Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 30 de abril de 2012

GANDUXOS V


Antes das puntadas sobre algúns temas de actualidade, mirados coas miñas lentes de ver a realidade, merece o amigo Eduardo algún eloxio do teor do dirixido xa por Fernando Ledo cualificando un dos seus artigos como merecedor de ser publicado non no BOAS (Boletín Oficial do Arzebispado de Santiago de (Compostela) senón no mesmo diario oficial do Vaticano.

A min gustoume tanto o continente como o contido e tanto o fondo como a forma. Xa me gustaría ter unha estilográfica como a de Eduardo. Para min que escribe cunha Montblanc Meisterstuck que se considera como das mellores do mundo. (ao mellor é polo prezo).Os nosos bics de toda a vida non dan para mais. O que admiro de Eduardo é esa visión irónica,fina sen caer no sarcasmo, retranqueira e sátira ao estilo de Juan José Milllás ou Maruja Torres, dos modernos,pero tamén de Góngora ou Quevedo. Séguenos honrando,como ves facendo, que sempre é un pracer lerte.

Pois indo ao gran comentarei estas cousas:

A,- ABELLAS. Andan os apicultores alporizados. Non sei se Agraso Carballido será un deses lectores que acceden a este blog. El leva anos metido neste oficio e seguro que estará adoecido por esa matanza planificada que, se alguén non o remedia, acabará con esta riqueza ecolóxica que tanto beneficia a roda da vida que por nada do mundo deberíamos consentir que a desequilibren.
Anda estes días nos medios a noticia.Xunta e Aspadel (asociación de fabricantes de pasta de papel e cartón) queren fumigar as plantacións de eucalipto contra o gorgullo cun pesticida,o flusfenuron, nocivo para as abellas e que a Comisión Europea ,o 9 de Febreiro pasado,decidiu prohibir a súa venda a partires do 1 de Agosto.
ADEGA denuncia que a Xunta e a patronal pasteira queren dar saída a este produto velenoso antes de que careza de valor económico. O Sindicato Labrego avisa de que os produtos tóxicos esparexidos desde helicópteros e avionetas “"non só afectarán os insectos tratados, senón que contaminarán o solo, os acuíferos e as fincas veciñas” e por suposto as abellas. Queren empezar pola zona de Melide e onte non autorizaron,a delegación do Goberno, unha manifestación por non solicitalo coa antelación debida .Cheira mal.
A asociación galega de apicultores di que “o 80% das plantas con flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas, e o 76% da nosa alimentación depende da presenza das abellas nos nosos campos”
Xa temos pragas abondo,noutras ordes da vida,para que tamén agora nos veñan tocando o carallo con isto. Relacionado con isto está tamén a manía da utilización dos herbicidas que no campo nun principio rexeitaron pero agora, como non hai xente, utilizan sen ningún reparo e o mesmo fan as empresas concesionarias de autoestradas e o mesmo administrador das vías ferroviarias. Hai xa algún tempo escribira o seguinte;

O ATILA DE HOXE

Quen gobernou no século quinto ,na Europa Central, conta a historia que foi cruel e bárbaro. Por onde pisaba a seu cabalo non medraban as herbas. Hoxe algo semellante é o que fan os que administran as vías do tren. Destinan 23 millóns de Euros ao ano a envelenar os arredores dos dez mil quilómetros de vías cunha sustancia chamada o glifosato.
Este herbicida queima as plantas,contamina o chan e ten consecuencias moi negativas para toda a vida vexetal pero tamén para os paxaros,as abellas e o resto de seres vivos. Está clasificado como tóxico que ataca os ollos,a pel e as vías respiratorias. A través das augas superficiais e subterráneas que o arrastran entra na cadea alimentaria.
Coa finalidade de evitar incendios acoden a este modo bárbaro de evitalos. Idénticos métodos utilizan para manter limpos os arredores das restantes vías de comunicación. Empresas e particulares tamén fan o mesmo para combater a maleza preto das edificacións. Pagarémolo algún día porque o fin non xustifica os medios. ¿Ou si?


B.- BISPO REIG + HOMOSEXUALIDADE. Foi noticia pola Semana Santa e mais agora cando a xuntanza de bispos en Conferencia. Ganouse unha denuncia, ante o Xulgado do Penal,das asociacións de gais por homofobia. Provocar e incitar ao odio de colectivos sociais. Meteuse nun charco como xa o fixera anteriormente. E o Guerra Campos de hoxe. Quéntanlle a cabeza e a el gústalle a parécelle que é o salvador da cristiandade. Pensa que todos son así. E como o que vai por dirección contraria e coida que os trabucados son os demais.
¿Por que o escolleron a el para oficiar e non a outros mais cultos e menos servidores dunha ideoloxía ?. O noso Andrés leva unha morea de anos facendo a Misa na Galega e nunca lle faltou ao respecto a ningún colectivo que eu saiba. Os cregos teñen que ser ilustrados por iso estudan tantos anos. O Reig, ademais é mais novo ca nós. Pasou pola Universidade pero esta non pasou por el.
Tivo que saír como sempre o Cardeal de Barcelona a dicir que non todos son o mesmo.
Os homosexuais,tanto homes como mulleres, moito levan sufrido neste mundo. E un dos colectivos mais castigados socialmente. A escoura da humanidade. Sobre todo os homes. Este tema daría para escribir un libro. Hai dous artigos que me chamaron a atención. Un é o de Vargas Llosa que aveces o mesmo Vaticano pon como exemplo de liberal e home de dereitas respectuoso da liberdade relixiosa. Respecto a homofobia di o seguinte:La caza del gay | Opinión | EL PAÍS
Outro é unha entrevista que lle fan a un crego que como moitos saíu do armario,José Mantero quen parece unha persoa mais seguidora do Evanxeo ca o propio bispo.José Mantero: "Monseñor Reig es un homosexual reprimido ...
 
Pois mais nada que xa me pasei varios pobos. Réstame responderlle a Eduardo quen son os que se meten con Queiruga. Ninguén,moito mellor ca min para matar a súa curiosidade, é o que escribe o periodista Xosé Manuel Vidal,antes crego moi querido no seu Ourense natal que ten un blog en Religión Digital, con aportacións interesantísimas,amais unha colección de videos que cando non haxa algo mellor para facer apréndese un montón de cousas mirándoos. Aí podes ver quen son os que perseguen a Queiruga.Que den la cara los obispos y teólogos promotores del "aviso" a
 
Por hoxe mais nada. Metín a directa e xa levo un lote de temposentado ante o computador. Saúdos para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario