Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 30 de diciembre de 2011

FELIZ ANINOVO!!!

Non podía deixar de volver a esta casa recén pintada (cores Hello Kity e Pocoyó) e redecorada por Andrés nestas datas de Nadal e desexarvos a todos un ano novo moito mellor que o que remata.
Despois de cruzar o meridiano dos sesenta, cada ano imos tendo conciencia máis fina da nosa finitude, da nosa peregrinaxe. Cada vez vaise apretando o círculo de familiares e amigos tocados por algunha doenza, se non somos nós mesmos os afectados. Os baixóns pódense superar con fe, con filosofía ou coas dúas medicinas. O que non procede é deixarse abater e velo todo negro por ter entrado no túnel. Solidariedade e ánimo para todos, que sempre o necesitamos nalgún momento. Boas doses de vitamina O (optimizante) para ver a vida con gafas de esperanza, como nos invita Rafael por boca de Mafalda. 

Saúdos cordiais.
Eduardo Seco.

DERRADEIRA ENTRADA

Rachando co meu costume de deitarme, non despois das doce da noite, onte fíxeno bastante máis tarde por quedarme a ver a película sobre o cardeal Tarancón. Foi para min unha verdadeira ledicia a visión do mencionado filme; pareceume moi correcta a posta en escea de tan importante persoeiro, sen concesións cara a galería nin botafumeiro. Certo que o filme céntrase en presentarnos a figura do gran cardeal limitándose ao seu papel clave no momento histórico da transición política española; bótase un pouco en falta a súa dimensión espiritual e incluso a función litúrxica; pero non se pode dicir que falte a dimensión pastoral, pois, precisamente, o impagable servicio prestado á sociedade e mesmo á institución eclesiástica, gracias a súa clarividencia, man esquerda, talante, altura de miras, espíritu conciliador e grande fé, foi o mellor servicio pastoral do seu ministerio sacerdotal. Resulta moi curioso que, sexa a sociedade civil a única que rescata  a senlleira figura de un eclesiástico para poñela en valor, mentras, pola contra, a institución eclesiástica se apresurou a pasar páxina e relegalo ao limbo dos xustos. Iste é un claro signo dos tempos que vivimos. Persoalmente dame verdadeiro pánico imaxinar, por un momento, o que acontecería naquél intre decisivo da nosa historia si, en vez de Tarancón, estivese no seu lugar un dos talibáns que o sucederon.
Téñolle aversión aos libros moi voluminosos porque son pesados para manexar e, pola contra, esixen moita constancia para rematar a súa lectura con éxito sen perder o fío. Deica hoxe únicamente fun capáz de afrontar con éxito a lectura de dous destes mamotretos: "Franco" de Paul Preston e as memorias do cardeal Tarancón que se titulan "Confesiones".  Recoñezo que disfrutei con ámbalas dúas lecturas ainda que, como podedes imaxinar, por razóns diametralmente opostas. 
     Agora, pola tarde, estiven mirando a transmisión en directo da Misa da Familia na plaza de Colón. Imaxinei que en realidade miraba unha película rancia dos tempos do nacionalcatolicismo. Vin unha liturxia anticonciliar: Un pobo (bastante reducido) mero espectador, nin sequera se lles deu a oportunidade de rezar  o Padrenuestro na Misa; así se explica que, moitos asistentes se adicasen a observar o seu entorno e, os máis novos, a facer acenos ás cámaras da tv; dúas orquestras con coros cantando en latín, homilía lida con voz rouca e ton monocorde, con gran profusión de citas papales, e ningunha conciliar, nin siquera evanxélica; co tema recurrente de sempre (matrimonio canónico e aborto); nin palabra sobre as traxedias actuais de innumerables familias: o paro, a perda da vivenda, a penuria económica, a violencia de xénero, o futuro tenebroso para a xuventude, etc. etc. Parece que estes temas non son competencia da Iglesia. ¿Será verdade que se fixo un Concilio Vaticano II? ¡Non vaia a ser que, do mesmo xeito que algúns negan a veracidade do Holocausto, algúns xerarcas neguen igualmente  a realidade do Concilio!. Semella, dende logo, que estes de hoxe non cren nel.  En fin, signos dos tempos. Logo quéixanse das igrexas baleiras e do alonxamento da sociedade.
       Perdón, amigos e compañeiros, por este espiche. O que máis me importa hoxe é desexarvos a todos un ano 2012 cheo de esperanza, a pesares da que está caendo, e que manteñamos a ilusión que proclama o lema dos indignados: outra sociedade é posible. ¡Ogallá formemos parte dela!. Unha aperta e deica o ano que ven. Fernando Ledo.



miércoles, 28 de diciembre de 2011


A derradeira d´este ano, non podía ser outra mais agarimosa pa min.
Me encanta esta nova páxina ¡¡ Enhoraboa, Andrés !!
Felíz ano, para todos.

A RAMPLA D´AGUIAR

Naquela rampliña, medio tollida,
que, nin co devalo do mar, se vía,
o peixe fresco en tinalla brincaba
  cos aires das mozas, ó abri-lo día.

Cara o mar, devalaba sobranceira
de peixe, que na rampla relucía;
randeeira a mareira baleiraba
rastrexando a sardiña  que escorría.

Por aquela rampla a onde ía a Mantida,
co andar lixeiro dende a súa casiña,
baixaba antano este neno da vila
a pescar queimonas, abondo e axiña.

Os mozos cantaban ó abri-lo día,
i en vermella alfombra o sol relucía,
…i a gaivota rapinaba a sardiña,
i a lancha do xeito en peixe afundía.

Era ó xantar, fresquío da Vila,
co peixe que daba a xente a quería,
sobranceira,… i, ¡ tanta “jameliña” !
apazugada, agardando na fila.

¡ Hai ! amorriñada amada veciña,
cara ao mar, reverente te inclinas,
desgaxada en vaivén de caroliñas,
 arrolada no abrente en cunchas finas.

Agarda por min, miúda xoíña
a que retorne xunto a ti algún día,
cos tempos de antes bulidos da vida,
…con alumiños, volver, volvería.

Antonio Puertas



MISCELANEA XII
A piques de rematar este odioso ano para unha parte importante dos que perderon a súa fonte de sustento e coa esperanza ,de que mellore o que ven, baixo mínimos vou a escribir a miscelánea nº 12 que será a última deste mes tamén doce.
A.- O número doce é un numero cabalístico ao que se lle atribúen propiedades máxicas. Veredes os porqués:
1º -doce son os signos do zodíaco.
2º -doce son os meses do ano.
3º -doce foron os discípulos.
4º -doce eran os froitos do Espírito Santo.
5º -doce eran as tribos de Israel.
6º -doce os fillos de Xacobe.
7º -doce as veces que Xesús Cristo se apareceu despois da morte.
8º -doce grupos de deuses tiñan os romanos,os caldeos e os etruscos.
9º – doce eran as portas da cidade de Xerusalén.
10º -doce é a hora en que o sol parte o día en dous.
11º -doce é o máximo número que conteñen todos os reloxos.
12º -doce veces trinta grados forman os 360 grados da circunferencia. Paro aquí para dar doce razóns pero seguro que hai mais se miramos nas mitoloxías de todas as relixións.
Veremos se o ano vindeiro é tamén cabalístico ou máxico porque tamén será o ano doce deste século.
B.-Acabo de ler un artigo de Juan Goytisolo, hoxe que é dia dos inocentes, e asocieino a Eduardo polo estilo mordaz e incisivo, cheo de ironía que contén moitas veces o que nos conta. Por
se non o veu ten o enlace para lelo:

No leído en la prensa · ELPAÍS.com

 

C.-E de xustiza manifestar a solidariedade con Andrés, a persoal e penso que a de todos, polo cúmulo de circunstancias polas que un hai momentos da vida en que un se ve sometido a elas e que mos desacougan profundamente. Animo Andrés¡
 
Feliz ano que ven e que nos traia a todos o que precisamos para andar pola vida con dignidade.Rafael

martes, 27 de diciembre de 2011

Estatística: Visitas ao blog da "Quinta do 57" (Andres GV)

Do resumo estatístico que nos ofrece  Blogger aos seus usuarios como "propietarios" do blog "Quinta do 57", ofrézovos o que me parece unha sorprendente e estimulante estatística. 
No último mes (supoño que novembro), o noso blog recibiu 1.813 visitas. 
Desde que foi creado, o noso blog foi visitado 17.366 veces. 
Para que vos animedes e animemos a participar. Feliz ano 2012. 
Non se contan as visitas que se fan para introducir cambios: novas entradas, imaxes e textos. 

¿Coñecedes a D. Leonardo Lemos? Será ordenado bispo en Ourense o día 11 de febreiro (Andres GV)


Na imaxe vemos a D. Julián, o arcebispo de Santiago, e a D. Leonardo Lemos Montanet, designado bispo de Ourense  polo Papa Bieito XVI, nun momento da rolda de prensa na catedral, o venres día 16,  ao mediodía.
 D. Leonardo Lemos Montanet, vinculado á Sociedade Sacerdotal  da Santa Cruz, do Opus Dei,  era na actualidade  profesor do Instituto Teolóxico Compostelán, no que exerceu diversos cargos. Tamén é Director Técnico do Seminario Menor de Santiago, coengo da catedral e Director do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas. 
Nacido en Barallobre, A Coruña, en 1953, foi ordenado presbítero en maio de 1979. Está licenciado en Filosofía Teorética, diplomado en Arqueoloxía Sagrada, Arquivística e Biblioteconomía. 
 Omnia in caritate é o lema episcopal do novo bispo, que podemos traducir  "todo con amor". Está inspirado no lema episcopal do tamén arcebispo compostelán, o cardeal Quiroga ("Omnia in caritate fiant"), de quen D. Leonardo é biógrafo.

lunes, 26 de diciembre de 2011


BO NADAL PARA TODOS.

EN UN BARCO DE PAPEL 

En un barquito de papel
el cielo mandó regalos,
un cartero trajo con él
una estrella con dos palos.

De David era la estrella,
lumbrera del firmamento,
y su luz era tan bella,
que pareciera de cuento.

A ella se sumaron gaitas
y zagales con panderos…
leños y astillas proscritas,
del Amor fueron aperos.

El barco pasó de largo
y encalló con su cartero,
humillado en su encargo,
sentenciado el mensajero.

Y el firmamento creado
se recreó con su estrella;
el barco sigue encallado,
resplandeciendo su huella.

Antonio Puertas

domingo, 25 de diciembre de 2011

Pequena e modesta renovación do blog (Andres GV)

Pouco cambia. Apliquei unha plantilla que avivecese as cores e textos. Os redactores e aportadores habituais non encontraredes dificultades para seguir compartindo ideas, poemas, experiencias, contos, felicitacións, comentarios.. Coa liberdade que nos honra. Aos que escriben e mais aos destinatarios.

Na tardiña do Nadal 2011 (Andres GV)


Estou na casa. Compartin a mesa familiar cos meus irmáns. O falecemento inesperado de Miguel, o párroco de San Cristovo das Viñas, na Coruña, un cura novo que nos estimulaba e enchía de esperanza aos demais curas, lanzou sobre min un neboeiro de tristeza. Varios compañeiros curas, cos que teño unha relación estreita,  despedíronse tamén estes días pasados da nai, do pai, dun irmán. Amigos moi achegados están acosados pola máis temida das doenzas. Por iso comparto convosco esta hora: necesitamos a luz de Belén.
Todo o que escribía aquí onte vólvese máis intensamente verdadeiro e necesario. Grazas a man humana que Deus nos ofrece por medio de Cristo coñecemos a esperanza. De onde nos pode vir o consolo ante a morte?  Un consolo que non é ilusorio, psicolóxico, comecocos infantil, senón verdade verdadeira, acontecemento persoal, tránsito a unha vida nova.
Belén ten de cursi, de tenrura sensibleira, de retóricas mixiricas, moito menos do que  lamentablemente aparece e se promove socialmente. Belén compromete a quen cre en Cristo a converterse en axente de humanidade, de humanización, de dignificación das persoas, de promotor de esperanza.
Con palabra máis autorizada cá miña, dixo hoxe o Papa "urbi et orbi":

La respuesta que Dios ha dado en Jesús al clamor del hombre supera infinitamente nuestras expectativas, llegando a una solidaridad tal, que no puede ser sólo humana, sino divina. Sólo el Dios que es amor y el amor que es Dios podía optar por salvarnos por esta vía, que es sin duda la más larga, pero es la que respeta su verdad y la nuestra: la vía de la reconciliación, el diálogo y la colaboración.
Por tanto, queridos hermanos y hermanas de Roma y de todo el mundo, dirijámonos en esta Navidad 2011 al Niño de Belén, al Hijo de la Virgen María, y digamos: «Ven a salvarnos». Lo reiteramos unidos espiritualmente a tantas personas que viven situaciones difíciles, y haciéndonos voz de los que no tienen voz. (Bieito XVI, Mensaxe Urbi et Orbi 25/12/2011)


sábado, 24 de diciembre de 2011

FELIZ NADAL 2011 E FELIZ E VENTUREIRO 2012 (Andres GV)

Non vos estrañe o desenfoque desta composición. De seguido saberedes a qué obedece.
En Occidente fixemos do Nadal  de Cristo un verdadeiro destrozo. Todo nace da sedución de sentirse importantes. Xusto o contrario do que fixo Deus ao asumir a nosa fráxil condición humana. Non acabamos de comprender que no seu modo de facerse home: pequeno, indefenso, acosado e pereseguido, pobre, mal acollido  -xa desde os seus inicios na vida temporal- o Eterno indícanos o verdadeiro camiño dunha humanización que conduce á paz, froito da xustiza e do amor, froito da sagrada dignidade de ser persoa, home ou muller.
Anque moi demorada, mándovos esta que non é felicitación senón chamada. Á solidariedade e ao compromiso por unha humanidade que crece "divinamente"  canto máis os seus membros abrimos corazón e portas ao diferente, ao pequeno, ao que non nos pode compensar polo noso servizo.
Un recordo moi especial para todos os que estades sentindo escuros neboeiros de saúde, de conflitos, de traballo. Sexamos lúcidos e vexamos a man de Deus nas nosas vidas.  E desculpade as miñas ausencias.