Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 30 de octubre de 2011

Hola amigos do 57. Xa que cambiou a hora e rende un pouco máis a noite, quero asomarme a esta fiestra para saúdar afectuosamente a Rafael en correspondencia ó seu saúdo nunha entrada anterior. tamén a Pablo Payo de quén gardo grato recordo de cando eu vivía en Pontevedra. A Eduardo quero felicitalo, unha vez máis, por eses artigos tan inxeniosamente traballados para que resulten un verdadeiro manxar literario e ilustrativo nas súas reflexións sempre tan atinadas. Por certo que o poema no que parafraseas a Rosalía tiven que sacalo pola impresora para levalo comigo na carteira, tal como facía D. Alejandro Carou coas frases lapidarias do latín. E terei que consultar o diccionario para ver qué son os croques, pois esa clase de marisco non me soa de nada.
  Certo que solo Rafael fixo alusión ben atinada ó aniversario de Vaticano II, pero eu teño lido moito últimamente sobre o tema co resultado de que me produce fonda tristura ó comprobar cómo se foi intentando mandar os seus documentos ao "desván de los monjes" como dixo aquél conselleiro ilustre.
O artigo que cita Eduardo da revista Encrucillada téñoo lido varias veces e meditado nas  acertadas reflexións que nel se fan, coincidindo plenamente con todo o seu contido.
Sobre este tema tamén me impresionou moito a intervención que tivo no congreso de teoloxía, celebrado en Madrid no mes de setembro, o Abade Giovanni Franzoni que foi un dos Pais Conciliares.
A súa intervención aparece publicada en ATRIO o día 8 de outubro e non ten desperdicio. Conta cómo no Concilio había dous bandos enfrontados: os que se aferraban á doutrina de Trento e Vaticano I, e do outro lado os progresistas fieis á chamada de Xoan XXIII. A enorme presión exercida pola curia vaticana para controlalo todo e o freno imposto por Paulo VI nos temas cruciais, impoñendo nunhos casos o veto a que fosen tratados pola asamblea (caso do celibato, o control da natalidade, apertura dos ministerios ás mulleres, etc.), e reservándose para él mesmo as cuestións espiñentas. Igualmente ese papa tivo presa para terminar o concilio xa na terceira sesión (ano 64) e como non o conseguíu, na inauguración da cuarta sesión mandou anunciar que esa era a derradeira. A partir da finalización do concilio a curia e máis os do bloque tradicionalista empeñáronse a fondo en solapar e silenciar a doutrina conciliar. O tema da colexialidade episcopal foi reinterpretado pola curia para que os Sínodos quedasen reducidos a mero órgano consultivo dos papas. Coa chegada de Xoan Paulo II e Ratzinger consumouse a neutralización total do concilio e neste plan seguimos.
Para mín esto é desolador e prodúceme fonda tristura. Non é milagre que agora proliferen as sectas ultraconservadoras dentro da igrexa (Kikos, opus, San pio X, Legionarios, etc. etc.). Gracias a éstes consiguen organizar magnas concentracións de mozos e mozas para montar as XORNADAS MUNDIAIS DO PAPA". Todo un espectáculo de fogos artificiais do que somentes queda o fume, pero conseguen enfortecer a institución de poder. (Moi evanxélico por certo).
En fin, non quero seguir co tema porque dispáranseme as neuronas, son as doce e media da noite e faime falta dormir. Apertas a todos e deica outra. Fernando Ledo Glez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario