Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 9 de junio de 2014

FIESTRA ABERTA 1

Seguindo o que manifestei, hai un mes xusto, e para darlle algo de vida a este balcón ou mirador vou deixar o que escribín neste mes de San Xoán no ano dez e así cadanseu até hoxe que pese e pasar case un lustro seguen tendo certa actualidade:

XUÑO 2010

DEREITAS ESQUERDAS -


“”Son dúas palabras cunha carga ideolóxica grande que algúns nunca utilizan e que outros usan con excesiva frecuencia. Na actualidade hai unha enorme confusión sobre o seu significado. Hai que dicir que se utilizan desde a revolución francesa de 1789 proclamando a liberdade a igualdade e a fraternidade. Os partidarios situáronse na sede da Asemblea Francesa, hoxe parlamento ,a esquerda e os defensores da nobreza e do antigo réxime á dereita.
Posteriormente identificouse a esquerda co socialismo,comunismo e anarquismo e a dereita coa tradición, a orde e o conservadorismo. Na actualidade habería que graduarse en socioloxía e ciencia política para saber o que significa extrema dereita, extrema esquerda,dereita moderada,centro dereita ,centro esquerda,dereita extrema,esquerda radical,dereita liberal ou o centro a secas.

Conviña que cando nos falaren nos indicasen con mais claridade o que cadaquén entende; para saber do que estamos a falar sobre todo desde que o sistema capitalista non ten alternativa, nin cae nin o refundan como se chegou a reivindicar. Mentres tanto as consecuencias sempre as pagan os mesmos:os que soamente saben traballar.

XUÑO 2011
CAMBIO DE EPOCA
Debemos sentirnos afortunados de vivir nunha época histórica de tantos cambios. Se podería dicir sen esaxerar que nestas últimas décadas se produciron mais transformacións,en todas as ordes da vida,ca anteriormente en toda unha era de varios séculos. Na cultura,na medicina, na economía, ,na tecnoloxía ,na imaxe,na comunicación e un longo et cétera.
Vivimos nunha época de cambios pero xa alguén se pregunta se non estaremos ou deberiamos estar nun cambio de época. Para iso deberíase ir a formación dun goberno global ou mundial  que puxera freo ao poder especulativo e financeiro que chaman mercados. Creación dunha moeda única mundial para evitar as guerras de divisas que prexudican sempre aos mais débiles. Prohibición dos paraísos fiscais. Sometemento  obrigatorio a unha xustiza internacional. Fiscalización para as transaccións monetarias co fin de que non se lle perda o rastro ao diñeiro cando sae dun país. Democracia de  participación directa na escola,na empresa,nos sindicatos,nos barrios e en todas as institucións. Persecución da corrupción política e económica.
¿Será moito pedir que dentro de trinta anos se recolla nos libros de historia que a partires do 15 de Maio do 2011,data que dou orixe ao movemento coñecido como dos indignados, comezou unha era nova para a humanidade na que se foron erradicando os maiores males sociais que se arrastraban do século pasado? Soñar desperto tamén e bonito e necesario.

XUÑO 2012

O ELECTRICISTA DA CATEDRAL


Desde que apareceu o “Codex Calixtinus”e soubemos da millonada de cartos en poder do electricista en todos os comentarios se repetía o mesmo: Mira que foi parvo.¿Por que non devolvería o libro, a través dun avogado baixo secreto profesional ou dun cura en confesión,como lle pediron por medio da prensa;? .Outros ¿Para que o roubou se non lle valía para nada?. Tiña a vida resolta de toda a familia para viviren como reis.

A ninguén lle escoitei censurar o que fixera. Iso pode indicar que todos levamos dentro un electricista e que de ter ocasión fariamos como el. Estase vendo con esta crise,veu para quedarse moito tempo, que unha das causas de tanta desgracia e sufrimento,sobre todo, para os que non teñen traballo nin esperanza de atopalo é a corrupción, a falta de decencia,de responsabilidade,de honradez e doutras virtudes sociais que non abundan. Nese campo temos todos moito que facer empezando polos nosos dirixentes para dar exemplo.

XUÑO 2013

GARZON TIÑA RAZÓN

Soubemos estes días que a Audiencia Nacional confirmou que todas as escoitas que descubriron os delitos do caso Gúrtel foron validadas e declaradas conformes co dereito. Moitos pensaban que poderían correr igual sorte ca no caso Naseiro. Hai que alegrarse e consideralo unha boa noticia xa que do contrario a confianza na Xustiza poríase a niveis baixo cero.
Despois do que temos sabido,desde que hai anos se abriu este caso no Xulgado de Garzón, parece que está mais que xustificado que mandase interceptar as comunicacións,conforme lle pediu a policía e fiscalía,para evitar que se seguisen cometendo delitos e dispoñendo do diñeiro. Hoxe sabemos que iso foi en realidade o que sucedeu. Razóns polas que ingresou no cárcere o señor Bárcenas.
Moita xente non vería mal,para que os xuíces fixeran xustiza,que se indultase ao Xuíz Garzón xa que o tempo venlle de dar a razón. Deste modo aproveitaríase a súa experiencia. O traballo por e para facer é moito e os obreiros xuíces non dan abasto,

XUÑO 2014

PAPEL MOLLADO
Hai pouco que publicou a Xunta o chamado código ético. E un manual de 27 folios que se pode consultar na internet. Afecta a todos os funcionarios e traballadores da Xunta. Prohibe aceptar regalos a non ser aqueles de cortesía admitidos polos usos sociais e que non superen o valor de 90 euros. Contemplase incluso un modelo de escrito para devolvelos. Nese documento faise alusión a todas as leis onde se establecen regras de transparencia e boas prácticas que tamén hai obriga de cumprilas.

Chama a atención que non se faga referencia ao Código Penal que na modificación por Lei Orgánica 5/2010 (BOE 23 /06/ 2010) deixa redactado,vai para catro anos, o artigo 422 do seguinte modo: “La autoridad o funcionario público que, en provecho propio o de un tercero, admitiera, por sí o por persona interpuesta, dádiva o regalo que le fueren ofrecidos en consideración a su cargo o función, incurrirá en la pena de prisión de seis meses a un año y suspensión de empleo y cargo público de uno a tres años.”

Como se observa nese N       Nese precpto do Código Penal  non hai ningunha referencia ao valor do agasallo. A corrupción non é un problema de hoxe. Hai anos que se veñen tramitando causas ante os xulgados. Son hoxe por hoxe os únicos que poñen algo de remedio. O que mais exaspera e quenta aos cidadáns e cando escoitamos ás autoridades pedirlle aos xuíces que diten sentencias canto antes. E son os mesmos que lles veñen negando dende hai anos que teñan mais xuíces de apoio e un corpo de peritos contables. Igual que hai médicos forenses para auxiliar aos xuíces. Por iso e ademais porque a potestade sancionadora para cumprir a lei e facela cumprir téñena todas as administracións,pouco ou nada fan para exercela, é o que fainos concluír que o o código ético para eliminar a corrupción da vida pública, será papel mollado.””

Pois mais nada. Que conste que non é obrigatorio que se lea todo. Pódese facer como aquel crego que contaba Chao Rego que nos oficios,antes da reforma litúrxica do anos sesenta, había que ler moito en latín, e un crego maior que lle custaba moito traballo fíxolle sinais ao sacristán para que lle mudase o libro para o outro lado despois de pasar,unha por unha,todas as follas de obrigada lectura manifestoulle ao sacristán: Habíache que ler se o lermos todo. Un saúdo para todos .Rafael
Aí vai a miña aoportación de onte a RG, no programa Pensando en Ti, de Marcial Mouzo, con motivo da Xuntanza anual en Cerceda.


XUNTANZA EN CERCEDA.

Vinde ata aquí, miñas donas,
vinde ata aquí meus señores,
témola festa en Cerceda
de meniños e de maiores.

Témola festa do ano,
témola festa das flores,
nenas e mozos bailade
cos amoriños mellores.

Vinde ata aquí os que andades
coa trafega e cos suores;
dicídelle: ¡ alto ! o camiño,
que o camiño é pa andadores.

De terras de Ourense vinde
co pan de Cea e co viño;
o viño de Valdeorras
pa lograr un amiguiño.

Con Ribeiros e Monterrei
enchede a bota e mais o fol,
que o voso camiño é longo,
e que a gaita ula o alcohol.

Vinde tamén os de Lugo,
seguindo o Miño na agra,
co polbo a feira e maila mel,
e a vosa Ribeira Sacra.

Nos esquezades a Froilán
e aos queixos da súa artesa;
tédelo en Santa María,
…vinde amodiño e sen présa.

E, vinde os de Pontevedra
dende o Miño cas lampreas,
que sexan de Arcade as ostras,
i un Albariño pas cheas.

E que no nos falte na festa
un Condadiño de Tea,
cun marisquiño do Grove,
i un par de veas pa cea.

 Vinde tamén da Coruña
coas pandeiretas festeiras,
pa bailar cunhas chinelas
as nosas danzas muiñeiras.

Dende Betanzos ou Muros,
dende Ferrol ou Ribeira,
a xente chega co apuro
pa xantar xuntos na feira.

Coa estrela de Santiago
seguide a Muxía e Fisterra,
co Santo Cristo e ca Barca
peregrinade na terra.

Vogade cara Cerceda,
cantando nosas copliñas,
cas gamelas da nosa ría,
e as nenas de Camariñas.

De alí irei eu coa morriña
do fogar que me veu nacer;
de alí hei levar a esperanza
de que algún dia poida volver.

Vinde vosoutros leoneses,
ou vosoutros asturianos,
vinde da montaña ou do mar
que todos somos paisanos.

Vinde todos a Cerceda,
dende as terriñas que eu pisei:
de Carnota ou de Teixeiro,
ou de Abegondo, onde eu amei.

…E de Beldoña, co meu amor,
na nova vida que eu levei,
coa ledicia dos fillos
i esa familia que herdei.

Pido perdón se non lembro
a outras terras e a outras xentes,
moitos mais papeis faltarían
pa completa-los ausentes.

Vinde ata aquí que imos ter
a un tal Marcial e a un Carcasía,
que nos alegran a noite,
pa poder durmir de dia.

Esta é a miña terriña,
fermosa coma un caravel;
esta é a miña xentiña
festeira coma un cascabel.

Sempre co café no lume
e ca porta sempre aberta,
pa manter unha conversa,
…i, pa un amigo, unha aperta.

“ Volve axiña ” diría Pilar,
-a taberneira da feira-
que aquí te-la túa casa
i unha cama sempre feita.

Antonio Puert
Hoxe, deixo este poema que presentei onte a RG, na Xuntanza de Cerceda, no Programa de Marcial Mouzo Pensando en Ti:

XUNTANZA EN CERCEDA.

Vinde ata aquí, miñas donas,
vinde ata aquí meus señores,
témola festa en Cerceda
de meniños e de maiores.

Témola festa do ano,
témola festa das flores,
nenas e mozos bailade
cos amoriños mellores.

Vinde ata aquí os que andades
coa trafega e cos suores;
dicídelle: ¡ alto ! o camiño,
que o camiño é pa andadores.

De terras de Ourense vinde
co pan de Cea e co viño;
o viño de Valdeorras
pa lograr un amiguiño.

Con Ribeiros e Monterrei
enchede a bota e mais o fol,
que o voso camiño é longo,
e que a gaita ula o alcohol.

Vinde tamén os de Lugo,
seguindo o Miño na agra,
co polbo a feira e maila mel,
e a vosa Ribeira Sacra.

Nos esquezades a Froilán
e aos queixos da súa artesa;
tédelo en Santa María,
…vinde amodiño e sen présa.

E, vinde os de Pontevedra
dende o Miño cas lampreas,
que sexan de Arcade as ostras,
i un Albariño pas cheas.

E que no nos falte na festa
un Condadiño de Tea,
cun marisquiño do Grove,
i un par de veas pa cea.

 Vinde tamén da Coruña
coas pandeiretas festeiras,
pa bailar cunhas chinelas
as nosas danzas muiñeiras.

Dende Betanzos ou Muros,
dende Ferrol ou Ribeira,
a xente chega co apuro
pa xantar xuntos na feira.

Coa estrela de Santiago
seguide a Muxía e Fisterra,
co Santo Cristo e ca Barca
peregrinade na terra.

Vogade cara Cerceda,
cantando nosas copliñas,
cas gamelas da nosa ría,
e as nenas de Camariñas.

De alí irei eu coa morriña
do fogar que me veu nacer;
de alí hei levar a esperanza
de que algún dia poida volver.

Vinde vosoutros leoneses,
ou vosoutros asturianos,
vinde da montaña ou do mar
que todos somos paisanos.

Vinde todos a Cerceda,
dende as terriñas que eu pisei:
de Carnota ou de Teixeiro,
ou de Abegondo, onde eu amei.

…E de Beldoña, co meu amor,
na nova vida que eu levei,
coa ledicia dos fillos
i esa familia que herdei.

Pido perdón se non lembro
a outras terras e a outras xentes,
moitos mais papeis faltarían
pa completa-los ausentes.

Vinde ata aquí que imos ter
a un tal Marcial e a un Carcasía,
que nos alegran a noite,
pa poder durmir de dia.

Esta é a miña terriña,
fermosa coma un caravel;
esta é a miña xentiña
festeira coma un cascabel.

Sempre co café no lume
e ca porta sempre aberta,
pa manter unha conversa,
…i, pa un amigo, unha aperta.

“ Volve axiña ” diría Pilar,
-a taberneira da feira-
que aquí te-la túa casa
i unha cama sempre feita.

Antonio Puertas

domingo, 8 de junio de 2014

PARABÉNS AOS FERNANDOS

Escribín hai días isto e intentei poñelo no Blog e non fun capaz. O meu nivel deste aparellos e de usuario nivel ínfimo. Hoxe ao ler o que escribiu o compañeiro Andrés Amboage intentei e parece que mo deixa por e aí queda. Como estamos dentro da oitava e se non estamos é igual vaia n estes parabéns para os que celebraron o día do santo.

“Hoxe os ferdinandus están de días. Así,cando se tomaba lista en latín durante a nosa estadía en Sanmartiño Pinario, se lles vocaba aos chamados Fernandos. Había que responder, o interesado interpelado, dicindo adsum. Cando estaba ausente respondían os do lado dicindo abest. Con D. Modesto. home e crego bonachón,cando faltaba alguén montábase unha algarabía de armas tomar. Uns dicían adest e outros abest. Despois dalgún tempo poñía orde e para provocalo algún, aínda que non fose certo, dicía que plantará o ausente. Entón botábanos o sermón xa requetesabido do que ía coller a flor ou rosa pensando que non tiña espiñas e cando a apreixaba , encontrábase con que debaixo tiña espiñas que magoaban. In illo témpore ,como dí Puertas, é cando pasaban estas cousas. Non tal día como hoxe porque ese día era feirado e non había clases, senón todo o contrario, xa que era festa rachada. Ese día dábannos un vasiño de viño a comida. Era o santo de Cardeal que despois de Santiago Apóstolo e de San Franco o seguinte era o Cardeal segundo a orde que lle atribuía o finado do reitor D. Manuel Capón que foi reitor decano dos de España desde o ano 1928 ate o ano 1966 que por mandato do Decreto do Vat II debían cesar cando cumpriren os 75 anos de idade.

Despois desta esbardallada, propia de vellos, que miran mais para o pasado que para o futuro teño que desexarlle ao amigo e compañeiro Fernando Ledo que sei que pese a estar prohibido, in illo tempore, asomarse as ventás de Sanmartiño el achégase a esta con frecuencia,teño que desexarlle un feliz día do seu santo, igual aos demais Fernandos no caso de achegárense tamén a este espacio informativo".

Para os que queiran saber mais de quen foi ese San Fernando poden consultar esas vidas exemplares propias doutros tempos:

Fernando III de Castela - Wikipedia, a enciclopedia libre


A historia como cadaquén a conta como lle convén terma de todo canto lle poñen. O dito. Un saúdo para todos. Rafael
Saludos a todos.Ahí os dejo mi último artículo:
LA VIDA SIGUE IGUAL
Hablando de lo importante, así es. Ya sea por que-los que tienen el poder- “no se quieren enterar” que deben usarlo buscando el bien común, ya sea por que los intereses de grupo encuentran la inconsciente colaboración de quienes gustarían de estar en la misma situación de predominio para obtener sus mismas ventajas; o que-adormecidos por la palabrería anestesiante de la publicidad persistente-se dejan convencer de lo que carece de una mínima consistencia intelectual y eficiencia social.
Oigo machaconamente a los sostenedores-de hecho-del “régimen” decir a los que consideran sus “contrincantes”: “si queréis cambiar esto o lo otro ganad las elecciones”-desde la convicción de que no van a conseguirlo. Lo que no confiesan, ni a sí mismos, es el motivo: la ventaja abismal de su punto de partida. ¿Cómo van a llegar a las mentes de sus conciudadanos quienes tienen algo nuevo que decir si todo se confabula para evitarlo? Si antes de las elecciones se da cancha a los partidos “tradicionales”–por el mero hecho de serlo. Si cuando-como concesión generosa-otorgan a los emergentes en una televisión privada una mínima atención y-en lugar de preguntarles por sus ideas-se pasan tres cuartas partes de la sesión examinándoles de “cultura” europea o tocando cuestiones periféricas, ¿quieren mantener que nos están abriendo cauces para conocer por qué hay quienes desean cambiar las cosas que no van bien para la generalidad? A “los de siempre” los conocemos, al menos, por sus hechos. Lo que necesitamos los ciudadanos de a pié es que los que aspiran a cambiar la situación tengan la posibilidad de-en debates abiertos y en condiciones de igualdad-discutirle al Poder lo que consideran que hace mal ( y cuando digo Poder, me refiero al político económico y social); y tener la ocasión de contrastar sus propuestas ante la opinión pública sin tener que ser espectadores silenciados de la interpretación interesada (en tertulias múltiples) que otros hacen del propio pensamiento; y sin que, además, tengan capacidad para la réplica. Con tales comportamientos no hay manera de culturizarnos políticamente. Y así, decir que estamos en una democracia transparente y justa, deviene en una distorsión del lenguaje.
¿Han calculado las horas que lleva  el poder tratando de convencernos de las excelencias de la institución monárquica o de lo beneficiosa que es para el interés general? Se trata de crear “imagen” con la artillería pesada de la propaganda-no con argumentos-para apuntalar una institución que algunos consideran fundamental para la “cohesión” de la patria. Pues miren: no quiero fundar la estabilidad de mi país en una mentira. Por que eso es todo lo que se monta con “imagen”. ¿Cómo se puede sostener, sin ruborizarse, que es saludable una institución a la que hay que escribirle sus discursos, decirle lo que tiene que hacer, lo que debe callar, cómo debe vestir, qué tiene que ocultar?. ¿Es que nadie quiere ver que tal papel no es digno ni para la persona que lo encarna? Un “correveydile” del gobierno de turno ¿puede ser árbitro de algo? Quien-por haber nacido en el seno de una familia determinada-tiene garantizado no solo el sustento sino, además, se le supone la inteligencia y la sabiduría que se requiere para la supuesta función ¿no resulta el hecho un absurdo lógico y una concepción política aberrante? ¿No implica creerle dotado de una protección divina especial incluso en aquellos casos en que el rey resultó ser un imbécil? ( y no se trata de un insulto sino de hechos históricos constatados.) ¿No implica la realeza creer en una doctrina que, por fortuna, hace siglos hemos dejado atrás? (¿o no?)
La estabilidad y cohesión no se puede fundar en una “imagen” sino en leyes que busquen el bien general, en comportamientos que vayan en la misma dirección, en una judicatura que persiga la verdad; en la supresión del caciquismo, las conductas nepóticas o corruptas allí donde las haya; en la transparencia del ejercicio de los poderes públicos y privados, en el control de sus servidores por parte de los ciudadanos-bien mediante tribunales populares extraparlamentarios representativos bien por acción directa(referéndum)-según los casos; en el compromiso de los privilegiados-lo sean por las leyes o por la naturaleza condicionada-con el interés general; por la colaboración de las empresas, la ciencia y de los funcionarios para beneficio de todos; en el fomento del compromiso con el gobierno de la nación del conjunto de sus mandantes. Esa colaboración que se teme cuando se llega al poder y que, sin embargo, da verdadera solidez a la vida real si se induce al votante a pensar, a participar; a controlar los impulsos egoístas, a mirar más allá de su yo y su familia- desde la certeza de que  así ganamos todos en felicidad individual y colectiva…Pero para que esto sea posible hace falta: una nueva actitud ética, convicción y voluntad política-que no hay. Por eso digo lo de la canción: la vida  sigue igual.Andrés L. Amboage


viernes, 23 de mayo de 2014

A miña aportación da madrugada do xoves ao programa da RG, Pensando en ti, de Marcial Mouzo:

A LA JOTA JOTA…

Unha caravana recen chegada, estaba a acampar no alto das Carballas. Consigo, viña un nutrido grupo de persoeiros de tódalas idades i sexos. De seguida, correuse polo pobo adiante a voz de que ía haber actuación de monicreques na Praza.
Burros, cabaliños, carretas, meigas, adiviños e cantantes, era todo canto aquelas xentes peregrinas podían ofrecer, pa gañar a miserable soldada duns patacóns; e, con iso,  ir tirando do encrequenado carro dos anos cincuenta.

O pobo enteiro fixo arranxo de tallos e de banquetas pa sentar  fronte aos troleiros que, por aquelas datas,  percorrían vilas, cidades i aldeas da España da pos guerra.

D´entre todos eles, a súa estrela mais rutilante, fora una fermosa bailarina con apenas quince aniños de vida, e, dende logo, de moi bo ver. Era un verdadeiro gozo contemplar a aquela mociña move-lo seu corpo alambicado de moneca churrusqueira, e vela virar coma un elegante viraventos encol do taboleiro, mentres soaban as petadas acompasadas duns tacóns con aires flamencos. Sempre que remataba unha das súas graciosas actuacións, daba media volta, i espelía airosa as saias, mostrando unhas nádegas  floreadas con amplas  enaugas de coluriños, a ton coas súas brisas de xitana bailadora.

Por aquelas datas, o machismo, atopábase na cima mais alta do seu odioso significado, i estaba presente en tódolos aspectos da vida. O home era, sen discusión algunha, ese ser ingrido i poderoso a quen ninguén cuestionaba a súa absoluta autoridade. El fora quen sacudira o xugo opresor, liberando a Patria de tiranos en campos de batalla. El era quen estaba a procura-lo sustento das casas, mantendo co seu suor e traballo a un lote de fillos, bendición divina. De pouco ou de nada eran consideradas as labores das femias; i, en conciencia, case que o único que contaba naqueles mundos, era o macho ibérico, fachendoso e con poder sen trabas. As mulleres, pola contra, estaban aí  postas por Deus pa parir e procrear, levando o peso do fogar, sen sequera dereito a rosmar.
Todo xiraba, pois, en torno ao salvador dunha Patria, labrada por el a base de xugos e frechas.
Tamén as cantareiras daquela beldade xitana, viraban en torno a esas ideas: “ A la jota jota de los cascabeles, vale más un hombre que siete mujeres…” Outros cantares atrevíanse con copliñas mais ousadas, que pretendían o desprestixio do home, como aquela cantareira que dicía: “ Una mujer fue a los toros, y pegó un gran chillido; porque, al ver salir al toro, creyó que era su marido…” Mais, naturalmente, iso era cousa de peregrinos touporroutous…

As gargalladas dun público entregado, enxordecían ao noso principal foro de acollida, ateigado de homes, mulleres e  nenos. Unha masa eufórica, erguíase cun brinco pa aplaudir ata adoecer, mentres un cestiño paseaba inutilmente entre ó público, rogando esa perrachica agochada nalgún peto desagulletado. Quen mais ou quen menos, aproveitaba eses intres de asueto pa face-las súas necesidades, ou pa lear o “ librito “ coa picadura do tabaco, apartado do tugurio, e recuando despistado á hora de paga-la galiña.                                                                                                                                                                

De súpeto, un estrondoso estoupido, provinte do espeso arboredo, oíse ao fender unha pola cun lote de mozos que colgaban apiñados na cima. Unha daquelas árbores, non puido soportar  a un galiñeiro amoreado, e rachou estrepitosamente enriba dun numeroso grupo de espectadores. Amoucados uns, e rindo outros, comezaron as maldicións e os berros, coma se fosen litixios de berrotes, pelexando entre eles polas súas cousas.

Os laídos confundíanse cos aplausos, e os berros facían acomodo entre os risos. As bufonadas do pallaso, aínda estaban a fungar polo aire no medio do alboroto. A función, quedou momentaneamente interrompida, i, os ánimos fervían coas malleiras, cargando cos osos magoados, que carrexaban pa casa da Señora Estrella de Cándido.

Coa confusión do momento, amainaron os ánimos; mais, de seguida, deron paso, de novo, ao folclore e ao sorriso tarambaina. …E, proseguiu o espectáculo coas súas cantareiras: “ Cachito, cachito, cachito mío; pedazo de tía que Dios me dió…”ja, ja, ja, ja… Namentres, nun recuncho escuro a carón da casa de Desiderio, seguían os lamentos dos doentes, engadindo mais maldicións, pa que un raio fendera aos causantes dos seus males.


E, por parte d´aquela tribo ambulante, todo o seu mercado vagabundo estaba axeitadamente estudado, pa tratar de sacarche algunha “ galiña “ mais con que pagar o seu sustento cotián. Pa logralo, outro grupo de mulleres, vestidas de negro rigoroso, invadían as rúas do pobo, votando a boa ventura.
Moitos, ao ver de lonxe a algunha delas, cambiaban o rumbo pa non caer nos seus lazos. Malia que aquelas adiviñas de ollos hipnotizadores, enredábante cas súas marañas; igual que fan os arroases coa manada de xoubas, perseguidas pola ría. Sempre ías a caer nas garras dalgunha mulleriña de negro:
-  “ Señora, ¿ desea que le eche la buenaventura  “?…
Entón, non tiñas escapatoria: si; ou si. Se dicías que non, xa non podías durmir durante un ano, pensando nas maldicións adiviñas que estaban a vir á por ti. E, si, finalmente, aceptába-lo trato, unha vida feliz de casadeira, cun lote de fillos e boa fortuna, agardábache agochada nalgunha ringleira da palma da man.

Meigas do luar, ante aquela competencia desigual, axiña puxéronse a ganduxar na lareira: desplumaron  un polo, nado no devalo de San Xoán, pasárono por auga escaldada… allos e cebolas, engadindo cabeiros de porca parida; sapos do rio de Prado; curuxas resecas do sobrado do campanario;  conxuros e cruces con leite callada de cabra parida; mal de ollo revirado no burato das portelas; maldicións e maleficios; menciñeiros e diaños, todos eles confabulados no fume do pote, pa tratar de escorrentar a aquelas contrincantes, achegadas de non se sabe que lugar.

A maldición xitana está, aínda hoxe, a voar polas revoltas dos misterios encol dunha vasoira, namentres os ventos fungan repetindo:
- Señora: ¿ desea que le eche la buenaventura ?

E, ao rematar o sainete daqueles tempos, alguén dixo: “ murrío o demo e finou o patacón “.
Antonio Puertas
RUEIRONOVO

Mira pa min, mariñeiro,
que por ti volvinme tola;
levo crista de guerreiro
vestida de branca cola.

Fiel compañeira do vento,
arroutada filla do mar,
que adoezo no tormento
  cos funguidos de tanto bruar.

Escoita cando hai mal tempo
os laídos que van no cantar,
son laídos do meu alento,
son coplas dos homes do mar.

Verde e branca fermosura
  ofrezo nas miñas cores,
pa que goces da frescura
cos ollos dos teus amores.

Dormente vou pola ria,
esgotada na ribeira;
teu Rueironovo sería
un fado pa esta viaxeira.

Antonio Puertas.





lunes, 19 de mayo de 2014

Documentos T.V.

Onte pola noite puxeron un documental na 2 que me sorprendeu pola claridade coa que abordaron o misterio das finanzas do Vaticano. Parece que o novo Papa Francisco quere que entre aire fresco polas fiestras e de momento parece que anda niso.

Documentos TV. "Dinero sagrado" - RTVE.es

E xusto unha hora o tempo que leva velo. Aí queda. Non é obrigatorio que se vexa. Os que botamos a ducia completa de anos no Seminario acordaredes que sempre que o finado de D. Manuel Bugallo tiña que dar algún aviso a comunidade cando remataba dicía se había algunha pregunta. Acuña Garrido facía sempre a mesma pregunta: D. Manuel: ¿ eso es obligatorio?Este Acuña non era do noso curso pero nos últimos cursos andabamos todos con todos e tamén lle preguntou un superior se estudaba moito e respondeulle: Pois verá: acostumo a estudar cada día un par de horas ou sete.

Saúdos. Rafael

domingo, 18 de mayo de 2014

A DERRADEIRA GUERRA

Todos eramos conscientes do momento crucial que estabamos a pasar: ou eles ou nos.
A supervivencia do pobo, estaba nas nosas mans.
Os mais vellos, coa súa elocuente sabedoría, dábannos os derradeiros consellos, que non ían a caer en saco rompido, tendo en conta a dramática situación daqueles momentos:
- Non se vos ocorra xamais dar o cu aos vosos inimigos. Se o facedes, estades perdidos… nunca saberedes por onde vola van a espetar. Mirádelle aos ollos e pelexade cara a cara con coraxe e dignidade, coma, herdeiros que sodes, dun legado sublime i eterno dos vosos devanceiros.

Leiras e piñeirais, eran, pois, explorados a conciencia por nos, pa tratar de atopa-la pola mais axeitada, e adecuar as armas pa unha guerra sen cuartel.

Mínimo, en grupos de dous ou de tres, tratando de evitar emboscadas, e sorteando os espantallos agochados entre a ramallada…
- Que un de vos camiñe mirando pa diante, e,  o outro, mirando pa atrás; sen deixar pousada a mirada na fermosura da natureza, nin nas pelandruscas que atopedes polos camiños. Rateiras hainas por tódolos recunchos, i, o inimigo, está a guichar, camuflado na escuridade. Xa non é o primeiro que cae de fuciños no fondo dun foxo, envolvido nas redes entre xestas e toxos. Os campos de batalla, teñen tragadeiras moi sinistras, i, o demo, os cornos moi afiados.

Outros, mais precavidos ca nos, pasaban as horas afiando concienciudamente as espadas e mailos coitelos, baixo a supervisión de mestres adestrados en técnicas de combate, a quen, os seus antepasados, tiñan transmitido de xeración en xeración os sofisticados coñecementos das artes marciais. Aparellos labrados en pau de carballo; cepos de ferro adentados, que tronzaban o corpo en dúas metades; lanzadeiras e tiracroios; labirintos e covas…e, sobre todo, agudeza no axexo. Estes e outros, eran os sabios consellos que habia que ter presentes, ante as mais que posibles xogadas traizoeiras.

Aquelas contendas entre rueiros, non eran novas, nin moito menos. A Guerra dos Cen Anos, non tiña comparanza coas liortas entre veciños, nin en duración ni en fereza.

O adestramento, era, pois, machacan; i, os reflexos, tiñan que estar a punto, a fin de esquivar, no  preciso momento, as habilidosas turradas dos opoñentes. O recoñecemento daquelas carneiradas paifocas, estaban recollidas no libro Guines do noso Concello. E, a súa fama, traspasaba os marcos das leiras, co mérito ou o demérito das vítimas ou dos verdugos, que non era cuestionada.

O día sinalado, espertaba aparentemente tranquilo naquela mañá de verán.  O Río do Prado baixaba, coma sempre normaliño, e sen grandes atrancos co tráfico de laxas rodadas. Se queredes, lixeiramente aqueloutrado, ondulando o lombo ao compás dunha brisa madrugadora. O empurre dun vendavaliño muxián, facía abanica-las bandeirolas enfrontadas en ámbalas dúas ribeiras, plasmando uns crechos riciños encol das augas, a ritmo de combate.

Pola banda do Rueironovo, contabamos co mais experto vixiante i adiviño, que, dende xamais, parira o noso lugar. Mesmamente, entendido en interpretacións de augas mestas, a quen abondaba un golpe de ollada seca, pa comprender o que estaban a cociñar os lixos no forno das augas.

A imaxe plasmada nun rio, aparentemente tranquilo, non deixaba lugar a dúbidas:
-A GRAN GUERRA ENTRE O CAMPO E O RUEIRONOVO, vai ter lugar a partir das dez en punto da mañá, do quinto día das Calendas de Maio… ano raro, raro, onde os haxa… As cuncas de augardente, xa non fan migas coa chicoria das queimadas; os refugallos do café, agonizan pousados nos potes das tabernas; os fados e os espantallos  rachan o fungo, crucificando espadas no limo do rio, quen xa está a berrar alto e claro.”DIXI“.

E, tal cal as riadas machucaran a costa deste inverno, así aconteceu aquel dia de Calendas nos nosos rueiros.
Coa mesma precisión do reloxo de sol que colga na parede da igrexa, foron congregando as mellores espadas do reino, a toque de trompeta, en batifoula total. Os aires rosmaron polas leiras; as espadanas azoutaron con saña nos prados; a bambueira tronzaba coas febles picadas dos lorchos; as plumas dos paxaros venteaban pola costa,… i, os corvos, mirando pa todo aquelo, cando, por fin, dou comezo a derradeira e definitiva Guerra das Espadas.

Xa todos sodes sabedores, de que, as tropas do Campo, foran moi superiores en número ás do  RUEIRONOVO. Malia que, polo contrario, sopesadas as forzas na balanza trucada dos corvos, nos contabamos cun canciño mascota, que apenas erguía do chan vinte centímetros mal medidos. O rabo, sempre erguido (endexamais víselle entre as pernas); combatía en primeira liña, trincando ata onde, mismamente, alcanzaban os seus salgados brincos. Case sempre, lograba chantar as partes mais febles do inimigo.
Ao ver aquelo, de seguida comprendín o que estaban a dicir os mais vellos:
- non é preciso ser grande, pa chegar ata onde hai que chegar.

Se os cadelos d´ hoxe en dia, son descendentes directos dos lobos pola liña preguiceira de pai; por moito que a especie houbera dexenerado -como era este caso- aquel amigo do home, sempre conservaría a valentía e o coraxe dos seus primates lobicáns.

Así, visto lo visto, o verdadeiro heroe da gran guerra das Espadas, fora o noso canciño Chispón; a quen  Deus garde por sempre no seno da súa gloria.
A vindeira batalla das espadas, xa non sei se volverá. Co escarmento que lles demos, amainou o rio do Prado; e, o Rueiro Novo e mailo Campo, volveron a normalidade; andando todos, iso si,  d´aquí pa ala, sen esquecer a técnica ancestral do tracatrá.

Antonio Puertas

 XA NON PODO

Xa non podo vivir sen ti,
non podo sen miña terra;
xa non podo vivir así,
sen o airiño que por min berra.

Sen cantareiras de fontes,
sen as brisas de Fisterra,
sen esas leiras e montes,
sen as campiñas que encerra.

Non podo vivir sen vela
ca sombra que asoma loura,
non podo sen a gamela,
nin sen o mar que me boura.

Bailando está o meu sentido
cas ondiñas que me afogan
polos tempos xa esquecidos,
 que asoman e tanto amofan.

Non podo andar por camiños
que non abeiren ao mar,
nin andar sen os ventiños
que sempre axudan a voar.

Non podo volver e volvín
 pa soñar na miña terra,
con amores que van en min,
i están aí berra que berra.

E non podo sen luz de faro
pa que alumee o meu fogar,
ca casiña do meu amparo,
que por min está a agardar.

Xa apremen soando por  min
 badaladas derradeiras,
que sinto no mar, onde eu vin
un soño aboiado en ribeiras.

Antonio Puertas











LETRAS GALEGAS

Son todo o ano. Para uns mais ca para outros. Non pode quedar este taboleiro sen constancia desa efemérides. Aínda que o fagamos dentro da oitava que forma parte da festividade o mesmo que os nove días anteriores. Nun tempo o calendario litúrxico foi para nós mais importante cós demais. Este ano adicáronllo a un home que tivo unha adolescencia e xuventude ,mutatis mutandis, parecida a nosa. No suplemento que onte lle adicou a Voz “Letras Galegas”contan que rematada a guerra na que participou mobilizado, pese a ser seminarista, volveu disposto a deixar a carreira pero o pai e a madriña opóñense,negándolle incluso a fala e forzado regresa ao Seminario pero alí reafírmase na idea de non seguir e planta como se lle chamaba naquela época.

E merecedor,así o considerou a Real Academia Galega,que se lle adicara o día neste ano en que, de vivir, tería cen anos. Desde o ano 63 en que se empezou a celebrar xa van mais de medio cento de autores e digo ben de autores porque autoras eu,de contar ben,non contei mais ca tres. E habelas hainas igual cas meigas. E D. Ricardo Carballo Calero tamén existiu e foi un dos grandes das letras galegas. O primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago. 

Oor si eu contei mal como me pasa moitas veces aí se pode consultar a lista dos homenaxeados o 17 de Maio:

Día das Letras Galegas - Figuras Homenaxeadas - Real ...


Pois nada mais .Para os que teñades tempo. Aínda que un sexa un xubilado o tempo segue sendo un ben escaso. Hoxe tendo un aparello destes con conexión a internet o que diga que se aburre é que aínda segue sendo un adolescente.

Para saber mais de Diaz Castro hai un blog interesante:

Biblioteca "Poeta Díaz Castro"

Para ter unha información menos alienante ca prensa escrita e “castravexos” públicos e privados pódese un informar aquí para ver o que hai detrás das murallas:

Diario digital Nueva Tribuna

Saúdos. Rafael

viernes, 9 de mayo de 2014

TO NOT CLOSE THIS WINDOW (QUE SIGA ABERTA ESTA VENTANA)

Queridos amigos:Para que esta ventá siga aberta e se poida ver algo a través dela vou deixar aquelas ocorrencias que,vala a redundancia, se me ocorreron neste mes de Maio desde o ano 2010.

Nese ano escribira o seguinte:

MAYO 2010

A CUÑA DO MESMO PAU

        Acapararon a atención de todos os medios as declaracións do Señor Bill Gates,creador de Microsoft, a segunda persoa mais rica do mundo,dona do emporio informático estendido por todo o planeta Manifestouse contrario ás medidas de axuste económico, aprobadas polo goberno, no tocante a supresión de 800 millóns,este ano e o que ven, para axuda internacional a países en vías de desenrolo. Cualificou como «decepcionante, doloroso e desafortunado» a tesoirada á axuda a países probes.

        E imposible para calquera persoa de ben non compartir esta conclusión do americano ,home cooperador en programas educativos,de saúde e contra  as desigualdades sociais.  Esperemos que na xuntanza cos membros do Club Bilderberg,, personaxes selectos ,influentes e adiñeirados os convencese para que os países necesitados non se resistan pola poda da axuda internacional e aporten, a través das institucións que gobernan diñeiro suficiente para que ningún programa deixe de executarse. É de supor que a tan ilustre filántropo lle farán mais caso ca outro calquera De aí o dito popular de que “non hai mellor cuña que a do propio pau”.Tampouco estaría mal que nestas circunstancias amosasen a súa solidariedade todos aqueles que a conta da pedra e do ladrillo, nos tempos de vacas gordas, fixeron fortunas que aportasen a un fondo para que os mais probes non sexan mais desgraciados pola falta de axuda. Sería unha boa noticia para todos.
 

Ao ano seguinte escribira o seguinte:

MAYO 2011

O ROUBO DO SECULO

        Na Catedral de Santiago pasou o que pasou. Desapareceu o libro do século XII de valor incalculable. Hai xente, moi especializada, traballando para que apareza. E o que esperamos e desexamos todos. A noticia do espolio dou a volta ao mundo. Xa o cualificaron como o roubo do século. 
         Esta desgracia é como as crises. Pode ser unha oportunidade  e aproveitala para ocuparse da seguridade do enorme patrimonio cultural,un ben de todos,en mans da Igrexa. Pode esta garantilo? Os expertos din que non. Cando nos anos 70 e 80 detiveron a un famoso ladrón de obxectos artísticos,coñecido como  “Erik o belga” confesou no xuízo que roubar nos Templos españois era un xogo de nenos. Hoxe non melloraron moito as cousas polo que transcendeu na prensa da desaparición desta xoia mundial. O 80% do patrimonio histórico artístico de todo o Estado pertence a Igrexa. Santiago de Compostela cidade declarada patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o 70% do chan habitable está en mans dela.
        Pola súa importancia terán que as distintas administracións poñerse de acordo para tratar este tema da seguridade con urxencia aproveitando esta ocasión lamentable pero elocuente por si mesma. Non hai ben que por mal non veña. Estamos a tempo.

 
Pois tamén no ano seguinte fora sobre estoutro o que me viñera ao maxín:

MAIO 2012



DESTRUINDO TRABALLO

  Cantos anos levamos falando e facendo reformas laborais. Esta última, a mais agresiva destruíndo dereitos dos traballadores, din os que a defenden que de momento valerá para perder  mais de medio millón de postos de traballo e cando a economía medre empezará a valer para crear emprego. Do que se deduce que non é xusta nin necesaria.
         Hai uns días fomos sabedores da conversa sostida por un socio do famoso empresario Dorribo cun asesor fiscal que titulaban: “La madre que me parió vaya elemento”.Non entendía,a vista das contas, como unha empresa de farmacia tiña vinte coches de luxo,barcos e avións e non tiña intervido a Facenda, a Garda Civil ou a Cia. Toda unha xoia do despropósito. Debería utilizarse como caso práctico na Facultade de Dirección e Administración de Empresas.
        ¿A vista do que pasou co até hai pouco Presidente da CEOE señor Díaz Ferrán  a quen lle embargaron todos os bens encontrando unha conta con seiscentos Euros soamente e a vista do que aconteceu coas empresas de Ruiz Mateos e coas Caixas de Aforros non será mais urxente ca reforma laboral unha reforma empresarial da que ninguén fala nin fai?

Aínda no seguinte ano se me ocorreu o seguinte:

MAIO 2013

O NERÓN DA XUSTIZA
Congratulacións e parabéns ao Decano do Colexio de Avogados da Coruña que é tamén Presidente do Consello da Avogacía Galega. Manifestou recentemente que o Ministro de Xustiza, o señor Gallardón, é o Nerón da Xustiza. Este emperador coñécese pola súa extravagancia e tiranía. Matou á súa nai. Prendeulle lume a Roma e mentres ardía el tocaba a lira.
Os avogados, neste caso, sentímonos fachendosos de quen nos representa. Considero que é un sentir unánime e xeneralizado. As cantidades de diñeiro,as taxas, que son precisas para solicitar xustiza están impedindo a moita xente acceder a ela.
Non vale dicir que o que sexa pobre non terá que pagalas. Se un vive só terá que gañar menos de 12.780,26 € brutos ao ano para ter ese dereito. Se os conviventes son tres terán que gañar entre todos menos de 15.975,33 € e se son catro ou mais menos de 19.170,39 €.
Con razón manifestou tamén que ao Ministro “se o chegan a nomear ministro de sanidade teriamos enterros masivos” e que se suprime o acceso a xustiza a xente desesperada podería coller a xustiza pola súa man. Grazas Presidente por falar alto e claro defendendo o dereito constitucional á tutela xudicial efectiva. Nunca pensamos retroceder a antes de 1987 en que desapareceran as taxas xudiciais.


No seguinte ano, aínda está sen escribir, fareino ao final do mes, pero como neste tempo de campaña electoral ven a conto escribira o mes pasado o seguinte:

Abril 2014:

Eufemismos

Nas próximas semanas e na campaña electoral fartarémonos de escoitar unha morea de eufemismos. Chámase así a figura literaria,ou recurso lingüístico,polo que usamos palabras que resultan agradables para dicir algo noxento. Por exemplo en vez de dicir que os traballadores gañarán menos,de agora en diante, dirásenos que as empresa farán unha desvalorización competitiva dos salarios. A suba de impostos chamaranlle recargo temporal de solidariedade. As estafas de bancos e caixas dirán que foi falta de viabilidade financeira ou que precisaban inxeccións de liquidez. E cando se invade un país para pacificalo e morre moita xente dise que son danos colaterais.

De hoxe en diante, de levaren algúns a conta, poderiamos facer unha lista como de aquí a mañá dos eufemismos que escoitaremos. Sabemos que será propaganda política e uns faranlle caso e outros non. O malo é que a consecuencia do que se decida o 25 de Maio,para ben ou para mal,pagarémolas todos durante 5 anos. Polo menos a publicidade comercial vincula e obriga. O comercio que di que se non queda conforme co que merca devolveranlle o diñeiro ten que devolvelo. O malo é que os compromisos e promesas políticas se non se cumpren non pasa nada. Dise que o primeiro é cumprir co deber e despois que o falar non ten cancelas. Pois preparémonos e atendamos cos cinco sentidos a ver se acertamos para darllelo voto a quen nos represente de verdade durante cinco anos na Unión Europea e nos quite desta crispación e indignación que nos provocan os casos de corrupción cos que almorzamos un día si e outro tamén. ¡Fala pobo fala.¡


Como estas pequena escrituras lévoas facendo desde hai un lustro desde agora en diante ademais da novidade do mes poñerémola moviola para atrás e deixarémolo para constancia de como pasa o tempo.

Como sempre un saúdo afectuoso para todos. Rafael.