inerte.
Llevarás el
enigma hasta ver el misterio,
…mas,
no podrás con mi alma, aunque en polvo despierte.
Antonio
Puertas
domingo, 25 de octubre de 2015
O Vilán de Fora
...Tamén, por deixar algo e non morrer no intento:
O VILÁN DE FORA
Roxen os ventos no
Vilán de Fora,
e o mar debulla na
cerna da rocha;
a barquiña cruza a
carón da focha
seguindo a canle
da espuma que aflora
…e afoga de
proa,.. erguéndose agora.
En lampo cumial
planea a gaivota
danzando co mar da
terra que acocha,
o niño espido no
Vilán de Fora.
Maxestoso, érguese
o noso Villano,
retando a un pulso
co seu braceo
ao vento e ó mar,
a través do engano,
e, oufano, ós
dobrega de forzas cheo,
cos raios que
cisca pa perder no ceo.
Antonio Puertas.
martes, 29 de septiembre de 2015
POR DEIXAR ALGO
Hoxe,ademais de por estar de días,tiven algunhas chamadas pedíndome que puxese no Blog o que publicou onte a Voz.Como o traballo que da é mínimo,é un corta e paga, pois aí queda para que o que o pediu e mais algún que outro que poida entrar teña acceso.Que sexades moi felices na medida en que sexa posible cada un en función das súas circunstancias que como dicía,coido que era Ortega,un e un e as súas circunstancias.
Aí queda:
ANTICORRUPCION EN GALICIA
A Fiscalía contra a
Corrupción e a Criminalidade Organizada, é o nome oficial, foi
creada no ano 1995, na etapa final do Goberno de Felipe González,
Acordamos que foi unha época inzada de casos de corrupción. Neses
anos popularizouse o slogan“Vaiase señor González”
destacando o Partido Popular por perseguir e denunciar un estado de
corrupción asfixiante. Despois de acadar o goberno xa non foi tan
entusiasta. No 2003 destituíu a D. Carlos Jiménez Villarejo,e ao
ano seguinte o Fiscal Xeral do Estrado, D.Jesús Cardenal, xa
propuxo suprimir a Fiscalía anticorrupción.
Nestas días que tanto
aquí, operación Patos ,como en Madrid a Púnica seguimos botándonos
as mans á cabeza pola cantidade de descarados e desvergonzados que
malversan diñeiro público, prevaricando, facendo algo inxusto
sabendo que o é. Nin devolven o roubado .nin hai esperanza de que
os xulguen mentres non pasan dez ou mais anos Seguen burlándose dos
demais cidadáns que pagan relixiosamente os seus impostos esperando
un xuízo e unha sentencia que nunca da chegado.
O peor disto é que houbo moita xente pedindo dende hai anos que tivésemos en Galicia unha fiscalía anticorrupción e non fixeron caso nin ao Fiscal D. Carlos Varela , nin a Xunta de Fiscais e ao Tribunal Superior de Xustiza. A resposta sempre era o silencio ou que non era a comunidade onde mais falta facía. ¿Ou será que,como pensan algúns, aos raposos non lle gusta toparse con cans que os persigan, cando van aos galiñeiros?
Pois deica á próxima vez. Rafael
jueves, 17 de septiembre de 2015
Como xa comín, despois do xantar, ven o postre ( segundo prometín a algúns- pa que non morran de fame ):
VEÑO DA VIRXE DA
BARCA
Veño da Virxe da
Barca,
da Virxe da Barca
veño,
co pandeiro aqueloutrado,
de tanto viño que
teño.
Vou cara a Virxe da
Barca,
co meu pasiño
lixeiro,
por veces tocando a
gaita,
e, por veces, o
pandeiro.
A gaita mendada ía
bufando por un
remendo,
-por culpa dunha costura-
cunha arte que non
entendo.
Canto e bailo co
Ribeiro
e co mareo que teño:
...un grolo de aquí e
outro de ala,
-a miña bola- vou e veño.
Con saleiro, vou por Muxía,
malia que achico o
punteiro,
que rachou en medio da
estrada,
mallado por ser
festeiro.
Pobriña gaitiña miña,
que estoupou polo
remendo;
xa a gaita non vale
nada,
e a costureira na
entendo.
Veño da Virxe da
Barca,
achicado e sen
pandeiro,
que mala chispa á
parta
por ter zurcido o punteiro.
Antonio Puertas
PALOMA BLANCA
Paloma blanca, si es que me muero
al cruzar el cielo o el ancho mar,
lleva en tu vuelo mi cancionero,
en tu vuelo lleva este cantar.
Lleva mi amor a quien yo más quiero,
blanca paloma del palomar,
llévale un beso, que es el primero,
que abre los cielos para volar.
Dile paloma que yo la quiero,
como la orilla quiere a la mar;
dile paloma que yo la espero
junto a las olas con mi cantar.
Dile que he vuelto con mis recuerdos,
dile que he vuelto para soñar
con los luceros aletargados,
que en su mirada yo he visto brillar.
Paloma blanca lleva mi barca,
si es que a su nido vas a volar,
pues, con sus velas, el cielo abarca,
y surca el tiempo con mi cantar.
Antonio Puertas
sábado, 12 de septiembre de 2015
CONVIVENCIA 2015
Para
que conste onde proceda vou deixar neste muro ou muralla, leva
pechada unha morea de tempo, as fotos que me mandou moi
dilixentemente o compañeiro Enrique para que se poidan contemplar
cun simple clik aqueles que non teñan medo a estes modernos
cacharros que revolucionaron por completo a forma de andarmos polo
mundo.
E
obrigado comentar a sentida ausencia do compañeiro Barral (RIP) que
sempre ordenaba facer a foto de todos que logo nos entregaba ao ano
seguinte. Desta vez ninguén fixo a acordanza e quedou sen facer.
E
de xustiza tamén agradecerlle aos que organizaron esta convivencia o
de volver a Belvís onde pasamos o final da infancia e toda a
adolescencia. Igualmente o de ir a San Martiño onde tamén algúns
pasamos sete anos e como dicía Ramón Senín debestes de ter
vivencias moi profundas. A verdade é que como bo militar,seguramente
o foi,rigoroso e observador,non lle falta razón. Ante esa monumental
Igrexa e diante do retablo barroco mais característico da arte
universal foi onde accedemos ao mester de clerecía.
Debe
igualmente quedar constancia do satisfeito que quedou Agustín Dios
pola alta participación,34 asistentes, este ano. El como bo
dirixente bancario acostumado a traballar por obxectivos valora moito
mellor ca ninguén a medición dese dato.
Tamén
a Enrique que tivo a feliz idea,ademais do traballo na organización,
de propor a visita a Igrexa de San Martiño que moito ten que ver e
admirar.
A
alguén se lle pasou ler no,memento de defuntos ,a lista dos
ausentes. Para min era o momento mais desacougante destas xuntanzas.
Seguramente por pertencer á dinastía numerosa dos “garcias”dos
que quedamos menos da metade.
Como
introdución ou exordio para colar as fotos xa é suficiente. No
epílogo farei algunha breve consideración e queda xa a peza
completa. Diría D. Manuel Calvo Tojo. profesor que foi de
elocuencia.
Aí
quedan as imaxes:
Pois nada masi como epílogo: mercade tinta e mais estilográfica se a perdestes e cando non teññdes algo mellor que facer deixade algo neste taboleiro para xeral coñecemento se vos parece ben.Saúdos para todos e seguiremos vivindo que "Vivere neccese est,navigare non est neccese.Rafael
martes, 28 de abril de 2015
CURIOSIDADE
Deixo aí algo que me chamou tanto a atención como cando souben que san Ramón (non nato)nunca existiu pese a ter unha capela no concello de Boiro mais grande ca de ningunha das parroquias. Mandouse facer no sécul XIX para cristianizar un lucal de culto pagán onde se xuntaban as parellas que tiñan problemas de fertilidade a dormir nas chamadas camas de pedra.Algo parecido ao que sucedía na Lanzada.
Pois aí queda no caso de que alguén despistado entre:
San Rabón, que vuelve buenos a los maridos malos.
No caso de non velo por isto en GOOGlE e seguro que o atopades
Disto,retrotraéndose a hai cincuenta ou sesenta anos,cantos casos non haberá.Un saudo para quen o recolla..Rafael
lunes, 13 de abril de 2015
ROUCO TOLEOU
Creo que debe quedar constancia aquí do que lle sucede ao Cardeal Rouco.Perdeu a cabeza.Doutro modo non se entende que non faga caso aos propios compañeiros de mitra.Hoxe sae no pais unha información de moitas comunidades cristiáns que o denuncian profeticamente.Queda aí o enlace para accder a esa información. Eu hai un tempo xa escribira que o deben de facer entrar en razón os de arriba xa que aos de abaixo,cristiáns de base, non lles fai puto caso:
Organizaciones cristianas deploran el estilo de vida de Rouco
Saudos. Rafael
Suscribirse a:
Entradas (Atom)