Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 29 de octubre de 2011

Os meus contos

Pois, a raíz do sempre benvido artigo de Eduardo, ven a conto o que me aconteceu hoxe na farmacia. Resulta, que fun a mercar unhas mediciñas para miña dona ( …que xa non é o que era ), e, desembolso polos xenéricos 1,30 euros…i, comenta a farmacéutica: nada, unha ganga. Entón respondo eu: -pois, como debe ser, nembargante, inda me parecen caros. ¿ Como ?. pois sí, porque non pasaron moitos anos, cando, con 250 pesetas, mercaba a comida do día, e, hoxe, en dúas medicinas de merda, gastei todo o meu presupuesto de antano, pa dar de comer aos meus fillos. Non hai como ter unha muller nova (... sen tarxeta de de fiado )

…E, ¡ veña, benvida crise, !

 

 

¡ HAI DOS FIJOS !


Hai dos fijos, hai dos fijos

que inda coljan nas fijeiras,

hai dos merlos que os papen

ajochados nas silveiras.


Xa están marelecidos,

ajardando aquel día

en que caian podrecidos

pola sicha, en tubería.


Tanto Sefa, como Reira

de persebes farturentos,

e Mantida, a larpeira,

con tortillas e pimentos.


Volverán os verderolos

a cantar a tremebunda,

con tambores dos Casolos,

a charanga moribunda.


Encorados ata o peito

fuxirán os ventureiros,

con seus rabos encaladados

entre as pernas, ben ergueitos.


Chorarán ata ó remate

dun xuizo temerario,

coa sangue do tomate,

ajochados nun armario.


Confundidos entre jritos

de asambleas soberanas,

oirán seus veredictos

cos repique de campanas.


Sentenciados os malditos,

xustamente e sen enganos,

deixaránnos medios fritos

aos que foran soberanos.


¡ Mi madriña ! sen probalas

trinta anos e dos días,

entre leiras, como balas,

estoupando en cagarrías.


Antonio Puertas


 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario