Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 18 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

Son todo o ano. Para uns mais ca para outros. Non pode quedar este taboleiro sen constancia desa efemérides. Aínda que o fagamos dentro da oitava que forma parte da festividade o mesmo que os nove días anteriores. Nun tempo o calendario litúrxico foi para nós mais importante cós demais. Este ano adicáronllo a un home que tivo unha adolescencia e xuventude ,mutatis mutandis, parecida a nosa. No suplemento que onte lle adicou a Voz “Letras Galegas”contan que rematada a guerra na que participou mobilizado, pese a ser seminarista, volveu disposto a deixar a carreira pero o pai e a madriña opóñense,negándolle incluso a fala e forzado regresa ao Seminario pero alí reafírmase na idea de non seguir e planta como se lle chamaba naquela época.

E merecedor,así o considerou a Real Academia Galega,que se lle adicara o día neste ano en que, de vivir, tería cen anos. Desde o ano 63 en que se empezou a celebrar xa van mais de medio cento de autores e digo ben de autores porque autoras eu,de contar ben,non contei mais ca tres. E habelas hainas igual cas meigas. E D. Ricardo Carballo Calero tamén existiu e foi un dos grandes das letras galegas. O primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago. 

Oor si eu contei mal como me pasa moitas veces aí se pode consultar a lista dos homenaxeados o 17 de Maio:

Día das Letras Galegas - Figuras Homenaxeadas - Real ...


Pois nada mais .Para os que teñades tempo. Aínda que un sexa un xubilado o tempo segue sendo un ben escaso. Hoxe tendo un aparello destes con conexión a internet o que diga que se aburre é que aínda segue sendo un adolescente.

Para saber mais de Diaz Castro hai un blog interesante:

Biblioteca "Poeta Díaz Castro"

Para ter unha información menos alienante ca prensa escrita e “castravexos” públicos e privados pódese un informar aquí para ver o que hai detrás das murallas:

Diario digital Nueva Tribuna

Saúdos. Rafael

1 comentario:

  1. Grazas pola túa aportación ao día das Letras Galegas. Aínda que sexa no novenario, ou, coma ben dis ti, durante todo o ano. Ista filla do Latín, debería ter unha herdanza mellor da que ten, pola fermosura...que, como dirían os romanos naqueles tempos: lingua illorum, sona timpano quasi tuba...
    Unha aperta
    Antonio Puertas
    PD. Eu, tamén, coma estamos no novenario, veu a deixar o meu grao de area.

    ResponderEliminar