LURA XIGANTE
Repousa xa nos verdes prados de Beldoña:
desprezado, humillado e diluído pola horta.
Despois de percorrer tantos mares
en fero combate caío escachizado
a carón mesmo pe da miña porta.
A nosa virxiña do Monte
tempo faltoulle e acudir á liorta
botándome un cabo pa telo amarrado,
pois a liña nas mans case me estoupa.
Non así a Virxe da Barca, no seu pelouro
avala que avala, coa indiferenza, case m´amola.
¡ Arnajado sexa o demo !
que tal nejrura de bicho meneando a cola,
cubríu de nejro ata ós larpeiros de Beldoña.
Xiringazos, habelos, hailos,
mais, como aquel que me chantou…
¡ rapaciños ! eu volo afirmo,xuro e maldigo,
xamais tal negrura correu polos canos da horta
como aquel que deixando a miña cariña torta,
na jameliña, envorcado, case me afoga.
Inda hoxe discorren polos canos, como jalipote,
ateisgados de tinta, sicha sobranceira pola pota,
dos bandullos sobranceiros que estopan.
A dúbida ofende, pois, nin son retratista,
nin confundo as miñas pescatas con xigantes muíños,
das comen tantos alleos e tantos veciños.
Vai por quen vai.
Antonio Puertas
Antonio, de verdade que estaba boa a lura xigante? Mágoa de tinta, porque nin a puideches aproveitar para impresora e darlles un toque verdadeiramente mariñeiro e pescatín aos teus versos, nin a puidestes comer "na súa tinta" que é como saben. Sigo intrigado, estaba boa a lura xigante? Xa sabes de quen...
ResponderEliminar