Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 13 de enero de 2011

O PURGATORIO...

Pois, nada mais nin nada menos que, como ben dí o noso compañeiro teólogo Andrés, pensan os medios de comunicación que é noticia o que dixo Bieito XVI en relación ao purgatorio, e divulgano como unha “ sorprendente “ nova. O ceo, o inferno ou o purgatorio, que non sexa, como pensan eles, un lugar concreto. Isto, amigo Andrés, eche a falta de coñecementos que hoxe en día ten, en materia de fe, a maior parte da poboación, en especial a xente nova. Estamos nun mundo paganizado, sen valores, onde priba o material e “ sobra “ o espirito. Santa Catalina de Xénova, tivo unha visión do que era e segue sendo o purgatorio e, nesa visión, no na situou nin no tempo nin no espacio, senon dentro mesmo dos espiritos que a estaban a “ padecer “. Por iso, por moitos coetes que lencen ao espacio e por moito que indague a ciencia, xamais poderán demostrar a existencia de algo que non van a atopar. Deus o “ empapa TODO “, COMNO ESPIRITO QUE É, e nos, como partes dese “ Infinito Espirito “ sempre imos a estar, por sempre, metidos nel, para ben ou para mal. Queira Deus que sexa como amigos seus.
Unha aperta para todos
Antonio Puertas

No hay comentarios:

Publicar un comentario