Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 4 de febrero de 2011

PARA QUEN CORRESPONDA

Benvido ó noso club. Pa que éstés un pouquiño enterado do que che agarda. Eu, que son veterano, vónche a poñer en antecedentes:
En primeiro lugar, olvídate de ter tempo propio. Todo o mundo háche dicir: “ agora que tes tempo “ …Primeiro, as nove lévame a pedir cita po dentista: logo, non te esquezas que temos que ir ó mercado a comprar peixe, que, hoxe é venres, e hai que andar lixeiro. Se chegamos tarde, queda pa nos o mais ruín.
- Como sabes algo de cociña, vónche a dar algúns consellos, pa que fagas ti a comida, mentres eu von a peluquería. Procura, sempre, non cargar moito de sal, por aquello do colesterol e do ácido úrico. Xa irei dándoche instruccions.
- A unha é media, vaite a buscar ó rapáz o colexio que, o pobre, ten que vir sempre cargado con esa mochila ó lombro, e, está a piques de coller cherepa.
- Díxome a miña nai,… bueno, ti xa sabes, a túa sogra, que temos que ir a axudar a apañar a herba mala da leira, que, a pobre, non da feito.
- As nove do axexo, leva o rapáz ó partido de entrenamento,…a ver si este neno nos quita algún día de traballar. …E, o recolles ás once e cuarto,..Estate en punto, que saen sudando, e podeo coller o friaxe.
-Temos que deitarnos cedo, que, o día de mañá, inda vai ser peor.
-Entereime que hai cursillos pa xubilados e vónche apuntar. Non quero que te fagas un moinante…
Benvido, e, que, ó xubilo que eu sinto, sexa pa tí mediciña.
Unha APERTA
Antonio Puertas

2 comentarios:

  1. Antonio, Pablo e demais "Xubilosos", "pensionistas" e "integrantes das "clases pasivas". Un amigo, xa xubilado, contoume que a inmensa maioría dos xubilados se dedican afanosamente á BOLSA. Desde que se xubilaron andan con bolsas, da casa á praza, da casa á panadería, da casa ao "súper,etc.

    ResponderEliminar
  2. Pois, non che mintíu.Eu, que toda a miña vida adiqueina a banca,hoxe, xa " xubilado ", sigo nela.Non deixei o oficio, CAMBIEI DE NEGOCIADO.
    Benvido, amigo, e resignación.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar