Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 19 de octubre de 2013

XÉNERO EPISTOLAR




Acórdase alguén da última carta persoal,non comercial,que recibiu escribida a man? Eu tería que andar varios anos cara atrás. Incluso se leva dito, hai tempo xa, que é un xénero literario non en decadencia senón perdido totalmente. Fago alusión a isto porque é a mellor maneira de comentar as sobremesas, en modo macedónico, que nos deixou Eduardo. Referireime a alhunhas como se fose contestando a unha epístola na que me da esas novas.

Queira Deus que cando recibas esta miña,Eduardo, te atopes ben de saúde quedando a miña,polo momento, ben tamén. Dis que rematou o estío; A día de hoxe parece que si pese a que onte ás dez da noite na Coruña tiñamos 20 graos de calor. Os fastíos se o entendes como sinónimo de aburrimento ou tedio aínda continúan. Sobre a data de caducidade discuten autores pero están coa teoría da lebre mecánica. Esa que lle poñen aos galgos, presa dun aparato que lles colgan ao lombo, medio metro por diante e e por mais que corren nunca a dan pillado. Así nos tratan como a burricáns.

Respecto as alusións que fas á actualidade do momento en que escribes teño que dicirche que por aquí fálase do seguinte: “Merino cobra 899.000 E da trama Gurtel”. Como é unha noticia que ven de Madrid relátana así: 17 de outubro. “Un informe da Axencia Tributaria remitido ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz detalla que Jesús Merino, ex deputado do PP e colaborador de Sáenz de Santamaria, percibiu 800.000 euros da trama Gürtel”.Como consecuencia,polo que se sabe, provocou de inmediato a seguinte reacción: “El gobierno da un puñetazo en la mesa:quiere atar corto al policia que lleva la Gurtel y el caso Bárcenas.” Acorda o ministro do interior o cese do Comisario Xeral da Policía Xudicial,paisano noso, e nomea us substituto de plena obediencia ao PP.

Tamén en plan de twiteo se comenta o seguinte: - Barcenas: ”Es mi mano la que entrega el sobre a la señora de Cospedal”.

-As familias que investiron en vivenda levan perdidos 75.000 euros pola caída do prezo.

-A taxa de morosidade da banca supera por primeira vez na historia o 12%.

-A pobreza non é noticia,unha plantación de cabazas si.
-Silenciados os concellos insubmisos ao co-pagamento farmacéutico dispensado nos hospitais.
    -Temos trincado ao policía. Preciso unha chamada anónima.(Refírese á corporación municipal Santiaguesa).
Tamén me contas ,Eduardo, que o mundo da xustiza precisa de moita fe de noso señor para crer nela. Niso teño que darche a razón. Xa o finado D. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao deixou dito que no seu tempo era necesario rezar un padrenuestriño pola xustiza que moita falta lle facía. Non pode ser doutra maneira tendo en conta estes datos:
    • Hai sete casos pendentes de sentencia por cada 100 habitantes.
    • Soamente Italia,Portugal e mais Eslovennia ,dentro da Unión Europea, está pero ca nós.
    • En 17 países da U.E,tardan menos de 200 días en ditar sentencia.
    • Aquí para resolver unha demanda a espera e superior aos 500 días.
Aínda así hai certos xuíces que algunhas veces se poñen do lado da xente e quitan sentencias exemplares. Os riscos que corren de que os decapiten son grandes. Teño a impresión de que cada vez están mais concienciados. Eles son independentes pero como di un avogado amigo meu:¿De quen e de que son independentes?.Outro día volveremos sobre o tema.
Volvendo ao inicio, sobre o xénero epistolar, parece que logo coñeceremos o material que hai de Manuel Antonio e que se apoderara del o ex-presidente da Academia Galega D. Domingo García Sabell no ano 1930 en que morrera e que tivo gardados baixo sete chaves pese a solicitarllos moita xente sobre todo no ano en que lle adicaron as letras galegas. Pois hai moitas cartas que explican moitas cousas de aqueles anos.
Hai tamén moito interese en coñecer as que durante tantos anos se intercambiaron Luis Seoane e Díaz Pardo. As que lle escribiu Luis Seoane publicáronse no 2004 en Edicións do Castro pero as de D. Isaac están inéditas. Nestes tempos malditos para a cultura non hai moitas esperanzas de que se publiquen de inmediato.
Haberá que poñer punto final. Pero antes deixar unha reflexión que apareceu hai uns días na Voz de Galicia e que me recordou aquelas magnificas leccións de Hª da Igrexa que nos ditaba D. Manuel Rios Fernández e que polo menos a min me entusiasmaron de mozo. Pódese ler:

¿Hay que quemar al papa? - La Voz de Galicia


Para que non falte unha pinga de humor:
  

Pois amigo Eduardo e demais compañeiros. Despídese de vós este que é:Rafael.














1 comentario:

  1. Rafael, son tantas as tropelías e inxustizas que se están a cometer neste mundo, que xa, logo, é mellor refuxiarse coma fago eu na ironía dos contos e nos malos poemas, se non desexas estar cabreado acotío.
    Xa o amigo Cicerón dicía: “ fugi Catilina, porta aperta sum... “ E, despois de tanto tempo, a piratería, segue sen facerlle caso.
    Unha aperta, amigo

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar