Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 9 de marzo de 2011

Ilustrando a Crónica de urxencia de Rafael (AGV)

Vemos o pelo gris de Amador, 
o máis canoso de Suárez Cotelo, 
a cara de Pereira e o apunte da de Dios Vigo. 
Xa , pola banda dereita a Rogelio Cotelo,  
a Manuel Felpete, Juan Sanlés 
e Juan Caamaño Calvo. 
Amador, a esquerda, medio de costas. 
Por diante del, de dereita á esquerda, Alvite, 
García Vilariño, Fernández Barros, 
Cotelo Felpete e Felpete Sánchez. 
A mesa  non lucía os manxares, 
porque os alí presentes xa os cambiaran de sitio
En primeiro termo Alvite e García Ramos. 
Detrás Ricardo Cutrín está convencendo
a López Gómez de que é hora de irse...
Eran case as seis da tarde.
Onda a fiestra,  Silveira remata o seu atuendo.
Aquí empezaba e segue empezando a lista:
Agraso Carballido (á dereita), Alvite Ponte...
Seguen compartindo o pupitre.

Silveira Figueroa e Dans Couto.
A Silveira, por certo,  dá xenio velo,
 mozo, con pelo na cabeza e rebosante de vitalidade.
Rafael G. Ramos e López González
 están considerando a precariedade da vida.
Xa non hai cousa que ver na bandexa 
onde antes camparan o lacón, 
a costela,  a cachucha... Sic transit gloria mundi...
A tertulia animouse a medida que desaparecía o lacón, e o viño e o resto. Estabamos nós e iso requería dedicación sensible. Vemos en atento coloquio a Dans Couto con Verdía Arcay. Xa en segundo plano, pola esquerda, López Gómez, García Ramos, López González, Amador Martínez Santos e Pereira Castiñeiras. Na cara de Verdía asoma a de Antonio Sánchez Otero e maís Esmorís, Isolino. 
A gratísima sorpresa foi a presencia dos que  non viven tan cerca da Coruña e souberon dispoñer de tempo para compartir a amizade e as viandas. En primeiro termo Pena Andrade, seguido de Verdía, Sánchez Otero e Esmorís. 
Xa máis lonxe adiviñamos a Alvite Ponte, García Vilariño e Fernández Barros. Irrecoñecibles, aló no fondo, Juan Sanlés e 
Caamaño Calvo.

 
Non se pode ignorar o factor lacón. 
Foi un bo pretexto para reunirnos. 
Non faltou de nada. 
Co lacón apareceu o botelo e mais a androlla, 
típicas do oriente galego. 
Non faltaron nin filloas nin orellas, 
nin chupitos de caña e licor café.
Suárez Cotelo atende a Amador Martínez Santos  (fóra de plano) e Pereira e Dios Vigo a Cotelo Felpete e Felpete Sánchez, 
tamén fóra de plano. Dá mágoa, agora,  non ter feito a foto do grupo...

3 comentarios:

  1. Se o factor lacón foi a causa da vosa reunión, para min, foi a causa da miña exclusión.
    Estou coas bágoas pingando, e, xa non vexo retratos, nin caras, nin chupitos, nin orellas…nin bicos de porcos, nin linguas e coitelos…quedei xa sen fala e sin ollos… tan so as bágoas anegan o meu cuarto…¡¡¡ LARPEIROS !!!
    Ides sar o que é bo...
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Puertas, amigo Antonio. Disque a nai de Boabdil lle dixo a este cando o viu chorar pola perda do Reino de Granada: "Chora coma unha muller o que non soubeches defender coma un home". Non teñas perda do lacón e demais. Houbo quen compartiu a mesa e soubo axustarse á súa dieta de peixe, anque ollaba en relanzo para o lacón e os chourizos. Ten perda, iso sí, da ocasión de estar cos amigos.

    ResponderEliminar
  3. Unha cousa é perder Granada, e otra, moi distinta, é perder unha cacholada...O porco manda en min...

    ResponderEliminar