Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 28 de enero de 2011

OS MEUS CONTOS

¿ CANTOS DEUSES HAI ?...

A miña nai e mais eu, tivemos de erguernos as cinco da maña pa embarcar no Finisterre rumbo a Mondoñedo. Alí nos estaba a agardar Don Antonio Torrado, o cura que me bautizara e que, durante tantos anos, tiña sido ó párroco do noso pobo . Fora nomeado canónico, e exercía o seu novo cargo na fermosa catedral románica, capital do antigo Reino de Galicia, e, dioceses a cal pertencía Camariñas, a pesar da incongruencia que supoñían os mais de douscentos quilómetros que nos estaban a separar.

Acolleunos na súa casa de pedra con agarimo, durante os días que durou a nosa instancia en Mondoñedo.
O primeiro que me chamou poderosamente a atención, foron aqueles moletes de pan esponxosos e brancos, que, cando os mollabas de leite, en miúdas rabuñadas, absorbían nun “ plis plas “ toda a cunca repleta, que a criada do cura nos estaba a servir de almorzo.
Dicíame Don Antonio: ti non te poñas nervioso que a proba de ingreso é moi simple, e xa verás como vas a aprobar.
A pesar de todo, acordeime d´aquelo que tiña dito un estudante ó ler na tumba de Napoleón, aquel epitafio que dicía: “aquí yacen los restos de aquel que nunca tembló “…e, engadíu o mozo…” porque nunca se examinó…
E, efectivamente, ó chegar aquel día tan temido, as miñas pernas abanicaban como se foran espadanas do río do Prado nun día de vendaval.

Un dos tres compoñentes do tribunal que me estaba a examinar, preguntoume: ¿de onde es ?…son de Camariñas, señor…¡ fermosa terra, vive Deus !…A propósito, ¿en Camariñas hai Deus ?. Eu, neses intres, veume ó recordo ( cousas do sentido ), non so o Deus Todopoderoso, noso Señor, si non que lembreime, tamén, do “ Dios de Xaviña “, e respondín “ SI,… mais, non vive no noso pobo…¿ Como ?, exclamou, deseguido, aquel velliño de sotana negra calada ata o mesmo pescozo. ..¡ que Deus non vive en Camariñas !…Non señor, vive en Xaviña…- Entón, ¿ en Camariñas non hai Deus ? …Si señor, o que está no ceo, si. ..-Mais, entón, ( proseguíu ) ¿ cantos deuses hai ? …Un en Xaviña e outro en Camariñas, respondín, todo cheo de razón…

Semellante barullo tiña armado, que dificilmente aqueles curas da vella garda da Santa Iglesia Católica de Roma, podían comprender a miña solemne barbaridade. ..Unha pregunta tan sinxela, que calquera meniño de curta idade sabería responder naqueles tempos, i, eu, que viña recomendado por un Canónico tan influínte na curia de Mondoñedo, estábaos a meter, coa miña barbaridade, en semellante lamorqueiro.
- Váiase vostede e volva en Setembro, se quer ingresar no Seminario…Así, dese xeito tan contundente, votoume aquel tribunal, sen mais preguntas, nin mais opcións a que eu puidera explicar mellor aquel embrollo no que eu mesmo, con toda razón, me tiña metido.

O seguinte día , asombrado por aquel suspenso tan categórico e merecido, o meu padriño e protector, intercedeu ó meu favor, explicando ó tribunal, amigos seus, de que eu levaba razón, pois nunha aldea preto o noso pobo, existía ó apelido “ Dios “…, e, grazas a iso, déronme unha segunda oportunidade…
-jajajá…, proseguiron, xa “ coñeros “, o cabo de dous días, con un xocoso interrogatorio…” Logo, en Camariñas temos dous “ dioses “ (?)…Entón…¿ cantas persoas teñen eses “ dioses “?… eu, como estaba xa mais que “ aleccionado “, e tranquilo, respondín:- un deles, no no sei; mais o outro, ten tres persoas…-¿ Distintas ?…Si, distintas.- E, ¿ “dioses “, cantos ?…“ Dioses “ UN, respondín,. ..Vale, vale, está vostede APROBADO.

Mais, o meu destino, non estaría precisamente en Mondoñedo, pois ese mesmo ano, o noso pobo, pasou a depender de Santiago e, ala nos fomos unha morea de rapaces da nosa comarca a inaugurar o novo edificio do Seminario de Belvís, que fora tutelado por aquel coloso cardeal Don Fernando Quiroga Palacios.
Así foi, Agustín...

Antonio Puertas

No hay comentarios:

Publicar un comentario