Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 27 de octubre de 2010

Domestic Information (R.G.R.)


Queridos amigos: É de xustiza agradecerlle a Vilariño a información que nos transmitiu ,por medio deste blog e de correos persoais, sobre o pasamento do que foi noso compañeiro de Seminario o crego Varela Pisco. Tamén a Luciano Pena que por razóns de veciñanza colaborou eficientemente para, a través de Andrés, ternos ao tanto.

Acorde con esa información,onte pola tarde, celebráronse as exequias na súa parroquia natal de San Pedro de Fiopáns no Concello da Baña. Como era de esperar asistiron moitos curas. Coido que non esaxero se digo como uns cincuenta. Dos compañeiros estaban Alvite Ponte,Esmoris Cambón, García Ferro, Cutrín Fernández, García Vilariño,Ledo González,Rial Varela, Silveira Figueroa e Vázquez Cabarcos. (Ao mellor esquézome de algún mais. Perdón de antemán).

Compañeiros desta quinta estabamos tamén Agustín Dios Vigo,Manuel Dans Couto,Juan Caamaño Calvo,Alfonso Fernández Barros,Luciano Pena Andrade e mais este humilde cronista neste momento.

Presidiu a celebración o señor Arcebispo D. Julián Barrio. Ao sermos tantas persoas,varios centos, tiveron os organizadores a feliz idea de realizar a misa de funeral fóra da Igrexa e non faltou o servizo de son moi eficiente para o seguimento de todo e de todos. Na homilía o arcebispo fixo un panexírico moi sentido sobre os labores e ministerios pastorais realizados por D. José María Varela Pisco. O acto foi emotivo e ao contar con tantos cregos, moitos antigos compoñentes da “escola cantorum”do Seminario, deulle unha solemnidade especial ao interpretar algúns cánticos a dúas voces.

A nota crítica, non podía faltar entre nós e con confianza, é que, se non fose porque o arcebispo nos convidou a rezar “o noso pai..”na nosa lingua e mais un canto con letra en galego, se alguén descendese en paracaídas e desorientado non soubese onde estaba podía deducir que ben podería ser un pobo da serra cordobesa ou un lugar de Cáceres. Cando de Roma autorizaron a liturxia en galego,nos primeiros momentos, polos anos sesenta, era lóxico introducir o galego gradualmente pero hoxe non hai dereito diría o Padre Sarmiento ou D. Manuel Espiña de viviren. Nada mais amigos. Parecíame que sen esta crónica de urxencia ao blog faltáballe algo.Saúdos afectuosos para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario