Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 24 de febrero de 2012

Ando a rillar nas unllas... Pero sálvame a Coresma(Andres GV)

Estiven lendo e repasando a crónica e galería fotográfica do xantar do entroido e pouco faltou para morder un dedo despois de  que xa  tiña acabada a unlla. Que envexa!
O peor de todo, como xa me ten pasado en ocasións anteriores, cando me desprazo a Madrid, como neste caso, e regreso no tren, ao día seguinte teño un resfriado ou unha gripe que me deixan mallado. ASí que a envexa, por riba, ten connotacións lamentables Se non fose a Madrid, tería compartido o xantar e mais o encontro. E xa que fun, ademais de preso, apaleado.
En fin, que dá xenio vervos, tan mozotes e sans.
Como chega a coresma, terei que revisar estas emocións reviradas e transformalas en decisións de participación e encontro. Será indispensable.
Engádovos unha presentación orixinal do tema evanxélico do Domingo 1º da Coresma, na versión de Marcos. Leva de fondo un tema musical que ao final vai sendo traducuido e que nos reclama a levantar o ánimo e camiñar con dignidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario