Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 29 de enero de 2011

Dúas películas para disfrutar do cine (Andres G.V.)

Recomendo que vaiades ao cine e disfrutedes como fixen eu, acompañado de meu irmán, de dúas películas: El discurso del Rey e De dioses y hombres. Cito os títulos en castelán para non crear dúbidas, pois non teñen dobraxe en galego. 
Facilmente ningunha das dúas perdure moito en cartel pois son películas con pouco tirón para a xente nova. El discurso... conta o esforzo realizado polo rei Xurxo VI do Reino Unido (1936-1952) para superar o tatexar da súa fala e as relacións moi especiais que tivo co terapeuta que o axudou a logralo. É unha película de produción inglesa e xa sabedes que na recreación histórica os cineastas ingleses teñen gañado un merecido prestixio. 
De dioses y hombres narra a vida cotiá nun mosteiro cisterciense nas montañas alxerianas do Atlas. Isto é o máis notable da película. Os monxes aparecen na nobreza da súa vocación contemplativa, descrita con exquisito coidado por un director agnóstico, que nos permite asomarnos a un estilo de vida que a sociedade de hoxe parece máis reacia a comprender. 
A trama da acción consiste na ameaza e presencia fatal do terrorismo islamista, sobre a poboación onde se ubica o mosteiro e sobre os propios monxes, oito, e ademais franceses de nacionalidade. Esta actividade terrorista responde a un feito histórico acontecido en Alxeria no ano 1996, cando un comando terrorista do GIA secuestrou e despois degolou a seis daqueles monxes.  
Se algún dos frecuentadores do blog a vistes, animádevos a publicar aquí o que vos pareceu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario