Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 2 de septiembre de 2013

NOVAS SOBRE ANDRÉS



Para os que teñades interese en saber como segue o noso Andrés,paréceme que, aos todos poucos que abrades este taboleiro, podo dicirvos o seguinte. Por fontes directas,pero indirectas,que son o compañeiro Alvite e mais Vázquez Pose sei que o trasladaron para a planta e que está aparentemente,dentro do que cabe,ben. Con humor,orientado,pendente de algunha proba e pensando que o darán de alta un día destes pero sen concretar. As visitas están restrinxidas á familia pero en sentido amplo tamén deixan pasar un momento a quen o queira ver na planta 7ª.Hoxe estivo alí Enrique e mais Isolino Esmorís.

Como curiosidade dixéronme que lle tocou a habitación que está ao lado dunha dependencia que ten o letreiro seguinte: SALA DE CURAS. Nunca está mal unha pinga de humor elemento necesario para a supervivencia na sociedade de hoxe.

Xa vedes que son noticias relativamente boas. Levaralle o seu tempo repoñerse e que na rehabilitación se recupere.A medida que siga tendo información das miñas fontes seguireivos informando. Saúdos.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario