Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 17 de septiembre de 2013

BOAS NOVAS


Hai un pouco chamoume Dios Vigo,Agustín, comunicándome que fora ao CHUAC para visitar a Vilariño e que se levou unha grata sorpresa. A súa cama xa tiña outro enfermo e a enfermeira da planta informouno de que Andrés lle deran a alta ao mediodía. E unha boa noticia. Dívolo quen tivo mais de medía ducia de ingresos e alí un día fai por catro fora. Case todo o mundo,a non ser que esteas moi maliño,está desexando que lle dean a alta. Cando saes dáselle mais importancia a dar un paseo, saír a rúa e volver a casa dun que como dicía Rosalía de Castro:”Miña casiña meu lar cantas onciñas de ouro me vales”.Pois agora cando se repoña Vilariño,hai que deixar pasar un tempo e a el lle pareza ben, teremos que facer esa xuntanza que se suspendeu por forza maior e pasar un día xuntos recordando aqueles tempos mozos en que vivimos e convivimos compartindo todo un mundo de ideais que hoxe acordamos con saudade e algo de morriña.
Pois un saúdo. Déixovos tamén o texto dunha carta que se publicou na Voz do Domingo e que dicía así:

“” HAI XUÍCES EN BERLÍN

Así lle respondeu un campesiño alemán ao rei de Prusia,Federico II O Grande, cando lle quixo expropiar un muíño de vento, construído por el pedra a pedra, para edificar un castelo nas aforas da cidade. Ofreceulle diñeiro e ao non ceder o campesiño ameazouno con confiscarllo. Iso podería facelo Maxestade se non houbese xuíces en Berlín. O monarca acatou sentenza e rodeou o muíño deixándollo enclavado e co ancho dun camiño para que o dono entrase e saíse sen pedir autorización. E alí quedou un letreiro indicando que o muíño se conserva como recordo eterno do amor e respecto a Xustiza.

Ven a conto do que lle pasou a un mozo ourensán que padece unha doenza rara que,de non tratala cun fármaco biolóxico de última xeración, correría perigo a súa vida. O tratamento que dispensan no hospital ten un custo de aproximadamente trescentos mil Euros ao ano. O Servizo Galego de Saúde non o autorizou alegando razóns de austeridade orzamentaria. O xuíz na sentencia obriga a dispensalo e pagalo e ditamina que ao denegarllo vulnerouse o dereito constitucional do enfermo a vida e a integridade física e moral, prescindindo do criterio médico sen outra presumible razón mais ca do aforro. Cualifica de insólito que se lle tivese denegado.
E unha boa noticia para todos aqueles enfermos crónicos que nos tratamos con eses fármacos biolóxicos que nos permiten levar unha vida de certa calidade. Que siga habendo xuíces tanto en Berlín como no resto do mundo que lles paren os pés a quen toma decisións inxustas””.

Chamáronme onte e mais hoxe algúns avogados e procuradores dicíndome que lles gustara e que é necesario que a xente crea,hoxe que non se cree case que en nada, na xustiza para que acuda a ela. Como hai que pagar as taxas e coa crise notan unha baixa nos asuntos. Entran cada vez menos. Deica a próxima. Rafael

1 comentario:

  1. Dende logo, é unha boa nova que Andrés volva de nova pa súa casiña.Unha aperta Andrés e grazas pola noticia.
    En canto a túa carta publicada na Vos de Galicia, eu xa á tiña leído ó día da publicación.Esquecín deixar un comentario neste encerado, ata que, hoxe,ti no lo recordáches.
    Ë moi boa, non só polo modo de desenrolar o seu contido, sinon, sobre todo polo fonda da cuestión: non pode estar ún pagando unha SS toda a vida, pa que logo,cando o tratamento é moi custoso, che deneguen a asistencia.
    Repito, noraboa, Rafael.E, unha aperta
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar