Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 30 de diciembre de 2011

DERRADEIRA ENTRADA

Rachando co meu costume de deitarme, non despois das doce da noite, onte fíxeno bastante máis tarde por quedarme a ver a película sobre o cardeal Tarancón. Foi para min unha verdadeira ledicia a visión do mencionado filme; pareceume moi correcta a posta en escea de tan importante persoeiro, sen concesións cara a galería nin botafumeiro. Certo que o filme céntrase en presentarnos a figura do gran cardeal limitándose ao seu papel clave no momento histórico da transición política española; bótase un pouco en falta a súa dimensión espiritual e incluso a función litúrxica; pero non se pode dicir que falte a dimensión pastoral, pois, precisamente, o impagable servicio prestado á sociedade e mesmo á institución eclesiástica, gracias a súa clarividencia, man esquerda, talante, altura de miras, espíritu conciliador e grande fé, foi o mellor servicio pastoral do seu ministerio sacerdotal. Resulta moi curioso que, sexa a sociedade civil a única que rescata  a senlleira figura de un eclesiástico para poñela en valor, mentras, pola contra, a institución eclesiástica se apresurou a pasar páxina e relegalo ao limbo dos xustos. Iste é un claro signo dos tempos que vivimos. Persoalmente dame verdadeiro pánico imaxinar, por un momento, o que acontecería naquél intre decisivo da nosa historia si, en vez de Tarancón, estivese no seu lugar un dos talibáns que o sucederon.
Téñolle aversión aos libros moi voluminosos porque son pesados para manexar e, pola contra, esixen moita constancia para rematar a súa lectura con éxito sen perder o fío. Deica hoxe únicamente fun capáz de afrontar con éxito a lectura de dous destes mamotretos: "Franco" de Paul Preston e as memorias do cardeal Tarancón que se titulan "Confesiones".  Recoñezo que disfrutei con ámbalas dúas lecturas ainda que, como podedes imaxinar, por razóns diametralmente opostas. 
     Agora, pola tarde, estiven mirando a transmisión en directo da Misa da Familia na plaza de Colón. Imaxinei que en realidade miraba unha película rancia dos tempos do nacionalcatolicismo. Vin unha liturxia anticonciliar: Un pobo (bastante reducido) mero espectador, nin sequera se lles deu a oportunidade de rezar  o Padrenuestro na Misa; así se explica que, moitos asistentes se adicasen a observar o seu entorno e, os máis novos, a facer acenos ás cámaras da tv; dúas orquestras con coros cantando en latín, homilía lida con voz rouca e ton monocorde, con gran profusión de citas papales, e ningunha conciliar, nin siquera evanxélica; co tema recurrente de sempre (matrimonio canónico e aborto); nin palabra sobre as traxedias actuais de innumerables familias: o paro, a perda da vivenda, a penuria económica, a violencia de xénero, o futuro tenebroso para a xuventude, etc. etc. Parece que estes temas non son competencia da Iglesia. ¿Será verdade que se fixo un Concilio Vaticano II? ¡Non vaia a ser que, do mesmo xeito que algúns negan a veracidade do Holocausto, algúns xerarcas neguen igualmente  a realidade do Concilio!. Semella, dende logo, que estes de hoxe non cren nel.  En fin, signos dos tempos. Logo quéixanse das igrexas baleiras e do alonxamento da sociedade.
       Perdón, amigos e compañeiros, por este espiche. O que máis me importa hoxe é desexarvos a todos un ano 2012 cheo de esperanza, a pesares da que está caendo, e que manteñamos a ilusión que proclama o lema dos indignados: outra sociedade é posible. ¡Ogallá formemos parte dela!. Unha aperta e deica o ano que ven. Fernando Ledo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario