Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 25 de noviembre de 2010

VIOLENCIA DE XÉNERO ET RELIQUA...



En primeiro lugar agradecerlle a Puertas que me adicase o conto. “Muito obrigado” como din os nosos patricios portugueses. (Ese era o título que lle daban, cando se atopaban en Terranova, os mariñeiros do Cabo da Cruz aos portugueses).

É xoves pola tarde. Deixeina libre para escribir algo neste encerado. Podía ser sobre calquera das cousas que abundantemente rouban a nosa atención nestes días. En cuestións de economía eu fíome bastante das informacións que aparecen nesta páxina:ATTAC España | Justicia Económica Global

Paréceme que como altermundista ,penso que outro mundo é posible,aquí dan razóns para alimentar esa ilusión. Tócalle aos mais novos,como lle digo ao meu fillo e aos meus alumnos, recoller as testemuñas para que os fachos sigan acesos. Nós na medida en que puidemos e quixemos xa cumprimos a meirande parte da tarefa.

Arremedando a “Frai Gerundio de Campazas” que facía as prédicas sobre o que lle daba a gana como por exemplo: “Hoxe é dia de San Xosé .Era carpinteiro. Os carpinteiros fan confesionarios,logo imos falar da confesión

Como hoxe é o día internacional contra a violencia de xénero escribirei algo sobre iso.
Hoxe conmemórase ou rememórase ese día (todo o contrario dunha celebración). Unha praga moi estendida ate hai pouco tempo. Foise tomando conciencia fundamentalmente a través dos medios de comunicación social. As campañas axudaron moito a saír do armario as maltratadas. Hoxe a lexislación é moi protectora da muller e o Estado hai que recoñecer que se envorcou de cheo poñendo medios: unidades de policía, xulgados especializados,casas de acollida,ordes de afastamento e distanciamento, pulseiras conectadas ás alarmas dos corpos de seguridade..etc...

Nos 25 anos que leva vixente a Lei de Divorcio,coñecida como a Sanfermina,por entrar en vigor o 7 de Xulio de 1985,moito evolucionou a sociedade. Eu penso que para ben. Hoxe pódese pedir o divorcio directamente transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Non hai que alegar ningunha causa. Antes para separarse había que invocar algunha destas causas: abandono inxustificado do domicilio conxugal, infidelidade,violación grave e reiterada dos deberes conxugais,incumprimento dos deberes respecto aos fillos,condena de pena de privación de liberdade superior a 6 anos,alcoholismo,toxicomanía ou perturbacións mentais e cese efectivo da convivencia libremente consentida como mínimo durante 6 meses

Se non acreditabas e probabas ante o Xuiz que se daba algunha destas causas ou varias non se concedía a separación. Para conceder o divorcio tiñan que ter pasado dous anos desde a interposición da demanda de separación ou levar 5 anos ininterrompidos de ausencia de convivencia..

No 2004 a finais do ano entrou en vigor a Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Levabaa o Partido Socialista no seu programa e logo se viu que era precisamente durante a tramitación das separacións e divorcios onde a muller mais exposta estaba ao maltrato. O lexislador tivo o acerto,neste caso con bastante celeridade, de modificar a lei de divorcio, o 8 de Xullo do 2005 suprimindo a causalidade e poder solicitar directamente o divorcio. Esixir o mesmos requisitos para casar que para descasar. O mero consentimento libremente prestado.
Foi tan grande a sensibilización social nestes últimos 15 anos que eu, acórdome perfectamente, como no ano 1995, falar do maltrato psicolóxico ou acoso era un concepto que non se entendía. Para metelo no Regulamento de Réxime Interno do Instituto,adaptando o que había á nova lexislación, custou Deus e axuda. Menos mal que pese a que hai xente que lle gustaría que retrocedésemos a sociedade, coas súas luces e sombras,camiña cara a diante.

Hoxe a ministra de sanidade anunciaba unha reforma no Código Civil inmediata para que o conxugue que maltrata perda o dereito a patria potestade e custodia dos fillos menores así como que non poida beneficiarse,por vía de herdanza,dos bens de quen padece o maltrato. Deica hoxe pode herdar o que maltrata os bens da maltratada.

Que sirva esta entrada, para os que a lean, como recordatorio desta lacra social que debe desaparecer canto antes coa axuda de todos/as. Os que estades casados tratade ben as vosas compañeiras e as persoas coas que vos relacionades. Un rogo semellante xa llo facía a nosa Rosalía de Castro aos:
“castellanos de Castilla,
tratade ben aos galegos,
cando van ,van como rosas;
cando vena,vén como negros.”
Noutra orde de cousas e dando por rematado o dito sobre a violencia de xénero teño que dicir que me agradou o que nos deixou Amboage escrito tamén neste taboleiro. Ínstanos, coas reflexións que fai ,a vivir mais pendentes dos demais,na medida en que poidamos,claro está. Esa nai que botou case dous anos pedindo xusticia na vía publica para o seu fillo, creando unhas redes de axuda social arredor dela,merece un monumento á constancia .Gracias Andrés. O mundo da xudicatura merece aínda,como dicía Castelao, rezar un “Padrenuestriño pola Xustiza.”

Tamén nestes días, e con isto poño o punto final, as páxinas de información relixiosa como



No hay comentarios:

Publicar un comentario