Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 3 de febrero de 2012

UNHA SOCIEDADE DECADENTE?

¿Vivimos nunha sociedade moralmente decadente?. Confeso que eu empezo a ter esa sensación cada vez que vexo ou escoito os noticiarios. No medio do panorama desolador causado pola crise económica, unha persoa normal e corrente intenta levantar os ollos cara a aqueles que, polo seu cargo ou posición social, estarían teóricamente capacitados e obligados a transmitir esperanza da cara a un futuro millor. Pero agora mesmo, este cidadán "de a pé", non atopa ningunha institución, líder ou alto cargo que lle poida infundir confianza ou esperanza; máis ben todo o contrario.
A nivel mundial, as ilusións e esperanza provocadas pola chegada de Obama quedaron totalmente frustradas pola realidade dun presidente coma os outros do montón; do prometido nin a metade e por enriba están a piques de comezar, contra Irán, unha nova guerra que agravará a situación económica mundial hasta o extremo. A nivel europeo, unha pavorosa falta de líderes con suficiente lucidez de ideas e autoridade para consensuar entre os países membros un plan de loita contra a crise; pola contra, todos calados á espera do que impoña a señora Merkel. ¿A isto chámanlle democracia?.
A nivel nacional, prácticamente estamos nas mans do "partido único" a todos os niveis institucionais. O que eles digan, ou lles manden desde fora, será o que se fará sen apenas discusión. Polo de pronto tardaron escasos días en facer cos impostos o contrario do prometido e non queda ahí a cousa.
Se miramos á institución da xustiza, o panorama resulta triste e bochornoso por moitas cousas. O caso Garzón produce desolación e vergoña. O caso Camps, indignación porque me parece unha clara mostra do pouco impacto que producen, nunha importante parte da cidadanía, os casos de corrupción e os procederes sen escrúpulos na función pública. Debería abondar co que puidemos escoitar das conversas teléfónicas para que unha persoa con un mínimo de decencia, asumise tódalas consecuencias, independentemente de cal fora a sentencia do tribunal. Logo miramos á Casa Real e ¿De qué nos podemos asombrar?.
Na Comunidade Andaluza, algúns membros invirten fondos públicos en droga e francachelas en vésperas de eleccións. No mundo da banca, despois do retiro multimillonario dos que afundiron as Caixas galegas, ven de retirarse tamén o segundo de abordo do Santander con unha morea indecente de millóns.
Todo isto, e outras moitas, debería ser suficiente para provocar un estoupido social; pero moito me temo que a perda de valores e de sentido da xustiza é tan grande que xa todo vale.
Tampoco se salva a istitución eclesiástica; recentemente destapouse unha fraude millonaria no Estado Vaticano en evasión de impostos. Pero, de cando en vez, sae á palestra algún mitrado para tronar sobre o que menos preocupa nestes intres ao cidadán anguriado e confundido.
Para rematar, creo que o caso do capitán do Costa Concordia é todo un símbolo do que acontece na nosa sociedade actual: Mentras o barco navega temerariamente, él estaba no seu camarote cunha bailarina, supoño que para amosarlle o "caderno de bitácora". E cando se produce a catástrofe faltoulle tempo para fuxir do seu posto e poñerse a salvo. Teño a sensación de que as nosas sociedades mundiais navegan por mares procelosos capitaneadas por outros Francesco Schettino. Creo que foi Cicerón o que clamaba no senado "Ubinam gentium sumus, quam rempublicam habemus".
    Cecais a miña reflexión peca de pesimista. Gustaríame que alguén propoña eiquí outra visión máis alentadora. Saúdiña. Fernando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario