Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 30 de diciembre de 2012

FELIZ,É UN DICIR,ANO 2013


Pois,pese a que os políticos que eliximos,falando en plural maxestático,nos aventuran que o vindeiro ano,polo menos a primeira metade,será malo de solemnidade teño que, polo menos,desexarvos a todos que sexa o menos malo posible.

Cando se pon un a filosofar,os xubilados podemos xa que somos, segundo Xaquín Marín, os que hoxe por hoxe mellor futuro temos. A nosa xeración,falando en xeral,tivemos a fortuna de vivir nunha sociedade que en pouco tempo pasou da escaseza , miseria e indixencia á abundancia ao copioso,excesivo e demasiado,falando tamén en termos xeneralizantes coas correspondentes excepcións,en pouco mais de 50 anos.

Certo que nós podemos filosofar. Seguirémolo facendo pese a que moitos teranse que aplicar,por desgraza, aquel dito que lle atribuían a Hobbes.”Primum vívere deinde filosophare”Que tan ben coñecía o compañeiro Luciano para reclamar mellores condicións de vida no Mosteiro de Sanmartiño Pinario. Este Thomas Hobbes,segundo o finado de D. Manuel Bugallo foi o que marcou o paso da idade media para a moderna. Queimáronlle en vida a súa obra e despois de morto tamén. Para el o poder proviña do pobo quen daba lexitimidade as autoridades civís. Pero os defensores das monarquías e das clases adiñeiradas , amais da Igrexa ,sostiñan todo o contrario. O poder viña de Deus. 

Pois esas teorías,case trescentos anos despois da súa morte,aínda nolas ensinaron cando nos explicaban o Concordato de 1953 que falaba das dúas sociedades perfectas que eran por un lado a Igrexa e por outra a sociedade temporal ou o poder do estado. En ámbalas dúas o poder viña directamente de Deus. Nas moedas aparecía “caudillo de España por la gracia de Dios”

Despois desta digresión de microfilosofía o contido do que quero deixar claro é que hoxe,grazas as tecnoloxías da información e da comunicación,as famosas TIC non foi Hobbes o que inmortalizou o sentido da frase de primeiro hai que vivir para poder filosofar senón que foi D. Miguel de Cervantes na biblia da literatura mundial que se considera “El ingenioso hidalgo D. Quijote de la Mancha”.Cando describe:

DIÁLOGO ENTRE BABIECA Y ROCINANTE
-¿Cómo estáis, Rocinante, tan delgado?
-Porque nunca se come, y se trabaja.
-Pues ¿qué es de la cebada y de la paja?
-No me deja mi amo ni un bocado.
-Anda, señor que estáis muy mal criado,
pues vuestra lengua de asno al amo ultraja.
-Asno se es de la cuna a la mortaja.
¿Queréislo ver? Miradlo enamorado.
-¿Es necedad amar? -No es gran prudencia.
-Metafísico estáis. -Es que no como.
-Quejaos del escudero. -No es bastante.
¿Cómo me he de quejar en mi dolencia,
si el amo y escudero o mayordomo
son tan rocines como Rocinante?


Pois nada. Para que vexades que de calquera cousa se pode filosofar. Que o ano que ven sexa o mellor que poida para todos .Para o ano seguiremos se podemos e nos deixan. Saúdos a quen se asome a esta fiestra. Rafael

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Abro esta fiestra, Rafael, e berro:
    ¿ como está esta casa sen seu tellado
    chovendo e co centeo no sobrado... ?
    Mal imos sen sacristán con cinzarro,
    ou amo, ou criado que toquen arrebato,
    cando cans e mais gatos han mallado
    no sobrado, lambendo o prato inchado
    ata deixalo cun réquiem de enterro
    por ver se enche de novo coas papas
    que aqueles cans lambóns e preguiceiros,
    cos contendentes e rivais, os gatos,
    deixaron limpo o pote, coas trampas,
    trincando entre eles os nosos caldeiros
    relucentes como garbosos patos.

    Antonio Puertas

    FELIZ ANINOVO


    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A métrica poética tela niquelada Antonio.Para ti non ten segredos.Conservo o libro de "Cultura ou preceptiva literaria" que dabamos en 4ºé teño que o traer para mesiña de noite para darlle un repaso aos estilos e xéneros literarios aos versos ritmos e mais estrofas.Para poder encadrar as túas pezas.Tamén outra vez o mellor ano posible Antonio para ti e todos os teus sobre todo para os netiños que non che deixan manexar a computadora.Rafael

      Eliminar
  3. Iso é, precisamente, o que eu voto en falta. A miña santa dona,nun fatídico día, fixera limpeza xeral, e deixoume totalmente espido daqueles libros que, con tanto celo, gardaba de Belvís. A bronca foi descomuna; mágoa, que xa non tiña arrancho semellante desfeita.
    Unha aperta, Rafael.

    ResponderEliminar