Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 23 de noviembre de 2011

SINAIS DE VIDA



Parece que o persoal non se anima a cultivar a arte da comunicación malia que o outono, calmo e apracible, convida a facelo agás algúns dias escasos en que hai alertas vermellas sobre todo polo sur. Non vai ser sempre o caribe galego que no verán nos da envexa aos do Norte que agarramos todas as zaragalladas que baten neste recuncho entre Fisterra a Ortegal.


A referencia que fai Puertas sobre o publicado na Voz de Galicia é o seguinte:

SOÑO RARO                                                             
Debeu de ser pola intranquilidade que provoca o que sucederá no futuro, no eido económico, o que motivou na subconsciencia este soño.

Chamaba a atención ver a tantos chineses polas rúas tanto nas vilas, cidades e incluso polas aldeas. Todo o mundo se preguntaba que tería pasado. Uns dicían que era por subscribirse ao tratado de libre comercio entre a República China e mais a Unión Europea. Outros que era por mercaren o Novagalicia Banco uns fondos de inversión chinos. Logo foise sabendo que mercaran o porto exterior de Langosteira. Que andaban en tratos para facerse coas mais importante industria galega do leite, do viño, do mel, das enerxías do vento e hidráulicas, das conservas de peixe a marisco e incluso polas bateas da ría da Arousa e pola Citroen de Vigo. Ofertaban bos prezos incluso polas empresas de transporte,pola prensa e pola mesma Televisión Galega.

As autoridades aconsellaban a venda. Dicían que competir con eles era imposible. Tiñan millóns de traballadores dispostos a traballar de sol a sol por cen euros mensuais. O que chamaba a atención era o ben que aprenderan a falar o galego.

Os soños soños son. Serán premonitorios ou avisadores do que sucederá como eran na antigüidade? O tempo o dirá.
---------------
O imperio chino nunca deixou de ser un gran imperio. Pese a idea que tiñamos dos “chinitos” como unhas pobres criaturas para as que se pedía nas farmacias e mais o dia do Domund. Pouco a pouco fóronse introducindo en África, en América e agora en Europa. Sen facer ruído Están presentes en todas as cidades e vilas. Pouco andan polas rúas e non están implicados en ningún lio. Nos xulgados nunca se ve a ningún. Outro día que teña tempo escribirei algo sobre ese mundo. Na China Imperial foi onde se descubriron os catro grandes inventos da humanidade: O papel,o compás como lle chaman os mariñeiros ( brújula),a pólvora e a imprenta. Tamén foron os pais da mecánica,da metalurxia,da astronomía,da agricultura,da teoría da música,da náutica e da guerra.
Outro día seguirei. E agora para o que queira unhas lecturas e vídeos recomendados

1º.- A noticia dunha homenaxe que farán a D. Faustino Rey Romero no seu Tui natal estes días. Un crego represaliado que pasou longas temporadas na súa Isorna natal ao lado de Rianxo. Seguramente foi o primeiro que misou en galego na quinta provincia en Bos Aires onde se exiliou. Foi o inventor da festa wikinga que se celebra na desembocadura do Ulla nas torres de Catoira. ara saber mais:http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cura/anticlerical/da/misa/gallego/elpepiautgal/20111123elpgal_17/Tes

 
2º.-Recordades a Historia sagrada. O de Sodoma e Gomorra. Abraham non foi capaz de atopar un solo home xusto. A corrupción invadírao todo. Aquí parece que pasa algo parecido. A mesma Casa Real está implicada en cousas pouco éticas. Para saber mais:http://www.memoriadacoruna.com/

3º-E para que non todo sea traxedia un pouco de risa:



 
Deica a próxima .Saúdos a todos.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario