Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 1 de noviembre de 2010

OS MEUS CONTOS


UN HOME CON DOUS MIOLOS
Era un día cru de inverno e, as xentes da aldea, corrían de casa en casa, pa anunciar a tódolos veciños a ledicia que supoñía no rueiro o nacemento de un neno varón.
Acontecementos así, eran sempre ben recibidos por aquelas humildes xentes dado que, o lugar, contaba con moi poucos veciños e, as vellas casas, estaban a quedar valeiras. Eran moitos os que emigraban con rumbo as amaricas, e, moitos mais, os mortos que tiña que soportar aquel pobo.
A noticia, pouca o ningunha transcendencia ía a ter de por si. Mais ben, aquel feito, sería una boa nova que apenas ía a incrementar o censo electoral, e, unicamente, ía a engadir uns poucos choros mais que se confundirían cos dos seus avasalados e sufridos habitantes. A singularidade d´aquel caso, mais ben, asomaría nun futuro non moi afastado.
Transcorridos aqueles primeiros meses, pronto se convertería aquel rapaciño no principal e único tema de conversa en toda a comarca do Finis Terrae, chegando, inclusive, a traspasar os lindeiros territoriais e a espallarse, como unha borraxeira de mar, polos mais recónditos lugares da nosa xeografía bérica.Era un caso de tal rareza o que se estaba a producir, que ía a converterse en único e irrepetible, estudado polos mais clarividentes profesionais da psicoloxía contemporánea, e, comentado como un fenómeno universal, digno dunha película de Alfred Hitchcok.
Os seus pais, moi pronto, se darían conta de que a conduta d´aquela criatura era tan estrafalaria, que decidiron contactar con un dos mellores menciñeiros de moita sona na comarca, a quen acudían, por aquel entón, xentes de tódalas clases sociais, para requerir os seus servizos. Non precisou de moito esforzo e, axiña, emitío o seu diagnóstico: este neno ten dous miolos. Pasaron os anos e, aquel rapaz, mozo xa, fracasado na vida, seguramente por mor do seu padecemento, era vítima da súa incomprendida conduta, e, todo o mundo, arredaba del. Ninguén o quería contratar para desenrolar un traballo, nin manter con el un lazo de amistade. Dese xeito, buscou consolo na bebida, e pasaba os días na taberna do lugar.
O “ tintorro “ baixaba pola súa gorxa do mesmo xeito que, a súa doenza ía “in crescendo “ ata resultar insoportable a súa presencia na parroquia.
Ante este panorama e, como a cousa ía a peor, os seus proxenitores, decidiron acudir aos mellores especialistas en medicina psiquiátrica, e, alá tomaron o Castromil rumbo a Santiago, decididos a presentar o seu problema e o do seu fillo ante o mellor especialista que, por aquel entón, rexentaba sabiamente o manicomio de Conxo.
Foi sometido a todo tipo de probas e estudios por parte dun equipo médico especializado, acudindo este, inclusive, a solicitar axuda da Stanford University dos Estados Unidos de Amarica. Todos, absolutamente todos, coincidiron con aquel menciñeiro que había dado no cravo dende o primeiro día, engadindo o mundo da ciencia, algo novo e mais sorprendente , se cabe, que non so levaba dos miolos, si non que, ademais, estaban partidos en catro hemisferios ( ou metades), interconectados entre si. Uns, pola banda de estribor ,e, outros dous, tirando pa babor ( por usar terminoloxía mariñeira) con unha especie de fiúnchos ramificados con polos positivos e polos negativos, conectados directamente con ambolos dous miolos. De aí, podíanse explicar as reaccións e os arrebatos d´aquel homiño, cando se lle cruzaban os cables.
Casos curiosos, como que choraba e ría o mesmo tempo, berraba e calaba de súpeto, andaba pa diante e pa tras, rezaba e xuraba de seguido…En tempo de eleccións, corría como un tolo coas dúas mans en horizontal cara o fronte, portando unha papeleta das esquerdas na man dereita ,e unha papeleta de dereitas na man esquerda, cabreándose con elas porque as súas apéndices chegaban o mesmo tempo a depositar os seus contraditorios votos.
Nos días de borracheira, era un verdadeiro espectáculo velo xesticular el so, andando pa diante e pa tras, e virando en redondo en ámbolos dous sentidos. Un verdadeiro remuíño ataba e desataba as súas ideas e pensamentos, sen rumbo definido, que moito dou que falar.
Antonio Puertas
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario