Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 1 de abril de 2012

GANDUXOS III


Nesta tarde de Domingo de Ramos imos darlle a tecla e deixar algo para non perder o saudable habito da escritura .Cando en Belvís pasabamos a Semana Santa en Santiago tal día como hoxe tocaba ir á Catedral. Era unha cerimonia que duraba unha eternidade. Cantaban a Paixón. Poucos días despois había o oficio de tebras. Cando se apagaban as luces podías facer canto ruído quixeres no momento que tocaban as carracas. Para nós aquilo era moi espectacular. Despois aquilo desapareceu. Eu botárao de menos.

As puntadas de hoxe versarán sobre estas catro cuestións de actualidade A) Torres Queiruga.B) Fragas do Eume. C) Reforma Laboral. D) Amnistía Fiscal.

A).- Andrés Torres Queiruga. Puxérono de actualidade aqueles que se equivocaron de século no que vivir, pese a chamarse cregos seculares,e que teñen vocación de inquisidores. Pretenden ser Torquemadas polo miúdo. Andrés igual que Xulio Lois que faleceu o verán pasado e todos os Teólogos da Asociación Xoan XXIII son uns uns verdadeiros heroes. A min alégrame que Queiruga teña a súa independencia económica para que todo isto non lle afecte a súa dignidade.
 Conta Celso Alcaina que traballou no ex santo oficio varios anos en Roma que cando había denuncias,despois do Concilio,contra algún teólogo pedían antecedentes. se eran cregos ou relixiosos para trasladalos,apartalos da docencia etc...Pero cando eran laicos e non dependían economicamente da Institución cerraban aceleradamente a denuncia arquivándoa. 

Así con Juan José Tamayo sácanlle de vez en cando algunha nota descualificándoo pero se fose dunha congregación relixiosa xa o tiñan exclaustrado como ao franciscano Arregui. Espero que se produza unha corrente de solidariedade con Andrés como a da última vez que quixeron meterse con el.

Aínda a prensa da dereita política que os que mais mandan na Igrexa lles parece amiga e comprensiva os pon a caldo como a reportaxe que publica O MUNDO e que se pode ler aquí:Los obispos condenan al mejor teólogo español por crear 'inquiet

 B).- Fragas do Eume. Acabamos de perder unha riqueza ecolóxica das mais importantes de Europa. Miúda noite toledana que pasamos. Eu saín da Casa da Auga ás nove da noite e había un olor a fume sobre a cidade que chamaba a atención. Ao chegar a casa xa me informaron do que estaba a suceder. E lamentable. Xa había poucos problemas¡ Hai que recoñecer que as TIC son unha fonte de información de primeira orde e de modo instantáneo. Se estades en FACEBOOK ou en TWITTER cada pouco tempo aparece información de primeira man.

  C).- Reforma Laboral. Xa estades informados dos seus efectos e consecuencias. A manifestación contra a mesma convocada polos sindicatos aquí na Coruña foi algo inesperado. A Policía Municipal dou 52.000 na de UGT e Comisións e 14.200 na da CIG. Desde o ano 81,na chamada manifestación da aldraxe, contra un estatuto diferente ao de Cataluña e Pais Vasco que propoñían para Galicia, eu non acordo tanta xente na rúa nun acto de protesta. Xa se empezan a mobilizar os profesores de Dereito de Traballo e a firmar manifestos xa que a carreira de Relacións Laborais poden suprimila. E unha volta a escravitude. Esperemos que impere o sentidiño e modifiquen o texto no Parlamento. Se alguén quere saber mais nese Blog do Catedrático de Laboral de Salamanca podedes ler ese manifesto que firman moitos colegas sen necesidade de ir a Salamanca para saber mais..El blog de Wilfredo Sanguineti
 
D).- Amnistía Fiscal. Todos saben que hai fraude fiscal e a obriga dos gobernos e perseguilo como se fixo sempre. A desmoralización que sofren os técnicos da Axencia Tributaria é tremenda. Non pode sorprender cando poñen a fronte da oficina antifraude a Dona Pilar Valiente que estaba dirixindo a C.M.V. e colaborando co delincuente de Gescartera Antonio Caamacho a quen condenou a Audiencia Nacional a 11 anos de prisión pola desaparición de 20.000 millóns de pesetas que correspondían a 2.000 afectados. A asociación de técnicos fiscais protesta con toda a razón do mundo:Para saber mais tamén aquí:Gestha - Sindicato de Técnicos del Ministerio de Hacienda 

       Pois nada mais que rematou o tempo. Saúdos para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario