Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 12 de junio de 2009

Quen fora neno¡

Aí vai a foto, dos nenos de 4ºA, con D. Manuel “Caramba”. Bispo dos seminaristas ,como se definía cando o aclamabamos. Estaba no dicionario de Raimundo de Miguel xunto coas “bufas” de Perficit, todas amarelas e cuarteadas, da Egloga e da 1ª Geórgica de Virgilio. Pasabámolas aos que viñan en cursos inferiores. Ao rematar o curso recuperábala.

Comentaba Senín que o finado bispo Araujo manifestaba que o mellor dos seminarios eran as humanidades. Penso que si. Non sei a experiencia de cadaquén pero eu se non soubese latín seríame imposible aprobar dereito romano. O texto que había en todas as facultades era dun tal Iglesias e a metade estaba en latín sen traducir. Posteriormente o que foi Reitor de Santiago: Manuel García Garrido, nos 80, fixo un texto para os que non sabían latín e xa se facía mais doado. Agradecido por tanto aos que tanto latín nos ensinaron. Con aquel opúsculo: “estilística latina” non había texto que se che resistise tendo a man tamén o dicionario de Raimundo de Miguel. Saúde para todos. Rafael

2 comentarios:

  1. Buno,pois eu,sin animo de pesumir,penso que fun o primeiro que "inventou" o COPIAR nún examen ORAL...O conto consistía en,entre varios,preparar de anteman o liro de GREGO,colocando un inapleciable puntito de lápiz enriba de cada verbo,de tal xeio que,si era presente,iba sobre a primeira lera,imperfecto...ná segunda,futuro...teceira,aoriso...carta...,etc,etc...Cada un que remataba,o saír,deixaba o mesmo libro o siguente...

    ResponderEliminar
  2. O anterior comentario fun eu
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar